Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contribución do PD ao proxecto educativo e ao plan anual

Tal e como se reflicte no noso Proxecto Funcional para o período 2021-2025, estímase que para o ano 2025 o 50% de todos os empregados necesitarán volver a formarse, a medida que se vaian incorporando novas tecnoloxías ao sector produtivo. A alfabetización dixital e competencias en innovacións van ser requisitos necesarios para poder adaptarse ás novas contornas produtivas.

O ritmo de transformación da sociedade actual incrementouse de tal forma, que máis da metade dos cambios máis significativos dos últimos 30 anos producíronse nesta última década.

Por último, toda esta contorna propicia a aparición de megatencias tanto no eido tecnolóxico como a nivel social, sendo dúas as máis presentes actualmente:

  • Metaverso: fai referencia ás contornas virtuais, onde cada vez o usuario inverte máis tempo. Aquí entraría dende a realidade virtual á aumentada, ata as redes sociais como o Facebook, onde interactuamos a través dun avatar virtual. Outro exemplo do ámbito do metaverso e o emprego cada vez maior de videoconferencias nas relacións empresariais, sociais ou educativas.
  • We Q culture: é unha tendencia social que ten relación coa capacidade de “desaprender” individualmente para “aprender” colectivamente. No contexto actual esta capacidade é case máis importante que a propia de aprender. Por outro lado, a cantidade de información e o ritmo dos cambios a que está sometida a sociedade é tal, que non seria posible abarcala se non se asume o proceso de forma colectiva. Polo tanto, o foco ponse na necesidade de pasar dunha sociedade orientada ao “eu” a unha colectiva baseada no “nós” como forma de sobrevivir neste novo contexto.

Como consecuencia de todo o exposto anteriormente, consideramos que o plan dixital pode contribuír a acadar os obxectivos propostos no noso Proxecto Funcional para o período 2021-2025, e que poden consultarse no documento que se xunta como ANEXO I.

Breve xustificación do mesmo

O plan dixital do centro encadrase na seguinte normativa

  • Lei Orgánica 3/2020 de 29 decembro, pola que modifica a lei orgánica 2/2006, de 3 de maio de educación

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Lei 3/2022, de 2022 de 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do plan dixital lévase a cabo tal partindo da memoria anual do centro, da Coordinación Tics e da Coordinación de Innovación e Formación, así como as necesidades formativas trasladadas por esta última.

O EDPD está formado por:

  • Coordinadora: Marta Amado Díaz

  • Outros membros: Patricia Farto Ramos, Amparo Fernández Fernández, María Bouzas Reguera e Begoña Castro Rodríguez.

Nas reunións traballábase sobre a base dos obxectivos do Plan Funcional relacionados coa dixitalización, así coma con outras instrucións e indicacións que nos traslade o asesor ADIX. En base a isto debátense as accións a levar e realizáse unha distribución tarefas, que despois serán revisadas por todo o equipo facendo unha valoración conxunta que permita chegar a acordos definitivos de xeito colexiado.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información para realizar o plan dixital foron o propio plan funcional do centro 2021-25 e o documento MD61S01 de Riscos e Oportunidades, Necesidades e Expectativas e Análise do contexto, sí como as propostas de mellora recollidas na Memoria Anual da Área de Calidade e tamén na memoria da Coordinación Tics. 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade R6. Problemas de coordinación e xestión dos equipamentos informáticos e dixitais Organización de centro Non
Debilidade D3. As ferramentas TICs empregadas non sempre son as corporativas. Persoal docente Non
Debilidade D2. Falta de tempo para mellorar os métodos de ensino. Persoal docente Si
Debilidade D1. Competencia dixital docente moi dispar Persoal docente Si
Fortaleza F4. Alumnado pode traer os seus propios dispositivos Alumnado Si
Fortaleza F3. Existen dispositivos para o uso do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza F2. Nova aula informática e novos equipos Infraestruturas Si
Fortaleza F1. Instalación de novos puntos de conexión wifi Infraestruturas Si
Fortaleza F7. Aula virtual como ferramenta de planificación e xestión Organización de centro Si
Fortaleza F5. Profesorado receptivo na mellora das competencias dixitais e de xestión de centro Persoal docente Si
Fortaleza F6. Programas de mentoría específicos para Tics e Calidade Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A1.Complexidade na lexislación sobre as licenzas de uso e os dereitos de autor, así como as de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza R09. Inseguridade ante os cambios derivados d nova lei de FP Lexislación Si
Oportunidade OP1. Facilita infraestrutura e equipamento para o emprego de TICs. Administración educativa Si
Oportunidade 012. Oferta de formacións específicas en dixitalización Administración educativa Si
Oportunidade OP3. Incremento do uso das Tics na relación con outras organizacións Contorna Si
Oportunidade OP4. As empresas valoran a competencia dixital positivamente Contorna Si
Oportunidade OP2. Existencia dunha lexislación sobre protección de datos e sobre licenzas de uso e dereitos de autor. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Baseándonos nestas apreciacións os ítems con capacidade de mellora (ameaza ou oportunidade, segundo o caso) serían:

  • Apoio á formación continua do profesorado en dixitalización, realizando accións que permitan avanzar ao docente a curto prazo sen supor unha carga de tempo. 
  • Creación de recursos dixitais e ferramentas de xestión a través de medios dixitais.
  • Posta en valor dos medios dixitais para a difusión da FP e das actividades do centro.
  • Continuar coa mellora das infrastruturas e equipamentos que axuden á mellora da competencia dixital da comunidade educativa.

Deste xeito, a formulación dos obxectivos encamiñaranse a materializar os aspectos de mellora propostos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar as infraestruturas e dotacións de materiais e recursos dixitais do centro (C1, C2, C3, C5, D4)
O02PD Apoiar formación continua da comunidade educativa para a mellora da súa competencia dixital (A2, A4, B1, C12OP, D1, D2, D3, H1, H3, H6)
O03PD Colaborar coa coordinación de formación para deseñar formacións específicas para o emprego de medios dixitais (A4, B4, D4, G1)
O04PD Crear recursos e ferramentas tanto didácticas como de xestión a través de medios dixitais (A4, B6, C1, C2, C5, C16OP, E2, E3, E4, E5OP H8, H10 OP)
O05PD Poñer en valor dos medios dixitais para a difusión da FP e das actividades do centro (A2, B5, C13OP, E4, F3, F6, F8 OP, H7)

Seguimento

Procedemento

A revisión e seguimento levarase a cabo polo equipo de dinamización do plan dixital de xeito trimestral. 

1º Trimestre

Completáronse accións en todos os obxectivos previstos, superando nalgúns casos xa o valor de consecución proposto. Sen embargo, o obxectivo continua pendente en canto algunhas das accións están previstas para desenvolver durante todo o curso (por exemplo, no caso da difusión e publicacións en medios dixitais).

2º Trimestre

Completáronse accións en todos os obxectivos previstos conforme as datas propostas, superando nalgúns casos xa o valor de consecución proposto.

Sen embargo, coa excepción do obxectivo 3, o resto deles continua pendente en canto algunhas das accións están previstas para desenvolver ao longo de todo o curso (por exemplo, no caso da difusión e publicacións en medios dixitais ou o programa de mentoría dixital).

Por outra banda, procedeuse á compra de material audiovidual para a creación dun estudo de gravación similar ao que recolle o programa Polos Creativos (obxectivo pendente do plan dixital do curso 2022-23)

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Mensualmente, a coordinación tics recollerá nun informe información recadada a través da mentoría dixital e trasladarallo á coordinadora do Plan. O cumprimento dos obxectivos propostos e accións  desenvolver valorarase de forma trimestral, a través da información proporcionada pola coordinación tics, a coordinación de formación, así como outra que poida dispor a Xefatura da Área de Calidade.

Valoración xeral

A valoración xeral do Plan é moi positiva, en canto se acadaron todos os obxectivos propostos, se ben nalgún deles nos se completaron todas as accións propostas. Isto foi así naquelas actividades que non dependían directamente de nós, como no caso do rexistro dixital mediante pegada ao recibirse instrucións, unha vez iniciado o curso, por parte da Consellería de non empregar este sistema.

Tamén unha das accións estaba condicionada á colaboración doutro centro e que finalmente, por cuestións de calendario deste, non foi posible realizar durante o curso escolar.

Proposta de mellora

A nosa aula virtual está a funcionar coma unha especie de intranet, o que a converteu nunha potente ferramenta para mellorar  a xestión e  procedementos do centro. Igualmente, preténdese que funcione como unha ventá única, dende a que acceder a calquera outro aplicativo corporativo, facililtando así que o profesorado teña que andar entrando e saindo en cada unha das plataformas.  Sen embargo, cómpre evitar duplicidades que non dependen de nós (que haxa que subir documentos a varios sitios, como no caso da plataforma Educalidade).

Por outra banda, dado a dimensión que adquiriu a nosa aula virtual, faise necesario o elaborar unha pequena guía da mesma, para que o profesorado saiba que vai atopar en cada un dos espazos creados.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital darase a coñecer entre a comunidade educativa por diversas vías:

  • Presencialmente: a través das reunións do claustro e de áreas e departamentos

  • Dixitalmente: estará exposto na aula virtual e na páxina web

Ademais, o equipo de dinamización informará puntualmente ao claustro das accións que se vaian realizando.