Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade cada vez máis dixitalizada, o que obriga a desenvolver novas competencias que axuden a desenvolverse en contornas dixitalizadas. A crise sanitaria provocada pola COVID-19 acelerou a integración das tecnoloxías no proceso de ensinanza¿aprendizaxe. Este cambio de paradigma trae consigo a necesidade de elaborar marcos de acción que faciliten o traballo docente nestas novas condicións que afectan o uso das tecnoloxías na educación, desde cuestións organizativas ata outras máis pedagóxicas propias dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Contextualización

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

  • Alumnado. Entre 400 e 500 de extracción social media-baixa.

  • Alumnado de fóra do concello de Noia: Outes, Lousame e Mazaricos.

  • 3  liñas da ESO e 4 liñas de Bacharelato , 5 ciclos formativos, ensinanza de adultos EBI e ESA

  • PLAMBE / EDIXGAL / CENTRO PLURIBACH.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Mediante o presente plan, preténdese avaliar a situación do centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.

Así mesmo, tamén se persegue recoñecer o Plan Dixital como un recurso fundamental para transformar o centro educativo nunha organización dixitalmente competente, contribuíndo á consecución dos obxectivos contemplados noutros documentos institucionais do centro e, en definitiva, á finalidade última dun centro educativo: que o alumnado aprenda, se forme e saiba desenvolverse como individuo da sociedade na que vive.

Proceso de elaboración

A elaboración do Plan de Dixitalización realizouse ao longo do curso 22/23 e actualízase no 23/24 coas melloras e rectificacións necesarias, despós da análise de resultados do curso previo. Para iso tivéronse en conta as ferramentas postas ao dispor dos centros educativos como SELFIE. Unha vez recollida toda a información dispoñible detállanse os obxectivos e accións xunto á súa temporalidade.

Actualización e difusión do Plan de Dixitalización

  • Actualización do Plan de Dixitalización do centro. Inicio de curso.Coordinadora de Polos e Dixitalización

  • Análise do seguimento e rectificacións do Plan de Dixitalización do centro.Todo o curso.Coordinadora de Polos e Dixitalización

  • Información á comunidade educativa.Inicio e fin de curso. Equipo Directivo

Labores técnicas

  • Supervisión de incidencias técnicas. Todo o curso.Coordinador TIC

  • Instalación e control de software e labores de mantemento. Todo o curso. Coordinadora de Polos e Dixitalización

Labores organizativas

  • Creación dun club de Programación e Robótica. Coordinadora de Polos e Dixitalización

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa competencia dixital, falta de traballo colaborativo e interdisciplinar, falta fomento no alumnado de creación de contidos dixitais, programación e resolución de problemas técnicos. Uso inseguro e irresponsable da rede. Alumnado Si
Debilidade Excesivo e mal uso de teléfonos móbiles e redes sociais. Alumnado Si
Debilidade Falta de competencia dixital e equipamentos informáticos individuais para o alumnado asi coma conexión a internet. Familias Non
Debilidade Falta de formación/información das familias sobre os graves efectos do uso excesivo e sen supervisión de dispositivos móbiles e redes sociais. Familias Si
Debilidade Antigüidade dalgúns equipos informáticos que van quedando en desuso. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de oferta de materias que traballen a competencia dixital dende os primeiros cursos da ESO, desaproveitamento dos equipos individuais. Oferta Si
Debilidade Moita diversidade de etapas educativas (EBI, ESA, ESO, BAC, FPB, CFGM, CFGS¿). Oferta Si
Debilidade Falta de recursos humanos para coordinación TIC e posta en marcha do Plan Dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade Páxina Web (Drupal) pouco funcional e pouco visitada pola comunidade educativa. Organización de centro Non
Debilidade Falta de competencia dixital, elevado n.º de proxectos e plans a levar a cabo. Persoal docente Si
Debilidade Claustro inestable pola alta porcentaxe de profesorado provisional e pola previsión de moitas xubilacións nos vindeiros anos. Persoal docente Si
Debilidade Escaso coñecemento da plataforma Moodle (uso moi básico) e doutras aplicacións de creación de contidos. Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición inicial para todo aquilo relacionado coas novas tecnoloxías. Uso frecuente da Aula Virtual (Moodle). Alumnado Si
Fortaleza O equipamento informático do centro educativo é completo, rede wifi en todo o centro, tódalas aulas equipadas de ordenador e proxector ou pizarra dixital, 2 aulas de informática, espazo de informática na biblioteca, aulas propias para ciclos formativos con equipamentos informáticos individuais, tablets a disposición do alumnado e equipos informáticos individuais para todo o alumnado da ESO dentro do programa E-dixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza Conexión estable a internet. Organización de centro Non
Fortaleza Centro moi activo e participante en moitos proxectos e programas da administración. Organización de centro Si
Fortaleza Equipo Directivo comprometido. Persoal docente Non
Fortaleza Iniciativa do persoal docente a formarse en estratexias dixitais e didáctica usando ferramentas informáticas. Persoal docente Si
Fortaleza Excelente ambiente relacional e de disposición a afrontar novos retos Persoal docente Si
Fortaleza Grupo de profesoras coordinadoras de diversos proxectos de centro, traballando co obxectivo común de realizar unha educación transformadora. Persoal docente Non
Fortaleza Moi boa disposición para afrontar as novas tecnoloxías Persoal non docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dotación económica para renovación e actualización de equipamentos informáticos que nalgún caso son obsoletos e falta dunha rede de apoio ás TIC nos centros educativos. Administración educativa Si
Ameaza Non existe ANPA como organización que represente ás familias. ANPA Non
Ameaza Falta de comunicación e coordinación entre centros e con outras entidades públicas. Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia e falta de recursos humanos dispoñibles para coordinación e formación dixital. Lexislación Si
Ameaza Moitos obxectivos anuais a cumprir por parte do profesorado. Lexislación Si
Ameaza Moita normativa e moi cambiante que abruma ao profesorado. Lexislación Si
Ameaza Ratios alumnado/profesorado moi altas. Lexislación Si
Ameaza Falta de comunicación e coordinación entre centros e con outras entidades públicas. Outras Non
Oportunidade Plan Dixital, recursos, comunicación vía electrónica coas familias a través da plataforma ABALAR Administración educativa Non
Oportunidade Lexislación Europea que aporta recursos e formación para a mellora da dixitalización dos centros educativos. Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Montaxe, organización e utilización da aula de proxectos de Polos Creativos.Club de robótica no marco de recreos activos.
O02PD Montaxe, organización e utilización da radio escolar da dotación de Polos Creativos.Emisora de radio no marco dos recreos activos.

