Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. INTRODUCIÓN

O CRA de DODRO e un Centro Rural Agrupado que ven desenvolvendo a sua labor dendo o ano 2005, cando as escolas unitarias da zona pasaron a formar parte del. Este aspecto da identidade o plantexamento pedagoxico para levar a cabo una labor integral con todos os alumnos e alumnas que estan matriculados nel.

Actualmente o CRA esta formado por catro escolas, Bexo, Laiño, Lestrobe e Vigo, e, por outra banda, indicar que unha das antigas escolas unitarias pasou a ser a sede do Cra quedando como edificio administrativo . No curso actual, as 4 unidades acollen a un total de 30 alumnos/as de idades comprendidas entre os 3 e 6 anos.

1.1. Contextualizacion do Plan Dixital no centro. Contribucion ao Proxecto Educativo do Centro

Un dos obxectivos fundamentais do Plan Dixital e a de converter as TICs nunha das señas de identidade do noso centro. A idea principal e integralas no quefacer diario do centro, tanto no labor dos mestres como nos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado e na comunicacion co resto da comunidade educativa. E por iso que as TICs deben estar presentes nas programacions e nos diversos plans e proxectos do centro:

- Plan TICs: os obxectivos fundamentais fan referencia ao fomento da competencia dixital, tanto do profesorado como do alumnado, ao uso das TICs como recurso habitual no proceso de ensino-aprendizaxe, a creacion de materiais e recursos dixitais propios e ao emprego das plataformas corporativas que a Conselleria pon a nosa disposicion.

- Proxecto Lector: existen numerosos recursos literarios e xogos en formato dixital que contribuen a consecucion dos obxectivos deste plan. Empregaremos este tipo de recursos como elementos motivadores e efectivos a hora de fomentar o gusto pola lectura. Ademais, tamen o propio profesorado e alumnado poden participar na creacion dos mesmos. Destacar o feito de que contaremos coa plataforma de lectura e prestamo de contidos dixitais E-LBE, a traves da cal o alumnado podera acceder a recursos literarios neste formato. Entre as propostas do centro en canto ao plan lector, nas que fomentaremos o uso de recursos dixitais estan a hora do conto, o prestamo ou as mochilas viaxeiras.

- Plan de Accion Titorial: e importante empregar as TICs en todos as aspectos do proceso de ensino-aprendizaxe: na identificacion e tratamento de necesidades do alumnado, na avaliacion, na comunicacion coas familias.

- Plan Xeral de Atencion a Diversidade: as TICs suponen un bo recurso para adaptar o ensino as necesidades do alumnado. No caso dos alumnos con necesidades especificas de apoio educativo podemos empregar recursos dixitais para realizar os reforzos e apoios, sendo tamen un elemento motivador nos mesmos.

- Proxecto Linguistico: en canto ao fomento do uso do galego, levamos a cabo diversidade de actividades, nas que tamen precisaremos recursos dixitais, tanto para a realizacion das mesmas como na creacion de recursos propios en lingua galega.

- Contratos Programa: o deseño das actividades incluidas nos programas educativos require a transversalidade de areas, de contidos e de especialidades. E por iso que se lle dara importancia ao emprego das TICs a hora de traballar as tematicas dos diferentes progrmasa escollidos en cada curso escolar.

- Proxecto documental integrado: o proxecto anual de centro e un dos pilares fundamentais nos que se asenta o proceso de ensino-aprendizaxe en cada curso escolar. As TICs formaran parte dos contidos traballados no mesmo, e ademais seran empregadas para a sua difusion entre a comunidade educativa, a traves por exemplo, da paxina web do centro.

Contribucion do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

A elaboracion e implementacion deste Plan Dixital ten como obxectivo favorecer o emprego habitual das TICs no proceso de ensino-aprendizaxe e na comunicacion coa comunidade educativa, de xeito que fomentemos a mellora da calidade da educacion por medio da sua integracion nos procesos educativos cotias, fomentando a sua competencia dixital, tanto do alumnado como do profesorado. E por iso que marcamos unha serie de obxectivos xerais para traballar en cada unha das especialidades, plans e proxectos que se incluen na Programacion Xeral Anual do curso 23/24.

- Afondar no uso das TICs como recurso metodoloxico nas aulas.

- Dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada as suas idades.

- Fomentar o uso da web do centro como medio para compartir experiencias e informacion coa comunidade educativa, asi como da aplicacion AbalarPro.

- Elaborar material didactico en formato dixital favorecendo a coordinacion e implicacion do profesorado do centro.
- Promover a actualizacion do profesorado no ambito das TICs, a traves de cursos de formacion como o PFPP. 

