Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Ao longo deste curso 2023-2024 continuaremos co plan de actuación iniciado no curso pasado e actualizado para o presente e que ten como obxectivo final acadar un desenvolvemento axeitado na competencia dixital do profesorado do noso centro que nos permita a progresiva transformación dixital e competencial a nivel colectivo. 

A elaboración dun Plan Dixital de centro anual está ao abeiro da seguinte lexislación:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para a consecución do obxectivo principal e final do Plan Dixital contamos, por unha banda coa axuda da Consellería de Educación, a través dos medios facilitados cada ano e por outra banda con axuda externa, no noso por medio do Concello de Arteixo quen fai unha grande aposta pola innovación tecnolóxica, que se fai patente por medio do convenio Arteixo Innovación, ofertado cada ano aos centros educativos que conleva a elaboración e desenvolvemento dun proxecto de centro que contribúa á alfabetización dixital do alumnado, profesorado e das familias. O noso centro leva participando desde o primeiro momento e neste curso continuaremos a facelo.

Para a elaboración do plan dixital deste ano, traballamos en consecuencia cos obxectivos marcados polo equipo TIC, posto que é preciso poñer en marcha a aula TIC novamente, posto que durante os últimos cursos tivemos que prescindir dela por falta de espazo para as aulas de docencia directa, o que convela poñer a punto todos os equipos informáticos presentes no centro e retirar aqueles que están obsoletos ou estropeados. 

Tivemos que facer algúns cambios no contexto DAFO posto que grazas á chegada de equipos de fenda dixital, xa contamos con ordenadores suficientes para o empréstito do alumnado.

A día de hoxe o Proxecto Educativo do noso centro estase a elaborar, pero o Plan Dixital está intrinsecamente relacionado con varios proxectos e colaboracións do centro, a saber:

- O proxecto de Biblioteca, que será o eixo da PXA 23 – 24, coa idea de poder entrar no PLAMBE.

- O Convenio Arteixo Innovación.

- Material de polos creativos.

A creación deste Plan Dixital ven lexislada en:

·       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·       Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Este Plan Dixital xurde ademais da necesidade do noso centro educativo de sacarlle partido a todo o material informático adquirido nos últimos cursos e ao xa presente no centro, pero para iso precisamos facer fincapé na formación do profesorado en primeiro lugar para poder aprenderlle ao noso alumnado  o bo uso do diferente abano de posibilidades existentes no centro, tanto de hardware como de software, que lles sirvan de cara ao seu futuro académico e persoal. 

O plan é o resultado de moitas deliberacións e horas de traballo de cara a buscar a mellora do noso centro educativo e das condicións de ensino-aprendizaxe do noso alumnado.

O equipo de Dinamización do Plan Dixital foi conformado polos mesmos integrantes do equipo TIC do centro, coa delegación da Dirección na secretaria como persoa coordinadora.

Ao longo deste curso pretendemos acadar os obxectivos marcados no plan e de ir transformando as debilidades do DAFO, realizado anteriormente, en fortalezas, para ser un centro educativo con competencia dixital e que teña o seu impacto na nosa metodoloxía.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO
a) Autoavaliación SELFIE de Primaria:
A -Liderado 
    Equipo Direct.    2,5                
    Profesorado    2,6                
    Alumnado                    
B- Colaboración e redes
    Equipo Direct.    2,4                
    Profesorado    2,1                
    Alumnado    3,4                
C- Infraestruturas e Equipos
    Equipo Direct.    2,6                
    Profesorado    2,6                
    Alumnado    3,3                
D- Desenvolvemento profesional continuo
    Equipo Direct.    3,3                
    Profesorado    3                
    Alumnado                    
E- Pedagoxía: Apoio e Recursos
    Equipo Direct.    2,9                
    Profesorado    3,5                
    Alumnado                    
F- Pedagoxía: Implementación na aula
    Equipo Direct.    2,4                
    Profesorado    2,8                
    Alumnado    3                
G- Prácticas de avaliación
    Equipo Direct.    2,2                
    Profesorado    2,1                
    Alumnado                    
H- Competencias dixitais do alumnado
    Equipo Direct.    2,5                
    Profesorado    2,7                
    Alumnado    3,7                

b) Test CDD:
1.3. Participación segundo perfil do profesorado
N.º profesorado que participa    N.º profesorado total    % participación
DEFINITIVO        25    37    67,6%
PROVISIONAL     3       4    75%
INTERINO            0       3    0%
SUBSTITUTO      3        8    37,5%
OUTRO                1        1    100%

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro
Puntuación media do test (sobre 192)    Nivel de competencia    Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)    Nivel de competencia en Galicia
                                       62                          Explorador / a (A2)                                           76,4                                              Integrador / a (B1)

