Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Félix Muriel orienta a súa actividade docente a potenciar e desenvolver as competencias do seu alumnado co obxectivo de estar nas mellores condicións á hora de se incorporar á vida adulta e se integrar nunha sociedade en constante evolución, con novas esixencias e retos aos que deberá dar unha resposta. Pretende, sobre todo, ofrecer unha educación integral e emocional que axude a fortalecer a autoestima do alumnado, a adopción de actitudes asertivas, a construción dunha mentalidade creativa e positiva que poida ser útil ao alumnado para todos os eidos da vida.

Na procura dunha transformación do IES Félix Muriel nun centro dixitalmente competente, o Plan Dixital actuará como facilitador do desenvolvemento dos proxectos do centro a través das seguintes contribucións:

  • Formación do profesorado e implementación do desenvolvemento das actividades de ensinanza aprendizaxe a través do programa E-Dixgal, o que supón que, no presente ano académico 2023-2024, a lncorporación de 2 e 4 de ESO supón que todo o alumnado da etapa obrigatoria dispoña do seu dispostivo portátil.
  • Colaboración en programas internacionais ou programas europeos favorecendo a comunicación e divulgación dos proxectos programados a través do Plan Erasmus+.
  • Por en disposición equipamento dixital para o desenvolvemento dos proxectos educativos, e de innovación vencellados aos Plans Proxecta existentes, como Monte Vivo, ou aqueles outros proxectos que puideran xurdir no curso 2023-2024 como a posta en marcha da aula de Polos Creativos aproveitando toda a súa potencialidade.
  • Traslado das estratexias TIL ao espazo dixital e ao proceso de dixitalización do centro.
  • Equipamento, organización e catalogación e dinamización de actividades educativas da Biblioteca e a rede de Bibliotecas Escolares.
  • A incorporación de novas ferramentas TIC, estreitará a relación do Plan Dixital co EDLG.
  • Como recolle o Artigo 121. Proxecto educativo da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o PEC incluirá un tratamento transversal da educación en valores, do desenvolvemento sostible, da igualdade entre mulleres e homes, da igualdade de trato e non discriminación e da prevención da violencia contra as nenas e as mulleres, do acoso e do ciberacoso escolar, así como a cultura de paz e os dereitos humanos. Deste modo o Plan Dixital contribuirá directamente no fortalecemento das accións programadas dende o Plan de Igualdade.
  • A contribución do Plan Dixital nos Plans de Formación PFPP observarase mediante dúas vertentes: a da propia formación, como pode ser a preparación do profesorado no medio E-Dixgal; e a de dar dispoñibilidade de equipamento para o desenvolvemento dos diferentes cursos aprobados polo PFPP para o presente curso.   

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 virá dada por tres vías de actuación:

  • As accións de mellora e obxectivos presentadas no actual documento que constitúe este plan.
  • A estreita relación, cando non acción conxunta cos Plans e Proxectos, prestando especial atención e contribuíndo ao seu carácter innovador.
  • A contribución que, de maneira transversal, se fai sobre aspectos relativos ao equipamento do centro e á convivencia escolar.

Sinalar que o Plan TIC será substituído por este Plan Dixital, que preverá incorporar aqueles obxectivos que aínda non foran acadados e outros novos.

Breve xustificación do mesmo

A elaboración deste Plan Dixital de Centro dá respostas á seguinte normativa:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

A análise da situación do centro atendeu ás dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, realizados no curso 2021-2022,  actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro orixinal en termos de fixación de obxectivos e actuacións de mellora. Agora facemos unha actualización deste DAFO orixinal, baseándonos na análise da nova situación do centro (participación en E-Dixgal, equipamento da aula de Polos Creativos, existencia dun equipo TIC...) e, a partir desta análise, facemos a revisión e actualización dos obxectivos do plan de acción para este curso 2023-2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ademais do propio coñecemento da situación do centro por parte dos integrantes do EDPD, apoiámonos na ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible para todos os centros educativos, que proporciona un informe de situación actual. Os documentos de informe SELFIE e do test CDD (realizados ao longo do curso 2021-2022), actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora.

