Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IESP A Cachada dispón únicamente da ESO como etapa educativa, onde estudan un total de 389 alumnos e alumnas. O claustro está formado (curso 2023/24) por 39+1/4 docentes.

É un centro da costa galega, Ría de Arousa, situado na Avenida Municipalidade de Avellaneda s/n, no concello de Boiro. O noso municipio ten 18976 habitantes (según INE 2022) distribuídos na súa maioría en tres zonas urbanas: Escarabote, Cabo de Cruz e Boiro. O sector servizos, polo carácter turístico do concello, é o sector primario, grazas á pesca (máis concretamente ó mexillón), son os eixos económicos do municipio. Cabe destacar unha alta taxa laboral feminina, relacionada estreitamente coa industria conserveira, tanto do mexillón como do atún. 

En liñas xerais podemos dicir que a situación socio-económica da contorna ocupa un lugar privilexiado dende o punto de vista do emprego e o desenvolvemento, se a comparamos con outras comarcas de Galicia, fundamentalmente coas do interior. Porén, os horarios do mercado laboral local inciden na atención que as familias poden ofrecerlles ós/ás fillos/as, xa que é moi difícil conciliar vida laboral e familiar. Non en poucos casos, o alumnado non ten que o atenda polas tardes nas súas casas, ou, no mellor dos casos, ten a familiares maiores. Por este motivo, é liña de acción prioritaria no noso PEC establecer mecanismos compensatorios para o bo desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe (libros de lectura obligatoria, acceso ás novas tecnoloxías,  etc).

Dende o punto de vista do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (a partir de agora TIC), hai familias que proporcionan ós seus fillos ferramentas dixitais potentes (nalgúns casos acentúan voluntariamente as diferenzas sociais e inculcan no alumnado hábitos extraescolares moi específicos) e noutras casos nen sequera hai acceso a internet. O centro debe estar capacitado para suplir estas carencias facilitando espacios ó alumnado ou, no seu defecto, informar dos centros sociais que ofrece o Concello para que este alumnado poida realizar traballos que necesiten o emprego das TIC, e minimizar así unha posible fenda dixital do alumnado.

Co ánimo de profundizar nos aspectos anteriores, desde o noso instituto levamos anos desenvolvendo proxectos orientados á renovación pedagóxica e á integración de contidos baixo unha perspectiva STE(A)M. Deste enfoque dan conta os recoñecementos que levamos nas áreas de innovación lingüística (premios Proxecta e Innovación), científico-técnica (premios en Robótica, canguros e olimpíadas matemáticas), artística (premios audiovisuais) e a nosa participación en proxectos comunitarios (festival de cine Olloboi, colaboración anual co Centro de Día). No curso 2018/19 entramos a formar parte dun Erasmus KA101 coordinado polo CAFI ("Profesorado competente desde a perspectiva STEM"), un proxecto de job shadowing no que observamos prácticas innovadoras en aulas de Italia, Bruxelas, Finlandia e Irlanda. De resultas deste traballo obtivemos un selo de calidade na European Schoolnet. Un curso despois coordinamos un Erasmus KA102 baseado no activismo climático desde a investigación e comunicación científica (Green new school). 

A última reforma educativa veu dar un marco de referencia ó que era unha demanda pedagóxica: a actualización da competencia dixital de alumnado e profesorado. Na Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, defínese a mesma como “a competencia que implica un emprego seguro, saudable, sostible, crítico e responsable das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, para o traballo e para a participación na sociedade”. Con este Real Decreto de currículum, introdúcense novas materias na ESO relacionadas coa competencia dixital como son a Tecnoloxía e Dixitalización en 1º e 2º da ESO, Educación Dixital en 3º e Dixitalización 4º da ESO.

Esta lei tamén establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entroutros aspectos, a estratexia dixital do centro (art. 121 LO 2/2006) e que administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino-aprendizaxe (art. 111 bis; LO 2/2006).

