Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Infraestrutura dixital: O centro dispón da seguinte infraestrutura dixital:
- Infraestrutura de datos (conectividade a Internet e telefonía).
- Conexión cableada de rede.
- Conexión sen fíos.

Equipamento dispoñible por categorías:
Un dos obxectivos propostos neste Plan Dixital é realizar un inventario completo, actualizado e detallado do equipamento dixital do centro, que se realizará no curso 2022-2023. Así e todo, neste apartado faise un resumo xeral da situación actual do centro:
- Aulas dixitalizadas:
Case todas as aulas do centro teñen ordenador, proxector e equipo de son, e case a metade teñen encerado dixital. Todo este equipamento leva instalado moitos anos, así que están a producirse moitas incidencias. O cableado está moi mal organizado: cables á vista enredados uns cos outros, metros de cable sobrante, etc.
- Proxecto Abalar:
Hai catro aulas Abalar, con cadanseus 30 portátiles. Dispoñen de carriño cargador, proxector e ordenador para o profesorado, pero o seu estado é moi precario: a metade dos portátiles están avariados, e os que funcionan non se poden cargar facilmente porque as baterías están viciadas. Un dos carriños está avariado e non se pode arranxar porque non hai repostos. Os ordenadores operativos son de gama baixa de hai máis de 10 anos, polo que se pode dicir que son inservibles. Os proxectores teñen moi pouco brillo e nitidez.
- Equipos de xestión e administración:
Entre administración e despachos de Dirección, hai 7 equipos funcionais, aínda que 2 deles comezan a estar anticuados, e dado que son equipos dun uso intensivo, conviría actualizalos.
- Uso na biblioteca:
A biblioteca conta con 2 ordenadores de sobremesa para o traballo de xestión, e con 8 ordenadores para uso do alumnado. Moitos destes equipos están moi deteriorados, e tardan moito tempo en arrancar. A conexión a Internet é provisional, e estamos á espera da instalación do cableado (xa foi solicitada).
- Equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos:
No centro hai dúas salas de profesores. Unha delas conta con 4 equipos e outra con 3 equipos, dous deles novos e un obsoleto.
Todos os departamentos dispoñen de polo menos un ordenador compartido, e algúns dispoñen tamén de impresora. Aproximadamente a metade destes equipos son moi vellos.
- Aulas de informática e dotacións para proxectos específicos:
No centro dispoñemos de catro aulas de informática, pero na actualidade só unha delas pode acoller grupos completos:
INFO I: 20 ordenadores de sobremesa, 1 portátil para o profesorado e canón. O canón vese moi mal. Os ordenadores funcionan ben, pero non pode acoller grupos completos, polo que se propón ampliación.
INFO II: 32 equipos de sobremesa, 1 portátil para o profesor, 1 canón que non ten luminosidade. En xeral, están en bo estado.
INFO III: 10 equipos de sobremesa (con avarías frecuentes), 1 portátil do profesor. Ten moito espazo libre e cableado instalado para 16 equipos.
INFO IV: Hai un portátil para o profesor e 20 equipos para o alumnado. Destes, a metade son equipos vellos que se aproveitaron a se renovaren as aulas de Administrativo. Hai tamén un proxector cunha luminosidade case nula.
- Aulas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa:
Hai dúas aulas específicas para docencia no Ciclo Medio de Xestión Administrativa:
1º Administrativo: 24 equipos de sobremesa para o alumnado. 1 equipo de sobremesa para o profesorado, canón.
2º Administrativo: 17 equipos de sobremesa para o alumnado. 1 equipo de sobremesa para o profesorado, canón.
- Educa Dixital:
Ao comezo do curso 2021-2022, o centro recibiu unha remesa de 40 kits dixitais (compostos por un ordenador portátil modelo Acer TravelMate Spin B3 e un router sen fíos), para llos emprestar ao alumnado que pola súa situación socioeconómica non tivese dispoñibilidade de ordenador e/ou conexión a Internet. No momento da redacción deste documento hai 37 kits prestados.
A mediados do segundo trimestre, a conexión a Internet dos routers sen fíos foi desactivada e comunicouse ao centro que non se ía dar de alta de novo.
Servizos dixitais educativos:
O centro dispón dunha páxina web (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes/), e dunha aula virtual empregada pola práctica totalidade do profesorado e o alumnado.
Tamén se emprega a aplicación Abalar, sobre todo para a comunicación coas familias, tanto por parte dos titores como para as comunicacións do centro.
Ademais, o centro solicitou a súa participación no programa Polos Creativos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta consellería, pero no momento da redacción deste documento aínda non foi publicada a lista de centros admitidos.
Xestión do mantemento do equipamento do centro:
O mantemento e a xestión do equipamento dixital depende na actualidade do responsable TIC do centro. As avarías dos equipos e os fallos na conexión á rede comunícanselle a esa persoa, pero sen unha canle de comunicación moi clara. Unha vez recibida a incidencia, o responsable pode, ou ben arranxala directamente, ou ben solicitar soporte externo.
- Para incidencias na conexión, solicítase soporte á UAC.
- As incidencias no equipamento subministrado pola consellería póñense en coñecemento da UAC.
- Para avarías nos equipos adquiridos polo centro contrátase un servizo técnico externo.
        
