Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP San Miguel de Reinante atópase na localidade que leva o mesmo nome, no barrio coñecido por “O Souto”. É un dos dous colexios públicos que pertencen ao Concello de Barreiros e, polo tanto, está baixo a titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. É un centro de Educación Infantil e Primaria de oito unidades.

A zona caracterízase por ter una poboación maior cunha cantidade de xente nova moi reducida, xa que prefiren trasladarse a vivir e traballar a núcleos próximos (Foz, Ribadeo, Burela,...). Aínda así, nestes últimos anos nótase un certo repunte de natalidade que se manifestou cun aumento de matrícula e estabilidade do centro.

Neste centro escolarízanse nenos/as de San Miguel de Reinante, Benquerencia, Reinante, Vilamar, Cabarcos, San Xusto, Vilamartín.

Hai servizo de transporte escolar. Os nenos/as transportados utilizan o comedor escolar. Polo tanto, realizan o desprazamento en autobús dúas veces ao día: veñen pola mañá e regresan pola tarde. A poboación escolar é eminentemente rural.

O alumnado procede maioritariamente dun medio familiar galegofalante. O caso de nenos/as castelán falantes é de pouca incidencia. Nos últimos anos estase a producir a chegada de numerosos alumnos/as procedentes do estranxeiro (Brasil, Portugal, Marrocos, Paraguai, …).

O nivel cultural das familias é medio ou medio-baixo.

Os oficios dominantes son: agricultores/as, gandeiros/as, traballadores/as da construción, do transporte, empregados/as…En menor medida hai profesionais con estudos medios ou superiores.

Contribución ao Proxecto Educativo

O presente Plan Dixital ten como obxectivo obter o máximo proveito dos recursos dixitais que temos á nosa disposición, partindo dunha proposta realista e sendo conscientes da dificultade que en moitas ocasións supoñen cambios tan ambiciosos coma este.

Ademais, o Plan Dixital establece as liñas básicas de traballo no eido dixital, algo fundamental na sociedade do século XXI, nun mundo globalizado e dominado pola rapidez da información e pola repercusión de todo o que se move a través da rede. Neste sentido, considérase realmente importante valorar as posibilidades que as TIC poden achegarnos, sobre todo, tendo en conta que nos atopamos nun centro do rural que non dispón ao alcance da man de tantos recursos e opcións como pode ter o alumnado que vive próximo a grandes urbes, aínda que sexamos conscientes da riqueza que a nosa contorna supón para a comunidade educativa do noso centro.

Por último, sinalar tamén que as TIC poden ser o complemento perfecto para a aprendizaxe, pero que non poden nin deben ser en ningún caso substitutivo do contacto coa realidade, coa natureza e co día a día, senón máis ben, unha fiestra que se abre a aquilo que non temos ao noso alcance, que mostre unha realidade que nos abre moitos camiños e posibilidades e un recurso inesgotable.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para detectar os elementos do DAFO do centro empregouse o SELFIE e o Test CDD, obtendo as fortalezas e debilidades como elementos internos e as oportunidades e ameazas como elementos externos.

