Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lesxislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no cursoacadémico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Datos básicos do centro

O IES Miraflores está situado na Avenida Miguel Hernández 4, 15173 Oleiros (A Coruña). O centro está formado por unha única edificación que alberga todos os espazos, de docencia e auxiliares, en dúas plantas. Dispón de 20 aulas de grupo e 5 aulas de desdobre, así como dous talleres de Tecnoloxía, un laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, un laboratorio de Física e Química, aulas específicas de Música, Educación Plástica Visual e Audiovisual, Informática e unha biblioteca. En el centro hay 51 docentes distribuídos en 17 Departamentos. Trátase dun centro liña 3 onde se imparten ESO e Bacharelato de Ciencias, de Humanidades e de Ciencias Sociais. Nos primeiros cursos da ESO temos 4 grupos de 1º ESO e 2º ESO con 114 e 106 alumnos/as respectivamente; nos demais cursos da ESO temos 3 grupos por nivel con 87 alumnos/as en 3º ESO e 75 en 4º ESO. En Bacharelato tamén hai 3 grupos por nivel con 160 alumnos/as en total. Así, o alumnado do IES Miraflores acada a cifra de 542 alumnos/as.

Proceso de elaboración

Ao longo de todo o curso o equipo de elaboración do Plan Dixital participou nun PFPP con título Elaboración do Plan Dixital do IES Miraflores. O equipo está formado por sete docentes. O proceso de elaboración do Plan Dixital consta de varias fases para a súa elaboración concretadas para o curso 2021-2022:

  • Fase I. Análise e diagnose.
  • Fase II. Deseño e elaboración do Plan Dixital.
  • Fase III. Elaboración e entrega.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Co obxectivo de detectar as necesidades do centro realizanse as enquisas SELFIE (decembro de 2021) e o test CDD (febreiro-marzo de 2022).

A partir dos resultados obtidos establécense os obxectivos do noso Plan Dixital onde tamén se inclúe una valoración subxectiva.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende o suficiente a codificar ou programar Alumnado Si
Debilidade O alumnado ten dificultades para resolver os problemas técnicos relacionados coas tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade A asistencia técnica é boa, pero non é inmediata habendo un retraso dunha semana mínimo. Infraestruturas Si
Debilidade Dispoñemos de sistemas internos de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade A infraestrutura dixital non é boa, temos dispositivos pero moitos deles obsoletos e o acceso a Internet non é bo nalgúnhas ocasións. Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos físicos son mellorables. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen repositorios en liña con contidos. Infraestruturas Si
Debilidade Debemos mellorar a estratexia dixital e a comunicación Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non emprega TD para que o alumnado faga comentarios Persoal docente Si
Debilidade Non avaliamos o suficiente os nosos progresos nin debatimos as vantaxes do ensino con tecnoloxías Persoal docente Si
Debilidade Non se facilita a colaboración do alumnado con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Non hai proxectos interdisciplinais Persoal docente Si
Debilidade Non hai debate inicial para abrir liñas de formación Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais (TD) para que o alumnado reflexione sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non valora o suficiente as capacidades dixitais que o alumnado desenrolou fora do centro educativo Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de forma segura en Internet Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse coas tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en Internet Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar se a información que encontra en Internet é fiable e precisa Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a dar crédito ó traballo de outras persoas que atopu en Internet Alumnado Si
Fortaleza O profesorado asegúrase de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para as diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza Temos suficientes dispositivos para o proceso de aprendizaxe e non permitimos que o alumnado traia os seus dispositivos. Infraestruturas Si
Fortaleza Hai plans de axuda aos profesores. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado NEE ten acceso ás tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Fortaleza Temos ferramentas para identificar ao alumnado en fenda dixital e dispositivos para levar para a casa. Infraestruturas Si
Fortaleza Colaboramos no apoio ao uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Apoiamos ao profesorado na exploración de novas modalidades dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Somos respectuosos cos dereitos de autor Organización de centro Si
Fortaleza Facilítase que o profesorado intercambie experiencias Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega recursos educativos abertos, fomenta a creatividade e realiza actividades que implican ao alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado adapta o método con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado TD para a documentación da aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado fai que o alumnado empregue TD para documentar a aprendizaxe do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos en liña e crea os seus propios, pero carecemos do tempo suficiente Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado e tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega datos dixitais sobre alumnos concretor para mellorar a súa aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Empregamos tecnoloxía dixital para colaborar Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega TD para avaliar as capacidades do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega TD para retroalimentar a avaliación do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado sasegúrase de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para as diferentes materias Persoal docente Si
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A infraestrutura dixital non é boa, temos dispositivos pero moitos deles obsoletos e acceso a Internet non é bo nalgúnhas ocasións. Administración educativa Si
Ameaza Temos pouco tempo para a exploración dixital Administración educativa Si
Oportunidade O profesorado ten acceso á posibilidade de Desenvolvemento Profesional Continuo Administración educativa Si
Oportunidade O profesorado busca recursos educativos en liña Outras Si
Oportunidade Empregamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tivemos unha reunión informativa xeral onde recibimos formación e indicacións para establecer a análise DAFO.

En sesións posteriores o equipo reuniuse para analizar os datos obtidos do SELFIE e do test CDDe elaborar a correspondente táboa DAFO do IES Miraflores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar a seguridade na protección de datos
O02PD Utilización da Aula Virtual (PROFESORADO)
O03PD Utilización da Aula Virtual (ALUMNADO)
O04PD Avaliación do noso progreso e debate sobre o uso da tecnoloxía no ensino

Seguimento

Procedemento

En cada sesión realizamos un seguimento correspondente onde se valora o progreso do Plan Dixital segundo os obxectivos, os indicadores e as accións establecidas no mesmo.

