Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPR Plurilingüe Andaina é un centro concertado de educación infantil, primaria e secundaria situado na zona da Zapateira dentro do concello de Culleredo, nunha contorna na cal conviven espazos naturais xunto con casas, urbanizacións colectivas e outros espazos e servizos tanto de carácter privado como público. Localízase polo tanto na área metropolitana da cidade da Coruña e linda directamente con dito concello. Podemos dicir polo tanto que a meirande parte dos nosos usuarios proveñen dun contexto urbano ou semiurbano.

Na actualidade está completándose o proceso de implantación da dobre liña, que chega neste curso ata o nivel de 2º ESO. En total temos un curso con 563 alumnas/os.

Das enquisas sociolingüísticas que se lle pasan a todo o alumnado novo no centro no período de matrícula podemos extraer que seguimos a contar cunha grande maioría de familias e alumnado de orixe galega, cun nivel sociocultural e económico das familias do centro medio ou medio-alto. A meirande parte das familias acode ao centro polo seu proxecto educativo e a metodoloxía, priorizando estes factores sobre criterios como a proximidade ao domicilio, as instalacións ou os servizos que ofrece.

As tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento aparecen recollidas dentro do ideario de Proxecto Educativo como unha das liñas básicas que nos definen. Nese documento aparece recollido o modelo de integración da tecnoloxía en Andaina que parte da seguinte idea: “Os alumnos non aprenden tecnoloxía, aprenden coa tecnoloxía, é dicir, utilízana para construír, representar e transferir os seus coñecementos durante a aprendizaxe” (Segovia, 2000: 108). Este compromiso coa realidade tecnolóxica concrétase nun proxecto global de Centro de integración das TAC na aula que abarca desde os 3 aos 16 anos. A escola debe formar cidadáns capacitados para integrarse nesa orde social e moverse nela cunha visión reflexiva e crítica, fuxindo de posturas extremas tecnofóbicas ou tecnofílicas.

As TIC son un mediador fundamental nos ámbitos de aprendizaxe máis significativos das diferentes idades:

  • A lectoescritura na Educación Infantil: dentro dun proceso lectoescritor que parte de métodos globais e da significatividade dos procesos, o emprego da tecnoloxía vai permitir xerar textos reais, con sentido comunicativo auténtico (ex: correo electrónico), á vez que permite que o neno/a tome conciencia desde moi cedo de que o código escrito consta dun número limitado de signos cunhas formas fixas e predeterminadas, facilitando o uso dos signos de acordo a estas normas.
  • A aprendizaxe por proxectos na Educación primaria: A aposta por un currículo globalizado leva a elixir o traballo por proxectos como referentes fundamentais no proceso de Ensino-Aprendizaxe; é nestes proxectos de investigación onde o TIC cobran o seu máximo significado. Na metodoloxía por proxectos os coñecementos non se ordenan de forma ríxida ou disciplinar senón en torno os diferentes contidos, problemas ou hipóteses nos que os contidos e enfoques relaciónanse de maneira global facilitando no alumnado a construción de coñecementos. En todo o proceso de procura e tratamento da información as TIC xogan un importante papel:
  • A aprendizaxe cooperativa na Educación Secundaria Obrigatoria: no tramo 12-16 traballamos con preadolescentes e adolescentes para os que, na actual orde social, a aprendizaxe para a convivencia convértese nun obxectivo fundamental de todo proxecto educativo. As metodoloxías de aprendizaxe cooperativa revélanse como un medio fundamental para traballar a convivencia e o respecto nas aulas. Nas dinámicas de aprendizaxe cooperativa os alumnos/as desenvolven procesos de investigación e traballo compartidos cos seus compañeiros/as. En todos estes procesos de novo as TIC emerxen como un elemento clave, pasando de ser un medio tradicionalmente individual a ser un medio de construción e expresión de significados compartidos.

Na PXA do actual curso 2023-2024, quedan recollidos os obxectivos anuais deste Plan dixital de Centro que serán avaliados na Memoria Educativa.