Interno
74 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixo emprego e coñecemento de ferramentas de software libre. Alumnado Si
Debilidade Non acostuma a pedir axuda no manexo das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais baixas. Alumnado Si
Debilidade Non pode traer ou usar os dispositivos móbiles no centro. Alumnado Non
Debilidade Demanda maior acceso por vías dixitais aos resultados da avaliación do proceso de ensino aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Escaso emprego de ferramentas dixitais para a creación de contidos. Alumnado Non
Debilidade Os dispositivos dixitais tenden a ser elementos de distracción nos procesos de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade O alumnado demanda maior retroalimentación no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Baixo aproveitamento das tecnoloxías dixitais (redes sociais) como ferramentas de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Descoñece ou non emprega correctamente as funcionalidades da ferramenta de Abalar móbil para a comunicación co profesorado. Familias Si
Debilidade En ocasións os dispositivos dixitais son compartidos por varios integrantes da familia. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade Infraestrutura insuficiente nas aulas. Infraestruturas Si
Debilidade Escaso uso de dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Si
Debilidade 3 Aulas específicas con dotación informática insuficiente para ratio de 27 alumnos/aula. Infraestruturas Si
Debilidade O alumnado non ten acceso a rede WIFI. Infraestruturas Si
Debilidade Equipos obsoletos, cableado de aula deficiente e con problemas de seguridade. Infraestruturas Si
Debilidade Non permite o uso de dispositivos móbiles no centro. Organización de centro Si
Debilidade Ten adquirido material dixital con recursos económicos propios. Organización de centro Si
Debilidade Escasa colaboración para compartir contidos en espazos dixitais comúns. Organización de centro Si
Debilidade Web do centro pouco actualizada. O alumnado demanda unha información máis clara a través da mesma. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para a exploración no ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non permite ao alumnado o uso de dispositivos dixita.is propios no centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de espazos de debate. Organización de centro Si
Debilidade Presenta déficit na asistencia técnica que permita resolver os problemas co equipamento e uso de dispositivos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Resultados CDD por debaixo da media galega. Persoal docente Si
Debilidade Baixo tempo adicado ao ensino dixital ou a través de medios dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existen espazos nin repositorios de contidos creados polo profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para a formación e creación de contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de espazos para o debate sobre o uso das TIC. Persoal docente Si
Debilidade Escaso emprego de tecnoloxías dixitais para o desenvolvemento do proceso de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de contidos dixitais propios. Persoal docente Si
Debilidade Pouco profesorado líder ou experto dixital (B2 -C2). Persoal docente Si
Debilidade Carece dunha ferramenta, libro dixital do profesor onde desenvolver as súas tarefas sen atentar contra a Lei de Protección de Datos. Persoal docente Si
Debilidade Baixo nivel de autoconfianza no emprego das contornas dixitais no desenvolvemento do proceso de ensinanza e aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Considera ter autonomía na resolución de problemas a través da información de internet. Alumnado Si
Fortaleza Conta con dispositivos dixitais propios para o traballo na casa. Alumnado Non
Fortaleza Conta con correo corporativo do centro propio e individualizado. Alumnado Non
Fortaleza Alta percepción das súas propias competencias dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Coñece as posibilidades de emprego dos dispositivos móbiles para o proceso de ensinanza e aprendizaxe e a comunicación entre pares e co profesorado. Alumnado Non
Fortaleza Pode facer uso dos dispositivos móbiles con carácter educativo baixo autorización do profesorado. Alumnado Non
Fortaleza Alta participación en proxectos interdisciplinares (Erasmus+, Rede DixitalGal, GDNL, TIL, Montevivo; Biblioteca). Alumnado Si
Fortaleza En casa hai dispositivos dixitais para o traballo escolar. Familias Non
Fortaleza Hai internet en casa. Familias Non
Fortaleza Emprego de Abalar Móbil para as comunicacións co centro. Familias Non
Fortaleza Escasos problemas de conectividade no fogar. Familias Non
Fortaleza Partidarias da actualización da dixitalización do centro así como dos procesos de ensino-aprendizaxe. Familias Non
Fortaleza O centro conta con acceso a internet 600mb Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas dotadas de equipamento dixital (PC e Proxector) Infraestruturas Non
Fortaleza Grupos de Ciclo (FP) con dotación dixital propia. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas teñen acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Ciclo Formativo de Grao Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Oferta Non
Fortaleza Centro Erasmus+. Oferta Non
Fortaleza Bacharelato Científico Matemático e Bacharelato de Humanidades. Oferta Non
Fortaleza Emprego da Aula virtual como medio para o desenvolvemento do Ensino Mixto. Organización de centro Non
Fortaleza Integración na Rede DixitalGal. Organización de centro Non
