Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Xustificación do mesmo en relación ca normativa vixente
•    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Ed. e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do PD nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
 

2. Contextualización do PD no centro e contribución ao PE

Somos 6 escolas e 7 unidades de ámbito rural, repartidas en 2 Concellos. A conexión a internet é por fibra desde o ano pasado.Somos o CRA do que xurdiu a “Rede de Escolas Conectadas” da Xunta, pois nun principio fui un proxecto pioneiro dunha nai do CRA cando aínda non existía o whatsapp. (Rural School Computing (Cesga)). A infraestructura dixital está formada por unha PDI smartboard en cada escola, ordenadores de mesa, portátiles e tablets,cámaras web, cañóns, algún do 2009.Todas teñen fotocopiadora e impresora a color(moitosos mercada polo CRA

•    Este PD ten como obxectivo principal dinamizar e mellorar tanto o traballo dos docentes como do alumnado do CRA e a relación tanto coas familias coma cos Concellos e outras entidades externas ao centro dun xeito máis reglado.
•    En todos os ámbitos escolares os/as docentes somos referentes e facilitadores de aprendizaxe pero máis se cabe nas idades do noso alumnado. Coa nosa dedicación ao ensino necesitamos unha competencia dixital xeral tanto para a vida como para o ensino
•    Xa contamos cunha boa dinámica dixital no centro pois a maioría das escolas dispoñen de conta de instagram propia, empregamos a páxina web do centro de xeito informativo con toda a comunidade educativa ao igual que o Abalar móvil. Contamos tamén con blogs propios como o Rukutrú e o Crateca no que colgamos as actividades realizadas nas escolas e pertencemos a “Rede escolas Conectadas”, a nosa NUBE, coa que dispoñemos dun espacio propio para o traballo do profesorado e un espacio propio e seguro para que o alumnado acceda aos contidos dixitais que consideramos máis axeitados en cada momento educativo. En todas as escolas contamos tamén con robots para traballar na programación e realizar distintas actividades ao longo do ano en función dos proxectos que se está na realizar no centro e empregamos tamén as tics para apoiar a atención á diversidade na aula ofrecendo actividades adaptadas ao nivel de competencia, intereses e necesidades de aprendizaxe de cada alumno/a
•    . Toda esta actividade dixital que se está a realizar ten carácter educativo e formativo de cara ao alumnado e ás familias, pois pretendemos que aprendan a empregar as novas tecnoloxías dun xeito seguro para todos e todas.
•    De cara ao vindeiro curso, este Plan Dixital pretende conseguir unha maior e mellor formación docente e discente en tics, uso dos paneis interactivos e formación en polos creativos, incorporarnos a novas comunidades en rede educativas e colaborativas, mellorar a funcionalidade dos nosos equipamentos tanto desde o propio centro nun 1º momento como de xeito externo no caso de que sexa necesario e sempre mirando cara o mellor aproveitamento destas novas tecnoloxías por parte do noso alumnado e conseguir unha maior formación e aproveitamento delas na aula para a súa aprendizaxe.

3. Proceso de elaboración

O equipo de PD é 5 mestras que nos xuntamos para debatilo e poder levalo a bo fin.
A directora, como coordinadora do equipo, é a coordinadora e encargada de manter contacto directo co Asesor Adix da nosa zona para a elaboración de dito Plan.
Iniciamos tamén a liña de Polos Creativos dentro do PFPP de Centro.

Mantemos os datos iniciais de elaboración:
1.    Rexistro en Selfie e elaboración dos cuestionarios.
2.    Resposta do profesorado e equipo directivo a este cuestionario
3.    Test CDD.- Realizado para coñecer o nivel de competencia dixital de cada mestre do centro.
4.    Elaboración do DAFO a partir dos resultados do SELFIE
5.    A partires do DAFO realización do Plan de Acción cos obxectivos a realizar para o vindeiro curso.
6.    Elaboración do PD do Centro con toda esta información.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO
Autoavaliación SELFIE: Neste cuestionario partIcipou o 100% do equipo directivo e o 100% do profesorado. O noso alumnado non pode participar por ter menos de 8 anos.
Areas                                                 Grupos                                          Ensinanzas                                                                                                                   Primaria
A -Liderado                                      Equipo Direct.                                        3,6
                                                         Profesorado                                           3,5  
B- Colaboración e redes                  Equipo Direct.                                        3,2
                                                         Profesorado                                           3,1
    C- Infraestruturas e Equipos        Equipo Direct.                                      4
                                                         Profesorado                                        3,1
    D- Desenvolvemento profesional continuo    Equipo Direct.                   4,7
                                                                           Profesorado                      3,9
  E- Pedagoxía:
Apoio e Recursos                            Equipo Direct.                                     4
                                                         Profesorado                                      3,6
    F- Pedagoxía:
Implementación na aula    Equipo Direct.    3,8
    Profesorado    2,8
   G- Prácticas de avaliación    Equipo Direct.    3,6
    Profesorado    2
    H- Competencias dixitais do alumnado    Equipo Direct.    3,3
    Profesorado    2,8
   Test CDD: Amosamos a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro. Tamén o recollido na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD.