  • No curso 2021/22 comezou a elaborarse un Plan Dixital no noso centro baixo a dirección de Antón Fernández de Sanmamed Ayaso, coordinador, coa colaboración das profesoras Ana Fernández Moreiras e Ivana Tubío Barbazán e do Equipo Directivo.
  • No curso 2022/23 dan continuidade ó proxecto Ana Fernández Moreiras (coordinadora), Iria Brandariz Romero e Luisa Rodríguez Queiruga.
  • No curso 2023/2024 dan continuidade ó proxecto Guadalupe Gómez Noya ( coordinadora) e Luisa Rodríguez Queiruga, do Equipo Direcivo. Para a acualización do Plan Dixital do Cenro, estivemos asesoradas pola persoa Adix/mentora de referencia  en canto a dúbidas e incidencias no desenvolvemento e elaboración das diferentes fases do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do informe SELFIE e o test de CDD e coas cualidades intrínsecas e extrínsecas do centro, xerouse un DAFO que permitiu coñecer a realidade do centro no eixo dixital e facilitou a elaboración  das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Posto que este curso non está previsto empregar as ferramentas SELFIE e o test de CDD, o DAFO deste curso, toma como refencia o do curso pasado, coas modificacións oportunas, que faciliten a elaboración das liñas fudamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

A puntuación media do TEST CDD foi de 73.7, 2.7 puntos por baixo da media galega (menos do 2% de diferencia). O nivel medio de competencia dixital docente é integrador (B1), como en Galicia. As 4 peores notas corresponden á área A: liderado; seguida da área B (colaboración e rede) e  a C (infraestrutura e equipos). Debatir sobre a formación, reflexionar sobre o uso da tecnoloxía dixital e avaliar os nosos progresos como profesorado deben ser obxectivos do Plan Dixital. 

As subcompetencias do TEST CDD van na mesma liña que o TEST SELFIE en canto a:

  • No centro existe unha boa comunicación organizativa interna.
  • O centro dispón dunha tecnoloxía e infraestrutura adecuada para un manexo dixital, ainda que pode mellorar nos espazos que se ofrecen.
  • O profesorado usa, crea e se forma con contidos dixitais, para un mellor ensino-aprendizaxe.

 