1.2 Breve xustificacion do mesmo:

A continuación especifícase a contextualización normativa en relación co Plan Dixital do centro:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.3 Proceso de elaboración

A elaboración do Plan Dixital estivo rexida polo establecido na Resolución de 3 de setembro pola que se dictan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, e guiada e orientada polas pautas recibidas durante o PFPP realizado durante o curso 21/22 polo profesorado do centro. Contamos coa axuda do equipo ADIX.

O equipo de dinamización do plan dixital coordinou o traballo do profesorado para recoller neste documento as aportación de todos.

As actuacións levadas a cabo incluíron a reflexión persoal sobre o emprego das tecnoloxías dixitais no centro e nos procesos de ensino-aprendizaxe mediante a realización da análise DAFO do centro, a análise dos medios e recursos tecnolóxicos do centro, a selección de obxectivos prioritarios e accións para acadar unha mellora da competencia dixital e o establecemento dun procedemento de seguimento do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2. SITUACIÓN DE PARTIDA

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

A continuación describese a infraestrutura, o equipamento e os servizos dixitais educativos no centro:

- Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro:

  • Conectividade:  As conexións tanto WIFI como cableada foron melloradas no curso 2021/2022 mediante a instalación de 5G.
  • Infraestrutura de voz: Tanto as escolas como a sede están dotadas con teléfono móbil ou Smartphone. O centro conta tamén cun teléfono fixo de contacto.
  • Infraestrutura de datos: A conectividade a Internet foi mellorada.

- Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías:

  • Aulas dixitalizadas: No curso 2022/2023 cada escola foi dotada cun panel dixital interactivo modelo Tafel Tech L75EG, asi como cun novo ordenador de sobremesa hP Eye Ease. Ademais as escolas contan con os antigos encerados dixitais que se instalarán nas aulas B de cada escola, dúas tablets e unha impresora en branco e negro.
  • Equipos de xestión e administración: A dirección do centro conta con ordenador de sobremesa do ano 2006 e impresora.
  • Uso na biblioteca: O centro adquiriu un novo ordenador de sobremesa para xestión da biblioteca no curso 2022/2023, modelo hP Desktop - R9OCMSI.
  • Equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos: Hai dous ordenadores para uso do profesorado, os cales están en bo estado, así como unha impresora en cor modelo Epson ETb8550, unha impresora en branco e negro modelo Brother HL-L6250DN e unha fotocopiadora multifunción. 

- Servizos dixitais educativos: os seguintes servizos son empregados  para a xestión docente.

  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cradedodro/
  • Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cradedodro/aulavirtual/ 
  • Rede de escolas na nube: https://escolasnanube.edu.xunta.gal/index.php/login 
  • AbalarMóbil
  • AbalarPro
  • Cisco Webex Meetings
  • Correo electrónico
  • Teléfono

- Xestión do mantemento do equipamento do centro: O mantemento e renovación do equipamento do centro corresponde á Unidade de Atención a Centros (UAC) a quen se lle recurre cando xurde algún problema técnico. En cada escola hai unha folla de rexistro para recoller as incidencias tecnolóxicas, a cal pasa a dirección para a súa xestión. Contamos tamén cun técnico informático da zona para resolver incidencias de urxencia.

2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO 

Autoavaliación SELFIE: O cuestionario SELFIE realizouse no curso 2021/2022 co fin de analizar o modo en que se empregan as tecnoloxías dixitais no centro. 

Test CDD: Mediante o Test CDD o profesorado puido facer unha autorreflexión entorno ao seu nivel de competencia dixital. Deste xeito os resultados do Test serviron como unha orientación de cara á planificación dunha formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Outras fontes: Outras fontes que se empregaron para a análise DAFO incluíron un rexistro das tecnoloxías dixitais nas escolas e o coñecemento individual do profesorado entorno as condicións específicas do centro. Toda a información recollida foi revisada e as áreas mais significativas foron establecidas mediante a reflexión e o debate entre todos os membros do claustro.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente emprego de tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O centro utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Familias Si
Fortaleza Existe unha infraestrutura axeitada en canto a equipamentos e conexión a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado contribúe ao desenvolvemento da estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Si se utilizan recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado ten acceso ao desenvolvemento profesional continuo no relativo á ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiadas tarefas administrativas e poucas pedagóxicas. Administración educativa Si
Ameaza Insuficiente asistencia técnica cando ocorren problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Oportunidade Formación dixital continua do profesorado. Administración educativa Si
Oportunidade Participación en programas da Consellería relacionados coas TICS. Administración educativa Si
Oportunidade Participación das familias en relación ao eido dixital. ANPA Si
Oportunidade Utilización de recursos corporativos para favorecer a protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con outras entidades: Concello, Comunidades veciñais de montes, CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Escola Infantil Galiña Azul de Dodro, etc. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

3. Plan de Acción

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital. 

Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

3.1 Obxectivos, indicadores e accións

O Plan de Acción foi elaborado a partir da análise DAFO seguindo unha secuencia de pasos.