Neste curso tivemos dúas reunións por trimestre coa asesora ADIX Araceli Pintos López nas seguintes datas:

  • 1º trimestre
    • 14/10/2022
    • 09/12/2023
  • 2º trimestre
    • 03/02/2023
    • 24/03/2023
  • 3º trimestre
    • 12/05/2023
    • 23/06/2023
1º Trimestre

O seguimento das accións neste trimestre realízase segundo as seguintes valoracións.

  • AO1.1: Punto de acordo entre os compoñentes do equipo.
  • AO2.1: Número de aulas virtuais
  • AO3.1: Número de aulas virtuais
  • AO4.1: Porcentaxe do profesorado participante

 

2º Trimestre

O seguimento das accións neste trimestre realízase segundo as seguintes valoracións.

  • AO1.2: Enquisas elaboradas
  • AO2.2: Número de asistentes
  • AO3.2: Número de aulas virtuais
  • AO4.2: Porcentaxe do profesorado participante
3º Trimestre
  • AO1.3: Porcentaxe de profesorado informado
  • AO3.3: Porcentaxe de alumnado que utiliza a aula virtual
  • AO4.3: Porcentaxe do profesorado participante

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

  • No contexto da avaliacion inicial: coa fase de diagnose para a detección de necesidades resolto segundo as pautas establecidas pola Consellería de Educación, realización de enquisas SELFIE e o TestCDD, dirixido ao equipo directivo, ao profesorado e ao alumnado.
  • No contexto da avaliación procesual: as accións levadas a cabo seguiron o procedemento establecido pola Consellería co asesoramento e a formación do equipo ADIX 3 de A Coruña, que foi pautando todo o proceso de deseño do plan dixital. Cada trimestre foron facéndose as entregas das actuacións levadas a cabo polo noso centro ao equipo ADIX 3, tal como se reflicte no apartado 1.4 proceso de elaboración.
  • No contexto da avaliación final: coa realización do propio plan dixital no curso 2021-2022 e que será implementado e avaliado no curso 2022–2023. Na implementacion do plan permitieráse valorar a consecución do obxectivos e facer propostas de mellora.

Os criterios de consecución de obxectivos do plan a valorar no curso 2022-2023 son os seguintes:

  1. Formar o equipo de Plan Dixital.
  2. Actualización de equipos e inventario do material dixital de centro.
  3. Software libre (Sistema Operativo).
  4. Potenciar o uso da Aula Virtual.Actividades interdisciplinares STEAM nas aulas e adecuación das aulas de informática ás necesidades do traballo STEAM.

O cumprimento dos obxectivos do plan dixital validarase anualmente a partir da verificación dos indicadores correspondentes ás liñas de actuacións referidas a cada un dos obxectivos.

As actuacións serán consideradas como realizadas se responden aos indicadores sinalados en cada caso. Ese proceso de avaliación terá lugar ao remate do curso escolar, tendo en conta o nivel de progresión ou desenvolvemento para cada actuación no plano cronolóxico.

A valoración positiva das actuacións en cada obxectivo sinalará este como logrado. No último Consello Escolar e no último Claustro de cada curso renderanse contas da avaliación do Plan Dixital coas concrecións da Programación Xeral Anual, previamente á entrega á Inspección Educativa da Memoria Final Anual. A partir da avaliación obteranse unhas Propostas de Mellora que serán perfiladas e incluídas nas liñas de actuación para o curso seguinte.

Valoración xeral

Segundo os resultados das enquisas, acadáronse os seguintes obxectivos:

  • O02PD : Uitlización da aula virtual (Profesorado)
  • O03PD : Utilización da aula virtual (Alumnado)
  • O04PD : Avalación do noso progreso e debate sobre o uso na tecnoloxía no ensino

As enquisas realizadas tamén indican que non se acadou o obxectivo

  • O01PD : Acadar a seguridade na protección de datos
Proposta de mellora

O equipo do Plan Dixital propón achegar a información necesaria para acadar o obxectivo

  • O01PD : Acadar a seguridad en protección de datos.

Ademais, propón dous novos obxectivos para continuar o traballo realizado con respecto aos obxectivos

  • O02PD : Utilización da aula virtual (Profesorado)
  • O03PD : Utilización da aula virtual (Alumnado)

Estes dous novos obxectivos serán o seguinte paso lóxico para mellorar a calidade das aulas virtuais

  • Creación de recursos educativos dixitais para o seu uso na aula virtual
  • Creación e utilización de instrumentos de avaliación dixital na aula virtual

O equipo de Polos Creativos propón os seguintes obxectivos para o seguinte curso:

  • Crear espazos interdisciplinares de traballo colaborativo abertos á comunidade educativa para optimizar o uso dos recursos, atender a diversidade e desenvolver os distintos proxectos.
  • Dinamizar o labor do profesorado de distintas áreas para traballar de xeito colaborativo e cooperativo.
  • Organizar unha liña de traballo común no ámbito STEM para integrar as diferentes propostas do centro e aproveitar os recursos, as competencias do profesorado e o traballo realizado previamente.
  • Favorecer a difusión a través de diversas canles das actividades a realizar e realizadas durante o desenvolvemento dos proxectos para abrir o centro á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:

  • Comunicación ao órganos colexiados:
    • Claustro. Presentación, aportación de ideas e valoración.
    • Consello Escolar. Presentación, valoración e aprobación).
  • Web do centro. Publicidade no apartado de documentos.