1.1. Datos básicos do centro
O CPR Aula Nosa é un centro en réxime privado-concertado que se encontra na Coruña, concretamente en Monasterio de Caaveiro no1-Baixo
Datos de contacto:
Teléfono fixo: 981250019
Teléfono móvil (con WhatsApp): 670966814
Correo electrónico: cpr.aula.nosa@edu.xunta.gal
Páxina web: www.aulanosa.es
A oferta educativa basease principalmente en ciclos de formación profesional da familia de Informática e Comunicacións. Actualmente cóntase coa seguinte oferta:
1º e 2º de FP Básica de Informática de oficina
1º e 2º de CFGM de Sistemas Microinformáticos e Redes
1º e 2º de CFGS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
1º e 2º de CFGS de Desenvolvemento de Aplicacións Web
Educación Secundaria para Adultos
Para todos estes niveis educativos o réxime é ordinario, en quenda de mañá (de 8:30 a 14:40h de luns a venres). As plazas dispoñibles son de 20 alumnos/as por grupo.
Salientar que os dous cursos da FP Básica son ofertados baixo un concerto coa Consellería e polo tanto son estudos gratuitos para o alumnado.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.
Contextualización
O centro atópase no barrio do Ventorrillo, cunha alta densidade de poboación e cun perfil familiar principalmente autóctono, aínda que cada vez destaca máis a presenza de inmigrantes.
O nivel socio-cultural é moi diverso e variado, aínda que podería enmarcarse nunha franxa media tirando a baixa, polo que o papel do centro como comunicador, educador e transmisor de coñecementos cobra vital importancia.
En canto o nivel económico pódese decir que a realidade social da actualidade, herdada principalmente da crise da Covid-19 da lugar a unha situación económica complexa. A meirande parte da poboación traballa no sector servizos ou como autónomos ou, no seu caso, persoas desempregadas que reciben prestacións de rentas mínimas.
Vólvese polo tanto un entorno complexo para o desenvolvemento de estudos en réxime privado polos que as familias deben abonar cotas mensuais.
En canto o ámbito lingüístico da zona, unha poboación maioritaria usa o castelán como idioma habitual e que tamén posúe competencia, cando menos verbal, para expresarse en lingua galega.
Unha minoría da poboación usa o galego como lingua vehicular e que posúe unha competencia similar en castelá.
Sobre o Plan Dixital
O centro, debido o sector no que se enmarcan a meirande parte dos estudos que oferta, xa de por sí vira entorno ao eixo principal das novas tecnoloxías. É polo tanto, o Plan Dixital un complemento perfecto para a filosofía mantida nos últimos anos e para o Proxecto Educativo, pois fúndese perfectamente en calquera documento e procedemento do centro.
Se ben as novas tecnoloxías son a orientación laboral do noso alumnado, pois o obxectivo e que rematen traballando de programadores, de administradores de rede, etc. tamén no día a día de traballo do centro están presentes, estando todo dixitalizado e sincronizado en diferentes plataformas e coa emprega de programas específicos para cada tarefa. Tanto alumnado como docentes traballan a diario e desenvolven un proceso de ensino e aprendizaxe baseado na conectividade e no emprego de dispositivos dixitais.
É de gran aportación para o centro ter este documento como referencia para a implantación de medidas vinculadas co ámbito dixital e das novas tecnoloxías; así como tamén para a autoavaliación das mesmas para poder trazar follas de ruta de melloras e innovacións relacionadas.
O centro conta cunha páxina web informativa e unha Aula Virtual para todos os membros da comunidade educativa. En ambas, así como na infraestructura de rede do propio centro, estanse a implantar unha serie de melloras e novos apartados para os que o Plan Dixital é moi útil, pois serve como guión principal a seguir neste traballo. Estas melloras refléxanse no Plan de Acción, e moitas son consecuencia de analizar cunha visión crítica o documento DAFO elaborado neste plan, coa participación de todos os membros da comunidade educativa.
Este Plan Dixital contribuirá polo tanto de maneira directa a Programación Xeral Anual do vindeiro curso 22/23, como documento referencia a ter en conta para desenvolve-la mesma. Tal e como se pode observar, xa pola propia filosofía do centro e a oferta educativa, a integración é máxima, proporcionando un marco completo e estructurado para o seu seguimento.
1.3. Breve xustificación do mesmo
Este Plan Dixital créase dentro dun marco legal de referencia para o centro.
_Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
_Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
_Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
_Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
1.4. Proceso de elaboración
O Plan Dixital é elaborado polo equipo de dinamización do Plan Dixital do centro, formado concretamente polo coordinador e xefatura de estudos. Por suposto neste Plan dixital faise partícipe a todos os membros da comunidade educativa de maneira directa (mediante as enquisas, suxerencias de mellora, claustros, etc).
Finalmente a aprobación depende dunha xunta extraordinaria no se que se resolverá por parte do equipo directivo o documento final e definitivo deste Plan, quedando despois aberto para evolución e melloras.
O coordinador do centro coordina tamén o equipo de dinamización dixital polo coñecemento das novas tecnoloxías e tamén por ser o administrador da rede e da aula virtual. Todas as actuacións serán aprobadas pola Xunta Directiva do Centro (Directora, Secretaria e Xefa de Estudos).
A elaboración deste plan lévase a cabo coa pauta e axuda da asesora do centro e das tarefas propostas no grupo Addix e na aula virtual relativa, cos modelos propostos.