1.3. Participación segundo perfil do profesorado
    N.º profesorado que participa    N.º profesorado total    % participación
DEFINITIVO    8    13    61,5%
PROVISIONAL            
INTERINO    1    1    100%
SUBSTITUTO    4    4    100%
DESPRAZADO            

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro
Puntuación media do test (sobre 192)    Nivel de competencia    Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)    Nivel de competencia en Galicia
78,8    Integrador/a (B1)    76,4    Integrador/a (B1)

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas
    Puntuación media do test (sobre 192)    Nivel de competencia    Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)    Nivel de competencia en Galicia
E.I    96,2    Integrador/a    66,2    Integrador/a (B1)
PRIM.    67,3    Integrador/a (B1)    77,3    Integrador/a (B1)

2.3.    Distribución do profesorado por niveis

    Total profesorado no nivel de competencia    % de profesorado participante neste nivel
A1        
A2    6    46,2%
B1    4    30,8%
B2    2    15,4%
C1    0    0
C2    1    7,7%
TOTAL    13    100,1%

Dos 13 docentes que participaron no testCDD obtemos os seguintes resultados:
•    6 teñen un nivel de competencia dixital Explorador/a (A2), é dicir, o 46,2%
•    4 teñen un nivel de competencia dixital Integrador/a (B1), é dicir, o 30,8%

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non disposición de dispositivos adecuados para o alumnado Alumnado Si
Debilidade Falta de tempo, medios e dunha conexión axeitada Familias Si
Debilidade Insuficientes dispositivos en boas condicións para o alumnado Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado ten escasa participación en redes profesionais Oferta Non
Debilidade Baixo uso da tecnoloxía para avaliar ao alumnado e para a retroalimentación nos seguintes aspectos: autoavaliación e avaliación entre iguais, destrezas dixitais, autoaprendizaxe, competencias, actitudes, uso e licencias abertas e software libre Organización de centro Non
Debilidade Falta a reflexión sobre o aprendizaxe e a autoavaliación Persoal docente Si
Fortaleza Alumnado no mellor momento de absorción de coñecementos, metodoloxías, actividades, proxectos dixitais Alumnado Si
Fortaleza Rápida adaptación ás modificacións dixitais realizadas Familias Si
Fortaleza Contamos con moitos dispostivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Si
Fortaleza O centro educativo ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Oferta Si
Fortaleza Empregamos novas modalidades de ensino. O profesorado colabora dentro da escola para o uso da tecnoloxía dixital Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado considera moi útil o desenvolvemento a través da colaboración que se está a facer Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non temos asistencia técnica eficaz Administración educativa Si
Ameaza Non existen extraescolares no centro xestionadas pola Anpa. Realízase a través do Concello ANPA Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet Contorna Si
Ameaza Insuficiente tempo para trasladar á aula os cambios metodolóxicos Lexislación Si
Ameaza Non existen repositorios en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe ( no momento de responder este cuestionario) Outras Non
Oportunidade Contamos cunha decente conexión a internet a pesares de estar no rural Administración educativa Si
Oportunidade Disposición para axudar no que sexa necesario deixándonos equipos, mercando tablets.. ANPA Non
Oportunidade O centro mantén unha comunicación moi activa, regular e ben organizada coas familias e a contorna Contorna Non
Oportunidade Sí se coñecen os dereitos de autor Lexislación Non
Oportunidade Contamos con asistencia técnica externa pagada polo centro. A da Xunta é casi inexistente Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.
Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.
3.1.    Obxectivos, indicadores e accións
 A secuencia de pasos seguida para elaborar o Plan de Acción a partir da análise DAFO:
Unha vez obtidos os resultados da ánalise do DAFO, o Equipo do Plan Dixital e do PFPP reúnese para estudialo, analízalo, debatilo e poder así establecer as áreas prioritarias e establecer os obxectivos que queremos conseguir os cales terán que ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal

