Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase un seguimento trimestral.
O01PD: Nomeamento en Claustro con asignación horaria de tres horas e creación por primeira vez de Equipo TIC. Aprobación do PFPP sobre Polos Creativos seguindo a liña e-téxtiles.
O02PD: Intentaranse levar a cabo a actualización de contidos na aula virtual ao longo do segundo e terceiro trimestre.
O03PD: Reorganizáronse horarios e a coordinadora TIC ten formación técnica suficiente, ao longo do segundo trimestre formarase ao equipo enteiro.
O04PD: Ao longo do 2º ou 3º trimestre contactarmos con outro centro educativo que xa teñan o Polo Creativo en marcha.
O05PD: Plan Director solicitado.
O01PD: Levamos realizado aproximadamente un tercio do PFPP.
O02PD: Estase levando a cabo a cabo a actualización de contidos na aula virtual ao longo do segundo e terceiro trimestre.
O03PD: Reorganizáronse horarios e a coordinadora TIC ten formación técnica suficiente, ao longo do segundo trimestre formarase ao equipo enteiro.
O04PD: Contactamos co IES Pedregal de Iriamia para visitar ao longo do 2º trimestre a súa aula de Polos Creativos.
O05PD: Plan Director á espera de realizar a charla.
O01PD: PFPP realizado.
O02PD: Actualización de Aula Virtual realizada.
O03PD: Reorganizáronse horarios, a coordinadora TIC ten formación técnica suficiente e elaborouse un rexistro de incidencias.
O04PD: Establecemos contacto co IES Pedregal de Iirimia e queda pendente a visita o próximo curso.
O05PD: Plan Director á espera de realizar a charla.
Avaliación
Como base para unha mellora continua, procederemos á recompilación de resultados e a unha avaliación procesual trimestral das accións e procesos que se levan a cabo a través das reunións prescriptivas da CCP e a través dunha avaliación sumativa e final no claustro de final de curso onde se presentarán os resultados.
Cada unha das accións propostas contiñan unha serie de indicadores específicos que nos van axudar a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas de mellora se materialicen.
Coa análise destes indicadores (na dimensión organizativa, pedagóxica e tecnolóxica) elaborarase unha memoria final na que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Ditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principios de cada curso, para adecualos e actualizalos ás condicións concretas de cada curso académico.
A avaliación realizarase en base a tres dimensións:
a) Grao de satisfacción do alumno coa súa aprendizaxe “dixitalizada”: estes cuestionarios serán as propias ferramentas creadas polo profesorado para unha autoavaliación sobre cuan útiles son os pasos dados no perfeccionamento dixital do ensino-aprendizaxe.
b) A capacidade do profesorado para dar resposta ás necesidades dos seus alumnos en contornas educativas dixitais. Será o coordinador/a do P.D.C ou Coordinador/a TIC quen rexistre e avalíe as evidencias entregadas polo profesorado na aula virtual ou noutros soportes creando recursos dixitais.
c) Mellora da competencia dixital do alumnado. Para iso realizarase unha estatística descritiva para o claustro final onde se poidan extraer conclusións acerca da eficacia de todo o proceso de dixitalización e da mellora nas destrezas dixitais do alumnado.
Dentro do noso Plan Dixital creamos un Equipo TIC e un PFPP que están funcionando moi ben.
Traballamos a diario con contidos dixitais e renováronse bastantes equipos.
Renovar o equipamento tecnolóxico das antigas aulas Abalar de 5º e 6º de primaria.
Fomar mellor ao Equipo TIC en aspectos dixitais básicos do día a día.
Visitar outro centro para mellorar a nosa aula de Polos Creativos, así coma modificala cando nos chegue algún equipamento.
Realizar máis formacións relacionadas con ciberseguridade volvendo a solicitar o Plan Director.
Comunicación e difusión
O presente Plan é un plan aberto e flexible ás demandas, dificultades e achegas do claustro do centro. A simple comunicación co Coordinador do P.D.C e/ou co coordinador das TIC vía correo electrónico será suficiente para poñer en coñecemento o desexo de agregar/modificar ou suprimir do Plan aquelas cuestións ou detalles que, ao seu xuízo, non encaixen á perfección co que se pretende realizar no centro. Cada unha das propostas de modificación ou mellora serán meditadas e consensuada no seno da CCP e Claustro para valorar a decisión final.
Esta vía será a mesma vía de comunicación para a oferta de recursos TIC e de recursos formativos neste campo de maneira que se difundan con efectividade as diferentes tarefas que se realicen en canto á dixitalización do centro e á utilización de recursos TIC.