Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do "PD terá acceso" á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións desde plan baixo a supervisión da persoa directora.
O01PD
A01.1: Solicitar orzamento a un mínimo de dúas empresas para a instalación das PDI nas aulas e A01.2: Selecionar a empresa que mellores garantías orfeza para a instalación dos equipos ao prezo máis axustado.
Foron soclitiados orzamentos a dúas empresas de instalacións eléctricas. Soamente unha delas orzamentou en 508.20€. Aceptouse o único orzamento presentado.30/10/2023
A01.3: Proceder á instalación das PDI nas aulas.
Instaladas.21/12/2023
O02PD
AO2.1: Solicitar PFPP.
Solicitado.10/10/2023
O03PD
A03.1: Formación inicial ás familias sobre o uso de Abalar.
Celebrada05/10/2023
A03.2: Formación entre iguais para o uso de Abalar Pro e a súa versión web
O profesorado manexa con soltura a aplicación Abalar Pro30/10/2023
O04PD
A04.1 Elaborar un modelo de acta para a comisión agrogandeira.
Elaborado o modelo.30/10/2023
O04PD
A04.2: Formar ao alumnado implicado na elaboración de actas.
Ao longo do presente curso levouse a cabo a formación no uso responsable da rede tanto con accións específicas coma de xeito transversal. Data errada no seguimento da acción. 14/05/2024 (revisado).
A04.3 Deseñar unha folla de cálculo para o control económico do horto e a graxa escolar.
Folla de cálculo feita23/02/2024
A04.4 Instruír ao alumnado no uso básico de follas de cálculo. Realizado ao longo do segundo trimestre. Revisado con data 14/05/2024.
A04.5: Instalar unha cámara IP para o seguimento do proceso de incubación dos ovos. Desestimada por mor de choque coa seguridade de rede e LPD. Revisado 14/05/2024.
Este obxectivo acádase de xeito PARCIAL.
O día 29 de maio de 2024 realízase unha última revisión de obxectivos, analizando cada unha das accións e actualizando a información. Actualízanse indicadores e estado dos obxectivos.
O 25 de xuño informouse ao Claustro do desenvolvemento deste PD.
O 27 de xuño informouse ao Consello do desenvolvemento deste PD.
Avaliación
O desenvolvemento do Plan Dixital ao longo do presente curso, en liñas xerais, pódese valorar como SATISFACTORIO.
Dos cinco obxectivos prantexados, acadáronse na túa totalidade tres:
- O01PD Instalar as PDIs retiradas o curso pasado en aulas de PT, Música e Relixión.
- O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado: Polos Creativos.
- O03PD Empregar Abalar como ferramenta de comunicación coas familias.
Un foi acadado parcialmente:
- O04PD Empregar ferramentas dixitais na xestión do horto e granxa escolar.
- Este obxectivo non foi acadado na súa totalidade debido a que a acción A04.5: Instalar unha cámara IP para o seguimento do proceso de incubación dos ovos non se levou a cabo por mor dun conflito coa Lei de protección de datos.
E outro queda pendente:
- O05PD Actualizar inventario TIC
- Este obxectivo non puido ser acadado porque AMTEGA aínda non puxo a disposición dos centros o aplicativo INVENTARIO no cal se ía facer o rexistro dos materiais.
A maiores da planificación realizada a comezos do presente curso:
- Fixéronse diversas melloras e abundantes publicacións na web oficial do centro.
- Actualizáronse nove equipos mediante a instalación de discos duros sólidos e implementación da maqueta AbalarBox11.
- Realizouse unha videoconferencia internacional do Senegal como apoio a unha serie de actividades complementarias programadas.
- O centro participou telematicamente no concurso Ecopreguntoiro.
- Mellorouse o equipo informático de dirección instalando dobre monitor de pantalla corrida.
- Mantívose en bo estado de uso a rede de datos tanto cableada coma WIFI, así como a totalidade de equipos dixitais do centro.
- Instalouse un novo equipo de sobremesa na Sala do Profesorado para uso docente común.
- Dotouse á aula de PT dun novo equipo informático de sobremesa.
De cara ao vindeiro curso proponse:
- Implementar na aula os recursos de cREAgal.
- Instalar un proxector no ximnasio.
- Continuar co obxectivo 4 en relación á xestión dixital da Ecogranxa.
- Incrementar o número de tablets (+2), así como adquirir un microcarro de carga.
Comunicación e difusión
Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro.
A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións desde plan baixo a supervisión da persoa directora.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaboveda/