Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A contextualización normativa na que se enmarca o documento do Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

A raíz da resolución do 3 de Setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o noso centro formou un equipo de dinamización de catro persoas para a realización conxunta do Plan Dixital.

O noso centro participa dende hai anos en programas diversos: Polos Creativos, PLAMBE, Bibliotecas Creativas, Voz Natura, Prensa na escola, Rede DixitalGal, OAOA, Patios dinámicos... Polo tanto, tal e como deixamos constancia no día a día e coma sempre se reflectiu no noso Proxecto Educativo en xeral, o profesorado deste centro está aberto ás innovacións no ámbito pedagóxico e a incorporación de novos recursos no proceso de ensino-aprendizaxe.

O Plan Dixital aportará a estes programas educativos un soporte máis, un apoio tecnolóxico para seguir potenciando a innovación no noso centro no seu obxectivo fundamental reflectido no punto 3.1 do noso Proxecto TIC: “integrar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas tarefas que se levan a cabo no centro, de xeito que o profesorado e o alumnado as utilicen como unha ferramenta máis nos procesos de ensino-aprendizaxe e sirvan como vehículo de comunicación e acceso á información de todos os cidadáns en igualdade de condicións”.

É dicir, pretendemos integrar as TIC no centro como un instrumento educativo máis que nos permita adecuarnos á realidade científico-técnica da nosa sociedade; utilizándoas como un dos eixos fundamentais da aprendizaxe escolar, integrándoas progresivamente na práctica usual da aula, potenciando as posibilidades de acceso á información de tódolos membros da comunidade educativa e contribuíndo á igualdade social ao propoñer o uso xeneralizado das mesmas.

Queremos con este Plan seguir garantindo e reflectir no noso documento a nosa aposta por unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas. Aumentar de forma significativa e progresiva o acceso á tecnoloxía da información e das comunicacións e esforzarse en proporcionar acceso universal mediante a continuación no reparto dos ‘Kits dixitais’ para o alumnado que non ten dispositivos na súa casa para seguir o proceso de ensino-aprendizaxe en caso de necesitalo, intentando así resolver a fenda dixital aínda existente.

Traballarase para formar ao alumnado nos riscos vinculados ás novas tecnoloxías, mediante protocolos de actuación de modelos de boas prácticas, para previr a violencia dixital entre a poboación moza e adolescente. Ademais, o noso Plan Dixital contribúe ao noso proxecto de Biblioteca Creativa. Demos un paso máis na cultura ‘Maker’ coa inmersión no programa ‘Polos Creativos+’ baseado nas ensinanzas STEM onde o alumnado traballará de forma interdisciplinar contidos do currículo a través das novas tecnoloxías, entre eles, a robótica.

Esta e outras medidas de acción positiva son actuacións concretas dende a idade escolar para adquirir coñecementos e competencias co fin de corrixir a fenda dixital en xeral e tamén de xénero en particular e favorecer a incorporación do alumnado e especial das mulleres ao eido da educación dixital, para que no futuro as mulleres teñan igualdade de oportunidades reais e poidan ocupar postos de traballo relacionados coas TIC no mercado laboral.

O noso Plan Dixital tamén quere contribuír a mellorar a propia formación do profesorado. Solicitando cursos específicos que traballen a competencia dixital, compartindo experiencias, coñecemento, ideas, información, etc. con outros profesores a través da Aula Virtual, do correo electrónico, Agueiro, plataformas tipo Webex, grupos de noticias, páxinas Web, blogs, chats, etc...

Seguir mellorando a comunicación entre o profesorado, alumnado e familias, mediante a posta a disposición de servizos que permitan e faciliten a conciliación da vida persoal e familiar. Aproveitando as ferramentas e as posibilidades que as novas tecnoloxías nos ofrece a Consellería (páxina web do centro, AbalarMóbil, Webex...). Pouco a pouco seguir modernizando e axilizando as xestións do centro e facilitando o acceso ás TIC á comunidade educativa: ANPA, asociacións, etc.

Polo tanto, existe unha relación directa entre o noso Plan Dixital e os outros documentos de centro, e ademais aportará á Programación Xeral Anual deste curso unhas liñas e obxectivos a seguir que continúen este proceso de transformación do noso centro nunha organización dixitalmente competente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do noso análise DAFO tivemos en conta tanto aspectos cuantitativos coma cualitativos extraídos das seguintes fontes:

  • Autoavaliación SELFIE: Incluímos a información do resumo das áreas do informe SELFIE acadados polo noso centro.
  • Test CDD: Tamén utilizamos a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro e na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no test.
  • Outras fontes: O análise cualitativo realizouse coas opinións do equipo directivo e outro persoal docente que leva máis anos no centro.

