Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CPR Aula Nosa é un centro en réxime privado-concertado que se encontra na Coruña, concretamente en Monasterio de Caaveiro no1-Baixo
Datos de contacto:
 Teléfono fixo: 981250019
 Teléfono móvil (con WhatsApp): 670966814
 Correo electrónico: cpr.aula.nosa@edu.xunta.gal
 Páxina web: www.aulanosa.es

A oferta educativa basease principalmente en ciclos de formación profesional da familia de Informática e Comunicacións. Actualmente cóntase coa seguinte oferta:
 1º e 2º de FP Básica de Informática de oficina
 1º e 2º de CFGM de Sistemas Microinformáticos e Redes
 1º e 2º de CFGS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
 1º e 2º de CFGS de Desenvolvemento de Aplicacións Web
 Educación Secundaria para Adultos
Para todos estes niveis educativos o réxime é ordinario, en quenda de mañá (de 8:30 a 14:40h de luns a venres) agás 1º CS DAW e  Secundaria de Adutos que se imparten en quenda de tarde -noite. As plazas dispoñibles son de 20 alumnos/as por grupo.
Salientar que os dous cursos da FP Básica son ofertados baixo un concerto coa Consellería e polo tanto son estudos gratuitos para o alumnado.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Contextualización

O centro atópase no barrio do Ventorrillo, cunha alta densidade de poboación e cun perfil familiar principalmente autóctono, aínda que cada vez destaca máis a presenza de inmigrantes.

O nivel socio-cultural é moi diverso e variado, aínda que podería enmarcarse nunha franxa media tirando a baixa, polo que o papel do centro como comunicador, educador e transmisor de coñecementos cobra vital importancia.

En canto o nivel económico pódese decir que a realidade social da actualidade económica  é complexa. A meirande parte da poboación traballa no sector servizos ou como autónomos ou, no seu caso, persoas desempregadas que reciben prestacións de rentas mínimas.

Vólvese polo tanto un entorno complexo para o desenvolvemento de estudos en réxime privado polos que as familias deben abonar cotas mensuais.

En canto o ámbito lingüístico da zona, unha poboación maioritaria usa o castelán como idioma habitual e que tamén posúe competencia, cando menos verbal, para expresarse en lingua galega.

Unha minoría da poboación usa o galego como lingua vehicular e que posúe unha competencia similar en castelá.

Sobre o Plan Dixital

O centro, debido o sector no que se enmarcan a meirande parte dos estudos que oferta, xa de por sí vira entorno ao eixo principal das novas tecnoloxías. É polo tanto, o Plan Dixital un complemento perfecto para a filosofía mantida nos últimos anos e para o Proxecto Educativo, pois fúndese perfectamente en calquera documento e procedemento do centro.

Se ben as novas tecnoloxías son a orientación laboral do noso alumnado, pois o obxectivo e que rematen traballando de programadores, de administradores de rede, etc. tamén no día a día de traballo do centro están presentes, estando todo dixitalizado e sincronizado en diferentes plataformas e coa emprega de programas específicos para cada tarefa. Tanto alumnado como docentes traballan a diario e desenvolven un proceso de ensino e aprendizaxe baseado na conectividade e no emprego de dispositivos dixitais.

É de gran aportación para o centro ter este documento como referencia para a implantación de medidas vinculadas co ámbito dixital e das novas tecnoloxías; así como tamén para a autoavaliación das mesmas para poder trazar follas de ruta de melloras e innovacións relacionadas.

O centro conta cunha páxina web informativa e unha Aula Virtual para todos os membros da comunidade educativa. En ambas, así como na infraestructura de rede do propio centro, estanse a implantar unha serie de melloras e novos apartados para os que o Plan Dixital é moi útil, pois serve como guión principal a seguir neste traballo. Estas melloras refléxanse no Plan de Acción, e moitas son consecuencia de analizar cunha visión crítica o documento DAFO elaborado neste plan, coa participación de todos os membros da comunidade educativa.