Fortaleza Fomenta a participación e formación do profesorado en contextos dixitais a través dos plans de formación do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Participación de empresas e entidades externas non educativas nos procesos de ensino aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Facilita equipamento dixital ao alumnado con necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado e alumnado contan con conta corporativa propia do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Está en proceso de creación e aprobación dun novo Plan Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Promove novas modalidades de Ensino (solicitude de participación no programa E-Dixgal, Proxectos Interdisciplinares e Rede DixitalGal). Organización de centro Non
Fortaleza Fomenta o emprego de redes sociais como canles de comunicación e información a través dos proxectos de centro Erasmus+, Biblioteca e EDLG. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego da web https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/ do centro como espazo preferente para a comunicación dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza Ferramentas para a comunicación a través dos recursos dixitais: Abalar, Aula Virtual Moodle, correo corporativo do centro (profesorado e alumnado). Persoal docente Non
Fortaleza Participación do profesorado nos plans de Formación TIC. Persoal docente Non
Fortaleza Coñecemento e emprego de software libre. Persoal docente Non
Fortaleza CDD media do profesorado: Integrador (B1). Persoal docente Non
Fortaleza Profesorado iniciado na metodoloxía de ensino mixto. Persoal docente Non
Fortaleza Alta participación en proxectos interdisciplinares (Erasmus+, Rede DixitalGal, ENDL, TIL, Montevivo; Biblioteca). Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de estratexias de autoavaliación no uso das TIC.s e da súa integración nos procesos de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Desenvolvemento de estratexias de ensino mixto a través de aula propia e espazo aberto na Aula Virtual. Persoal non docente Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares, Equipo de Mediación e Equipo de Igualdade. Persoal non docente Non
Fortaleza Presenza de intérprete de signos no centro para atención do alumnado con necesidades específicas de tipo auditivo. Persoal non docente Non
74 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non facilita ao profesorado o emprego dun libro dixital do profesor que poida cumprir ca Lei de Protección de Datos. Administración educativa Si
Ameaza Elevada ratio alumnado/aula que dificulta a atención individualizada. Administración educativa Non
Ameaza Falta de axilidade na resolución de problemas asociados ás infraestruturas e ao equipamento dixital. Administración educativa Non
Ameaza Limita a autonomía dos centros no desenvolvemento de estratexias dixitais e no emprego de recursos dixitais axeitados ás súas demandas. Administración educativa Si
Ameaza Problemas de dotación económica para poder atender a plans de intervención máis ambiciosos. ANPA Non
Ameaza Escasa oferta de actividades extraescolares. ANPA Non
Ameaza Escaso fomento da formación no uso de ferramentas dixitais atendendo ao á Lei de Protección de Datos. Contorna Si
Ameaza Nivel socioeconómico familiar medio - baixo. Contorna Non
Ameaza Procedencia de contornas diversas por parte de alumnado con desigualdades no acceso aos medios dixitais. Contorna Non
Ameaza Mal uso das redes sociais e dos dispositivos móbiles. Contorna Si
Ameaza Cambios continuos na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento dos usos responsables das TICs do profesorado e do alumnado. Lexislación Si
Ameaza Descoñecemento entre o alumando da Lei de Protección de Datos. Lexislación Si
Ameaza Descoñecemento das vantaxes e inconvenientes da normativa sobre dereitos de autor. Lexislación Si
Ameaza Uso incorrecto das TIC por parte do profesorado en relación á LPD. Lexislación Si
Ameaza Participación nula ou escasa do financiamento ou dotación de equipamento dixital no centro e no alumnado. Outras Non
Ameaza Baixa competencia dixital. Outras Non
Oportunidade Acceder á solicitude do centro na participación do programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de formación a través dos plans de formación para o profesorado e fomento dos plans de formación de centro. Administración educativa Non
Oportunidade Financiamento a través de Proxectos Interdisciplinares (Plans Proxecta). Administración educativa Non
Oportunidade Fomento de metodoloxías de innovación educativa (Plans Proxecta, E-Dixgal). Administración educativa Non
Oportunidade Partidaria da actualización da dixitalización do centro así como dos procesos de ensino-aprendizaxe. ANPA Non
Oportunidade Colabora na atención ás necesidades específicas do alumnado na dotación de recursos. ANPA Non
Oportunidade Estreita colaboración nas actividades extraescolares nas que participa de maneira activa. ANPA Non
Oportunidade Mellora na oferta de actividades extraescolares. ANPA Non
Oportunidade Emprego da Aula Virtual como espazo de retroalimentación co profesorado e onde solicitar axuda para os procesos de ensino-aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade O alumnado conta con variedade de dispositivos dixitais propios. Contorna Non
Oportunidade Coñecemento e emprego de redes sociais potencialmente explotables como medios de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Fomento de novas estratexias educativas favorecedoras de metodoloxías innovadoras e dos procesos de dixitalización. Lexislación Non
Oportunidade Profesorado autor de contidos protexidos. Lexislación Non
Oportunidade Uso do profesorado de Software Libre e contidos de uso libre. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración de entidades privadas en proxectos educativos interdisciplinares. Outras Non
Oportunidade Colaboración permanente con entidades municipais e extramunicipais públicas como privadas no desenvolvemento de proxectos educativos como en actividades extraescolares. Outras Non
Oportunidade Estreita colaboración ca administración municipal en diferentes proxectos educativos. Outras Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Realizado e analizados os resultados do DAFO 2021-2022 desenvolvido no centro, poderiamos achegar as seguintes conclusións:

A nivel xeral sinalar que as maiores fortalezas e debilidades atópanse, como é lóxico, no alumnado, no profesorado e na organización do centro.

Respecto dos dous primeiros hai certa coincidencia en cuestións básicas como o nivel de competencia dixital que en termos xerais é baixo, como así se reflectiu no SELFIE e no test CDD. O mesmo sucede coa creación de recursos dixitais propios, especialmente a través de ferramentas de software libre. Finalmente sinalar a importancia da necesidade de máis formación sobre o correcto emprego dos recursos dixitais e os riscos de comportamentos perigosos e descoñecemento do marco normativo como a Lei de Protección de Datos.

Esta situación vese contrarrestada coa alta participación do profesorado na formación en ferramentas dixitais educativas; como tamén a participación deste xunto co alumnado en procesos de aprendizaxe a través do uso de metodoloxías didácticas activas que contan con recursos dixitais.

A aposta decidida no centro por avanzar no proceso de dixitalización vese reflectida na participación de programas como o a Rede Dixital Gal, E-Dixgal ou Polos Creativos, así como nos plans de formación de centro; e na inclusión dos instrumentos e recursos dixitais na integración dos procesos de creación e desenvolvemento de aprendizaxes levadas a cabo a través de diferentes proxectos educativos. Ademais a demanda, sobre todo por parte do alumando e das familias, dunha mellora na comunicación estase a solucionar mediante a elaboración do futuro Plan de Comunicación así como na actualización de ferramentas dixitais como a web do centro, e a presenza en redes sociais.

