Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.E.I.P. Plurilingüe Vila de Rutis é un centro de recente creación situado en Rutis, Culleredo.

Partindo desta necesidade e en base a normativa vixente elabórase este P.D. Así, teranse como base os  seguintes referentes legais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Por outra banda, é preciso mencionar a incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e desenvolva como individuo da sociedade na que vive. Na actualidade, formamos parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez mais dixitalizado, e por esa razón, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro ocas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada.

O Plan Dixital debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Este P.D debe aportar e contribuír na posta en marcha, do resto de Plans e Proxectos do centro dado a súa importancia como recurso clave para unha boa planificación dixital e desenvolvemento de estratexias tecnolóxicas. Ademais, debe colaborar na aportación de metodoloxías de traballo que se utilizarán nos programas de innovación nos que participa o centro (Programa Edixgal, Polos Creativos, Digitalweek...)

En canto se refire ao proceso de elaboración deste plan, este recolle as ideas principais, determina as prioridades e establece os niveis de planificación que marcarán o plan de traballo do centro escolar no seu proceso de cambio e mellora.

Así mesmo, é clave a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implantación na fase de deseño e elaboración do mesmo, pola visión global que desde a súa responsabilidade pode achegar como pola capacidade para mobilizar recursos de organización.

Por último, cabe destacar a colaboración dos membros do Equipo de dinamización das TICS e innovación educativa como dos mentores ADIX que traballan na elaboración deste PD sempre en coordinación co equipo directivo.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e TCDD realizados no curso 21-22, e do propio coñecemento que o Equipo de Dinamización do P.D ten do propio centro, xerouse unha análise DAFO, a cal foi revisada e actualizada de forma anual, a cal permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G7. Necesidade dunha avaliación da competencia dixital máis continua. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non ten unha competencia dixital adecuada. Precisase mellorar na retroalimentación do traballo para facilitarlles a planificación de accións posteriores. Alumnado Si
Debilidade F1. Un elevado número de alumnado NEAE e falta de recursos adaptados para este alumnado. Alumnado Si
Debilidade Necesidade dunha estratexia dixital organizada, secuenciada e programada á hora de realizar actividades co alumnado relacionada cos Polos Creativos. Alumnado Si
Debilidade C10.Falta de equipamento manexable por todo o alumando. Infraestruturas Si
Debilidade C1. Modificación da ubicación das aulas dado ao incremento de unidades cada curso por ser centro de nova creación e máis ás medidas sanitarias actuais. Organización de centro Si
Debilidade A4.Falta de tempo para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade D3. Falta o intercambio de experiencias e estratexias de comunicación con outros centros. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza F6. Participación en proxectos interdisciplinares de innovación educativa (Polos Creativos, Digitalweek) e outros non relacionados con STEAM. Alumnado Non
Fortaleza C3.Boa conexión, rede de infraestructura e equipamento en 5º e 6º de EP pola participación no programa Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza Aumento anual na matrícula de novo alumnado. Alumnado Non
Fortaleza E4. Boa canle de comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Familias moi implicadas . Familias Non
Fortaleza Aulas equipadas con novos elementos tecnolóxicos en E.I e 1º ciclo de E.P. Infraestruturas Non
Fortaleza C5.Boa resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Case todo o persoal docente actual é definitivo. Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición por parte do profesorado para seguir coa formación dixital para continuar mellorando a súa estratexia. Persoal docente Non
Fortaleza A3.Docentes familiarizados co tratamento de licenzas e dereitos de autoría. Tamén moi conscientes da política de protección de datos. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Boa canle de comunicación entre todos os docentes. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dotación de equipamento actualizado por parte da Administración ao centro e ao profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de achegas económicas ao centro. Administración educativa Non
Ameaza B3. Necesidade de coordinación con outros centros da contorna e compartir contidos dixitais. Contorna Si
Ameaza Excesivos cambios lexislativos que resta tempo e interese para realizar actividades de innovación. Lexislación Non
Ameaza Excesiva burocracia . Lexislación Non
Oportunidade Documentación actualizada en continua revisión e algunha en proceso de elaboración por ser centro de reciente creación Administración educativa Non
Oportunidade Tanto a ANPA, que participa activamente, como as familias, posúen unha maior competencia dixital. ANPA Non
Oportunidade Renovación anual do Plan Dixital para paliar as ameazas e debilidades neste eido en relación ao centro. Lexislación Non
Oportunidade B3. Obradoiros de comportamento responsable na rede (guardia civil, concello...) Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados do noso DAFO:

  • Continuar con proxectos de innovación.
  • Competencia dixital no alumnado.
  • Falta de coordinación con outras entidades/centros.

Estas carencias son as que se van a intentar abordar a través do P.D do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Fomentar o uso de espazos de colaboración/información para o alumnado, profesorado e comunidade educativa.
O2PD Desenvolver as competencias dixitais no alumnado de 4to, 5to e 6to E.P.
O3PD Crear proxectos de innovación a través do Polo Creativo do centro.
O4PD Dinamizar e manter os espazos físicos/virtuais relacionados cas TIC e Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Cada curso levarase a cabo un procedemento de seguimento do desenvolvemento do PD e da consecución dos obxectivos:

  • Reunións mensuais do Equipo TIC/Plan Dixital o 4º luns de cada mes: nesta reunión, o equipo mencionará como vai o avance do PD segundo as datas marcadas e irá reflectindo en Educalidade as correspondentes revisións.
  • A maiores, a mentora ADIX do centro realizará visitas e/ou videconferencias de forma trimestral para ver os avances e o centro educativo irá reflectindo na aplicación Educalidade o seguimento das accións/obxectivos.
1º Trimestre

Realizáronse todas as accións plantexadas para este trimestre, aínda que imos cun pouco de retraso no uso dos materiales de Polos de cara á Feira STEAM.

2º Trimestre

Realizáronse todas as accións plantexadas para este trimestre, aínda que imos cun pouco de retraso á hora de compartir materiais na A.V para a comunidade educativa, dado que compartimos materiais a través das RRSS.

 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

A feira STEAM finalmente tivo lugar no mes de xuño, e con respecto ás experiencias, equivocámonos na redación, e queríamos dicir por etapa e non por nivel.

Cumplíronse, en xeral, todas as accións dos obxectivos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada curso levarase a cabo un procedemento de seguimento do desenvolvemento do PD e da consecución dos obxectivos, levando a cabo avaliación do mesmo:

  • Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara ao vindeiro curso académico co fin de mellorar e/ou establecer novos obxectivos e accións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

O Plan Dixital desenvolveuse con total normalidade dentro da dinámica do centro, o cal é algo positivo, porque é un centro comprometido co uso responsable das TIC así como de outros materiais e proxectos solicitados como o Polo Creativo do centro.

En relación aos obxectivos, o 1º non foi acadado, ao igual que aconteceu no curso anterior. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

No vindeiro curso, revisarase o 1º obxectivo por ser o segundo ano consecutivo que non se consegue acadar. En relación aos restantes, consideramos que poden seguir estando presentes no Plan Dixital con vistas a ser mellorados no futuro e así acadar á máxima porcentaxe de consecución.

Finalmente, engadir que no próximo curso, no caso de realizar a II Feira STEAM, consideramos que a data máis axeitada sería no mes de maio e non xuño, polo volume de traballo que existe no último mes.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital darase publicidade a toda a Comunidade Educativa como se recolle no Plan de Comunicación do Centro a través da URL presente nesta aplicación.