Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O “CPI Castroverde” é un centro público e rural  situado no casco urbano da vila de Castroverde. Recibe alumnos/as do Concello  de Castroverde en infantil , primaria e secundaria e do Concello de Baleira en en Secundaria.

Ambos Concellos posúen unha situación socioeconómica e cultural semellantes, sendo unha das súas actividades principais a agricultura e a gandería e, cada vez en maior medida, o sector servizos.

O CPI de Castroverde ten tres unidades en educación infantil, seis en educación primaria e outras catro en educación secundaria obrigatoria. No presente curso están matriculados 185 alumnos/as.

Pretendemos que o plan dixital contribúa como un factor máis de compensación das desigualdades debidas ás características do entorno nop que se sitúa o cebntro.

Breve xustificación do mesmo

Normativa

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

E o desenvolvemento normativo posterior no seguinte articulado:

 

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

 

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

Proceso de elaboración

 

Para a elaboración do presente plan, membros do seminario do PFPP “Análise da competencia dixital, elaboración do plan dixital e educación dixital” seguiron as indicacións do equipo Adix correspondente ao noso centro. Os pasos foron:

_ Análise do cuestionario SELFIE.

_ Informe do CDD.

_ Creación e envío de formulario para recoller aportacións do claustro para elaboración do DAFO.

_ Redacción do DAFO recollendo información do SELFIE, CDD, o formulario anterior e a análise cualitativa de necesidades.

_ Elaboración do Plan de acción a partires do DAFO e das propostas de futuros proxectos do centro.

_ Aportacións do profesorado en canto ás necesidades de formación.

_ Aportación das familias, recollidas a partires de formularios respostados por as meses.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

DATOS RECOLLIDOS POLO SELFIE

TEST CDD

FORMULARIO DE RECOLLIDA DE OPINIÓNS DO PROPFESORADO

 

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade . Escaso espíritu crítico á hora de utilizar Internet. Alumnado Non
Debilidade Uso inadecuado das tecnoloxías dixitais por parte de algúns alumnos. Alumnado Non
Debilidade Excesivo tempo empregado en xogos online, redes sociais, etc Alumnado Non
Debilidade Dominio das tecnoloxías dixitais inferior ao dos seus fillos. Familias Non
Debilidade Falta de control parental en redes e video xogos. Familias Non
Debilidade Necesidade de renovación de algúns equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Mala conexión a Internet. Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado está agobiado pola excesiva burocracia e traballo en xeral. Oferta Non
Debilidade Conveniencia de usar as tecnoloxías dixitais para reflexionar sobre a propia aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Pouco traballo colaborativo con tecnoloxías dixitais entre o alumnado Oferta Non
Debilidade Pouco uso para fomentar a creatividade. Oferta Non
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais para avaliación. Oferta Non
Debilidade Estratexia dixital que debe facer fronte a problemáticas moi diversas. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo en horario escolar. Persoal docente Non
Debilidade Sobrecarga de traballo non directamente didáctico que resta enerxía e motivación. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado debe facer frente a problemáticas xeradas polo mal uso das TICS das que moitas veces se entera tarde pola propia natureza deste medio. Persoal docente Non
Debilidade Non hai uso de tecnoloxías dixitais máis aló de fotocopiadora, por parte do persoal de non docente excepto o comentado en fortalezas. Persoal non docente Non
Fortaleza Moito interese polas tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Facilidade para aprender autonomamente no eido das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Utilizamos tecnoloxías dixitais para comunicación directa coas familias relativas ao centro educativo. Familias Non
Fortaleza Alto interese das familias en que os seus fillos aprendan coas tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza O centro posúe e administra dispositivos portátiles que se poden levar á casa (alumnado e profesorado) a partires de 5º de primaria (Abalar). Infraestruturas Non
Fortaleza Hai dispositivos do centro, xestionados por el, que se poden usar cando se precisan. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai aistencia técnica cando é necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con Ipads para usar en primaria e infantil, ata cuarto. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas e espazos dis`poñen de pizarra dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Buscamos recursos en educación dixital en Internet. Oferta Non
Fortaleza Utilizamos Edixgal e Aula Virtual para ensino presencial e a distancia cando é preciso. Oferta Non
Fortaleza Temos TIC como alternativa en ESO. Oferta Non
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Oferta Non
Fortaleza Formación específica en TIC en 4º de Primaria. Oferta Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Utilizamos tecnoloxías dixitais para informacións actualizadas relativas ao centro educativo (páxina web, etc). Organización de centro Non
Fortaleza Temos acceso a desenrolo profesional continuo, no relativo ao ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Consensuamos a formación concreta que precisamos no eido das tecnoloxías dixitais e pídense PFPP acordes con iso. Persoal docente Non
Fortaleza Interese do profesorado en formarse. Persoal docente Non
Fortaleza Alto nivel de competencia e resolución de problemas no uso das tecnoloxías dixitais por parte da administrativa do centro. Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Excesiva burocracia para poder realizar calquera proxecto ou iniciativa (véxase Erasmus, Etwinning, etc.) 2. Ferramentas institucionais que funcionan mal con aparellos móbiles, tablets, etc. 3. Trabas á hora de usar ferramentas gratuítas externas que resolven dificultades eficazmente. Administración educativa Non
Ameaza 1. Moi mals conexións a Internet nalgunhas aldeas. Contorna Non
Ameaza 1. Moitas esixencias en conmpetencias dixitais sen haber sido preparados para iso. 2. Nulo recoñecemento oficial do labor do profesorado no eido das tecnoloxías dixitais. 3. Nulo recoñecemento do labor dos coordinadores TIC cara a concursos de traslados cando supoñen unha inversión de tempo e recursos persoais moito maior ca outros labores que si están recoñecidos. Lexislación Si
Ameaza 1. Prevalencia nas redes e no mundo dixital en xeral de valores dunha estética sexualizada que se adquire xa na infancia, especialmente nas nenas. Outras Non
Oportunidade 1. Apoio técnico cando se precisa. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Boa disposición para colaborar co centro no uso das tecnoloxías dixitais. 2. Asesoramento ás familias neste campo. ANPA Non
Oportunidade 1. Necesidade de elaborar un Plan Dixital Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a nálise DAFO e vendo que o centro ten pouco poder para afrontar  as dificultades de conectividade e outras similares, como se reflexa no apartado seguinte, decidimos seguir insistindo na súa resolución mentras que nos plantexamos novos retos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado para facer uso amplo dos recursos do Polo Creativo nas tres etapas educativas, grazas á solicitude dun PFPP e calquera outra formación que se considere interesante.
O02PD Formar ao profesorado en ferramentas sinxelas e gratuítas que están instaladas nos ordenadores do alumnado, e nas pizarras dixitais das aulas.
O03PD Axudar á formación das familias do alumnado no uso das TIC e no control do emprego que delas fan os seus fillos.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual , valorarase a consecueción dos obxectivos unha vez ao trimestre. Usaranse os indicadores recollidos no Plan de Acción. Anotaranse as suxestións de mellora para o seguinte trimestre.