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas
    Puntuación media do test (sobre 192)    Nivel de competencia    Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)    Nivel de competencia en Galicia
INF.                               70,7                          Integrador / a (B1)                                           68,2                                                   Integrador / a (B1)
PRI.                                56                           Explorador / a (A2)                                            77                                                    Integrador / a (B1)

2.3. Distribución do profesorado por niveis
       Total profesorado no nivel de competencia    % de profesorado participante neste nivel
A1            3                         9,4%
A2          15                       46,9%
B1          12                        37,5%
B2            1                          3,1%
C1            1                          3,1%
C2            0                             0%
TOTAL    32                         100%


 

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro contamos cun espazo para compartir recursos educativos dixitais non habilitado actualmente. Infraestruturas Si
Debilidade O centro case non traballa en proxectos interdisciplinares empregando as TIC. Oferta Si
Debilidade Non temos unha estratexia dixital definida no centro educativo. Organización de centro Si
Debilidade No centro existe algunha canle de comunicación interetapa, pero o seu emprego dista de ser óptimo. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non dispón de tempo que adicar para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade A día de hoxe case non empregamos ningún tipo de avaliación con medios tecnolóxicos. Persoal docente Si
Debilidade Soamente unha pequena porcentaxe do profesorado está disposta a destinar tempo na mellora das súas competencias dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Na etapa de Primaria hai que incentivar a creación de recursos dixitais, tanto por parte do profesorado coma do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O centro conta con equipos para o alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro dispón dun espazo físico destinado a aula informática. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro dispón de PDI en todas as aulas destinadas á docencia. Infraestruturas Si
Fortaleza O colexio dispón de aulas virtuais na web da Xunta e faise un esforzo activo por fomentar o seu uso. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro emprega diversas canles e medios tecnolóxicos para a comuniación coa comunidade educativa: páxina web, bitácoras, aulas virtuais, correo electrónico, Abalar, Webex Meetings, teléfono. Infraestruturas Si
Fortaleza No centro impúlsase unha mirada crítica ás novas tecnoloxías, tanto nas aulas coma por medio de charlas externas a través de institucións locais e educativas. Oferta Si
Fortaleza Unha grande parte do noso centro está concienciada da importancia do emprego de software libre e das licenzas creative commons. Persoal docente Si
Fortaleza Segundo os resultados do CDD temos 12 membros do profesorado cun nivel de B1 e 15 cun nivel de A2. Cun pouco de formación poden pasar a ser 12 membros de B2 e 15 de B1, o que suporía unha mellora substancial para o centro. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado está moi concienciado sobre a importancia de formarse no uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Na etapa de Infantil empréganse moitos recursos dixitais de creación propia. Persoal docente Si
Fortaleza Unha grande parte do noso centro está concienciada da importancia do emprego de software libre e das licenzas creative commons. Persoal non docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Imposibilidade de reemprazar aparellos estropeados ou obsoletos a mediados de curso. Administración educativa Si
Ameaza Unha parte significativa do alumnado pertence a unha clase económica con poucos recursos, o que se traduce nunha falla de dispositivos dixitais e acceso a Internet. Contorna Si
Ameaza O novo currículo xa non permite dispoñer de horas de libre configuración nos centros educativos, podemos destinar algunha desas horas a impartición de ofimática e informática básicas no 4º e 6º nivel de Educación Primaria Primaria. Lexislación Si
Oportunidade Hai unha grande variedade de oferta de actividades formativas gratuítas, tanto dende a Xunta coma por parte de organizacións Externas. Administración educativa Si
Oportunidade Máis da metade do profesorado é definitivo no centro dende fai varios anos, o que da pé a poder deseñar proxectos a longo prazo. Administración educativa Si
Oportunidade Ao remate do curso podemos invertir o remanente restante para a renovación ou arranxo de equipos dixitais e adquisición dos mesmos. Administración educativa Si
Oportunidade Temos a posibilidade de participar no PLAMBE de Bibliotecas Escolares, o que nos permitiría acceso a formación, asesoramento e adquisición de materiais e equipos. Administración educativa Si
Oportunidade Existe unha relación fluída coa ANPA. ANPA Si
Oportunidade Unha parte importante do equipamento é moi antigo e está case obsoleto que se debe cambiar por novos equipos adquiridos a través da participación nos convenios Arteixo Innovación do concello. Outras Si
Oportunidade Temos a opción de presentar un plan para Arteixo Innovación, que implica unha subvención por parte do Concello de Arteixo para a compra de equipos tecnolóxicos e mantemento. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado no uso da radio escolar.
O02PD Formar ao alumnado nalgún aplicativo da maqueta Abalar.
O03PD Participar no Convenio Arteixo Innovación para o curso 2023/2024
O04PD Colaborar co equipo de biblioteca do centro no desenvolvemento de actividades de cara á concesión do PLAMBE no curso 2024 /2025
O05PD Facer un uso responsable do equipamento informático do centro segundo pautas establecidas.
O06PD Expurgar todo o material informático obsoleto, poñer a punto o existente e actualizar inventario.
O07PD Habilitar a aula TIC e organizar os seus recursos e as aulas móbiles.
O08PD Marcar e acadar obxectivos de competencia dixital para as dúas etapas educativas e por ciclos en Primaria.
O09PD Empregar o aplicativo Abalar para a comunicación coas familias.