Con estos obxectivos pretendemos chegar a un 100% de éxito o cal terá se reflexa nos indicadores e os seus valores de partida e de chegada.
 Determinamos as acción a levar a cabo para conseguir cada obxectivo, eliximos os responsables das mesmas e acordamos unha temporización e determinamos os recursos necesarios
 
3.2.    Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas
Pertencendo a Rede de Escolas Conectadas cabe destacar que a nosa infraestructura de datos podémola considerar como moi boa, sobretodo tendo en conta que estamos no rural.
De cara á telefonía móvil, dependemos para esta cuestión dos concellos de Vedra e Boqueixón pois somos un CRA e a boa comunicación permítenos arranxar as debiblidades xurdidas.

As necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e servizos dixitais educativos, están reflectidas nas táboas abaixo indicadas e canalizarémolas a través da  UAC, formarémonos no PFPP do centro para poder mellorar e ter unha mellor visión das posibilidades de mellora e actualización 
 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Revisar dos dispositivos dixitais do centro e poñer en marcha os paneis interactivos recibidos da Consellería a finais do curso pasado
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3*)
O03PD Establecer unha liña de formación no PFPP sobre Polos Creativos na que aproveitaremos para aprender sobre o uso e mellor aplicación dos novos paneis dixitais chegados ao centro
O04PD Mellorar a asistencia técnica
O05PD Revisar e mellorar dos contidos da nosa Nube de Escolas na Nube para un mellor aproveitamento do alumnado tanto no centro como na casa.

Seguimento

Procedemento

Realizar reunións trimestrais co Equipo Dixital do centro

1º Trimestre

Reunión realizada na reunión do Equipo Tic.

O01PD: Acción 1.- Realizada

O02PD: En proceso

O03PD:Solicitada a formación e posta en marcha da mesma

O04P: Acadado

O05PD: Acadado.

2º Trimestre

Reunión realizada na reunión do Equipo Tic

O01PD: Acción 1.- Realizada

O02PD: En proceso

O03PD:Solicitada a formación e posta en marcha da mesma

O04P: Acadado

O05PD: Acadado.

3º Trimestre

Reunión realizada na reunión do Equipo Tic

O01PD: Acción 1.- Realizada

O02PD: Realizado. Non podemos participar nas charlosa do Plan Director pero sí fixemos xcharlas sobre educaci´n ambiental.

O03PD:Remata a formación, memoria presentada. Obxectivo acadado

O04P: Acadado

O05PD: Acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Valoraremos o logro dos obxectivos como se indica nas táboas e realizaremos as pertinentes propostas de mellora
 

Valoración xeral

Este ano estivemos un pouco desencantados coa formación en paneis dixitais pero con tesón e ganas, formámonos pola nosa conta chegando a realizar ata comics cos nenos/as directamente no panel

A asistencia técnica foi moi boa, o único salientable foi a escasa comunicación por parte da Consellería para informarnos da visita dalgún técnico que nos pillou por sorpresa

O grao de consecución de obxectivos foi do 100% porque se cumpliron todos os obxectivos.

Proposta de mellora

Seguir o ritmo que levamos. Pouco a pouco pero conseguindo mellorar.

Desde o CAFI se nos asegurou ter unha moi boa formación en paneis dixitais de cara ao vindeiro Pfpp debido á mala experiencia tida neste.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital darase a coñecer en primeiro lugar ao Claustro e ao Consello Escolar no primeiro Claustro e Consello do Curso e integrarase tanto no PE como na Programación Xeral anual pois será de obrigatoria revisión anual.
Darase a coñecer ás familias e a toda a Comunidade educativa a través da nosa Páxina Web e  do Abalarmóbil, ao igual que na primeira reunión xeral que se ten a principio de curso con todas as familias para darlles a coñecer as liñas de traballo, as normas de organización e funcionamento do Centro e todos os nosos Proxectos Educativos. Tamén se poderá acceder ao Plan Dixital a través da aplicación EDUCALIDADE