Con estas aportacións, o equipo de dinamización do Plan Dixital do centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita elaboración das liñas fundamentais do plan en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11: O alumnado no ten coñecementos en codificación/programación. Alumnado Si
Debilidade C8. Non existen dispositivos abondo para que o alumnado traballe a nivel individual cando o precise. Infraestruturas Si
Debilidade C14. Espazos físicos limitados debido a desdobres, Covid, etc. Infraestruturas Si
Debilidade C15. Non existen dispositivos ou tecnoloxías asistenciais adaptadas para o alumnado con necesidades educativas. Infraestruturas Si
Debilidade A2: De ter estratexia dixital levaríase a cabo tendo en conta ao profesorado. Organización de centro Si
Debilidade A1: Non existe unha estratexia dixital concreta. Organización de centro Si
Debilidade B4: Non existe sinerxía con outras organizacións ou entidades do entorno. Organización de centro Non
Debilidade A5: Existe certo descoñecemento en canto aos dereitos de autor e licenzas de uso. Organización de centro Non
Debilidade Descoñecemento da normativa con respecto á adquisición de equipamento informático para centros. Organización de centro Si
Debilidade D3: Poucos intercambios de experiencias/coñecementos entre o profesorado. Persoal docente Si
Debilidade A4: O profesorado non dispón de tempo para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Si
Debilidade B3: Falta de colaboración con outros centros ou asociacións do entorno. Persoal docente Si
Debilidade E3: A Aula Virtual utilizase só nuns cursos determinados non tendo un criterio unificado. Persoal docente Si
Fortaleza H1: O alumnado participa en iniciativas que melloran o comportamento responsable na rede. Alumnado Si
Fortaleza H8: O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais (blogs, radio escolar...) Alumnado Si
Fortaleza H10: O alumnado utiliza a tecnoloxía para actividades en diferentes áreas. Alumnado Si
Fortaleza H7: O alumnado aprende coñecementos en relación á creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza As familias son colaboradoras cas actividades e iniciativas propostas polo centro. Familias Non
Fortaleza As familias consultan a web do centro para informarse de novas do centro e usan o AbalarMóbil. Familias Non
Fortaleza En xeral, as familias dispoñen en casa de aparellos dixitais e conexión a internet. Familias Non
Fortaleza Existe material informático adquirido polo propio centro para proxectos de innovación. Infraestruturas Si
Fortaleza C5: O centro dispón de asistencia técnica. (UAC e empresa externa) Infraestruturas Si
Fortaleza C16: Repositorio on-line da biblioteca (KOHA, Blog Librolandia...) Infraestruturas Non
Fortaleza C1: Equipamento actualizado e rede WIFI (edu.xunta.gal) recentemente instalada. Infraestruturas Si
Fortaleza C2: Existe suficiente equipamento dixital para o ensino adquirido polo centro nestes últimos anos. Infraestruturas Si
Fortaleza Centro plurilingüe. Oferta Non
Fortaleza Biblioteca creativa e pioneira en novos proxectos.: KOHA, Radio escolar, 3D... Oferta Si
Fortaleza C16. Repositorio de recursos e actividades on-line (espazo da Biblioteca) Oferta Non
Fortaleza Comedor Oferta Non
Fortaleza A3: O Equipo directivo respalda ao profesorado no uso de novas modalidades de ensinanza. Organización de centro Si
Fortaleza O Equipo Directivo facilita a participación do profesorado en actividades formativas TIC. Organización de centro Non
Fortaleza C11 e C12: Organización para tentar solucionar a fenda dixital entre o alumnado necesitado. Organización de centro Non
Fortaleza Xente formada en novas tecnoloxías entre o persoal docente (test CDD) Persoal docente Si
Fortaleza D2: Profesorado que soe ter boa participación en actividades de formación dentro e fóra do centro. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Utilízanse con éxito servizos corporativos para comunicacións cas familias (AbalarMóbil, web). Persoal docente Non
Fortaleza F4: Realízanse actividades TIC que implican e integran ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza E1/E5: O profesorado busca e utiliza moitos recursos na rede para as súas sesións Persoal docente Non
Fortaleza E2: Hai profesorado entre o claustro con coñecemento en creación de materiais e recursos TIC. Persoal docente Si
Fortaleza F1: Utilízanse dispositivos dixitais para adaptar o método de ensino as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3: Os recursos dixitais utilízanse para axudar potenciar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal non docente é participativo dentro da comunidade. Persoal non docente Non
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non mandan equipamento tecnolóxico necesario. Administración educativa Si
Ameaza Burocracia excesiva. Administración educativa Si
Ameaza Organización dos horarios non teñen en conta dinamizacións nin participación en proxectos de calidade educativa. Administración educativa Si
Ameaza Atraso na solucións cando hai problemas cas infraestruturas e conexión de internet. Administración educativa Si
Ameaza Pouca participación nas familias na organización. (mostra pouca representativa). ANPA Non
Ameaza Matrícula elevada. Contorna Si
Ameaza Pouca estabilidade nos cambios lexislativos. Lexislación Non
Oportunidade Posible oferta de formación específica nas TIC adaptadas ao nivel do profesorado. Administración educativa Si
Oportunidade Dispón de proxectos de mellora da infraestrutura dixital: E-Dixgal, rede edu.xunta.gal, etc. Administración educativa Si
Oportunidade Apoiase no centro educativo á hora de transmitir e colgar información na web. ANPA Non
Oportunidade Poboación nova e familiarizada co ámbito dixital. Contorna Non
Oportunidade A nova lexislación aposta un pouco máis polas novas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade Iniciativas promovidas pola Administración en colaboración con outras entidades. (por exemplo: Plan Director) Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recopilada a información de ambos test (SELFIE e TEST CDD) e tamén os comentarios e perspectivas aportados por algúns membros do Claustro realizamos unha sesión conxunta do equipo de dinamización para a elaboración do DAFO. Nela centrámonos tanto nunha análise cuantitativa cos aspectos reflectidos no SELFIE e no TEST CDD como nunha análise cualitativa coas opinións propias sobre o centro, o seu funcionamento, a contorna que inflúe no mesmo, etc.

