Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.
Terán que:
•Avaliar o estado da execución das accións.
•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.
•Valorar posibles propostas.
A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:
•O logro dos obxectivos para o curso.
•Propostas de mellora para o seguinte curso.
Constituiremos o equipo do PD.
O equipo do PD, en colaboración co resto do claustro, localizará os bens dixitais que aparecen en edu.xunta.gal/inventario
Esperaremos as intruccións do plan de formación en polos creativos.
Empezaremos a redactar un documento sobre protección de datos e imaxe.
Estase a espera para facer o rexistro dos bens informáticos na aplicación edu.xunta.gal/inventario . O equipo xa ten a localización física dos mesmos.
Xa está listo o ducemento sobre protección de datos e imaxe, pendente de aprobar no terceiro trimestre.
Xa fixemos gran parte da formación en Polos Creativos, construimos varios monicreques e xa experimentamos co manexo dos mesmos.
Tamén, dentro de Polos Creativos, solicitamos unha formación en intelixencia dixital.
Conseguíronse todos os obxectivos. O alumnado traballou coas ferramentas dixitais, O profesorado rematou a formación en Polos Creativos, chegando a escribir unha obra de teatro e representala para todos os alumnos, e realizouse unha introducción a intelixencia artificial. O inventario do material está rematado e dixitalizado, para que sexa un documento vivo, pero non se recibiu máis información por parte da Consellería para introducilo na aplicación inventario, polo que este apartado, non o obxectivo quedará pendente para o vindeiro curso.
Aprobouse tanto en claustro como no Consello o día 28/06/24
Avaliación
A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.
Terán que:
•Avaliar o estado da execución das accións.
•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.
•Valorar posibles propostas.
A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:
•O logro dos obxectivos para o curso.
•Propostas de mellora para o seguinte curso.
A valoración final é moi positiva porque acadáronse os obxectivos propostos, e en algún deles superamos as expectativas propostas.
O profesorado de traballou dixitalmente co alumnado, cos paneis iterativos, tablets e ordenador na aula.
Fixemos formación en polos creativos, construíndo monicreques, escribindo unha pequena peza teatral para eses monicreques, e representándoa para todo o alumnado e unha introducción a intelixencia artificial co fin de elaborar material para o alumnado. Destacar que houbo unha alta participación do profesorado.
O equipo do plan dixital, inventariou os bens dixitais que hai no centro, pero non se introdución na aplicación inventario da Consellería porque non se recibiu por parte deste ningunha orden para facelo.
Redactouse, por parte do equipo do plan dixital, un documento adaptado ao noso centro sobre protección de datos e uso da imaxe, de acordo as direccións xerais emitidas pola Consellería de Educación.
Intentaremos que participe o 100% do profesorado en futuras formacións para seguir mellorando a actividade educativa.
Empezaremos a pensar en novas propostas cara ao vindeiro curso académico.
Resultaría positivo que non che obligaran a poñer un obxectivo e que non se poida rematar por faltar información e directrices da Consellería.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do curso 2023/24 será aprobado en Claustro e Consello Escolar antes do día 6 de novembro de 2023.
Estará visible na páxina web do centro e en educalidade a disposición de toda a comunidade educativa.
Comunicouse ao Claustro e ao Consello Escolar todo o que se fixo ao longo do curso. Aprobouse o día 28/06/24