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Menos concentración Alumnado Si
Debilidade Demasiadas horas nas pantallas Alumnado Si
Debilidade Dificultades para facer actividades laboriosas Alumnado Non
Debilidade Pouco manexo de software libre e emprego da aula virtual. Alumnado Si
Debilidade 18% do alumnado non ten equipos axeitados para realizar tarefas dixitais nas casas Familias Non
Debilidade Quéixanse de que non hai plan B se os/as fillos/as non teñen móbil Familias Non
Debilidade Moitas non comparten uso de tecnoloxía na clase Familias Si
Debilidade A comezo de curso, aula de informática con poucos postos e non operativa. Infraestruturas Si
Debilidade Continuas desconexións (wifi Xunta) Infraestruturas Non
Debilidade Actualización do inventario informático. Infraestruturas Si
Debilidade Aulas específicas con dotación informática insuficiente para a ratio de 28 alumn@s/aula. Infraestruturas Si
Debilidade Existen equipos obsoletos, cableado de aula deficiente e con problemas de seguridade. Infraestruturas Si
Debilidade Aula virtual pouco intuitiva e atractiva. O alumnado traballaba mellor con Google Classroom, cuxa versión Suite garantizaba a confidencialidade de datos Oferta Si
Debilidade Carencia estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Coordinador TIC temporal Organización de centro Non
Debilidade Ten adquirido material dixital con recursos económicos propios. Organización de centro Si
Debilidade Nivel CDD por debaixo da media galega Persoal docente Si
Debilidade Pouca implicación do claustro no plan dixital Persoal docente Non
Debilidade Pouca capacidade de resolución de problemas técnicos e informáticos (incidencias de doada solución) Persoal docente Si
Fortaleza Pautas elaboradas na CCP sobre a entrega de traballos Alumnado Non
Fortaleza Nativos dixitais: 100% dispón de teléfono móbil Alumnado Non
Fortaleza Aceptación maioritaria da normativa de uso do dispositivo móbil Alumnado Non
Fortaleza Aulas co material apto para o ensino dixital Infraestruturas Si
Fortaleza Boa cobertura internet Infraestruturas Non
Fortaleza Polos Creativos: dotará ó centro de equipación especializada e innovadora en espazos definidos e formación para o seu uso. Infraestruturas Si
Fortaleza 82% dispón de equipamento para a realización de tarefas dixitais Oferta Non
Fortaleza Gran número de familias reciben comunicacións vía Abalar (notas, información de titorías) Oferta Si
Fortaleza Participación das familias Oferta Si
Fortaleza Espazo familias Oferta Si
Fortaleza EDL Organización de centro Non
Fortaleza Biblioteca Organización de centro Non
Fortaleza STARGAL Organización de centro Non
Fortaleza Plans Proxecta: Non só é lume II ( DL), Proxecto Terra ( sostibilidade e urbanismo ) , Rapazas emprendedoras nas TIC. Organización de centro Si
Fortaleza Contratos-Programa: EDUinnova, EDUexcelencia EDUsostibilidade. EDUsaúde, Inclúe: (Emocióna-T, Iguala-T e Convive-T), Clube de Ciencia ( 7ª Edición ), EduExchanges e iníciase o Grupo de Teatro. Organización de centro Non
Fortaleza 2 Líderes e 4 expert@s (CDD) Persoal docente Si
Fortaleza O claustro fórmase continuamente e busca recursos dixitais por internet Persoal docente Si
Fortaleza Claustro con boa comunicación TIC interna Persoal docente Non
Fortaleza Implicado Persoal non docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Plan Dixital exectuado de forma rápida e sen consenso educativo Administración educativa Non
Ameaza Imposición Moodle Administración educativa Non
Ameaza Desfase xeracional ANPA Non
Ameaza Casos graves de pouco control parental ANPA Non
Ameaza Cansancio dixital: debate TIC interminable Contorna Si
Ameaza Demasiadas canles de comunicación Contorna Non
Ameaza Perda de tempo na creación de recursos Contorna Non
Ameaza Alarma pola pedagoxía dixital Contorna Si
Ameaza Rendemento pedagóxico cuestionable nos recursos Contorna Non
Ameaza Exceso burocratización Lexislación Si
Oportunidade Financiamento a través de Proxectos Interdisciplinares ( Plans Proxecta ). Administración educativa Si
Oportunidade Diversas formacións para as familias e actividades varias ANPA Si
Oportunidade Infinidade de recursos e materiais dixitais Contorna Si
Oportunidade Posibilidade de crear contido facilmente (LUMI, IMS, SCORM¿) Contorna Non
Oportunidade TIL Barbanza Contorna Non
Oportunidade Aula Cemit do Centro Social Contorna Non
Oportunidade Biblioteca municipal con ordenadores para uso público Contorna Non
Oportunidade Concello Outras Non
Oportunidade PolicÍa (Plan director ou outras opcións) Outras Si
Oportunidade Outras organizacións para o control uso pantallas Outras Si
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Da infraestrutura dixital do centro hai bastantes queixas por parte do profesorado, nomeadamente en canto a conectividade, xestión de incidencias en detrimento de actualización e mantemento de equipos. Os equipos na sala de profesores a miúdo teñen problemas de conexión coa impresora xeral, e o profesorado quéixase da pouca velocidade nos mesmos. Algúns departamentos teñen os seus propios equipos e impresoras, o que complica moito a xestión de incidencias para unha coordinadora.
  • A dotación de equipos na aula de informática ampliouse este curso a 22 ordenadores de sobremesa, operativa no mes de outubro e con portátiles para cubrir case a totalidade de alumnado por grupos. Axilizouse poñela operativa, mais a distribución de equipos, conectividade e aproveitamento do espazo da aula é mellorable. Habilítase o rexistro de uso de equipos na aula, para garantir o coidado e bo manexo do equipamento informático por parte do alumnado, supervisado ademais polo profesor e profesora de materia.
  • Non existe proxecto E-Dixgal.  
  • Na Biblioteca había equipos moi antigos e foron eliminados. Na actualidade contan con 6 tablets de uso para alumnado e un portátil para acceso ó programa Meiga.
  • Nas aulas de Tecnoloxía mercáronse varios portátiles para o alumnado de Tecnoloxía e TIC. Están etiquetados e dispoñibles para unha aula móbil eventual. Tamén hai, nestas aulas, material audiovisual que foi adquirido ó longo dos últimos cursos grazas a diferentes Contrato Programa, premios e inclusión nos Espazos Maker. 
  • A Xestión do mantemento do equipamento do centro é un labor que ninguén quere desenvolver, o que propiciou que neste curso se lle asignase a un docente sen praza fixa, cunha redución de 3h, o cal dificulta unha atención adecuada ó mantemento e unha xestión eficaz das incidencias.
  • Non existe un inventario actualizado da infraestrutura do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a Competencia Dixital Docente (CDD )
O02PD Mellorar a Competencia Dixital do alumnado.
O03PD Concenciar o alumnado no correcto uso das tecnoloxías a través del@s mesm@s e das súas familias
O04PD Chegar ás familias vía dixital
O05PD Actualizar o inventario do equipamento informático.
O06PD Mellorar as infraestructuras dixitais e o equipamento do centro
O07PD Valorar a entrada no EDIXGAL (2025)

