Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.   Datos básicos do centro

            O colexio de Becerreá está situado na capitalidade do Concello, que se atopa no sector oriental da provincia de Lugo, na comarca dos Ancares, a unha distancia de 42 km de Lugo.

O CEIP Plurilingüe San Xoán está situado na rúa Castelo s/n, municipio de Becerreá, provincia de Lugo. 

Ao ser un CEIP as etapas educativas abarcan dende 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria.  Contamos cunha plantilla de 17 mestres, dous deles itinerantes para un total de 150 alumnos/as.

O código do centro é o 27000629.  A dirección de correo electrónico é ceip.sanxoan@edu.xunta.gal.  Teléfono de contacto: 982 82 81 62/63/64  

Para consultar calquera outra información, pode consultar a nosa páxina web que está en continua actualización http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoan/.

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro.  Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro

            O Concello de Becerreá conta cunha poboación de 2.800 habitantes, distribúese en 26 parroquias con 112 aldeas ou núcleos de poboación, o que nos dá unha idea da grande diseminación da poboación, polo tanto é unha das densidades de poboación máis baixas de Galicia (17 hab/Km2). A causa desta dinámica demográfica radica no forte éxodo rural e a emigración e evidenciase nun crecemento vexetativo negativo e nun elevado índice de envellecemento.

            As características do medio físico unidas a outras de carácter demográfico e socioeconómico (despoboamento e envellecemento) producen un paulatino abandono das terras de labor que inflúen de forma negativa na base da súa economía: a agricultura e a gandería.  En consecuencia, ditas características favorecen a presenza de zonas con fenda dixital no noso Concello.

A industria é escasa (derivados de madeira e gando). Predomina o comercio polo miúdo, de estrutura familiar e pouca especialización, que se limita a satisfacer as necesidades máis elementais dos veciños.    

A situación económico-social xeral das familias do alumnado é  de base agraria e de traballo temporal, principalmente na construción. A maioría das familias conviven con tíos ou avós, contribuíndo a economía familiar.

A situación que vivimos durante o ano 2020, obrigou a desenvolver a labor docente de forma telemática, favorecendo o desenvolvemento da competencia dixital de toda a comunidade educativa. 

Para dar resposta ás necesidades detectadas, púxose en marcha unha formación para a elaboración do Plan Dixital, específico para cada centro, concretando as medidas para poder levar unha resposta dixital axustada á realidade de cada centro.     

            Este Plan actúa como nexo cos diversos Plans e Proxectos nos que participamos,  xa que vai ter un papel fundamental no desenvolvemento de todas as actividades programadas: EDLG, plurilingüísimo, PLAMBE, Proxecta, PFPP... e todos aqueles que se aproben de cara o vindeiro curso escolar que se inclúen na PXA.

1.3.  Breve xustificación do mesmo

Este plan xustifícase seguindo a normativa vixente:

§  Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

§  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

§  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

§  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

2.   Proceso de elaboración

A elaboración de dito Plan estivo asesorado polo PFPP L2131121 – “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan Dixital”, xunto co Equipo ADIX da zona. 

Unha vez creado o Equipo para a formación, elaboramos unha enquisa inicial para comprobar o nivel de competencia dixital no profesorado e no alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, participantes de EDIXGAL. 

Da análise dos resultados obtidos da enquisa (SELFIE e Test CDD), identificáronse as liñas de acción e plans estratéxicos que son necesarios para acadar os obxectivos da nosa organización, é dicir, debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades ou o que é o mesmo, o Informe DAFO.

En base ao informe DAFO, propuxéronse os obxectivos que forman parte do Plan de Acción.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir de SELFIE elaboramos o DAFO