Este Plan Dixital contribuirá polo tanto de maneira directa a Programación Xeral Anual do vindeiro curso 23/24 como documento referencia a ter en conta para desenvolve-la mesma. Tal e como se pode observar, xa pola propia filosofía do centro e a oferta educativa, a integración é máxima, proporcionando un marco completo e estructurado para o seu seguimento.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Este Plan Dixital créase dentro dun marco legal de referencia para o centro.

_Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

_Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

1.4. Proceso de elaboración

O Plan Dixital é elaborado polo equipo de dinamización do Plan Dixital do centro, formado concretamente polo coordinador e xefatura de estudos. Por suposto neste Plan dixital faise partícipe a todos os membros da comunidade educativa de maneira directa (mediante as enquisas, suxerencias de mellora, claustros, etc).

Finalmente a aprobación depende dunha xunta extraordinaria no se que se resolverá por parte do equipo directivo o documento final e definitivo deste Plan, quedando despois aberto para evolución e melloras.

Os  coordinadores do centro estan en constante contacto e traballan en paralelo co coordinador  co equipo de dinamización dixital polo coñecemento que estes teñen nas novas tecnoloxías. Todas as actuacións serán aprobadas pola Xunta Directiva do Centro (Directora, Secretaria e Xefa de Estudos).

A elaboración deste plan lévase a cabo coa pauta e axuda da asesora do centro e das tarefas propostas no grupo Addix e na aula virtual relativa, cos modelos propostos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais_Infraestructura física do centro

O centro conta con tres redes informáticas diferenciadas e físicamente separadas (non hai acceso entre elas de ningunha maneira).

Unha delas é a destinada a dirección e secretaría, onde se conta cun servidor principal como controlador de dominio e 5 pc´s principais conectados o mesmo. Ademáis cóntase nesta rede denominada “oficina” tamén cun servidor NAS para copias de seguridade de todos os datos e arquivos; un smartphone conectado a rede inalámbrica; unha impresora industrial e tres impresoras de sobremesa. A outra é a destinada a todo o alumnado, pois contén todos os pc´s das aulas, tanto os dos estudantes como os dos docentes. Tamén se conta cunha rede WIFI para o alumnado, diferenciada de outra para os docentes, nesta sección. Todo o alumnado ten acceso tanto a rede cableada como a rede sen fios.

Nesta, hay dous tipos de equipamentos: ordenadores de sobremesa para o alumnado, cunhas características potentes (procesadores i5 de oitava xeración, 8 GB de RAM, discos SSD, etc) para poder levar a cabo tarefas de virtualización, desenvolvemento de aplicacións, etc. e ordenadores portátiles para o alumnado dos ciclos formativos de grado básico, con potencia suficiente para realizar as tarefas deste nivel. A decisión de optar por portátiles para esta etapa educativa e a compaxinación cos ámbitos comúns e a flexibilidade de traballo que ofrecen este tipo de dispositivos. Estes permítennos tamén, poder optar a metodoloxía de préstamo se algún alumno/a o necesitase.Por último, hay unha última rede, adicada soamente para unha aula, destinada para facer probaturas en materia de seguridade informática, pois moitas prácticas son complexas e requiren duns accesos e uns privilexios que de estar nas redes principais, poden dar lugar a malos usos. Estas tres redes son de tres proveedores de servicio de internet diferentes, polo que a sinal entra por un enrutador diferente para cada unha. Esto fai que o acceso entre elas sexa imposible, aumentando a seguridade por un lado e facendo ben diferenciadas as áreas de traballo.En toda-las aulas se conta cun proxector conectado o ordenador do docente, provisto de altofalantes e sistema completo de videoconferencias con micrófono e cámara web, por se fose necesario grabar ou retransmitir as clases.

