Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN.

Á hora de elaborar o Plan Dixital tívose en conta a seguinte lexislación:

¿                   Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿                   Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

¿                   Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

¿                   Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO.

O CEIPP de Outes é un centro en constante análise e reflexión da súa práctica educativa, o que nos leva a detectar como unha necesidade a importancia de poder garantir unha educación dixitalizada e inclusiva na nosa comunidade educativa. Diminuír a brecha dixital do alumnado da nosa escola, nun concello sen outras posibilidades de achegamento a recursos dixitais e de corte STEM, empoderándoo no uso destas tecnoloxías, é un dos obxectivos principais que plantexamos neste plan.

Asumimos a incorporación do Plan Dixital de xeito integrado co resto de programas nos que participa o centro e de maneira especial co Proxecto Documental Integrado que cada ano se desenvolve no centro, o que propiciará unha abordaxe curricular, significativa e contextualizada das iniciativas que se leven a cabo neste plan.

O Plan Dixital intégrase dentro do Proxecto Educativo (PE) do centro, como un elemento dinamizador do traballo educativo cotiá. Así mesmo, debe estar integrado en todos os proxectos e plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras, inclusivas e, sobre todo, orientadas a todo o alumnado.

Do mesmo xeito, a PXA deberá ter en conta dito plan para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de Acción e formará parte do Plan de Integración das TIC.

 

PROCESO DE ELABORACIÓN.

Setembro: Composición do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, formado por 5 mestres e mestras do centro, para levar a cabo a distintas tarefas necesarias para a elaboración de dito plan. Establécese a organización dentro do equipo.

Novembro: Posta en marcha da rede para a elaboración do Plan Dixital e contacto coas persoas ADIX.

Decembro: Configuración e envío do SELFIE ao alumnado, profesorado e equipo directivo, a través dunha aplicación, para coñecer o modo en que se emprega a tecnoloxía no centro así como o grado de competencia dixital dos distintos implicados.

Febreiro: Realización do test CDD por parte do profesorado do centro.

Marzo: Recompilación de datos, reflexión e elaboración do DAFO, no cal se estableceron as debilidades, fortalezas, oportunidades e ameazas observadas.

Maio: Definición dos obxectivos e accións a seguir despois da análise DAFO.

Xuño: Elaboración do Plan Dixital, tendo en conta toda a información recollida ata o momento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e o TCDD o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Deficiente conectividade no concello. Deficiente solvencia dixital para o apoio do alumnado. Ferramentas tecnolóxicas pouco adaptadas. Familias Si
Debilidade Equipamento dixital deficiente tanto por antigüidade, tipo e cantidade. Deficiente conectividade por cable. Falta de armarios de carga para ordenadores Edixgal. Infraestruturas Si
Debilidade O horario do centro dificulta a exploración de métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar a labor de ensinanza. Falta de formación en software libre para un máximo aproveitamento. Persoal docente Si
Fortaleza Elevada motivación do alumnado coas propostas dixitais. Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado de primaria. Alumnado Non
Fortaleza Suficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais por parte do alumnado e profesorado de xeito colaborativo. Organización de centro Non
Fortaleza Excelente formación técnica na utilización de entornas e recursos dixitais abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Gran implicación do persoal non docente. Persoal non docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de servizo técnico fóra de Edixgal. Falta de dotación do equipamento adecuado e actualizado ás necesidades do centro. Administración educativa Non
Ameaza Mala conectividade no concello. Cortes de suministro repetitivos. Contorna Non
Ameaza Lentitude e limitación que pode supoñer. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de realizar un Plan Dixital para conseguir unha estratexia dixital no centro útil. Administración educativa Si
Oportunidade Formación para as familias organiza pola ANPA. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de establecer sinerxias para traballar conxuntamente. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO axudo na elaboración do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a formación do profesorado no uso do software libre.
O02PD Formar ás familias en recursos dixitais.
O03PD Dotar a aula específica de Polos creativos co equipamento e infraestrutura do proxecto.
O04PD Actualizar os equipos informáticos do centro.

