Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital é un instrumento de planificación que busca o desenvolvemento da competencia dixital dentro da comunidade educativa e integrar as TIC no proceso de ensino aprendizaxe.

O para o deseño do plan dixital partimos do traballo previo que se levaba feito no noso centro no ámbito das TIC. Aproveitamos os recursos dos que dispoñemos e buscamos en todo momento que este plan integrase a todos os membros da comunidade educativa.

A referencia fundamental para a elaboración do plan foi o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

Por último, indicar que este é un documento aberto. Deseñouse tendo en conta as características actuáis do noso cento, pero é susceptible de ser modificado a medida que  estas características vaian mudando.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise inicial levouse a adiante tendo en conta os seguintes aspectos:

• Análise da competencia dixital do centro ( alumnado, profesorado…).

A comisión Europea desenvolveu a ferramenta de autoevaluación SELFIE, dispoñible de balde para todos os centros educativos, que lles permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro. O informe SELFIE organiza a información según 6 bloques ou áreas que son :

• Liderazgo.

• Desenvolvemento profesional.

• Infraestructura e equipamento.

• Prácticas de ensino e aprendizaxe

• Prácticas de avaliación

• Competencia dixital do alumnado.

A análise dos resultados do SELFIE e da enquisa de competencia dixital docente, elaboramos o DAFO. Determinamos cales eran a deficiencias, ameazas, fortalezas e oportunidades do noso centro.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Base de datos de proveedores de formación. Resolver problemas técnicos. Alumnado con comportamentos disrruptivos Alumnado Non
Debilidade Dispositivos para o alumnado. Bibliotecas repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Organización de horarios e distribución de aulas. Falta de persoal para a cubrir as necesidades específicas de apoio educativo. Ratio mínimo para a oferta optatividade. Oferta Non
Debilidade Estratexia dixital. Participación das empresas na estratexia. Colaboracións. Necesidade de ampliación de persoal docente Organización de centro Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino dixital. Fenda dixital. Persoal docente Non
Debilidade Colaboracións. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Participación do club de ciencia Oferta Non
Fortaleza Programas de intercambio europeos, tanto para alumnado coma para profesorado. Oferta Non
Fortaleza Sinerxias para a aprendizaxe mixto Organización de centro Non
Fortaleza . Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Participación activa na organización do centro. Persoal non docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Persoal técnico. Excesiva carga de traballo e responsabilidades para o equipo directivo Excesiva carga horaria para o profesorado que mostra interese polo traballo. Administración educativa Non
Ameaza Loxística do transporte escolar Distancia entre o centro urbano e o centro escolar. Contorna Non
Ameaza Modificacións da lexislación educativa. Ratio do alumnado nas aulas. Escasa valoración da formación continua dos docentes. Burocracia Necesidade de competencias dixitais mínimas no desenvolvemento da carreira docente Lexislación Non
Oportunidade Infraestructuras. Espacios físicos. Administración educativa Non
Oportunidade Participa e colabora na organización de actividades extraescolares ANPA Non
Oportunidade Fenda dixital: medidas para identificar dificultades. Fenda dixital: Apoio para abordar dificultades. Contorna Non
Oportunidade Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Participación en diferentes concursos (da universidade e outros organismos educativos) Organización de charlas de divulgación con concellos da contorna. Colaboración coa Garda Civil en charlas de Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Dotar ós talleres de instalación e mantemento de impresoras 3D
02PD Fomentar a formación do profesorado para acadar as competencias dixitais e as destrezas necesarias para a integración das TIC no centro e na aula.
03PD Manter e actualizar a páxina web e as redes socias do centro como medio difusor de información que sexa relevante para o centro. Crear unha imaxe positiva do uso das ferramentas dixitais para o aprendizaxe.
04PD Actualizar e manter os dispositivos dixitais do centro.
05PD Manter as colaboracións con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
06PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado así como actualizar e organizar os cursos existentes na Aula Virtual.
07PD Implementar a realidade aumentada nos talleres, laboratorios e distintos espacios do instituto.