Enlaces a protocolos do centro relacionados coas TIC:
Na actualidade non existen protocolos relacionados coas TIC, pero a súa redacción e posta en funcionamento é un dos obxectivos propostos para o vindeiro curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración do análise DAFO realizouse partindo da información obtida nos test SELFIE e CDD.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Equipo dixital insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe un sistema de préstamo de dispositivos dixitais para casos puntuais de corta duración. Infraestruturas Si
Debilidade Non se usan as tecnoloxías dixitais para colaborar coas outras organizacións ou centros nin para apoiar o uso das tecnoloxías. Organización de centro Si
Debilidade Non hai unha estratexia dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado carece dos coñecementos necesarios sobre dereitos de autor e licenzas de uso para a elaboración de materiais didácticos con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado observe o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais de xestión propia, que se poden prestar ao alumnado que o precise pola súa situación socioeconómica. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega entornas virtuais de aprendizaxe e recursos educativos abertos co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Apoio técnico limitado ou inexistente. Administración educativa Si
Ameaza O profesorado carece de tempo suficiente para empregar ferramentas tecnolóxicas na elaboración de materiais dixitais. Administración educativa Non
Ameaza O profesorado ten unha excesiva carga de tarefas burocráticas. Administración educativa Si
Ameaza Elevada proporción alumnado-profesorado nas aulas. Administración educativa Non
Ameaza Na actualidade non se dispón de recursos dixitais en liña axeitados e de calidade. Contorna Non
Ameaza O alumnado non dispón de boa conectividade a Internet na súa casa. Contorna Non
Ameaza Falta de continuidade na lexislación educativa. Lexislación Si
Ameaza O alumnado de FP carece de acceso a unha base de datos de formación en centros de traballo. Outras Non
Oportunidade O profesorado do centro ten acceso ao DPC, o que lle permite mellorar de forma continuada a súa competencia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade A maioría do alumnado dispón de dispositivos dixitais na casa. Contorna Non
Oportunidade Emprego fluído de medios dixitais para a comunicación con alumnos e familias. Contorna Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:

- Mellora do funcionamento do centro.

- Impacto na actividade docente.

- Viabilidade a corto/medio prazo.

- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar o equipamento dixital obsoleto.
O02PD Manter os equipos dixitais do centro en óptimas condicións a través da realización de tarefas regulares de mantemento
O03PD Crear un repositorio de documentación (protocolos, lexislación, informes, plans)

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso farase un seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e mais da consecución dos obxectivos que se recollen nel. Levarase a cabo do seguinte xeito:

- Reunións mensuais co asesor ADIX.

- Reunións trimestrais do grupo de traballo do Plan Dixital, que avaliará os seguintes aspectos:

  • O estado da execución das accións

  • A análise e valoración dos resultados

Ademais teranse en conta, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

A 22 de decembro, as accións dos obxectivos están como segue:

AO1.1: en proceso

AO1.2: en proceso

AO1.3: en proceso

AO1.4: en proceso

AO1.5: en proceso

AO2.1: realizado

AO2.2: en proceso

AO2.3: en proceso

AO2.4: en proceso

AO3.1: en proceso

AO3.2: en proceso

AO3.3: en proceso

2º Trimestre

A 17 de marzo de 2023, as accións dos obxectivos están como segue:

AO1.1: en proceso

AO1.2: en proceso

AO1.3: en proceso

AO1.4: en proceso

AO1.5: en proceso

AO2.1: realizado

AO2.2: en proceso

AO2.3: en proceso

AO2.4: en proceso

AO3.1: en proceso

AO3.2: en proceso

AO3.3: en proceso

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023 todos os obxectivos, así como as accións dos mesmos atópanse realizados, agás:

- AO3.3: aprazado

A carga de documentos na aula virtual de documentación foi moi lenta, polo que non houbo tempo para valorar o impacto do uso por parte do profesorado. No primeiro trimestre do curso 23-24 farase o seguimento deste indicador.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final terá lugar como mínimo unha vez ao ano, dentro do terceiro trimestre do curso. Os aspectos que se considerarán serán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos marcados no Plan Dixital para o curso 2022-2023 foron acadados na súa práctica totalidade, a pesar de que non se comezaron a desenvolver as accións ata finais do primeiro trimestre. O motivo principal desta demora foi que se formou un grupo de traballo dentro do PFPP, e que este non foi aprobado ata principios de decembro.

Con respecto ao desenvolvemento do plan, cabe destacar que se formaron tres grupos dentro do equipo do plan dixital, e que se centraron cada un deles nun obxectivo.

Proposta de mellora

Ademais de completar a última acción do terceiro obxectivo do plan, de cara ao vindeiro curso propóñense as seguintes áreas de mellora:

- Formación do profesorado: lograr que o 50% do profesorado certifique nivel B1, e que o 25 % certifique nivel B2.

- Mellora da estética dos equipos informáticos nas aulas: ocultar o cableado e retiralo das zonas de paso.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital daráselle a coñecer a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro. Aparecerá tamén recollido na aula virtual que se creará no vindeiro curso como repositorio de documentación para todo o profesorado. Amais disto, o claustro de profesorado e o Consello Escolar serán informados dos seus contidos e remitiráselle a todo o profesorado a través do correo electrónico.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes/system/files/15027782_IESOrdes_PlanDixital_V1.0_11062022.pdf