Tras este primeiro análise, e tras enviar o DAFO por correo electrónico a todo o claustro, comentamos nunha xuntanza xeral todos os aspectos para posibles revisións e achegas por parte da totalidade dos membros. Unha vez comentados e repasados os aspectos reflectidos no DAFO, realizouse unha reunión conxunta na que establecemos as nosas prioridades de mellora para o curso, comentando os aspectos nos que nos gustaría incidir nos próximos cursos e que puidesen reflectir unha mellora na organización e nos nosos procesos de e/a con respecto ao ensino dixital.

Tras una primeira aproximación dos puntos a tocar, o equipo de dinamización reuniuse para establecer os obxectivos SMART e as accións que poderían levarse a cabo para acadalos. Estes obxectivos enviáronse á totalidade do claustro e tras a súa aprobación incluíronse neste documento, na seguinte pestana.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual por parte do profesorado.
O02PD Elaborar un documento que reflicta obxectivos para a mellora da competencia dixital do alumnado por ciclos.
O03PD Actualizar o repositorio na Aula Virtual con actividades, apps e ideas para traballar dende as titorías.
O04PD Formar ao profesorado en diferentes ámbitos relacionados coa súa competencia dixital.
O05PD Impulsar o PoloCreativo+ no centro.
O06PD Continuar co mantemento dun equipamento de calidade para desenvolver o proceso de ensino/aprendizaxe diario de maneira eficiente.

Seguimento

Procedemento

Realizaremos unha avaliación do proceso cunha xuntanza trimestral para realizar o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de accións e obxectivos. Os aspectos a valorar incluirán:

  • Estado da execución das accións a realizar en cada trimestre ou o aprazamento das mesmas se fose necesario.
  • Estado dos obxectivos plantexados que se van acadando ata o momento.
  • Dificultades que nos imos encontrando no camiño.
  • Análise da situación e propostas de mellora.
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación final, realizarase unha reunión ao remate do curso académico, na que incluiremos os seguintes puntos, entre os aspectos a valorar:

  • Grao de consecución de cada obxectivo e das accións realizadas/pendentes dos mesmos.
  • Unha avaliación do Plan Dixital en xeral (resultados obtidos, dificultades atopadas...)
  • Propostas de mellora para o curso seguinte.

As propostas de mellora que se recollan tanto nas sesións trimestrais como na sesión final (ao remate do curso) ditarán as posibles modificacións que o Plan Dixital precise no futuro, tanto no seu Plan de Acción coma no documento en xeral.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será público e adxuntarase no apartado de ‘Documentación’ na páxina web do centro xunto con outros documentos importantes da organización para que a comunidade educativa poida consultalo en calquera momento. Poderase consultar na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/