Seguimento

Procedemento

O procedemento para seguir o desenvolvemento do plan e a consecución do obxectivos, realizarase seguindo:

  • Unha avaliación continua: na que unha vez ao trimestre farase unha valoración do estado de execución das accións e unha análise dos resultados acadados ata o momento, de ser o caso, realizar as posibles modificacións das accions e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final: unha vez ao ano, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

En xeral, a consecución dos obxectivos do Plan Dixital no primeiro trimestre se pode considerar bastante positiva.

A principios de curso, creáronse usuarios para todo o alumnado puidera acceder á aula virtual moodle; creáronse aulas virtuais para cada materia e puxéronse en marcha (matriculando ó alumnado e subindo actividades e materiais didácticos). A maiores, aínda que non está recollido no plan dixital, tamén se creou usuarios para todo o profesorado e alumnado pertencente ó IES na plataforma iesdefene.gal, para que dispuxeran dunha conta que permitira a comunicación interna.

Dende o departamento de Instalación e Mantemento, analizouse a necesidade de adquirir impresoras 3D nos diferentes espacios e se realizou a compra de dúas impresoras (mercada co orzamento propio do departamento).

Tamén se adquiríu unha impresora 3D para os talleres de Tecnoloxía.

As redes sociais do IES están actualizándose de forma continuada (a páxina web do centro, contas en Facebook e Instagram, etc).

A maiores do proposto no Plan Dixital, solicitouse participar no programa Navega con Rumbo dende o IES, para alumnado de 1 ESO e 1 FP Básica. O pasado día 5 de decembro, publicouse a resolución na que se admitíu a nosa solicitude.

E aínda que non figure tampouco no Plan Dixital, participamos dentro do programa de Polos Creativos, a través do cal tamén se vai impartir formación ó profesorado.

2º Trimestre

Neste trimestre avanzouse positivamente na consecución de obxectivos do Plan Dixital.

O emprego das aulas virtuais de Moodle está bastante extendido no centro. Tamén é xeralizado o emprego das contas do dominio iesdefene.gal. Asímesmo as redes sociais do centro se actualizan de xeito continuado.

Por outra banda, se continúa fomentando entre o profesorado a formación para adquisición de competencias dixitais.

As impresoras 3D mercadas xa están instaladas e comezando a empregarse.

En canto ó programa Navega con Rumbo, aínda non se puxeron en contacto connosco para organizar as charlas.

3º Trimestre

Realizáronse dúas charlas sobre Navegación Web responsable dentro do programa Navega con Rumbo, unha charla para o alumnado de 1 ESO e outra para o alumnado de 1 FP Básica.

Levouse a cabo formación para o profesorado sobre emprego de impresoras 3D dentro do programa Polos Creativos.

Durante este trimestre tamén se levou a cabo a acreditación de competencias dixitais do alumnado que remataba etapa formativa.

Ademais da renovación de equipos levada a cabo coa dotación do centro, a consellería enviou 15 ordenadores e unha pantalla de proxeción para completar a renovación de unha das aulas de informática.

Os obxectivos que quedaron sen cumprir son os de rematar de renovar o equipamento informático do centro e implementar a realidade aumentada en todos os espacios nos que se tiña previsto.

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para seguir o desenvolvemento do plan e a consecución do obxectivos, realizarase seguindo:

Unha avaliación continua: na que unha vez ao trimestre farase unha valoración do estado de execución das accións e unha análise dos resultados acadados ata o momento, de ser o caso, realizar as posibles modificacións das accions e as propostas de mellora.

Unha avaliación final: unha vez ao ano, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva. Aínda que non se acadaron todos os obxectivos, o grao de consecución dos mesmos foi elevado. Para iso a colaboración entre distintos departamentos e co equipo directivo foi fundamental.

Proposta de mellora

Como principal proposta de mellora se pensou nunha maior comunicación e colaboración entre o profesorado que constitúe o equipo TIC. Ademais é interesante incidir na formación do profesorado en materia de TICs e continuar coa renovación e ampliación do equipamento TIC do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será presentado e aprobado polo claustro así como polo Consello escolar. Unha vez aprobado estará a disposición da comunidade educativa na páxina web do centro para a súa consulta.