A normativa de referencia a ter en conta á hora de elaborar o Plan Dixital é a seguinte: dende a que se xustifica o Plan Dixital:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos
centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade
Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para a elaboración do Plan Dixital creouse unha comisión formada polos coordinadores Tics do centro e a Dirección Pedagóxica. O sistema de traballo consistiu en combinar xuntanzas presenciais de reflexión e toma de decisións conxunta xunto con traballo colaborativo para a elaboración dos diferentes documentos a través de cartafois compartidos. Na segunda parte foi o persoal designado como Equipo TIC do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida de datos foi o informe SELFIE realizado entre a comunidada educativa no curso 2021-2022, e do que se extraíron as consclusións finais.

Ditos resultados son actualizados anualmente mediante revisión realizada polo equipo TIC, proceso realizado no curso actual e cuxas actualizacións xa figuran no PD.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa documentación dos procesos de aprendizaxe por parte do alumnado a través da tecnoloxía. Alumnado Non
Debilidade Insuficiente competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Escaso emprego de ferramentas dixitais para a autoavaliación. Alumnado Si
Debilidade Escasa retroalimentación co alumnado a través das tecnoloxías para a avaliación. Alumnado Non
Debilidade Escasa aprendizaxe de programación por parte do alumnado agás en materias concretas da ESO. Alumnado Non
Debilidade Utilización do centro de equipos dixitais do alumnado: non contemplado, excepto de xeito puntual (etapa ESO). Infraestruturas Si
Debilidade Desequilibrio no uso activo e creativo de aulas virtuais entre as etapas e a nivel individual dentro do equipo docente. Infraestruturas Si
Debilidade A estratexia dixital non é compartida do mesmo xeito por todo o equipo educativo. Oferta Si
Debilidade Non empregamos plataformas da consellería (centro concertado). Organización de centro Si
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino: insuficiente en todas as etapas. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente tempo para crear recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente comunicación con outros centros por dificultades de tempo e de referentes educativos similares á nosa realidade. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente participación en redes agás individualidades. Persoal docente Si
Fortaleza Hai cultura de autoavaliación e coavaliación pero non sempre mediante emprego de tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Contemplase a formación do alumnado dende unha perspectiva crítica e responsable no uso da tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado adquire habilidades dixitais a través de diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Incorpóranse tecnoloxías dixitais para a avaliación e seguimento do alumnado no traballo do equipo docente. Familias Si
Fortaleza Empréganse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado e recursos educativos abertos. Infraestruturas Si
Fortaleza Uso de contornos virtuais de aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Características do software instalado nos equipos: maioritariamente software libre e colaborativo. Infraestruturas Non
Fortaleza Tratamento das licenzas e dereitos de autoría: a maior parte do equipo as coñece. Oferta Non
Fortaleza Oferta completa do ensino obrigatorio (EI + EP + ESO) Oferta Non
Fortaleza Dispoñemos de servizo para resolución de incidencias técnicas. Organización de centro Si
Fortaleza Creación e existencia de espazos dixitais colectivos para compartir recursos educativos. Organización de centro Non
Fortaleza Dispoñemos de Clickedu e Google Workspace para o traballo tecnolóxico. Organización de centro Si
Fortaleza Suficiente política de protección de datos aínda que mellorable na execución da mesma Outras Non
Fortaleza Creación de recursos por parte do profesorado cun nivel de competencia alta que se comparten. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha cultura de innovación no centro e actitudes proactivas cara a súa posta en funcionamento. Persoal docente Non
Fortaleza Existe cultura de traballo en equipo que facilita a promoción de innovación entre o profesorado nos diferentes equipos. Persoal docente Si
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Existen canles de comunicación adecuadas entre etapas e empréganse de forma habitual. Persoal docente Non
Fortaleza A introdución de ferramentas dixitais transforma as practicas docentes. Persoal docente Si
Fortaleza Traballo colaborativo dentro do centro para introducirr novas modalidades do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia nos procedementos coa administración. Administración educativa Si
Ameaza Modelos de formación tradicionais, non adaptados ás necesidades do centro. Administración educativa Non
Ameaza Escasa colaboración con institucións de carácter ¿tecnolóxico¿. Contorna Non
Ameaza Pouca participación en proxectos externos na actualidade. Contorna Non
Ameaza Custe económico elevado para manter actualizado o equipamento tecnolóxico. Outras Si
Ameaza Custe elevado para o mantemento dos equipamentos informáticos e pouca durabilidade dos mesmos Outras Si
Oportunidade Moita oferta formativa en tecnoloxías de pouco custe ou de balde. Administración educativa Si
Oportunidade Subvencións xestionadas pola ANPA. ANPA Non
Oportunidade Moi boa relación e colaboración coa ANPA no desenvolvemento de proxectos e na xestión de recursos. ANPA Non
Oportunidade Moita participación e implicación das familias a nivel de centro. Contorna Si
Oportunidade Nivel en xeral medio ou medio-alto na contorna. Bo nivel sociocultural e tecnolóxico na maioría das familias do centro. Contorna Si
Oportunidade Alto nivel de acceso a dispositivos fora do centro por parte do alumnado. Contorna Si
Oportunidade Suficiente relación e posicionamento con entidades e organismos diferentes aos da comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Nova lei: potencia o ámbito competencial. Lexislación Non
Oportunidade Moita estabilidade no persoal docente. Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise dos resultados do DAFO do centro é o punto de partida para a elaboración do Plan Dixital actual, tras a súa actualización despois do curso anterior.

