Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

          O EPAPU de Teixeiro está situado no interior do Centro Penitenciario de Teixeiro no lugar de Paradela preto da estrada que une a Autovía do Noroeste ca cidade de Santiago de Compostela, no Concello de Curtis.

         O edificio que alberga o EPAPU denomínase Módulo Sociocultural-Polideportivo do Centro Penitenciario. Dentro deste edificio lévanse a cabo outras actividades como cursos de formación para funcionarios de II.PP, as actividades propias do coordinador de formación do Centro Penitenciario, etc. contén tamén a capela, o salón de actos e os departamentos deportivos do cárcere.

          Tamén, se atende a todos aqueles alumnos clasificados no 1º Grado Penitenciario que pola súa normativa penitenciaria non poden acudir ás clases regradas e o soliciten mediante instancia. A atención é voluntaria por parte dos docentes.

         Trátase dun centro que, dadas as especiais circunstancias do alumnado, ten como principal dificultade, a diversidade de procedencia do alumnado, así como a propia mobilidade e incorporación continua de novos alumnos/as ás aulas. O noso alumnado procede de case todas as Comunidades Autónomas do Estado e tamén dunhas 25 nacionalidades diferentes do mundo.

          A  realidade social do EPAPU de Teixeiro dista moito de ser parella á de calquera centro de educación primaria, secundaria ou mesmo á doutros centros de adultos. A nosa realidade é a de “intramuros”, o cárcere, a priori, nós non contamos con realidades familiares directas, os nosos alumnos non teñen contacto cunha realidade social exterior, agás os funcionarios de prisións e persoal que traballa no centro  e o profesorado da escola.

         Espérase que o Plan Dixital do Centro contribua pouco a pouco a promover un cambio na práctica educativa e formativa do centro, consistente nunha utilización efectiva e eficiente dos recursos dispoñibles mediante a súa integración na metodoloxía empregada, promovendo e facilitando a adquisición das necesarias competencias dixitais polos seus usuarios naturais, alumnado e profesorado.

         Ó longo do curso 2023-2024, conforme a implantación do LOMLOE vaise convertindo nunha realidade, compre afondar no desenvolvemento da competencia dixital do profesorado e do alumnado, ó tempo que se vai creando una eficiente estructura tecnolóxica que permita aproveitar os novos recursos postos a disposición polos investimentos tecnolóxicos efectuados.

       Tamén organizarase a oferta formativa do profesorado e alumnado en canto á dixitalización en función das súas necesidades e dos obxectivos establecidos, un dos cales debe ser facer efectivo a posta en marcha da Aula Virtual.

1.2. Marco lexislativo

Neste curso académico 2023-2024 atenderemos este marco lexislativo:

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

Decreto Educ. Primaria Galicia: DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto/Orde Educ. Infantil Galicia: ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso ás tecnoloxías de apoio. H1 No noso centro o alumnado non aprende a actuar com seguridade em internet. H3 No noso centro o alumnado non aprende a actuar de forma responsable en internet. H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet H7 No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos Dixitais. H8 No noso centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar. H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais. FNAM Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais e a unha conexión estable de internet. Alumnado Non
Debilidade C3 O noso centro non ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe C8 No noso centro non existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. C10 No noso centro non hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos. -Infrautilización dos escasos recursos que existen nas aulas. Infraestruturas Si
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital. B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. -Aumento de factores que perxudican a participación no ámbito educativo. Organización de centro Non
Debilidade E3 Falta de utilización de ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos. E4 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro Educativo. F5 Non emprego as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. F6 Non fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. G5 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe G6 Non utilizo as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. -Priorizar ensinanzas por contidos. -A maioría do profesorado que participou no test CDD está no nivel A2, explorador, por debaixo da media de Galicia. Persoal docente Non
Fortaleza - Diversidade do alumnado - Escasa conflictividade. - Ratio axeitado entre profesorado e alumnado Alumnado Non
Fortaleza C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. C5 O noso centro conta con asistencia técnica cando se orixinan problemas relacionados cas TIC. - Posibilidade de mellora no acceso a internet. - Imaxe de modernidade. Infraestruturas Si
Fortaleza A4 No noso centro os profesores teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais PE2 O centro promove a creación conxunta de coñecemento mediante a organización dun Plan de Formación en centros dos que formo parte -Incremento dos programas de innovación educativa. -Boa coordinación entre o profesorado debido ó reducido tamaño do claustro. Organización de centro Non
Fortaleza B3 No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras Organizacións. D2 Teño acceso a posibilidades de Desarrollo Profesional Continuo en materia de ensino e aprendizaxe com tecnoloxías Dixitais. E1 Busco recursos educativos dixitais en internet. F1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. G1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado. -Relación cordial entre o profesorado -Claustro colaborativo coas iniciativas que se desenvolven no centro. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Duplicidade administrativa. - Excesiva burocracia xa que dependemos de dúas institucións. Administración educativa Non
Ameaza - Obstáculos na contorna. - O noso centro non colabora con outros centros da zona. Contorna Non
Ameaza A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e non utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. -Cambios lexislativos continuos que dificultan o desenvolmento de plans a longo prazo. Lexislación Non
Ameaza -Disminución da población académica. Outras Non
Oportunidade PE3 As distintas modalidades formativas que organiza a Administración educativa axústanse ás necesidades formativas en competencia dixital -Uso das TIC co alumnado. Incremento da participación. - Proxección e perspectiva de expansión. Administración educativa Non
Oportunidade -Boa relación co Concello. Contorna Non
Oportunidade - Colaboración coa red de escolas asociadas da UNESCO. -Favorecer o contacto ca EOI. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:
- Mellora do funcionamento do centro.
- Impacto na actividade docente.
- Viabilidade a corto/medio prazo.
- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Crear repositorios e contidos dixitais na aula virtual.

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do EPAPU de Teixeiro, Sandra Carballido Regueiro reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023-2024.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Crear repositorios e contidos dixitais na aula virtual.

AO1.1: Axuda e colaboración entre o profesorado no uso da aula virtual. En proceso.

AO1.2:Creación dun espazo virtual para albergar os distintos recursos que se pretendan empregar. Realizada.

AO1.3:Deseño e creación de contidos dixitais para os diferentes niveis e ámbitos, dispoñibles no repositorio. En proceso.

 

 

 

 

 

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Crear repositorios e contidos dixitais na aula virtual.

AO1.1: Axuda e colaboración entre o profesorado no uso da aula virtual. En proceso.

AO1.2:Creación dun espazo virtual para albergar os distintos recursos que se pretendan empregar. Realizada.

AO1.3:Deseño e creación de contidos dixitais para os diferentes niveis e ámbitos, dispoñibles no repositorio. En proceso.

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Crear repositorios e contidos dixitais na aula virtual.

AO1.1: Axuda e colaboración entre o profesorado no uso da aula virtual. Realizado

AO1.2:Creación dun espazo virtual para albergar os distintos recursos que se pretendan empregar. Realizado

AO1.3:Deseño e creación de contidos dixitais para os diferentes niveis e ámbitos, dispoñibles no repositorio. Realizado

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan dixital terá que ser revisado anualmente para a valoración do logro dos obxectivos, incorporar as melloras desenvolvidas na fase anterior, e implementar novas liñas de actuación.

Tamén se farán reunións trimestrais onde se valorará o estado de consecucións dos obxectivos, posibles modificacións e propostas de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital 2023-2024 levouse a cabo sen ningún tipo de incidencia dende setembro de 2023 ata xuño de 2024. O noso obxectivo era crear repositorios e contidos dixitais na aula virtual, onde quedaban aloxados, ampliando e mellorando o xa existente. Consideramos que o obxectivo foi alcanzado.
 

 

 

 

 

Proposta de mellora

Consideramos que debemos traballar na mesma dirección de cara aos vindeiros cursos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital publicarase na páxina web do centro,  daráselle difusión no Claustro  e colgarase na aula virtual do centro.

Este curso académicos 2023-2024 poderase consultar nese enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15032650