Seguimento

Procedemento

No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Mellorar a formación do profesorado no uso do software libre.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: Acadado.
  • Obxectivo O02PD: Formar ás familias en recursos dixitais. 
    • AO2.1: Acadado. Realizarase a formación na segunda avaliación.
    • AO2.2: Realizarase unha vez feita a formación.
  • Obxectivo O03PD: Dotar a aula específica de Polos creativos co equipamento e infraestrutura do proxecto. 
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: Acadado.
    • AO3.3: En proceso.
  • Obxectivo O04PD: Actualizar os equipos informáticos do centro.
    • AO4.1: Acadado.
    • AO4.2: Acadado.
    • AO4.3: Pendente.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. No momento en que se leve a cabo a formación previstas para a segunda avaliación, será un pulo importante para o desenvolvemento das accións que restan do plan.

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Mellorar a formación do profesorado no uso do software libre.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: Acadado.
  • Obxectivo O02PD: Formar ás familias en recursos dixitais. 
    • AO2.1: Realizarase a formación na terceira avaliación.
    • AO2.2: Realizarase unha vez feita a formación.
  • Obxectivo O03PD: Dotar a aula específica de Polos creativos co equipamento e infraestrutura do proxecto. 
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: Acadado.
    • AO3.3: En proceso.
  • Obxectivo O04PD: Actualizar os equipos informáticos do centro.
    • AO4.1: Acadado.
    • AO4.2: Acadado.
    • AO4.3: Pendente.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo aínda que con algún retraso na consecución dos obxectivos. Prevese subsanar isto no terceiro trimestre.

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Mellorar a formación do profesorado no uso do software libre.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: Acadado.

O obxectivo 1 está totalmente acadado habendo aproximadamente un 60% do profesorado que emprega software libre.

  • Obxectivo O02PD: Formar ás familias en recursos dixitais. 
    • AO2.1: Realizarase o vindeiro curso
    • AO2.2: Realizarase o vindeiro curso

O obxectivo 2 non se puido levar a cabo, dadas diferentes diferenzas coas familias externas ao Plan Dixital que xa están postas en coñecemento de inspección educativa, non se considerou o momento axeitado para levar a cabo esta acción.

  • Obxectivo O03PD: Dotar a aula específica de Polos creativos co equipamento e infraestrutura do proxecto. 
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: Acadado.
    • AO3.3:Acadado

O obxectivo 3 está totalmente acadado, pois o indicador estaba fixado en ter unha aula plenamente dotada co equipamento posto en marcha, que a día de hoxe está acadado. No vindeiro curso continuaranse  con novas actividades usando o material de Polos Creativos

  • Obxectivo O04PD: Actualizar os equipos informáticos do centro.
    • AO4.1: Acadado.
    • AO4.2: Acadado.
    • AO4.3: Acadado.

O obxectivo 4 está totalmente acadado, sendo o obxectivo ter un 80% dos equipos renovados a final de curso. Actualmente entre o equipamento recibido cos paneis interactivos, Polos creativos, outros equipos recibidos e  os equipos aos que se renovaron pezas novas, a porcentaxe de equipos renovados é de aproximadamente o 80%.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital seguiremos as seguintes indicacións:

-          No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións e as propostas de mellora.

-          No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos están totalmente acadados excepto o obxectivo 2 que non se puido levar a cabo por circustancia alleas ao Plan Dixital.

Desde o centro considéranse que foron útiles os obxectivos levados a cabo e que tiveron repercursión no centro.

Proposta de mellora

Retomaro o obxectivo 2.

Continuar con Polos Creativos.

Seguir mellorando a contectividade.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A forma de dar a coñecer o Plan Dixital será a seguinte:

-          Publicación na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoutes/system/files/Plan%20Dixital%2022-23.pdf) así como na aula virtual do mesmo.

-          Dalo a coñecer a través da ANPA e do Claustro.