Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IESP A Cachada dispón únicamente da ESO como etapa educativa, onde estudan un total de 398 alumnos e alumnas. O claustro está formado (curso 2022/23) por 39+1/4 docentes.

É un centro da costa galega, Ría de Arousa, situado na Avenida Municipalidade de Avellaneda s/n, no concello de Boiro. O noso municipio ten 18884 habitantes (según INE 2022) distribuídos na súa maioría en tres zonas urbanas: Escarabote, Cabo de Cruz e Boiro. O sector servizos, polo carácter turístico do concello, e o sector primario, grazas á pesca (máis concretamente ó mexillón), son os eixos económicos do municipio. Cabe destacar unha alta taxa laboral feminina, relacionada estreitamente coa industria conserveira, tanto do mexillón como do atún. 

En liñas xerais podemos dicir que a situación socio-económica da contorna ocupa un lugar privilexiado dende o punto de vista do emprego e o desenvolvemento, se a comparamos con outras comarcas de Galicia, fundamentalmente coas do interior. Porén, os horarios do mercado laboral local inciden na atención que as familias poden ofrecerlles ós/ás fillos/as, xa que é moi difícil conciliar vida laboral e familiar. Non en poucos casos, o alumnado non ten que o atenda polas tardes nas súas casas, ou, no mellor dos casos, ten a familiares maiores. Por este motivo, é liña de acción prioritaria no noso PEC establecer mecanismos compensatorios para o bo desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe (libros de lectura obligatoria, acceso ás novas tecnoloxías, etc).

Dende o punto de vista do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (a partir de agora TIC), hai familias que proporcionan ós seus fillos ferramentas dixitais potentes (nalgúns casos acentúan voluntariamente as diferenzas sociais e inculcan no alumnado hábitos extraescolares moi específicos) e noutras casos nen sequera hai acceso a internet. O centro debe estar capacitado para suplir estas carencias facilitando espacios ó alumnado ou, no seu defecto, informar dos centros sociais que ofrece o Concello para que este alumnado poida realizar traballos que necesiten o emprego das TIC, e minimizar así unha posible fenda dixital do alumnado.

Co ánimo de profundizar nos aspectos anteriores, desde o noso instituto levamos anos desenvolvendo proxectos proxectos orientados á renovación pedagóxica e á integración de contidos baixo unha perspectiva STE(A)M. Deste enfoque dan conta os recoñecementos que levamos nas áreas de innovación lingüística (premios Proxecta e Innovación), científico-técnica (premios en Robótica, canguros e olimpíadas matemáticas), artística (premios audiovisuais) e a nosa participación en proxectos comunitarios (festival de cine Olloboi, colaboración anual co Centro de Día). No curso 2018/19 entramos a formar parte dun Erasmus KA101 coordinado polo CAFI ("Profesorado competente desde a perspectiva STEM"), un proxecto de job shadowing no que observamos prácticas innovadoras en aulas de Italia, Bruxelas, Finlandia e Irlanda. De resultas deste traballo obtivemos un selo de calidade na European Schoolnet. Un curso despois coordinamos un Erasmus KA102 baseado no activismo climático desde a investigación e comunicación científica (Green new school). 

A última reforma educativa veu dar un marco de referencia ó que era unha demanda pedagóxica a berros: a actualización da competencia dixital de alumnado e profesorado. Na Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, defínese a mesma como “a competencia que implica un emprego seguro, saudable, sostible, crítico e responsable das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, para o traballo e para a participación na sociedade”. Con este Real Decreto de currículum, introdúcense novas materias na ESO relacionadas coa competencia dixital como son a Tecnoloxía e Dixitalización en 1º e 2º da ESO, e educación dixital en 3º e 4º da ESO.

Esta lei tamén establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entroutros aspectos, a estratexia dixital do centro (art. 121 LO 2/2006) e que administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino-aprendizaxe (art. 111 bis; LO 2/2006).

