Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

          O EPAPU de Teixeiro está situado no interior do Centro Penitenciario de Teixeiro no lugar de Paradela preto da estrada que une a Autovía do Noroeste ca cidade de Santiago de Compostela, no Concello de Curtis.

         O edificio que alberga o EPAPU denomínase Módulo Sociocultural-Polideportivo do Centro Penitenciario. Dentro deste edificio lévanse a cabo outras actividades como cursos de formación para funcionarios de II.PP, as actividades propias do coordinador de formación do Centro Penitenciario, etc. contén tamén a capela, o salón de actos e os departamentos deportivos do cárcere.

          Tamén, se atende a todos aqueles alumnos clasificados no 1º Grado Penitenciario que pola súa normativa penitenciaria non poden acudir ás clases regradas e o soliciten mediante instancia. A atención é voluntaria por parte dos docentes.

         Trátase dun centro que, dadas as especiais circunstancias do alumnado, ten como principal dificultade, a diversidade de procedencia do alumnado, así como a propia mobilidade e incorporación continua de novos alumnos/as ás aulas. O noso alumnado procede de case todas as Comunidades Autónomas do Estado e tamén dunhas 25 nacionalidades diferentes do mundo.

          A  realidade social do EPAPU de Teixeiro dista moito de ser parella á de calquera centro de educación primaria, secundaria ou mesmo á doutros centros de adultos. A nosa realidade é a de “intramuros”, o cárcere, a priori, nós non contamos con realidades familiares directas, os nosos alumnos non teñen contacto cunha realidade social exterior, agás os funcionarios de prisións e persoal que traballa no centro  e o profesorado da escola.

         Espérase que o Plan Dixital do Centro contribua pouco a pouco a promover un cambio na práctica educativa e formativa do centro, consistente nunha utilización efectiva e eficiente dos recursos dispoñibles mediante a súa integración na metodoloxía empregada, promovendo e facilitando a adquisición das necesarias competencias dixitais polos seus usuarios naturais, alumnado e profesorado.

         Ó longo do curso 2024-2025, conforme a implantación do LOMLOE vaise convertindo nunha realidade, compre afondar no desenvolvemento da competencia dixital do profesorado e do alumnado, ó tempo que se vai creando una eficiente estructura tecnolóxica que permita aproveitar os novos recursos postos a disposición polos investimentos tecnolóxicos efectuados.

       Tamén organizarase a oferta formativa do profesorado e alumnado en canto á dixitalización en función das súas necesidades e dos obxectivos establecidos, un dos cales debe ser facer efectivo a posta en marcha da Aula Virtual.

1.2. Marco lexislativo

Neste curso académico 2024-2025 atenderemos este marco lexislativo:

ORDE do 12 de Abril do 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

Decreto Educ. Primaria Galicia: DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto/Orde Educ. Infantil Galicia: ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

En desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, modificada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, publicouse o Real Decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria. Na súa disposición adicional terceira estipula que as persoas adultas que queiran adquirir as competencias e os coñecementos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades e establece a estrutura desta etapa. Recolle, así mesmo, que o currículo destas ensinanzas será establecido polas administracións educativas.

En consecuencia, publicouse o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Na súa disposición adicional cuarta, dedicada á educación para persoas adultas, organiza a estrutura desta etapa e recolle que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o seu currículo conforme aos aspectos básicos recollidos no anexo II do citado decreto. Dito currículo queda establecido no borrador do 10 de Xullo do 2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso ás tecnoloxías de apoio. H1 No noso centro o alumnado non aprende a actuar com seguridade em internet. H3 No noso centro o alumnado non aprende a actuar de forma responsable en internet. H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet H7 No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos Dixitais. H8 No noso centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar. H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais. FNAM Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais e a unha conexión estable de internet. Alumnado Si
Debilidade C3 O noso centro non ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe C8 No noso centro non existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. C10 No noso centro non hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos. -Infrautilización dos escasos recursos que existen nas aulas. Infraestruturas Si
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital. B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. -Aumento de factores que perxudican a participación no ámbito educativo. Organización de centro Si
Debilidade E3 Falta de utilización de ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos. E4 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro Educativo. F5 Non emprego as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. F6 Non fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. G5 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe G6 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. -Priorizar ensinanzas por contidos. -A maioría do profesorado que participou no test CDD está no nivel A2, explorador, por debaixo da media de Galicia. Persoal docente Si
Fortaleza - Diversidade do alumnado - Escasa conflictividade. - Ratio axeitado entre profesorado e alumnado Alumnado Non
Fortaleza C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. C5 O noso centro conta con asistencia técnica cando se orixinan problemas relacionados cas TIC. - Posibilidade de mellora no acceso a internet. - Imaxe de modernidade. Infraestruturas Si
Fortaleza A4 No noso centro os profesores teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais PE2 O centro promove a creación conxunta de coñecemento mediante a organización dun Plan de Formación en centros dos que formo parte -Incremento dos programas de innovación educativa. -Boa coordinación entre o profesorado debido ó reducido tamaño do claustro. Organización de centro Si
Fortaleza B3 No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras Organizacións. D2 Teño acceso a posibilidades de Desarrollo Profesional Continuo en materia de ensino e aprendizaxe com tecnoloxías Dixitais. E1 Busco recursos educativos dixitais en internet. F1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. G1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado. -Relación cordial entre o profesorado -Claustro colaborativo coas iniciativas que se desenvolven no centro. Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Duplicidade administrativa. - Excesiva burocracia xa que dependemos de dúas institucións. Administración educativa Non
Ameaza - Obstáculos na contorna. - O noso centro non colabora con outros centros da zona. Contorna Non
Ameaza A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e non utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. -Cambios lexislativos continuos que dificultan o desenvolmento de plans a longo prazo. Lexislación Non
Ameaza -Disminución da población académica. Outras Non
Oportunidade PE3 As distintas modalidades formativas que organiza a Administración educativa axústanse ás necesidades formativas en competencia dixital -Uso das TIC co alumnado. Incremento da participación. - Proxección e perspectiva de expansión. Administración educativa Non
Oportunidade -Boa relación co Concello. Contorna Non
Oportunidade - Colaboración coa red de escolas asociadas da UNESCO. -Favorecer o contacto ca EOI. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:
- Mellora do funcionamento do centro.
- Impacto na actividade docente.
- Viabilidade a corto/medio prazo.
- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Elaborar material didáctico e contidos dixitais na aula virtual
02PD Comezar co inventario dixital do centro.
03PD Actualizar e mellorar a páxina web do Centro
04PD Fomentar a formación do profesorado do centro para mellorar a súa competencia dixital

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do EPAPU de Teixeiro, Ana Moirón Sánchez reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX , cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2024-2025.

1º Trimestre

 

 

 

 

 

 

2º Trimestre
3º Trimestre

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan dixital terá que ser revisado anualmente para a valoración do logro dos obxectivos, incorporar as melloras desenvolvidas na fase anterior, e implementar novas liñas de actuación.

Tamén se farán reunións trimestrais onde se valorará o estado de consecucións dos obxectivos, posibles modificacións e propostas de mellora.

Valoración xeral


 

 

 

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital publicarase na páxina web do centro,  daráselle difusión no Claustro  e colgarase na aula virtual do centro.