Reunións trimestrais do equipo de Dinamización do Plan Dixital de centro.
O equipo TIC reuniuse o 15 de xaneiro para avaliar o grao de consecución das accións de cada obxectivo programado neste trimestre. Todas as accións previstas foron acadadas agás a AO5.1 e AO6.1 que están en proceso.
O equipo TIC reunirase en marzo de 2025 para facer o seguimento das accións desenvolvidas ata esa data.
O equipo TIC reunirase en xuño de 2025 para facer unha avaliación final do PDC con suxestións para a redacción do PDC para o curso 2025/26.
Avaliación
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxectivos e prazos previstos, e das condicións de aplicación. Esta avaliación realizarase ao remate de cada trimestre do curso, e para realizar este proceso reunirase o equipo de dinamización do Plan Dixital, que valorará, en función dos datos recollidos previamente o nivel de cumprimento dos indicadores de logro. Nesta avaliación procesual se propoñerán medidas de mellora no caso de se detectar erros no plan, xa fora na temporalización do mesmo, ou nos resultados acadados.
Así mesmo, ao remate do curso levarase a cabo unha avaliación final dos logros acadados na realización do plan, valorarase o nivel de cumprimento dos obxectivos e se propoñerán melloras para a consecución dos mesmos.
O encargado da realización desta avaliación final será o equipo de dinamización do plan dixital, que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte dos órganos colexiados pertinentes.
Comunicación e difusión
O plan será publicado, xunto co Proxecto Educativo e Programación Xeral do centro, na páxina web da E.O.I. Asimesmo, poderase consultar a través do buscador de plans da Consellería de Educación.
Tamén será compartido co profesorado do centro a través do correo corporativo.