No curso 2021/22 comezou a elaborarse un Plan Dixital no noso centro baixo a dirección de Antón Fernández de Sanmamed Ayaso, coordinador, coa colaboración das profesoras Ana Fernández Moreiras e Ivana Tubío Barbazán e do Equipo Directivo. No curso 2022/23 dan continuidade ó proxecto Ana Fernández Moreiras (coordinadora), Iria Brandariz Romero e Luisa Rodríguez Queiruga.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O TEST SELFIE é a ferramenta primordial para coñecer a discrepancia de tres compoñentes principais da comunidade educativa: Dirección, Claustro e Alumnado do centro. Así dispoñemos dos diferentes puntos de vista destes 3 entes en relación coas diferentes áreas e aspectos que se poden ter en conta á hora de facer unha correcta estratexia dixital de centro. Participou o 67% do Equipo Directivo, o 69% do profesorado e o 60% do alumnado.

Comparándonos coas puntuacións medias do resto dos IES galegos, destacamos tanto en apoio e recursos como na implementación na aula, ámbalas dúas referentes á pedagoxía. Tamén destacamos un chisco nas prácticas de avaliación. Aínda que pode ser que o alumnado non teña a mesma percepción.

En todo o demais estamos por debaixo, nomeadamente en liderado. Un dos obxectivos deste Plan Dixital vai ser, polo tanto, mellorar o liderado na estratexia dixital.

As 4 peores notas corresponden á área A: liderado; seguida da área B (colaboración e rede) e  a C (infraestrutura e equipos). Debatir sobre a formación, reflexionar sobre o uso da tecnoloxía dixital e avaliar os nosos progresos como profesorado deben ser obxectivos do Plan Dixital. 

Aínda que ó profesorado lle custa avaliarse e non debate e reflexiona todo o que lle gustaría por falta de tempo, si que busca recursos dixitais en liña para mellorar o ensino-aprendizaxe. De acordo coas puntuacións da área E, o profesorado está empregando eses recursos. Atendendo ó terceiro ítem mellor valorado, están ben valorados os equipos dixitais en cada aula e o claustro utiliza tecnoloxía para a comunicación (segundo ítem mellor valorado).


O TEST CDD é unha ferramenta para que o Claustro reflexione sobre uso e desenvolvemento das TIC nas súas prácticas docentes. O feito de ter unha mala nota nalgún ítem non implica nin boas nin malas prácticas docentes. A realización do TEST pode ser un observable do nivel de implicación do Claustro para unha posible mellora nas súas prácticas.

En termos xerais a participación é mellorarable, pero pode dicirse que a implicación do persoal definitivo é adecuada e responsable co centro; non así a do persoal provisional nin o interino, que obtivo unha participación moi inferior (case a metade). A realización do TEST CDD considerámola como un inicio para a mellora da competencia dixital do profesorado, ben por comparación cos demais ou ben pola nota que reflexan as súas prácticas. A puntuación media do test é de 73.7, 2.7 puntos por baixo da media galega (menos do 2% de diferencia). O nivel de competencia medio é integrador (B1), como en Galicia.

As subcompetencias do TEST CDD van na mesma liña que o TEST SELFIE en canto a:

  • No centro existe unha boa comunicación organizativa interna.
  • O centro dispón dunha tecnoloxía e infraestrutura adecuada para un manexo dixital, ainda que pode mellorar nos espazos que se ofrecen.
  • O profesorado usa, crea e se forma con contidos dixitais, para un mellor ensino-aprendizaxe.

 