1º Trimestre

As familias manifestaron as sús inquedanzas mediante enquisa en papel.

Impartíronse charlas a familias e alumnado de ESO sobre O Segundo Cerebro (O Cerebro Dixital) a cargo de Andrés Bouza.

O profesorado manifestou as necesidades formativas respecto ao Polo Creativo.

Solicitouse o PFPP. Concedéronnos o PFPP "Metodoloxía e posibilidades de traballo nun Polo Creativo. Deseño e construción de prototipos"

Fixémos dúas sesións de formación sobre o uso do True-True, unha para infantil e primaria e outra para secundaria.

Preparouse un titorial de uso dos paneis interactivos recibidos recentemente.

 

 

 

2º Trimestre

- Fíxose unha reunión informal de parte do profesorado. Nela maifestouse a inquedanza ante a aparición de mostras de traballo do alumnado nas que se aprecia emprego de Intelixencia Dixital para engañar ao profesor. Acordouse incluír esta temática na sesión de formación do PFPP do 5 de marzo así como unha exploración a fondo dos paneis dixitais.

- Realizouse a ponencia do 5 de marzo. O título foi: Intelixencia Artificial e Paneis Interactivos, desafíos e oportunidades.

No link poden consultarse os materiais creados para tal fin e outros enlaces que complementan o traballado na ponencia: https://dgxy.link/paneisia.

Fáltanos a ponencia do 9 de abril.

3º Trimestre

- Fíxose a formación sobre Impresión 3D e escáner 3D a cargo de Andrés Bouza, como xa se prevera no PFPP.

- Leváronse a cabo as reunións do PFPP previstas segundo figuran na memoria e demais documentación do mesmo.

- Procurouse que cada profesor ou profesora que manifestou necesidades puntuais en algún aspecto relacionado coas TIC e TAC tivera a axuda correspondente (coñecementos sobre detectores de IA, uso da mesma para mellorar o nosos traballo, dúbidas sobre uso de Canva, etc...)

- Publicouse na web do centro todo o relativo a actividades en torno ao Polo Creativo.

- Creouse un curso na Aula virtual onde se pode consultar materiais e actividades en torno ás ferramentas e traballo dixital. Pode entrarse como convidado, sen contrasinal: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/aulavirtual/course/view.php?id=315 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Despois de comparar o proposto en cada acción dos obxectivos, podemos dicir que se acadaron todos xa que se traballaron todos os puntos citados.

Proposta de mellora

De cara ao próximo curso propoñemos que se pase en setembro un formulario ao profesorado para a detección de necesidades máis acuciantes para traballar durante o curso, baseándose no que percibiron durante este curso e no que vaian notando nos comenzos do vindeiro. Cremos que debemos partir do que nos demande o alumnado e o profesorado. O profesorado canalizará as necesidades do alumnado ao equipo directivo e membros do equipo TIC.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Mediante publicación na páxina web do centro que é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/node/2560