A maiores, o centro conta cunha aula técnica ou taller para realizar as tarefas de montaxe e mantemento. Nela hai ordenadores portátiles, pc´s de sobremesa, servidores, smartphones e tablets, ferramentas de todo tipo, etc. Para o equipo docente, ademáis de contar cun pc de sobremesa en cada aula de uso común para todos eles, disponse na sala de profesores de equipos portátiles, concretamente ultrabooks, conectados a rede, o que permite o acceso as impresoras da sala. Son portátiles ultralixeiros de última xeración.

Infraestructura lóxica do centro 

Para o traballo de oficina e dirección, o a implementación lóxica máis importante a nivel de datos e xestión do traballo é o dominio despregado no servidor principal, sobre un Windows Server 2019 configurado con contas de traballo seguras e copias de seguridade diarias. Cóntase cun servidor de arquivos tamén ao que teñen acceso todos os memebros do equipo directivo segundo o nivel de permisos.A nivel educativo, sen dúbida, o recurso máis importante co que conta o centro, concretamente dende marzo de 2020 é a aula virtual propia. Está asentada sobre un servicio privado da plataforma EvolMind e configurada especificamente para a estructura do centro. Conta con todo-los servizos necesarios para desenvolver unha actividade de ensino e aprendizaxe completa e eficiente. Esta supon un  instrumento primordial para o desenvolvemento da actividade académica, serve como apoio diario para o equipo docente e para todo o alumnado, pois proporciona unha serie de vantaxes que fan máis accesibles e interesantes os recursos educativos do centro. É un dos axentes dixitalizadores máis significativos do centro.A nivel de recursos é completa, pois conta con xeradores de contidos interactivos, correo electrónico persoal para todos os participantes, chat en tempo real, foro de debate, informes e calificacións, seguemento completo da formación do alumnado, acceso desde calquer dispositivo ben sexa ordenador, móvil ou tablet, etc.Esta aula virtual, xunto coa aplicación Abalar, é o medio de comunicación oficial do centro para o alumnado. Por suposto, o espazo Abalar é tamen un recurso empregado polo centro, concretamente polos titores, para enviar certas notificacións. Para a comunicación constante e común entre o equipo docente, empréganse dúas vías. por un lado o correo electrónico oficial e por outro unha aplicación de Google, cunha conta privada xestionada polo centro cun espazo de máis de 200 GB, que permite compartir arquivos e xestionar diferentes espazos nuha servidor compartido en tempo real con todo o equipo docente e secretaría. Esta aplicación ten outras vertentes incluídas cada vez máis empregadas, como o calendario sincronizado e notas en liña. Máis que para comunicación, para información, o centro conta con páxina web e redes sociais. Relacionado con isto, dende este mesmo curso habilitouse un espazo web privado (hosting e dominio) para que o alumnado poida facer probaturas o máis reais posibles baixo a supervisión dos docentes autorizados. A maiores, e dende o 2018 o centro conta cunha colaboración cunha plataforma de cursiños online sobre novas tecnoloxías, denominada OpenWebinars, e oferta todo o seu catálogo de cursos certificados a todo o alumnado e equipo docente. Debido ao sector onde se enmarcan as ensinanzas ofertadas, esta colaboración é moi importante e aprobeitable durante todo o curso por toda a comunidade con acceso.

Mantemento da infraestructura

O encargado de realizar o seguemento e mantemento da infraestructura lóxica e física é o coordinador do centro. Cóntase cun apoio importante que radica en que a formación ténica da meirande parte do equipo docente e no sector da informática, polo que a localización de erros e as propostas de mellora son rápidas e eficientes. No servidor de arquivos todos os docentes contan cun parte de incidencias e unha orde de solucións de notificacións de problemas baseada en prioridades.