Seguimento

Procedemento

O seguimento deste Plan Dixital  do IES A Cachada será labor do equipo de dinamización dixital do curso 2023/24, a ser posible integrado nun PFPP e coordinado pola persoa encargada do Equipo TIC.

1º Trimestre
  • Revísase o Plan Dixital entregado o curso pasado, os seus obxectivos e seguimento.
  • Dado que este curso 2023/2024 hai dúas persoas no equipo TIC, acordamos que unha delas se encargue do PFPP e a outra do seguimento do Plan Dixital ( Guadalupe Gómez) e xestión de incidencias de equipos.
  • Proposta de mellora: Debido ó elevado número de incidencias no rexistro de equipos, proponse cambiar a distribución de equipos da aula de informática e suxección do cableado con bridas, para minimizar a desconexión do cableado por unha parte do alumnado e a falta de conectividade por fío nalgúns equipos, por este motivo.
  • No primeiro trimestre solicítase a participación do IES A Cachada na XII edición do programa educativo Navega con Rumbo, que ofrece actividades de difusión e formación do programa destinadas a fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías entre o alumnado da comunidade educativa. O programa dispón dunha web [https://navegaconrumbo.cpeig.gal], cunha serie de recursos e guías de boas prácticas en benestar e seguridade dixital. O 5 de decembro de 2023 faise pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Navega con Rumbo durante o curso 2023/24, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 16 de novembro de 2023 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa. 
2º Trimestre
  • Non todo o profesorado emprega o formulario web de Incidencias TIC para comunicar as incidencias de equipos. 
  • Redristribución de equipos da aula de informática: O 2 de febreiro remítese á Directora, orzamento e  planos da nova distribución, feita polo técnico informático da empresa de mantemento. A reorganización de equipos, lévase a cabo o 20 de Marzo e os gastos da reestructuración da aula de informática , factura el info do 27-03-2024 , ascende a 706,30 € co material e man de obra incluidos.
  • Acreditación da Competencia Dixital Docente do Alumnado: Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. 
    • O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º Bac poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.

    • O prazo de entrega de solicitudes para a acreditación voluntaria dentro do Marco galego de competencias dixitais rematou o 14 de marzo para realizar. A proba de certificación realizarase no centro no mes de Maio e durará 90 minutos. Estará composta de 60 preguntas (12 por competencia ó dividirse en 5 áreas).

    • ENLACE Á DEMO DA PROBA:  https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/3305/pregunta/1/popup

    • Estrutura do Marco galego de competencias dixitais: https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html