Respecto das posibles ameazas e oportunidades detectadas no DAFO, cabe sinalar que estas veñen fundamentalmente da administración educativa dende dúas perspectivas, a lexislación educativa e os seus constantes cambios e os investimentos no proceso de dixitalización na liña das directrices da UE e da Axenda 2030 e os obxectivos para o desenvolvemento.

Neste sentido sinalar tamén, a oportunidade que xeran as familias en favor destes procesos a través da súa participación e respaldo á participación do centro en programas como o de E-Dixgal.

Como conclusión sinalar que unha vez analizados os resultados dos diferentes instrumentos de avaliación da dixitalización do centro como o SELFIE, o CDD e o DAFO o centro aprobou un Plan Dixital ambicioso, realista e alcanzable cando menos na súa meirande parte. Para iso marcáronse 10 obxectivos, algúns deles xa logrados, a partir de catro ámbitos de actuación: equipamento, formación, competencias e comunicación.

Equipamento

  • Actualizar e aumentar os espazos dixitalizados

  • Mellorar as infraestruturas dixitais e o equipamento do centro

Formación

  • Mellorar a CDD (Competentecia dixital docente)

  • Converter AV e E-Dixgal en espazos referentes para a avaliación do alumnado

  • Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais

Competencias

  • Crear un Equipo TIC no centro

  • Colaboración e traballo en rede

  • Crear un club TIC do alumnado

Comunicación

  • Integrar as tecnoloxías dixitais para a mellora da comunicación organizativa

  • Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación e a coordinación docente

Neste curso 2023-2024 facemos unha revisión e actualización do plan de acción eliminando obxectivos xa acadados e conservando os obxectivos que teñen continuidade.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un Equipo TIC no centro.
O02PD Integrar as tecnoloxías dixitais para a mellora da comunicación organizativa.
O03PD Mellorar a CDD.
O04PD Converter AV e E-Dixgal en espazos referentes para a avaliación do alumnado.
O05PD Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais.
O06PD Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación e a coordinación docente.
O07PD Actualizar e aumentar os espazos dixitalizados.
O08PD Mellorar as infraestruturas dixitais e o mantemento do equipamento do centro.
O09PD Crear un club TIC do alumnado.
O10PD Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase ao final de cada trimestre, polo que o equipo directivo xunto co equipo TIC, reunirase nos meses de decembro, marzo e xuño para analizar se se está a cumprir o calendario de accións previsto no apartado anterior, analizando:

  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.
  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.
  • Posibles adaptacións das accións de mellora.
  • Outras observacións.
1º Trimestre

Obxectivos cumpridos

Durante o primeiro trimestre cumpríronse os obxectivos a través do desenvolvemento das accións programadas no PD. Por exemplo a incorporación de toda a ESO ao proxecto E-Dixgal; a formación do profesorado a través do Pfpp; así como a mellora e actualización do equipamento e dos espazos dixitalizados do centro. 

Sinalar que algúns dos obxectivos están en proceso por mor do seu desenvolvemento continuo durante todo o curso.

Aspectos de mellora:

  • Obsérvanse dificultades nun  mellor aproveitamento dos recursos dixitais, especialmente no uso da Aula de Polos Creativos.
  • Falta iniciativa no desenvolvemento de proxectos en entornos dixitais.
  • É preciso incidir na motivación do alumnado no uso dos espazos e recursos dixitais.
  • O Club Polos aínda non está a funcionar cunha dinámica acorde aos obxectivos previos á súa creación.
2º Trimestre

Obxectivos cumpridos

Durante o segundo trimestre cumpríronse os obxectivos a través do desenvolvemento das accións programadas no PD. Por exemplo, deu remateo curso de formación E-Dixgal do profesorado a través do Pfpp, e deu inicio o grupo de traballo; así como a mellora e actualización do equipamento e dos espazos dixitalizados do centro. Producíronse actuacións na prevención de malos usos do equipamento dixital como dos recursos e sitios dixitais tanto no alumnado como nas familias.