- En primeiro lugar foi necesario establecer as áreas prioritarias e determinar os obxectivos a conseguir. Para isto cada obxectivo debía ser específico, medible, alcanzable, relevante e axustadosa un marco temporal. Ademais os obxectivos foron contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg. 

- No seguinte paso determinouse ata onde se quere chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información ven reportada polos indicadores e os seus valores de partida e de chegada. Para isto os indicadores debían ser claros e medibles e respostar a escalas numéricas.

- Tras o establecemento dos indicadores, determináronse as accións para conseguir cada obxectivo. Así mesmo foi necesario elixir os responsables das mesmas, acordar unha temporización e determinar os recursos necesarios.

- Finalmente para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recollía esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar profesorado do centro en metodoloxías e posibilidades de traballo nun Polo Creativo mediante a realización dun PFPP.
O02PD Participar e fomentar a participación do alumnado en actividades que fomenten a súa competencia dixital mediante os Polos Creativos.
O03PD Elaborar recursos comúns a compartir entre o profesorado para o seu emprego con equipamento dixital.
O04PD Actualizar e reestruturar a páxina web do centro.
O05PD Empregar a rede de Escolas na Nube como repositorio de recursos dixitais para uso da comunidade educativa.
O06PD Fomentar a comunicación coas familias mediante ferramentas corporativas.

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste plan será avaliada por un indicador de valoración que axudará a determinar si o obxectivo é alcanzado ou si haberá que introducir algunha modificación. Levarase a cabo unha avaliación procesual e unha avaliación final.

1º Trimestre

Obxectivo 1 : AO 1.1 Realizado. Todo o claustro participará no PFPP. AO 1.2 Cambio de data ao 2º trimestre. Queda pendente recibir o material de Polos Creativos para poder organizar as sesións de formación. AO 1.3 Levarase a cabo no 3º trimestre.

Obxectivo 2 : AO 2.1 e AO 2.2 Cambio de data ao 2º trimestre. Queda pendente recibir o material de Polos Creativos para poder organizar as sesións de formación. AO 2.3 Levarase a cabo no 3º trimestre.

Obxectivo 3 : AO 3.1 Cambio de data ao 2º trimestre. Queda pendente recibir o material de Polos Creativos para poder organizar as sesións de formación. AO3.2, AO3.3 e AO 3.4. Levaranse a cabo no 2º e 3º trimestre.

Obxectivo 4 : AO 4.1 e AO 4.2 Realizado. AO 4.3 Iniciado. Eliminación e modificación dalgúns apartados da páxina (eliminación apartados blogs, áreas de traballo, apartado ACE, etc.). Seguiranse realizando cambios durante todo o curso (apartados dirección, documentos de centro, PFPP, etc.). AO 4.4 Realizado. Seguiranse elaborando novos contidos e subíndoos á páxina web durante todo o curso.

Obxectivo 5 : AO 5.1 Realizado. AO 5.2 Realizado. Seguiranse subindo novos recursos á rede durante todo o curso.

Obxectivo 6 : AO 6.1 Realizado. AO 6.2 e AO 6.3 Realizados. Seguirase empregando Abalar para a comunicación coas familias durante todo o curso.

2º Trimestre

Obxectivo 1 : AO 1.2 Iniciado. A primeira sesión de docencia comezou o 5 de marzo. As seguintes sesións levaranse a cabo no terceiro trimestre xa que queda pendente recibir o material de Polos creativos. AO 1.3 Iniciado. Estanse levando a cabo algunhas actividades co alumnado tras a primeira sesión de docencia dentro do PFPP.

Obxectivo 2 : AO 2.1 Iniciado. A primeira sesión de docencia comezou o 5 de marzo. As seguintes sesións levaranse a cabo no terceiro trimestre xa que queda pendente recibir o material de Polos creativos. AO 2.2 Iniciado. Definíronse algunhas actividades que se poderán realizar na aula para fomentar a competencia dixital do alumnado.

Obxectivo 3 : AO 3.1 Iniciado. A primeira sesión de docencia comezou o 5 de marzo. As seguintes sesións levaranse a cabo no terceiro trimestre xa que queda pendente recibir o material de Polos creativos. AO3.2 Iniciado. Posta en común sobre algúns recursos que se poderán elaborar.

Obxectivo 4 : AO 4.3 Realizado. Seguiranse realizando modificacións na páxina web durante todo o curso. AO 4.4 Realizado. Seguiranse elaborando novos contidos e subíndoos á páxina web durante todo o curso.

Obxectivo 5 : AO 5.2 Realizado. Seguiranse subindo novos recursos á rede durante todo o curso.

Obxectivo 6 : AO 6.2 e AO 6.3 Realizados. Seguirase empregando Abalar para a comunicación coas familias durante todo o curso.