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente formación no emprego das ferramentas dixitais nas actividades académicas. Alumnado Non
Debilidade Si existen diferenzas na competencia dixital provocando distitnos niveis e velocidades de traballo. Alumnado Non
Debilidade A xornada partida non permite incluír actividades de innovación dixital (espazo Maker). Familias Non
Debilidade Baixa formación do uso das ferramentas no fogar. Familias Non
Debilidade Presenza de diversos punto xeográficos sen conexión. Familias Non
Debilidade Non hai formación para as familias en competencia dixital. Familias Non
Debilidade Equipamento insuficiente de centro e de aula, especialmente na etapa de infantil e primaria (1º a 4º). Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento pouco actualizado. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Persoal docente Non
Debilidade Non emprego de banco dixital (Espazo Abalar) Persoal docente Non
Debilidade Baixa formación do profesorado para resolver problemas técnicos. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente formación para a elaboración de recursos de aula. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente pensamento computacional e práctica reflexiva. Persoal docente Non
Debilidade Falta de espazos oficiais de comun icación co persoal non docente. Persoal non docente Non
Debilidade Insuficiente formación no uso das tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza Compromiso activo no uso das ferramentas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Uso de recursos e ferramentas, contornos virtuais e plataformas en liña. Alumnado Non
Fortaleza Boa comunicación coas ferramentas corporativas. Familias Non
Fortaleza Existe formación do uso da aula virtual. Familias Non
Fortaleza Boa disposición para fomentar un uso responsable das ferramentas dixitais. Familias Non
Fortaleza Bo equipamento, grazas á participación no proxecto EDIXGAL, no terceiro ciclo da EP. Infraestruturas Non
Fortaleza Bo uso de tecnoloxías dixitais e infraestrutura do centro educativo axeitada. Infraestruturas Non
Fortaleza Si hai nas aulas equipamento informático polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Participación no proxecto EDIXGAL. Oferta Non
Fortaleza Existen talleres para formar ao alumnado na competencia dixital. Oferta Non
Fortaleza Si existe servizo de transporte e comedor escolar. Cociña in situ. Oferta Non
Fortaleza O profesorado está formado no uso da Aula Virtual. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego da aula virtual do centro por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para a colaboración no uso das tecnoloxías dixitais e interacción con outros compañeiros e/ou axentes educativos. Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para participar e colaborar nas diversas actividades. Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Descoñecemento da lexislación pertinente pola excesiva cantidade de lexislación recente. Administración educativa Non
Ameaza Insuficiente participación das familias na ANPA ANPA Non
Ameaza Por estar nun entorno rural, o acceso á asistencia técnica é insuficiente nos fogares. Contorna Non
Ameaza Insuficente formación dixital por parte das familias. Contorna Non
Ameaza Existencia de puntos con insuficiente conexión á rede. Contorna Non
Ameaza Gran cantidade de lexislación recente. Lexislación Non
Ameaza Falta de espazos oficiais de comunicación. Outras Non
Oportunidade Boa dotación de material en 5º e 6º por EDIXGAL. Administración educativa Non
Oportunidade Compromiso da administración coa transformación dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dun banco de recursos dixitais (Espazo Abalar). Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñibilidade para ofertar formación para as familias. ANPA Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Existe interés por parte das familias no eido dixital. ANPA Non
Oportunidade Alumnado con dispositivos dixitais nos fogares. Contorna Non
Oportunidade Nova aplicación educativa que permitirá a revisión de documentos de centro, en particular, de dixitalización. Lexislación Non
Oportunidade Lexislación dixital actualizada. Lexislación Non
Oportunidade Boa comunicación co Concello e cos Servizos Sociais. Outras Non
Oportunidade Colaboración con diversos servizos externos. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do DAFO deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar e actualizar o equipamento do centro
O02PD Poñer en práctica o uso da aula virtual para o intercambio de mensaxes entre o persoal docente e non docente.
O03PD Habilitar un curso de formación entre o persoal docente.
O04PD Habilitar un foro no curso de formación entre o persoal docente. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.
O05PD Favorecer a creación dunha escola de pais e nais.
O06PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais corporativas. Avaliación de capacidades.

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente farase unha revisión do Plan.

1º Trimestre

AO2.1: O equipo dixital engadirá como usuarios ao persoal non docente.  Difusión e creación dun curso específico para comunicación diversas.  

Dirección

Coordinador TIC

1º Trimestre

10 setembro 2022.

Aula Virtual

Claustro inicial de curso.

Documentación da reunión inicial do curso co persoal non docente.

 

Realizada

Aprazada

Pendente

2º Trimestre

No segundo trimestre acadáronse as accions 1 e 2 dos obxectivos de PD.

3º Trimestre

No terceiro rimestre acadáronse todas as accions dos obxectivos de PD.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

       Avaliación do plan

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos levarase a cabo nos seguintes contextos:

- No contexto da avaliación procesual, en cada trimestre valoraranse  diversos aspectos, o estado da execución das accións previstas,  análise e valoración dos resultados así como calquera necesidade ou cambio que poida presentarse, de ser o caso, levaranse a cabo modificacións e propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, unha vez transcorrido o ano académico, valorarase a consecución dos obxectivos acadados, así como os que precisan ser modificados que se reflectirán nas propostas de mellora a ter en conta para a elaboración dos novos obxectivos para o PD.

Valoración xeral

A valoración é moi positiva e compartimos un resumo das respostas obtidas na enquisa de avaliación:

1. Considera que o equipamento do centro está actualizado: 100% respostan actualizado

2. Considera a Aula Virtual operativa para o intercambio de mensaxes entre o persoal docente e non docente do centro: 100% respostan moi operativa

3. O curso habilIitado na Aula Virtual entre o persoal docente é: 100% respostan moi funcional

4. A creación dun foro de formación, onde consultar dúbidas e facer suxerencias parécelle: 100% respostan útil

5. Cómo valora a creación da escola de pais e nais: 100% respostan útil

6. En canto a avaliación, considera positivo o uso de ferramentas dixitais: 100% positivo

 

 

Proposta de mellora

Actualizar o equipamento das aulas de 3º, 4º, 5º e 6º

Para favorecer a transición ao Dixital no segundo ciclo, abrir un espazo na biblioteca no que se usen os dispositivos que chegaron para a fenda dixital.

Facer unha reunión en setembro e recoller propostas para establecer os novos obxectivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan estará publicado na páxina web do colexio para que toda a comunidade educativa poida consultalo, quedará como documento de consulta na sala de mestres.