Sinalar que algúns dos obxectivos están en proceso por mor do seu desenvolvemento continuo durante todo o curso.

Aspectos de mellora:

  • Obsérvanse mellora do aproveitamento dos recursos dixitais, especialmente no uso da Aula de Polos Creativos onde cada vez se está a facer máis uso do espazo e dos seus recursos por profesorado e materias alleas ao propio proxecto de Polos Creativos Blue School.
  • Revisar a formación do Pfpp para o vinderio curso e optimizar o seu calendario.
  • É preciso incidir na motivación do alumnado no uso dos espazos e recursos dixitais.
  • Houbo novas incorporacións de alumnado ao Club Polos pero aínda non está a funcionar cunha dinámica acorde aos obxectivos previos á súa creación.
  • O alumnado de 2º Bacharelato  e 4ºESO foi informado da realización das probas de Competencia Dixital que se realizarán en abril (2º Bach) e maio (4ºº ESO).
3º Trimestre

Obxectivos cumpridos

Durante o terceiro trimestre cumpríronse os obxectivos a través do desenvolvemento das accións programadas no PD. Por exemplo, deu remateo o seminario E-Dixgal do profesorado a través do Pfpp, continuamos  a mellora e actualización do equipamento e dos espazos dixitalizados do centro. Houbo unha actuación dende o AMTEGA e Premium na mellora do inventario do material do centro. Produciuse unha reactivación nas propostas do centro como membro da rede de escolas azuis (NEBS) a través do proxecto PROBLEU. E finalmente, o alumnado de 2º Bach e 4º ESO realizaron as probas COMDIX 2024 do alumnado.

Producíronse actuacións na prevención de malos usos do equipamento dixital como dos recursos e sitios dixitais tanto no alumnado como nas familias.

Sinalar que algúns dos obxectivos poderán seguir en proceso por mor do seu desenvolvemento continuo nos vindeiros cursos.

Aspectos de mellora:

  • Obsérvanse mellora do aproveitamento dos recursos dixitais, especialmente no uso da Aula de Polos Creativos onde cada vez se está a facer máis uso do espazo e dos seus recursos por profesorado e materias alleas ao propio proxecto de Polos Creativos Blue School
  • Revisar a formación do Pfpp para o vinderio curso e optimizar o seu calendario.
  • É preciso incidir na motivación do alumnado no uso dos espazos e recursos dixitais.
  • Houbo novas incorporacións de alumnado ao Club Polos pero aínda non está a funcionar cunha dinámica acorde aos obxectivos previos á súa creación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase ao final do curso, coincidindo co seguimento do terceiro trimestre. Neste apartado de xeito global analizarase:

  • Consecución de obxectivos.
  • Desviación nos obxectivos non conseguidos na súa totalidade.
  • Motivos polos que non se lograron os obxectivos.
  • Se os obxectivos alcanzados deben ser potenciados no curso seguinte ou se xa están nunha situación óptima.
  • Posibles modificacións ou substitución de obxectivos.
  • Análise do funcionamento do equipo TIC e a coordinación co equipo directivo.
Valoración xeral

Como no curso anterior, facemos unha valoración positiva do grao de consecución dos obxectivos marcados no plan de acción. Dos 10 obxectivos, en boa medida están nun estado de acadado íntegra ou parcialmente por mor de seren obextivos abertos que teñen continuidade nos vindeiros cursos. É Neste sentido é necesario tamén ter en conta que estes segundos requiren dunha actualización permanente ou non dependen unicamente do funcionamento do centro como poden ser aqueles referidos a dotación de recursos, situación que por certo aínda se segue a dar ao final do presente curso ca dotación por exemplos de kit singulares para o espazo de Polos Creativos, dotación de ordenadores ou das novas pantallas táctiles.