Seguimento

Procedemento

Reunións internas entre os membros do equipo de Plan Dixital.

Reunións coa asesora ADIX ao longo do curso.

1º Trimestre

Ao longo deste primeiro trimestre o traballo realizado consistitu en poñer a punto todo o material informático dispoñible no centro e expurgar todo o material obsoleto ou non susceptible de ser arranxado.

Así mesmo, relocalizouse todo o material posto a punto nas diferentes aulas tanto ordinarias como específicas.

Redeseñouse a aula TIC fixa xunto coa radio escolar e chroma, posto que o centro facía dous anos, non contaba con ela por mor da COVID e a necesidade derivada de espazo.

Foise inventariando todo o material novo chegado do convenio Arteixo Innovación 2023, quedando pendente o etiquetado do mesmo.

Elaborouse un horario de uso da aula TIC fixa e aulas móbiles e tablets.

Tamén se elaborou un caderno de solicitude de material informático dispoñible no centro tanto para momentos puntuais como para o curso, tanto para profesorado como alumnado, durante a xornada lectiva.

2º Trimestre

Ao longo deste trimestre acadamos as dúas primeiras accións do obxectivo 1. Realizamos a formación para o uso da radio escolar e estamos a deseñar unha actividades que desenvolveremos co alumnado no seguinte trimestre por parte do profesorado que realizou a formación e co seu alumnado.

Para a realización das diferentes accións do obxectivo 2 contaremos co asesoramento do equipo Tic do centro, quen está a propoñer actividades para desenvolver co alumnado dos distintos niveis do centro centrándose, para os cursos máis altos, a aprendizaxe de aplicativos de Libre Office de maior utilidade na etapa de Primaria: Writer e Impress. As actividades propostas desenvolveranse no terceiro trimestre.

Actualmente estamos a traballar no obxectivo 3 a través da posta en marcha de todo o material adquirido no proxecto Arteixo Innovación para levar a cabo as actividades propostas no mesmo e que difundiremos na ponencia no terceiro trimestre, cuxa data é determinada polo Concello de Arteixo. Cando saia a convocatoria do convenio para o curso 2024/2025 comezaremos a traballar sobre ela.

Traballaremos nas actividades nas que traballaremos conxuntamente co equipo de biblioteca que nos permitirá acadar o obxectivo 4.

O obxectivo 5 xa foi acadado ao completo neste trimestre. Estanse a recoller as incidencias que derivamos á UAC, AMTEGA ou á empresa contratada a grazas ao convenio Arteixo Innovación e estase a realizar un uso responsable dos diferentes dispositivos electrónicos do centro.

En canto ao obxectivo 6, estamos a recolocar todo o material adquirido ao longo dos anos de participación no Convenio Arteixo Innovación e procedimos a retirar e dar de baixa aquel material obsoleto do centro: anos 2008 ao 2016 que presentaba problemas técnicos.

O obxectivo 7 xa foi acadado, posto qu estamos a empregar as aulas móbiles do centro (tabletas e portátiles), especialmente por parte do departamento de orientación para traballar cos aplicativos específicos para alumnado con NEE, tal e como se determinou no proxecto Arteixo Innovación da anualidade 2023.

Do obxectivo 8, agás a primeira acción, están pendentes de acadar o resto. Este obxectivo é o de maior carga e do que depende a consecución do resto dos obxectivos e, por ende, do plan dixital para este curso 2023/2024.

O obxectivo 9 xa foi acadado. Quedan moi poucas familias por facer uso do aplicativo ABALAR.

 

 

 

 

3º Trimestre

Ao longo deste trimestre estivemos centrándonos nas últimas accións dos obxectivos que aínda non estaban acadados neste momento do curso.