  • Coordinadora TIC: De baixa por Incapacidade Temporal do 22 de Febreiro ó 22 de Abril. O feito de que outra persoa non asuma as súas funcións, vai repercutir en non acadar algúns dos obxectivos propostos no Plan Dixital nos prazos previstos. Priorízase a xestión de incidencias e aprázase algún dos obxectivos como  O05PD Actualización do inventario do equipamento informático  ó vindeiro curso, o que non sería preciso de ser dúas personas en lugar de unha, as coordinadoras do Plan Dixital. 
3º Trimestre
  • Nova aula de informática: O IES recibe 15 equipos de sobremesa e o 16 de abril o equipo directivo informa que a aula de Usos Múltiples, albergará a nova aula de informática. A instalación e distribución de 16 equipos equipos aprázase ó mes de xullo, realízase o  4 de xullo e estaría operativa o vindeiro curso. Proposta de mellora: Copia e resume do decálogo de normas de uso das aulas de informática e visibilidade nas aulas. Ampliar a dotación de equipos para completar a aula de informática 2 con 20 postos ( Véxase  distribución de Informática 2 no Anexo ) co sistema operativo Abalinux e ferramenta de xestión e control de aula como EPOPTES, entre as súas funcionalidades permite:
    • Visualización, no equipo do docente, de todos os escritorios dos equipos do alumnado.
    • Poderanse realizar accións de maneira masiva ou para equipos puntuais, tales como:
      • Bloqueo de equipos, de detectar un mal uso, mostrando nas pantallas afectadas un cadeado o cal non permite o uso do equipo.
      • Envío de mensaxes aos alumnos/as.
      • Opcións de control de enerxía (apagar, reiniciar).
      • Visualización da actividade dun posto, así como tomar o control do mesmo.
    • Creación de grupos de traballo coa finalidade de ter unha contorna organizada
  • O07PD Valorar a entrada no E-DIXGAL : O prazo para presentar solicitude e  participar na selección de centros no proxecto de Educación Dixital ( E-Dixgal) durante o curso 2024/2025 foi do 17 de abril ata o 26 de abril. Por parte do equipo directivo fíxose unha sondaxe previa a través dos xefes e xefas de departamento e levouse ó claustro do 23 de abril, mais non se reuniron os apoios suficientes. Só dous departamentos estaban a favor de participar no proxecto E-Dixgal.
  • O martes 14 de maio ofrécese unha única charla da XII Edición do Programa Navega con Rumbo, a dous grupos de 2º da ESO; B e C respectivamente,  na Biblioteca de 16.20-17:10 de benestar e seguridade dixital.
  • Fomentouse a particpación do claustro no PFPP do curso 2023/2024: 10 docentes na liña dirixida a xefaturas de departamento, avaliación e 19 na liña de convivencia, dun total de 39 compoñen o claustro. A proposta para o vindeiro curso é ampliar a formación, polo menos nestas dúas liñas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na medida en que o plan se desenvolva ó abeiro dun PFPP de centro, realizarase unha avaliación do plan de acción durante a súa execución, para garantir a consecución dos obxectivos propostos.

Na avaliación,  terase en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

Na avaliación final, que se levará a CCP e Claustro e terá lugar ao remate do curso, valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

 

Valoración xeral

Nos últimos cursos, o/a docente responsable deste Plan foi cambiando. Este feito perxudica un pouco a visión global nos obxectivos.

Proposta de mellora

Primeiro trimestre: Debido ó elevado número de incidencias no rexistro de equipos, proponse cambiar a distribución de equipos da aula de informática e suxección do cableado con bridas, para minimizar a desconexión do cableado por unha parte do alumnado e a falta de conectividade por fío nalgúns equipos, por este motivo. Precísase empregar unha ferramenta ou software de control remoto das aulas de informática que permita funcionalidades como:

  • Visualización, no equipo do docente, de todos os escritorios dos equipos dos alumnos
  • Poderanse realizar accións de maneira masiva ou para equipos puntuais, tales como:
    • Bloqueo de equipos, mostrando nas pantallas afectadas un cadeado o cal non permite o uso do equipo
    • Envío de mensaxes aos alumnos
    • Opcións de control de enerxía (apagar, reiniciar)
    • Visualización da actividade dun alumno concreto, así como tomar o control do mesmo.
  • Creación de grupos de traballo coa finalidade de ter unha contorna organizada

 

Terceiro trimestre: Realizar copia e resume do decálogo de normas de uso das aulas de informática e darlle visibilidade na aula.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro deberá primeiramente ser aprobado polo claustro e polo Consello Escolar, dentro da Programación Xeral Anual de centro. A posteriori, para a difusión do Plan á toda a comunidade educativa, publicarase na páxina web do Centro.