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Menos concentración Alumnado Non
Debilidade Demasiadas horas nas pantallas Alumnado Non
Debilidade Dificultades para facer actividades laboriosas Alumnado Non
Debilidade 18% do alumnado non ten equipos axeitados para realizar tarefas dixitais nas casas Familias Non
Debilidade Quéixanse de que non hai plan B se os/as fillos/as non teñen móbil Familias Non
Debilidade Moitas non comparten uso de tecnoloxía na clase Familias Non
Debilidade Aula informática con poucos postos e non operativos durante dous cursos Infraestruturas Non
Debilidade Continuas desconexións (wifi Xunta) Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de inventario informático Infraestruturas Non
Debilidade Aula virtual pouco intuitiva e atractiva. O alumnado traballaba mellor con Google Classroom, cuxa versión Suite garantizaba a confidencialidade de datos Oferta Non
Debilidade Carencia estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Coordinador TIC temporal Organización de centro Non
Debilidade Test CDD por debaixo da media galega Persoal docente Non
Debilidade Pouca implicación do claustro no plan dixital Persoal docente Non
Debilidade Pouca capacidade de resolución de problemas técnicos e informáticos (incidencias de doada solución) Persoal docente Non
Fortaleza Pautas elaboradas na CCP sobre a entrega de traballos Alumnado Non
Fortaleza Nativos dixitais: 100% dispón de teléfono móbil Alumnado Non
Fortaleza Aceptación maioritaria da normativa de uso do dispositivo móbil Alumnado Non
Fortaleza Aulas co material apto para o ensino dixital Infraestruturas Non
Fortaleza Boa cobertura internet Infraestruturas Non
Fortaleza 82% dispón de equipamento para a realización de tarefas dixitais Oferta Non
Fortaleza Gran número de familias reciben comunicacións vía Abalar (notas, información de titorías¿) Oferta Non
Fortaleza Participación das familias Oferta Non
Fortaleza Espazo familias Oferta Non
Fortaleza EDL Organización de centro Non
Fortaleza Biblioteca Organización de centro Non
Fortaleza STARGAL Organización de centro Non
Fortaleza 2 Líderes e 4 expert@s (CDD) Persoal docente Non
Fortaleza O claustro fórmase continuamente e busca recursos dixitais por internet Persoal docente Non
Fortaleza Claustro con boa comunicación TIC interna Persoal docente Non
Fortaleza Implicado Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Plan Dixital exectuado de forma rápida e sen consenso educativo Administración educativa Non
Ameaza Imposición Moodle Administración educativa Non
Ameaza Desfase xeracional ANPA Non
Ameaza Casos graves de pouco control parental ANPA Non
Ameaza Cansancio dixital: debate TIC interminable Contorna Non
Ameaza Demasiadas canles de comunicación Contorna Non
Ameaza Perda de tempo na creación de recursos Contorna Non
Ameaza Alarma pola pedagoxía dixital Contorna Non
Ameaza Rendemento pedagóxico cuestionable nos recursos Contorna Non
Ameaza Exceso burocratización Lexislación Non
Oportunidade Diversas formacións para as familias e actividades varias ANPA Non
Oportunidade Infinidade de recursos e materiais dixitais Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de crear contido facilmente (LUMI, IMS, SCORM¿) Contorna Non
Oportunidade TIL Barbanza Contorna Non
Oportunidade Aula Cemit do Centro Social Contorna Non
Oportunidade Biblioteca municipal con ordenadores para uso público Contorna Non
Oportunidade Concello Outras Non
Oportunidade PolicÍa (Plan director ou outras opcións) Outras Non
Oportunidade Outros organizacións para control uso pantallas Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Da infraestrutura dixital do centro hai bastantes queixas por parte do profesorado, nomeadamente en canto a conectividade. Os equipos na sala de profesores a miúdo teñen problemas de conexión coa impresora xeral, e o profesorado quéixase de pouca velocidade nos mesmos. Algúns departamentos teñen os seus propios equipos e impresoras, o que complica moito a xestión de incidencias para un coordinador.
  • Había no centro dúas aulas de informática, pero unha fora convertida en aula ordinaria e na outra os equipos, bastante antigos, a duras penas eran compatibles cos requisitos dos departamentos que querían levar alí ó seu alumnado. Non existe proxecto E-Dixgal.  
  • Na Biblioteca había equipos moi antigos e foron eliminados. Na actualidade contan con 6 tablets de uso para alumnado e un portátil para acceso ó programa Meiga.
  • Nas aulas de Tecnoloxía mercáronse varios portátiles para o alumnado de Tecnoloxía e TIC. Están etiquetados e dispoñibles para unha aula móbil eventual. Tamén hai, nestas aulas, material audiovisual que foi adquirido ó longo dos últimos cursos grazas a diferentes Contrato Programa, premios e inclusión nos Espazos Maker. 
  • A Xestión do mantemento do equipamento do centro é un labor que ninguén quere desenvolver, o que propiciou que no curso de elaboración do Plan Dixital se lle asignase a un docente sen praza fixa. Ten unha titoría e unha redución de 2h, o cal dificulta unha atención adecuada ó mantemento.
  • Con motivo da COVID creáronse e penduráronse diferentes protocolos TIC na aula virtual.
  • Non existe un inventario actualizado da infraestrutura do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Acadar mellor puntuación no test CDD
Valorar a entrada no EDIXGAL (2025)
Obter máis participación no test CDD
Concenciar o alumnado no correcto uso das tecnoloxías a través del@s mesm@s e das súas familias
Aumentar a competencia TIC do alumnado
Chegar ás familias vía dixital

Seguimento

Procedemento

O seguimento deste Plan Dixital 1.0 do IES A Cachada será labor do equipo de dinamización dixital do curso 2022/23, a ser posible integrado nun PFPP e coordinado pola persoa encargada do Equipo TIC.