  • Obx1: Estaba pendente a difusión das actividades realizadas polo alumnado coa colaboración do profesorado formadona radio escolar.
  • Obx2: Deseñamos e levamos a cabo as actividades do alumnado cuxo profesorado interesado en traballar con Office. Non nos deu tempo a traballar co Impress, aínda que si co writer.
  • Obx3: Este obxectivo quedará pendente, posto que non saíu a convocatoria,  contamos de que saia en xullo ou setembro. Queda pendente  presentar o proxecto, estamos pedindo presupostos e barallando as necesidades de adquisición de equipamento informático e de formación. Normalmente, na elaboración deste proxecto só participa un 5 ou 6% catro ou 5 docentes.
  • Obx4: Este obxectivo foi cumprido na súa totalidade. Existe unha grande satisfacción por parte do profesorado implicado dos dous equipos colaboradores.
  • Obx5: Este obxectivo está completamente acadado.
  • Obx6:Seguimos realizando modificacións de altas e baixas. Os espazos están organizados, tal e como se propuxo.
  • Obx7: Este obxectivo está completamente acadado.
  • Obx8: Deste obxectivo quedou pendente a acción 8.5, debido ás baixas do profesorado titular ao longo do curso, e especialmente no último trimestre, priorizouse o traballo nas actividades colaborativas e na difusión a través doutros medios, como a bitácora de biblioteca, pero non se creou unha específica para o equipo Tic.
  • Obx9: Este obxectivo está completamente acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Seguimento dos obxectivos nas reunións dos membros do equipo do Plan Dixital.

Seguimento dos obxectivos nas reunións coa coordinadora ADIX.

Valoración xeral

A pesar de que o plan elaborado para este curso foi bastante ambicioso, estamos satisfeitos co traballo realizado para a consecución dos obxectivos marcados. Éramos concientes que este ano era unha posta a punto tanto de espazos como de equipamento, posto que había moito traballo pendente en canto á  organización de material e ubicación do equipamento existente no centro. No noso centro hai moito material informático e tecnolóxico adquirido a través dos convenios co Concello para a adquisición da competencia dixital por parte de toda a comunidade educativa e que moito profesorado descoñece por non ter participado nestes convenios ou por non formar parte do equipo Tic do centro, por iso, unha das prioridades foi a de inventariar para logo facer pública esta listaxe de material de uso temporal por parte dos docente interesados e centralizalo nun único espazo, instaurando un sistema de empréstito axeitado tanto para quen o usa como para quen ten que dar conta del, neste caso, os membros do equipo Tic. Na última parte do curso, empezouse a desenvolver este sistema, pero para valoralo correctamente precisamos comprobar, no vindeiro curso se o seu funcionamento é ou non o satisfactorio que se espera.

A posta a punto da aula de informática e das aulas móbiles levou moito tempo, posto que se crearon contas wifi para concectar cada un dos equipos á rede da Xunta, e isto ás veces, debido a problemas alleos aos membros do equipo, dilatou o traballo no resto das actividades e obxectivos propostos en todo o plan, pero sabíamos que o primeiro paso para conseguir o resto dos obxectivos era contar cos equipamentos informáticos de uso común listos para traballar. Tivemos un contacto contínuo coa UAC e Amtega para os equipamentos da Consellería, así como para a solicitude de revisión e/ou substitución das PDI desde Infantil ata 4º de primaria, para poder responder ás demandas do profesorado.

Os equipamentos que foron adquiridos por parte do centro, como portátiles das aulas, estiveron a cargo do técnico informático financiado a través do convenio Arteixo Innovación do concello, pero neste caso, debido a unha baixa laboral por parte da empresa, tamén dilatou a resposta ás necesidades neste aspecto.

A partir de agora, a prioridade do plan dixital será a de formación e implicación do profesorado para levar a cabo actividades que permitan a colaboración entre equipos con propostas sinxelas paero que permitan desenvolver as programacións didácticas elaboradas ao comezo de curso dunha forma áxil e relaxada, sen que iso supoña unha presión ou tarefa a maiores, posto que este ano o traballo realizado conxuntamente entre o equipo Tic, os docentes formados na radio escolar e o equipo de biblioteca, reportou unha gran satisfacción para todo o persoal implicado.

Proposta de mellora

Para a elaboración e desenvolvemento do plan dixital do curso 24/25 propoñemos o seguinte, logo de valorar o traballo realizado neste curso:

- Todo o profesorado deberá coñecer e traballar con Abalar Box.

-  Solicitar algunha liña de PFPP na formación de cricut/ impresora 3D/ radio escolar.

- Formar ao alumnado nalgún aplicativo da maqueta Abalar.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan entre os membros da comunidade educativa empregaremos o mesmo sistema de difusión habitual, a través da web do centro, o aplicativo Abalar e correo electrónico do centro.