A situación no centro revela un estado de cotinuidade con respecto ao que ven pasando nos cursos anteriores observándose unha permanente mellora a nivel xeral. A decisión do claustro na participación do centro no proxecto Edixgal contribuíu nesta transformación, mellorando a conectividade e a dispoñibilidade de equipamento para o alumnado e o profesorado participante. Se ben aínda hai marxe de mellora no seu aproveitamento por parte do profesorado, alumnado e incluso familias.

Algo semellante sucedes co novo espazo Polos Creativos, progresivamente parece que se van cumplindo as expectativas de desenvolver novas estratexias de ensino aprendizaxe aproveitando o seus recursos se ben, como no caso do proxecto E-Dixgal hai marxe de mellora. Neste curso houbo unha maior participación e integración e propostas ou proxectos que non so partiran dende o espazo de Polos senón que tamén houbo máis demanda por parte da comunidade educativa. Con todo aínda compre con seguir facendo esforzos para que o alumnado e profesorado diverso teña máis protagonismo no mesmo.

Obsérvase interese por parte da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias; en seguir desenvolvendo o proceso de dixitalización de centro, tendo sempre en perspectiva que a dixitalización debe ser un instrumento de mellora do proceso educativo e non un fin en si mesmo.

Poucos obxectivos do plan de acción non foron conseguidos na súa totalidade. Segue pendente unha intervención na Biblioteca para transformala nun novo espazo dixitalizado e pensamos que é precisa unha aposta decidida neste sentido. Por outro  lado, segue a ser importante tamén prestar non desantender posibles debilidades, como poden ser aspectos referidos á comunicación e sobre todo en todo aquelo referido ao obxectivo 5 "Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais". Neste sentido sinalar que as probas de COMDIX do alumnado de bacharelato foron bastante satisfactorias tendo en conta que a sú proba puxo o foco neste tipo de medidas como as marcadas no obxectivo 5 deste plan dixital.

Proposta de mellora

Unha vez analizada e avaliada a evolución e consecución de logros a partir das diferentes accións contempladas neste Plan Dixital de centro consideramos que para o próximo curso debemos refacer o plan de acción, centrando o traballo nos seguintes aspectos:

1) Mellora da CD tanto do profesorado como do alumnado

2) Deixar pechados os protocolos de comunicación (cuestión pendente que non se deu finalizado neste curso)

3) Optimizar o traballo de mantemento de instalacións e equipamento. Seguir afondando na mellora de medios e habilitación de espazos.

4) Seguir mantento un equipo de traballo de profesorado, implicar ao alumnado na xestión dos espazos dixitalizados. Poder incorporar novos perfís de profesoradao e alumnado a estes equipos.

5) Deseñar unha formación en centro acorde as nosas necesidades, superada a formación E-Dixgal é preciso mellorar no coñecemento e manexo de equipamento de Polos Creativos, así como afondar na formación en ferramentas institucionais para creación de contidos como poden ser H5P ou eXeLearning. É preciso tamén iniciar formación que encamiñen ao profesorado a un maior coñecemento das ferramentas de IA que hoxe poden ser de proveito nas nosas aulas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do seguinte plan dixital seguirá as mesmas canles que se teñen empregado para outros documentos do centro. Presentarase ante claustro en canto estea actualizado, e estará a disposición de calquera que o queira consultar na páxina web do centro. Ademais, será obxecto das futuras actuacións de difusión a través das intervencións que puidesen ser contempladas no Plan de Comunicación de centro.)

O Plan Dixital actualizado está dispoñible para a súa consulta aberta en EduCalidade na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15026807

Esta ligazón engadirase no apartado correspondente ao Plan Dixital na web do centro.