3º Trimestre

Obxectivo 1 : AO 1.2 Realizado. Leváronse a cabo tres sesións de formación sobre metodoloxías activas centradas no desenvolvemento da competencia matemática. AO 1.3 Realizado. As actuacións implementadas na aula consistiron na aplicación de metodoloxías activas para o desenvolvemento de diferentes actividades matemáticas.

Obxectivo 2 : AO 2.2 Realizado. Deseñáronse varias actividades dinámicas e colaborativas nas que se puido  traballar o pensamento matemático e a competencia dixital empregando entre outras cousas recursos como robots e a pantalla dixital. AO 2.3 Realizado. Aínda que o centro non recibiu os recursos de Polos creativos, o material empregado para o desenvolvemento das diferentes actividades realizadas foi material adquirido polo centro ou xa existente nas propias escolas, como robots ou a pantalla dixital. As actividades incluíron diversos xogos ou propostas dentro do proxecto de centro "Artellando con Lecra".

Obxectivo 3 : AO3.2 Realizado. O centro non recibiu o equipamento correspondente de Polos creativos. Non obstante foron ideados diferentes recursos para empregar co equipamento xa existente no centro. AO3.3 Realizado. Elaboráronse diversos recursos como xogos para empregar con robot ou na pantalla dixital así como libros dixitais ou vídeos para empregar na aula. AO 3.4. Realizado. Leváronse a cabo diferentes actividades como busca de obras de arte con robot, rexistro numérico de obras de Land Art na pantalla dixital, xogos e vídeos ou libros dixitais para afianzar conceptos e traballar diferentes áreas.

Obxectivo 4 : AO 4.4 Realizado. Seguiranse elaborando novos contidos e subíndoos á páxina web durante todo o curso.

Obxectivo 5 : AO 5.2 Realizado. Seguiranse subindo novos recursos á rede durante todo o curso.

Obxectivo 6 : AO 6.3 Realizado. Seguirase empregando Abalar para a comunicación coas familias durante todo o curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A posta en marcha do Plan Dixital foi positiva xa que permitiu levar a cabo unha serie de accións encamiñadas a mellora da competencia dixital do centro nas áreas de desenvolvemento profesional continuo, implementación na aula de tecnoloxías dixitais, apoios e recursos pedagóxicos e infraestrutura e equipamento. Puidose concluír que todos os obxectivos propostos foron acadados xa que se cumpriron os valores de indicador inicialmente previstos.

Mais especificamente o desenvolvemento do plan implicou levar a cabo as seguintes accións enmarcados nos obxectivos propostos: 

  • Formación do profesorado en metodoloxías e posibilidades de traballo nun Polo Creativo mediante a realización dun PFPP e aplicación nos procesos de ensino - aprendizaxe. A docencia centrouse en metodoloxías activas para o desenvolvemento de diferentes actividades matemáticas.
  • Participación do alumnado en actividades que fomentan a súa competencia dixital mediante os Polos creativos. Puidéronse levar a cabo diferentes actividades como xogos ou propostas dentro do proxecto de centro "Artellando con Lecra" nas que se puido traballar o pensamento matemático e a competencia dixital empregando entre outras cousas recursos como robots e a pantalla dixital.
  • Elaboración de recursos comúns para o seu emprego con equipamento dixital. Puidéronse levar a cabo unha serie de actividades con recursos elaborados polo profesorado como xogos para empregar con robot, xogos para pantalla dixital (Wordwall, Genially), libros dixitais (Bookcreator, Canva) ou vídeos (Canva, Capcut) para empregar na aula.
  • Actualización e reestruturación da páxina web. Levouse a cabo unha revisión da páxina do centro para actualizar os contidos da mesma. Foron elaborados novos contidos ao longo do curso que periódicamente foron subidos á páxina web.
  • Emprego da rede de Escolas na Nube como repositorio de recursos dixitais. Ao inicio do curso foron actualizados os usuarios da plataforma. Periódicamente fóronse subindo recursos a este espazo, principalmente documentos de centro, documentos de actividades formativas e recursos didácticos.
  • Fomento da comunicación coas familias mediante ferramentas corporativas. O centro empregou Abalar de forma habitual para a comunicación coas familias durante todo o curso.
Proposta de mellora

Para o seguinte curso escolar, prevese realizar algúns cambios no Plan Dixital de centro xa que os obxectivos actuais foron acadados. Non obstante seguirase na mesma liña de traballo en canto á mellora da competencia dixital e o uso das TIC como recurso habitual de traballo e comunicación  entre membros da comunidade educativa. No inicio de curso levarase a cabo unha reunión para definir os novos obxectivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo consello escolar, o Plan Dixital será publicitado e difundido entre toda a comunidade educativa mediante a súa publicación na páxina web do centro.