Fontes empregadas para a análise DAFO

Para a realización da análise DAFO realizouse inicialmente unha enquisano a comunidade educativa a través da plataforma SELFIE. A análise dos resultados da mesma foron de axuda para levar a  dita análise e obter unha serie de resultados significativos de cara ao estudo do PD. Os membros do Equipo reunense para a realización do DAFO a partir do cal elaboramos as conclusións, tendo en conta as novas necesidades, e propoñense obxectivos para o próximo curso escolar.

Tamén se contou co TestCDD que se proporciona en FProfe.

 

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Demasiada información e entretemento, o que provoca deficit de atención en ocasións de cara a materia, pois o contar cun dispositivo a tempo completo pode tender a que se despisten. Alumnado Non
Debilidade -Baixo nivel e coñecementos técnicos, polo que non poden prestar axuda en certos aspectos ao alumnado do que son responsables. Familias Non
Debilidade -Tecnoloxías en certas materias moi custosas Infraestruturas Si
Debilidade -Non cubra toda a demanda posible, baixo número de prazas. Oferta Non
Debilidade -Custo económico elevado de algunhas aplicacións suxeridas para unha maior dixitalización. Organización de centro Si
Debilidade -Formación nas tic escasa dos docentes de ámbitos comúns nos niveis básicos. Persoal docente Si
Debilidade -Maior curva de aprendizaxe nos docentes menos dinámicos Persoal docente Non
Debilidade -Alta carga de traballo que impide realizar máis formación. Persoal non docente Si
Fortaleza -Gusto e interese pola materia e polo mundo dixital. Alumnado Non
Fortaleza -Motivación por conseguir saída laboral. Alumnado Non
Fortaleza -Alto nivel de manexo dixital Alumnado Non
Fortaleza -Boa predisposición -Contan con dispositivos dixitais onde mirar as notificacións, contas de correo electrónico, Abalar,etc. Familias Non
Fortaleza -Potente infraestructura física Infraestruturas Si
Fortaleza -Control técnico de infraestructura Infraestruturas Non
Fortaleza -Variedade de equipos Infraestruturas Non
Fortaleza -Equipos potentes e con alto rendemento Infraestruturas Non
Fortaleza -Rápida resposta no mantemento Infraestruturas Non
Fortaleza -Orientada 100% a informática e polo tanto o sector dixital. Oferta Non
Fortaleza -Actualizada e axustada as necesidades do mercado laboral. Oferta Non
Fortaleza -Variedade de estudos Oferta Non
Fortaleza -Orientada 100% a evolución dixital. Organización de centro Non
Fortaleza -Búsqueda de solucións e innovacións constantes. Organización de centro Non
Fortaleza -Docentes de ciclos moi dinámicos e preparados técnicamente. Persoal docente Non
Fortaleza -Relación de moitos dos docentes co sector productivo e o texido empresarial da zona. Persoal docente Non
Fortaleza -Moi boa actitude e predisposición Persoal non docente Non
Fortaleza -Axilidade no manexo da informática en xeral Persoal non docente Non
Fortaleza -Ambición e boa actitude e predisposición para a evolución dixital Persoal non docente Non
Fortaleza -Rapidez de aprendizaxe Persoal non docente Si
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Tempo de aplicación da dixitalización. Administración educativa Non
Ameaza -Alta competencia no sector. Contorna Non
Ameaza -Ambigua en ocasións. Lexislación Non
Ameaza -Baixo nivel de concreción para certos aspectos. Lexislación Non
Oportunidade -Axuda e guía para todo o plan. Administración educativa Non
Oportunidade -Asesores de centro, alta personalización. Administración educativa Non
Oportunidade -Proporción de numerosos recursos moi útilies. Administración educativa Non
Oportunidade -Demanda de sectores dixitais. Contorna Non
Oportunidade -Bo texido productivo Contorna Non
Oportunidade -Proporcionar o marco legal axeitado. Lexislación Non
Oportunidade -Adapatado aos novos tempos Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Plan de Acción

De igual maneira que as propias tecnoloxías, os obxectivos do Plan de Acción van evolucionando e mellorando en consecuencia a modernización tic. Son obxectivos marcados por curso e con datas concretas, pero que se prevé teñan unha continuidade no tempo, posto que son todo propostas de mellora que facilitan o proceso de ensino e aprendizaxe a todo-los participantes da comunidade educativa do centro.