1º Trimestre
  • Revísase o Plan Dixital entregado o curso pasado, os seus obxectivos e plan de seguimento.
  • Dado que no curso 2022/23 hai 2 persoas no Equipo TIC no noso instituto, acordamos que unha delas se encargue do PFPP (Iria Brandariz) e a outra do seguimento do Plan Dixital (Ana Moreiras).
2º Trimestre
  • Trasládase o Plan Dixital a esta aplicación.
  • Revísanse os obxectivos e as correspondentes accións.
  • Acordamos non repetir o SELFIE e, no seu lugar, realizar unha enquisa de avaliación interna da competencia dixital e PLE colectivo do profesorado. Neste link da nosa web, lapela Espazo Dixital, atópase o test e a análise de resultados.
  • Faise a análise de implantación de EDIXGAL e a posterior exposición e consulta ó Claustro (8 marzo). O resultado da consulta é NON.
3º Trimestre
  • Finalización e avaliación do PFPP. Participaron 13 de 41 docentes.
  • Revisión dos equipamentos informáticos e deseño dunha nova aula de Informática.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na medida en que o plan se desenvolva ó abeiro dun PFPP de centro, realizarase unha avaliación inicial, intermedia e final (prescritivo). 

Tendo en conta os obxectivos sinalados nas páxinas anteriores, elaborarase unha rúbrica que inclúa os valores de comezo (ex. Test CDD) e se estipulen os de saída. Esa rúbrica crearase a partir da avaliación inicial.

En cada avaliación, e partindo do indicado nos obxectivos, terase en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Na avaliación final, que se levará a CCP e Claustro e terá lugar en maio-xuño, valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Tivemos varias dificultades e inconvenientes para realizar o Plan Dixital 1.0 para o curso 2022/23. A máis reseñable seguramente foi a desorganización da administración en canto a temporalización das tarefas previas ao Plan Dixital (TEST Selfie, TEST CDD, DAFO…) Entendemos que o feito de ser algo novo conleva factores imprevisibles, pero cremos que o asesoramento por parte da administración pode, e debe, mellorar considerablemente.

É moi importante unha boa coordinación entre o Equipo Directivo e a persoa coordinadora deste plan, así como das persoas responsables doutros plans de innovación como os PFPP de centro. Sería desexable establecer unha reunión de coordinación semanal.

É fundamental que a persoa coordinadora non teña, na medida do posible, funcións titoriais nin outros cargos. O óptimo sería formar un equipo reducido de 2 persoas que levasen a Estratexia Dixital e o Mantemento TIC, e que ambas tivesen redución de carga horaria.

Outras áreas que non tivemos tempo de reflexionar e decidir son:

  • Infraestrutura xeral do centro, estado dos equipos e conectividade.
  • Coordinación das publicacións en redes.
  • Moodle: reflexionar sobre o uso desta plataforma cando xa non sexa obligatoria por motivos sanitarios. No centro estaba traballándose con Google Classroom en versión Suite profesional e tanto alumnado como profesorado a prefiren. Existe xurisprudencia que autoriza o seu uso nos centros públicos (IES Silleda).
  • Páxina web do centro: urxe unha actualización de moitas das lapelas e seccións.
  • Biblioteca: Cooperar co equipo de dinamización da biblioteca para darlle outros posibles usos a un espazo tan importante para o noso centro.
  • Espazos: ofrecer ó alumnado lugares onde poidan realizar tarefas TIC no tempo de lecer.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro deberá primeiramente ser aprobado polo claustro e polo Consello Escolar, para a posteriori publicarse na páxina web do centro na sección de documentación. Tamén se enviará á ANPA e a principio do curso 2022/23 e darase a coñecer entre o novo alumnado e as súas familias.