Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para a elaboración do Plan Dixital é necesario ter presente o seu marco lexislativo, por iso téñense en conta as seguintes normas:

-  Artigo 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO, e bacharelato no curso académico 2021-2022.

-  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para  o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da CA de Galicia para o curso 2021-2022.

No centro de Ponzos inclúense diferentes iniciativas co obxectivo de mellorar e actualizar en todo momento o noso proceso de ensinanza aprendizaxe. Participamos no proxecto E-Dixgal cos rapaces de 5º e 6º de Primaria, levamos a cabo o proxecto de robótica nas aulas de infantil e primaria cunha preparación do profesorado a través do PFPP, así como a participación en proxectos de innovación e formación co único obxectivo de fomentar e mellorar o uso das tecnoloxías dixitais tan necesarias na actualidade. Por todo isto, a coordinación e incardinación deste presente plan dixital cos proxectos e plans que se levan a cabo no centro é fundamental. 

Dende o equipo de Dinamización do Plan Dixital enténdese a importancia deste plan como un instrumento fundamental para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital en toda a nosa comunidade educativa. De aí que a participación, tanto nos procesos de formación como de elaboración, foi moi participativa por todos os integrantes do equipo. 

As sesións nas que realizamos o traballo foron distribuídas do seguinte xeito:

-          6 horas de reunións co mentor Roberto Silva López, para explicacións e guías dos pasos a seguir.

-          2 horas de traballo individual (Selfie e CDD).

-          12 horas de reunións do equipo dixital do centro para a elaboración do plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Partindo dos resultados do test SELFIE e  CDD, xerouse o informe DAFO, que será o punto de partida para crear un instrumento básico para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do centro. No seguinte cadro quedan reflectidos os principais datos recollidos no DAFO.

 

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Preparación ao alumnado dunha alfabetización informacional, para o uso da tecnoloxía de forma segura e responsable. Alumnado Si
Debilidade Debemos afondar no coidado da protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Diferenciación e personalización das tecnoloxías para abordar as diferentes necesidades e estratexias de aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Non hai unha boa valoración por parte do profesorado sobre a estratexia dixital no centro. Por parte da dirección amósase unha debilidade no uso das novas modalidades de ensinanza. Organización de centro Non
Debilidade Pouca colaboración e baixa avaliación do proceso. Deficiencia no empleo de entornos virtuais de aprendizaxe. Pouca valoración na realización de proxectos interdisciplinares. Escasa autorreflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Darlle máis importancia ao intercambio de experiencias. Persoal non docente Non
Fortaleza Uso adecuado de recursos dixitais para o aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Contas cos seus dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Familias Non
Fortaleza Dispoñibilidade dos equipos e asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Variedade de opinión entre profesorado e dirección, tendo unha boa valoración polo profesorado o uso das novas modalidades de ensinanzas. Oferta Non
Fortaleza Búsqueda de estratexias dixitais co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Bo uso de recursos en liña e comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Boa implicación e colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza En xera,l no apartado de competencias dixitais do alumnado, apréciase unhas carencias en formación e creación de contidos dixitais. ANPA Non
Ameaza Non hai unha boa percepción sobre un tratamento adecuado da protección de datos. Lexislación Non
Ameaza Falta de colaboración e comunicacións para compartir experiencias. Outras Non
Oportunidade Valoración adecuada sobre o acceso a internet, asistencia técnica ou dispoñibilidade de infraestructuras adecuadas. Administración educativa Non
Oportunidade Hai boa valoración con respecto ao acceso a internet e a dispoñibilidade individual de dispositivos dixitais. Contorna Non
Oportunidade Hai unha boa percepción sobre a disposición dunha infraestructura adecuada no centro. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizados os resultados reflectidos no informe DAFO o equipo puido comprobar as diferentes puntuacións obtidas en cada unha das áreas. Deste xeito, amósanse diferenzas salientables que fixeron precisa unha análise concreta para marcar, dunha forma precisa, os nosos obxectivos de cara ao próximo curso. É destacable que en áreas como “Infraestructuras e equipos” os resultados enmárcanse especialmente dentro das fortalezas do noso centro, tanto para o equipo directivo como o profesorado e especialmente valorado polo alumnado, e pola contra, temos que salientar unha importante debilidade na área de “Colaboración e redes” e na de “Prácticas de avaliación”. Tamén houbo unha especial reflexión sobre a puntuación obtida na área de “Pedagoxía: implementación na aula”, xa que dende o centro, considéranse as novas tecnoloxías un recurso especialmente enriquecedor para o proceso total de ensino-aprendizaxe; considerándose, finalmente, necesaria unha mellora nesta área. Por este motivo, analizados os datos, elaboráronse os obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados ao seu marco temporal.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar a aula virtual por parte do alumnado de 3º e 4º de EP
O02PD Usar diferentes ferramentas dixitais para mellorar o proceso de ensinaza e adaptarse ás diferentes necesidades existentes.
O03PD Dotar a alumnado dunha serie de ferramentas dixitais para empregar dun xeito seguro e responsable (5º e 6º EP).
O04PD Empregar ferramentas dixitais para a autoavaliación docente.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do plan dixital realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións do plan.

1º Trimestre

Os obxectivos referentes á aula virtual están acadados polo alumnado de 3º e 4º EP.

En canto ao emprego das ferramentas dixitais, sí se usan por parte do equipo directivo e do claustro de mestres.

No referente ao emprego de ferramentas dixitais por parte do alumnado de 5º e 6º de EP, os primeiros están iniciándose e os de 6º xa teñen algún dominio sobre eles.

A autoavaliación docente realizarase cara a finais de curso.

2º Trimestre

Os obxectivos referentes á aula virtual están acadados polo alumnado de 3º e 4º EP.

En canto ao emprego das ferramentas dixitais, sí se usan por parte do equipo directivo e do claustro de mestres.

No referente ao emprego de ferramentas dixitais por parte do alumnado de 5º e 6º de EP, os primeiros están iniciándose e os de 6º xa teñen algún dominio sobre eles.

A autoavaliación docente realizarase cara a finais de curso.

3º Trimestre

Os tres primeiros obxectivos cumpríronse ao longo do curso.

A autoavaliación docente non se realizou. Queda pendente para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tendo en conta que os responsables das accións que buscamos lograr con cada un dos obxectivos, engloban unha parte importante do claustro do centro, o equipo dixital será o encargado de facer as xuntanzas precisas, en cada trimestre, para levar unha análise do avance de cada un deles. Cada obxectivo levará un control, polo seu responsable, sobre as accións que se realizarán para lograr a súa consecución. É necesario un seguimento mensual para poder modificar ou reconducir as accións propostas nun principio e que non estean a mellorar dunha forma salientable a consecución do obxectivo exposto. 

Valoración xeral

En xeral, os obxectivos referentes ao alumnado están logrados.

O que queda pendente é a autoavaliación docente do emprego das ferramentas dixitais.

Proposta de mellora

Os obxectivos do alumnado están bastante logrados, sería conveniente continuar con ese libro de ruta.

Onde hai que mellorar é na autoavaliación docente, que debe ser máis rigurosa e frecuente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez presentado o Plan dixital ao claustro e ao Consello escolar atópase publicado na páxina web do centro no seguinte enlace : https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipponzos/?q=node/679#attachments