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Inseguridade ante o cambio de ensinanza tradicional a Edixgal Familias Non
Debilidade Non todas as familias dispoñen de medios distintos ao teléfono móbil para o acceso aos contidos dixitais Familias Non
Debilidade Formación dixital básica de moitas familia Familias Non
Debilidade O tamaño das aulas e o mobiliario é inadecuado para o traballo cos equipos dixitais Infraestruturas Si
Debilidade Adquisición complementaria de equipos que non teñen soporte técnico Infraestruturas Non
Debilidade Estrutura física do centro en 2 edificios independentes que dificultan a coordinación. Infraestruturas Non
Debilidade Formación limitada ao proposto polos CFR. Oferta Non
Debilidade Excesiva formación non presencial. Oferta Si
Debilidade Perda de asesores CFR na nosa zona educativa. Oferta Si
Debilidade Uso de ferramentas alleas á Consellería Organización de centro Non
Debilidade Recursos dixitais sin catalogar nin inventariar. Organización de centro Si
Debilidade Formación dixital básica do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar/innovar. Persoal docente Si
Debilidade Inseguridade ante os cambios promovidos polas TIC e dificultade para saír da zona de confort pedagóxica. Persoal docente Si
Debilidade Parte do profesorado non domina a creación de contidos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Acceso a E.lbe.2 (plataforma de préstamo dixital) Alumnado Non
Fortaleza Uso da aula virtual. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de 4º, 5º e 6º ten unha sesión semanal de robótica e novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Comunicación coas familias a través de ABALAR. Familias Non
Fortaleza Todas as familias teñen acceso a medios para a comunicación dixital Familias Non
Fortaleza Existencia de pantallas dixitais interactivas en infantil, primaria, música, inglés e biblioteca Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento Edixgal Infraestruturas Non
Fortaleza Gran parte do profesorado é consciente da importancia de mellorar a CD. Oferta Non
Fortaleza Utilización dos recursos corporativos para a comunicación e a información ás familias Organización de centro Non
Fortaleza Uso da aula virtual. Persoal docente Non
Fortaleza Gran parte do profesorado implicado neste cambio. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo específico na xornada laboral destinado á mellora da competencia dixital Administración educativa Si
Ameaza Orzamento insuficiente para cubrir as necesidades dixitais Administración educativa Si
Ameaza Excesiva formación non presencial. Administración educativa Non
Ameaza Exceso de burocracia que non sabemos a que nos conduce. Administración educativa Si
Ameaza Escasos recursos dixitais en galego. Administración educativa Non
Ameaza Falta de oferta de actividades relacionadas coas TIC. ANPA Si
Ameaza A calidade das conexións no rural. Contorna Non
Ameaza Currículum inabarcable Lexislación Si
Ameaza Escasos recursos dixitais en galego Outras Si
Ameaza Falta de grandes empresas/industria que colaboren co centro e/ou coa localidade. Outras Non
Oportunidade Edixgal en 5º e 6º Administración educativa Non
Oportunidade Bancos de recursos dixitais de calidade á nosa disposición Outras Non
Oportunidade Ferramentas dixitais gratuítas, de fácil manexo e atractivas para o alumnado. Outras Non
Oportunidade Retroalimentación inmediata coas actividades en liña Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Integrar os recursos dixitais dispoñibles na actividade académica
O02PD Formar ao profesorado en coñecementos sobre o material de Polos Creativos.
O03PD Inventariar o material dixital do centro.

Seguimento

Procedemento

Durante o mes de setembro, o equipo do Plan Dixital levará a cabo unha reunión co obxectivo de establecer o calendario de accións recollidas neste documento así como a proposta destas accións ao resto do Claustro do centro.

O seguimento do Plan Dixital farase de maneira trimestral mediante reunións do equipo. Nelas valorarase o grao de consecución dos obxectivos marcados en cada unha das accións detalladas.

No caso de que as accións non se poidan levar a cabo e os obxectivos non se alcancen en tempo e forma, analizarase o motivo do atraso e realizaranse as modificacións precisas para a futura realización da actividade así como a data para a cal se empraza o logro do obxectivo e o desenvolvemento das accións encamiñadas á súa consecución.

1º Trimestre

Na segunda quincena do mes de setembro, realízase unha reunión do equipo do Plan Dixital na que se establece o calendario de accións para o curso 2023/2024.

Cúmprense as actuacións previstas para este trimestre seguundo o plantexado no plan ao inicio de curso.

2º Trimestre

Estivo centrado principalmente na formación do profesorado e a elaboración real das actividades vinculadas ao proxecto do centro e que teñen carácter dixital. Trabállase co profesorado para o coñecemento e a integración dos recursos TIC existentes no centro para o seu uso cotiá.

3º Trimestre

Chegados ao último trimestre observamos a posta en práctica de todo o traballado anteriormente e valoramos positivamente as formacións, as actuacións levadas a cabo dende o Plan Dixital e a vinculación do profesorado coa liña de traballo establecida.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

De ser o caso que as accións propostas non se poidan levar a cabo durante o curso, quedarán reflexadas como pendentes e especificarase o motivo polo que non se poideron conseguir. Analizaranse as causas e proporase un calendario para a realización de modificacións enfocadas na súa consecución.

A maiores, faranse tantas reunións do equipo como se consideren precisas para a toma de decisións, acordos e todas aquelas cuestións que se consideren relevantes para a realización e o seguimento do Plan Dixital do Centro.

Valoración xeral

A valoración xeral do Plan Dixital para o curso 2023/2024 é positiva, xa que se alcanzaron 2 dos 3 obxectivos propostos. O obxectivo non alcanzado foi por causas alleas ao centro, xa que o aplicativo inventario non está dispoñible de momento.

Proposta de mellora

É preciso seguir coa mesma liña de traballo reaxustando as porcentaxes dos indicadores, motivando ao profesorado a seguir formándose e aplicando no día a día todo o aprendido.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital está a disposición de toda a Comunidade Educativa do Centro a través da páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmiguelreinante/)