Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A actualización e seguemento do Plan Dixital realizarase de xeito periódico e alomenos unha vez ao longo do curso escolar. Para iso cumprimentaranse as táboas definidas para cada obxectivo nas datas previstas para a súa consecución.
Unha vez ao trimestre realizarase unha avaliación procesual na que se valorará cando menos:
- Grao de consecución das accións
- Análise e valoración dos resultados
- Modificación das accións
- Propostas de mellora
Durante o mes de xuño de 2024 realizarase a avaliación final do Plan onde se valorará o grao de consecución dos obxectivos propostos.
No contexto da avaliación final, e unha vez rematado o curso escolar, analizaránse os obxecivos acadados e a inclusión de novos obxectivos para posteriores cursos académicos, tendo moi en conta as propostas de mellora e a valoración do logro dos obxectivos.
Contaremos coa colaboración e axuda do asesor ADIX
Valoración do estado de cumprimento dos obxectivos propostos:
- Acordo no reparto de espacios e modelo de documento de inventario.
- Realización parcial do inventario de material dixital.
- Solicitude de liña de formación de Polos Creativos (impresión 3D)
- Actualización constante das RRSS do centro.
- Revisión parcial da web do centro. Eliminación de parte de información obsoleta.
Valoración do estado de cumprimento dos obxectivos propostos indicado nas pestanas de seguimento das accións de cada un deles.
Valoración do estado de cumprimento dos obxectivos propostos indicado nas pestanas de seguimento das accións de cada un deles.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan será o seguinte:
- Realizaremos unha avaliación unha vez ao trimestre, avaliando os diferentes obxectivos e tarefas . Analizaremos os resultados e modificaranse, de proceder, as accións. Realizaremos propostas de mellora.
No contexto da avaliación final, e unha vez rematado o curso escolar, analizaránse os obxecivos acadados e a inclusión de novos obxectivos para posteriores cursos académicos, tendo moi en conta as propostas de mellora e a valoración do logro dos obxectivos. a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións
- Realizarase unha avaliación final ao finalizar o curso, onde se valoraremos os obxectivos xerais e as propostas de mellora.
A valoración xeral é positiva en relación á constitución dun grupo de profesorado con obxectivos claros e concisos en relación á estratexia dixital do centro.
-Implicación de máis membros da comunidade educativa nas accións establecidas, sobre todo no banco de recursos e na actualización da páxina web do centro (apartados dos departamentos).
- Grado do cumprimento da Consellería de Educación e de AMTEGA coa entrega do material de Polos Creativos
Comunicación e difusión
O Plan Dixital estará a disposición da comunidade educativa na web do centro, no apartado de documentos do centro , tal e como está contemplado no Plan de Comunicación.
Pódese acceder ao Plan Dixital no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-buscar.action