Como centro que imparte ensinanzas no eido tecnolóxico, estes obxectivos e polo tanto o Plan de Acción vóltanse referentes no desenvolvemento do curso. Contenplase unha adicación plena e unha estabilidade para resolver e aplicar o Plan Dixital ao completo, buscando máis obxectivos concretos e promovendo plans para acadalos.

Obxectivos, indicadores e accións O obxectivo do centro e adecuar un plan realista e funcional as características e capacidades das que se dispón. Téñense en conta e analízanse moitas variables para poder levar a cabo os plans de acción proxectados. Os TestCDD e os resultados SELFIE son tidos en conta para a elaboración dos mesmos.  Estes resultados teñen que ser referencia para adecuar o Plan de Acción, pois no centro xa se contaba cunha alta dixitalización, polo que se voltan máis importantes valorar todos os detalles posibles no estudo e avaliación do Plan.

A maiores destas ferramentas, o mellor indicador para promover plans de acción nun centro como o CPR Aula Nosa, é por suposto a colaboración da comunidade educativa, as necesidades do sector empresarial no que se enmarca o alumnado e a propia experiencia vivida  e o aumento dos medios telemáticos e dixitais. O contacto constante coas empresas do sector productivo no que se enmarcan as ensinanzas do centro é totalmente chave para ir vendo por onde van evolucionando as tecnoloxías e polo tanto, aporta un valor engadido a moitos dos plans de acción que se van trazando; pois un dos obxectivos é poder orientar toda esa metodoloxía a esixencias do mercado e acadar un sistema formativo robusto e eficaz. A eficiencia que proporcionan moitas das ferramentas dixitais que se están aplicando aporta moita axilidade no traballo diario e sobre todo colaborativo do equipo, resolvendo en menores prazos cuestións que antes requerían de máis tempos de espera. Todo, inclusive na adminsitración, está orientado a dixitalización e as tramitacións online, polo que é básico que o centro tamén vaia evolucionando con esta metodoloxía de traballo.

Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas Neste sentido, o centro necesita actualizar a sua infraestructura lóxica e física prácticamente cada ano, pois tanto a nivel hardware como a nivel software os avances na informática fan imprescindible a actualización dos equipos e dos programas para estar ao día. Como melloras xa realizadas na infraestructura física de cara o presente curso expóñense as seguintes.

Seguimos traballando na instalación nun servidor DELL PowerEdge específico para a rede do alumnado, con dous procesadores Intel Xeon de 6 núcleos cada un, 32 Gb de RAM e un RAID de 4 discos duros de 1 Tb. Sobre el virtualizarase un Windows Server 2019 Database con ADDS para poder montar un dominio, cunha conta asociada a cada alumno/a do centro. Desta maneira pódense ofrecer servizos e xestionalos de maneira centralizada.

Compra de memorias Ram para poñer en todos os PCs un mínimo de 8 Gb. 

Licencias Antivirus AVG.Interner Security/ AVG secure VPN/ AVG Antitrack/ AVG Tune UP , en algúns equipos xa foron instaladas para o inicio de curso e seguimos traballando nel. 

Cambio de dispositivo de pegada dixital para o rexistro de control de xornada dos docentes, instalarase un máis áxil e sinxelo. 

Melloras na aula 2º DAW con equipos novos e pantallas de 22 pulgadas.

Melloras na aula virtual máis aumento dos espazo de almacenamento e mellor distribucción , aplicación máis intuitiva e sinxela.

Mellora da páxina web oficial do centro co obxectivo de conseguir unha maior interactividade; e mellora tamén das redes sociais para aumentar a difusión e as canles de comunicación.