De xeito xenérico estes resultados concrétanse en:

  • Actualmete mantense as mesmas conclusións do DAFO.
  • Continuamos cos obxectivos iniciais do curso pasado, tanto para aqueles non acadados como para os que precisaban de continuación.
  • Centraremos o esforzo en avanzar no coñecemento dixital tanto de alumnado como profesorado.
  • Avanzaremos no uso e análise dos recursos dixitais (equipos e ferramentas) para facilitar tanto o traballo pedagóxico como de comunicación.

Estes resultados son os que se concretan no Plan Dixital actual.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Realizar a formación necesaria a curto e medio prazo (continuación do obxectivo O2PD do curso anterior).
O2PD Establecer un plan de necesidades de equipamento dixital (continuación do obxectivo O3PD do curso anterior).
O3PD Crear un espazo de recursos compartidos a nivel de centro (continuación do O4PD do curso anterior).
O4PD Establecer un plan de unificación de Aula virtual das diferentes plataformas (Clickedu, Workspace, Xade, Correo electrónico).
O5PD Analizar a integración do uso de dispositivos persoais dixitais por parte do alumnado.
O6PD Analizar a integración do uso de dispositivos persoais dixitais e redes sociais por parte do profesorado.
O7PD Proposta de mantemento e funcionamento de axuda dixital
O8PD Actualizar e cuantificar o uso da tecnoloxía dixital nos diferentes ámbitos do centro e a súa influenza no rendemento.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan constará dos seguintes elementos:

- Xuntanzas trimestrais do equipo TIC designado no Plan Dixital  para facer o seguimento da evolución do plan. As datas aproximadas de ditas xuntanzas quedarán definidas na primeira delas. As datas iranse adaptando en función das necesidades do equipo do cento.

- Xuntanzas de seguimento do coordinador TIC coa persoa mentora ADIX (Bibiana Ortiz), aproximadamente dúas por trimestre.

- Comunicación e información de cada avance (obxectivo/acción) á Dirección do centro, como persoa responsable do Plan.

- Rexistro dos avances do Plan na plataforma Educalidade por parte do coordinador TIC e con seguimento da Dirección do centro.

1º Trimestre

Rematado o primeiro trimestre os avances significativos do plan do curso actual son:

- realizada a comunicación e seguimento coa coordinadora ADIX: correo electrónico e presencial.
- actualizada na plataforma o seguimento dos obxectivos e accións correspondentes ao primeiro trimestre.
- aprazada a xuntanza trimestral do equipo TIC por imposibilidade de reunión do equipo por diferentes motivos organizativos de centro.