Maís actividade nas redes sociais. 

A continuación móstranse táboas con plans de acción mais concretos e temporalizados. Coa evolución e mellora do PD iranse incorporando máis accións e obxextivos aos mesmos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Número de dominios implantados, centralizado na rede local para todo o alumnado e equipo docente.
O2PD Elaboración dun Plan Director de Seguridade Informática completo
O3PD Realización de cursos para un maior manexo das TIC e coñecemento das modificacións de algunhas plataformas.

Seguimento

Procedemento

O seguimento e desenvolvemento lo plan e da consecución dos obxectivos será o seguinte:

_ Reunións por trimestre donde se fará un avaliación por parte de todo o equipo no que se valorará o estado de exucación da accións.

_Valorarase posible modificacións si fosen precisas das accións propostas.

_Dispoñemos da axuda da Mentora ADIX

_ Ao finalizar o curso farase unha avaliación e valoración dos obxectivos acadados  asi como dos pendentes e fixaranse novas proposta de mellora.

1º Trimestre

Estase a levar a cabo os obxectivos propostos, quizais a un ritmo un pouco máis lento do esperado xa que no tocante a realización de curso está dificil conseguir prazas .

Na xunta do 19 de decembro tocamos todos estos temas e facemos avaliación das accións levadas a cabo.  

2º Trimestre

Neste segundo trimestre avazamos con dous dos obxectivo deixando pendente o Obxectivo 2. por falta de tempo e persoal que o cordine. 

Obxectivo 1. Seguimos traballando nel, adquirimos novo material e vamos dando de alta equipos, o traballo avanza lentamente debido a súa complexidade e a falta de tempo. 

Obxectivo 3. Seguimos ca formación e realizando actividades formativas.

3º Trimestre

Chegado o remate do curso facemos seguimento dos obxectivos.

Obxectivo 1. Parcialmente conseguido. Seguiremos traballando nel no próximo curso xa que é un traballo que require de moito tempo. 

Obxectivo 2. Comenzamos a traballar nel neste último trimestre e continuaremos o largo do curso que ven. 

Obxectivo 3. Acadado , os formadores realizan a formación proposta con éxito. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 

Na xunta inicial de principio de curso, presentase o plan a todo o equipo docente do centro. 

Para avalialo, en cada unha das xuntas de avaliación ordinarias que se fan por trimestre, expoñerase un punto adicado soamente a este Plan Dixital, para comprobar se se van cumprindo os obxectivos e ir analizando a súa evolución.

Valorarase o estado de execución de cada unha das accións de mellora da dixitalización plantexadas. Daquelas que estén acadadas valoraranse os resultados e, de ser o caso, procederase ben a súa evolución o ben a súa corrección e mellora. 

 

Valoración xeral

Informase o claustro de profesores dos obxectivos logrados e das propostas de melloras pendentes de lograr.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de profesorado considera que o proceso vai en bo camiño pero debido o laborioso do traballo e a que non se dispon de moito tempo para traballar nel quedan obxectivos pendentes de rematar para o vindeiro curso. 

Proposta de mellora

Lograr a  mellora de equipos que permitan a visualización, xestión e control dos accesos e da navegación fai que sexa máis segura e facilita un maior control en todo o momento e dende calquer punto. 

Implicación de todo o persoal do centro no Pd. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As accións proxectadas neste PD afectan a toda a comunidade educativa do centro, polo cal a sua difusión, participación a acceso debe considerarse un punto importante na súa elaboración.

Mediante a aula virtual e o servidor de acceso simultáneo e en tempo real do que se dispón, o Plan Dixital nas súas diferentes versións será accesible para a súa consulta por todo o equipo docente e non docente do centro. Asemade, proporcionarase un espazo colaborativo onde todo membro do equipo poida expoñer as súas dúbidas e suxestións de mellora. 


Tamen podrán acceder a través da URLhttps://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15032431