2º Trimestre

Rematado o segundo trimestre, estes son os avances destacadas do plan do curso actual:

- xuntanza trimestreal do equipo TIC (virtual) para reorganizar o traballo e poder avanzar por sectores do plan.
- actualizada na plataforma o seguimento dos obxectivos e accións correspondentes ao segundo trimestre.
- realizada formación prevista (impresión 3 D dirixida ao persoal de Polos Creativos e Equipo TIC) e definida a formación de cara ao terceiro trimestre (competencia dixital docente e edición de foto/vídeo).
- avanzamos na proposta de uso de dispositivos intelixentes (móbiles, reloxos) por parte do alumnado e a definición das normas a partir do protocolo oficial, coa comunicacón inicial ás familias.
- seguimos co borrador para establecer a Aula virtual de recursos, incorporando novos apartados solicitados por diferentes ámbitos educativos do centro.

3º Trimestre

Rematado o terceiro trimestre, facemos as conclusións xerais do plan do curso actual:

- xuntanza trimestreal do equipo TIC (virtual) para pechar obxectivos actuais e nivel acadado.
- división do traballo en no equipo para reducir a carga de traballo individual.
- actualizada na plataforma o seguimento dos obxectivos e accións correspondentes ao terceiro trimestre.
- actualización de protocolos de uso de dispositivos electrónicos personais (móbiles e reloxos), deberá actualizarse no futuro próximo.
- pechado o borrador da aula virtual e iniciado o volcado. Damos por rematado este paso, pero continuará o volcado de recursos.

Conclusión xeral: o tempo dedicado ao plan dixital non foi o suficiente debido á carga de traballo educativo dos compoñentes do equipo, polo que houbo que axustar os obxectivos ao tempo dispoñible e non puidemos acadar o desexado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En cada curso académico levarase a cabo o proceso de avaliación que será o resultado do seguemento dos obxectivos e acccións do plan dixital e do seu grao de consecución.

  • Avaliación trimestral: coincidindo coas xuntanzas trimestrais do Equipo TIC farase unha avaliación trimestral analizando as accións realizadas e actualizando as futuras ou pendentes en función dos avances realizados.
  • Avaliación final: finalizando o curso escolar farase unha avaliación final e xeral que recollerá unha revisión de cada obxectivo coas súas correspondentes accións así como unha actualización dos seguimentos e análise dos indicadores. Realizaranse tamén unha proposta de cara ao seguinte curso que inclúa proposta de melloras e novos obxectivos en caso de estimarse necesario.
Valoración xeral

Na avaliación xeral do plan do curso actual, destacamos os seguintes aspectos:

- Algúns dos obxectivos precisan dun tempo rolongado de traballo polo que non son abordables ao corto prazo no que os tiñamos marcados. De propoñelos novamente, que nos parece moi adecuado, debemos temporalizalos con maior adecuacion á realidade.
- Algúns dos obxectivos e accións, aínda que aparentemente con menor peso, supoñen un adianto no traballo TIC do centro. Proporemos mantelos ao longo do tempo como obxectivos revisables do Plan Dixital (aula virtual, recursos, axuda dixital, plan de formación, etc.).
- O traballo derivado do Plan Dixital, aínda que repartido entre os membros do equipo TIC (e nalgún caso axudados por outros membros do equipo docente/directivo) representa un volume de traballo difícil de asimilar sen horas asignadas expresamente.
- A pesar de non acadar un número elevado de obxectivos e accións, valoramos positivamente o Plan do curso actual no sentido que nos aporta unha liña de traballo a seguir e o equipo docente disoón dunha referencia.
- Aínda que non incluído como obxectivo, resaltamos o traballo do equipo TIC na realización das probas de Competencias Dixitais do Alumnado (4º ESO), que asumimos como parte do Plan Dixital.

 

Proposta de mellora

Como propostas de mellora:

- Asignar tempos específicos cada trimestre para o desenvolvemento do Plan.
- Reducir o número de obxectivos, especialmente naqueles que supoñen unha maior impliación a medio-longo prazo.
- Ser realistas coas posibilidades do traballo a realizar, tanto desde o punto de vista de horas de esforzo como de dispoñibilidade de hadrware/softwarre/conexión.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital difúndese na comunidade educativa a través da URL presente nesta aplicación (premer sobre este enlace).