Seguimento

Procedemento

Análise e rectificación se procede, do ideario para cada trimestre

Analizamos e respondemos á consecución dos puntos programados para cada trimestre

1º Trimestre

Aprobado o Plan dixital por parte da Consellería?Sí

Montaxe e organización de material dos espazos de proxectos e radio dos Polos Creativos?Realizado

Organización de alumnado voluntario para os clubs de programación e robótica e radio escolar?Realizado

2º Trimestre

Formación do profesorado en maquinaria da dotación de polos creativos?Realizado mediante unha formación en centro

Formación do profesorado na radio escolar de polos creativos?Realizado mediante unha formación en centro

Actividades na aula como aplicación do anterior?Realizado, tanto o profesorado que asiste á formación como a maioría do que non, usaron a radio como instrumento nalgunha actividade lectiva.

Recreos activos co club de robótica e radio?Realizado, o alumnado asiste de xeito intermitente.Se constata que se debe ampliar os tempos de reunión e actividades para que estos clubs funcionen correctamente e exista unha implicación real e efectiva do alumnado.

3º Trimestre

Club de robótica organizado e operativo co voluntariado de alumnado?Participación intermitente do alumnado.Previsión de cambios na organización de tempos e actividades para o próximo curso.

Club de radio organizado e operativo co voluntariado de alumnado?Realizado, se amplía o traballo do club de radio á materia de proxecto competencial.Se aprecia un aumento da implicación do alumnado.

Uso dos espazos de polos creativos por parte do profesorado despós da formación?Realizado.A aula convirtéuse nun espazo aberto, donde profesorado e alumnado realizan os seus proxectos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

De forma trimestral (cando menos), a coordinadora avaliará o estado de execución das accións, e realizará unha análise e valoración dos resultados. As conclusións desta avaliación trimestral serán trasladadas ó  Equipo Directivo para que, de ser o caso, a Coordinadora realice as  modificacións das accións e das propostas de mellora que se consideren necesarias.

Antes de finalizar o curso elaborarase unha breve e sinxela enquisa en formato de GoogleForms para medir o grao de “satisfacción dixital” da comunidade educativa, que incluirá sempre unha última pregunta aberta para recibir suxestións por parte de calquera dos seus membros, esperando que sexa enchida de forma anónima por unha mostra representativa de cada sector.

Ao finalizar o curso académico convocarase unha xuntanza conxunta da Coordinadora e do Equipo Directivo para realizar unha avaliación final do PD, da que se deixará constancia por escrito (tanto do grao de consecución de cada un dos obxectivos e propostas de mellora como dos resultados da enquisa) e que servirá de punto de partida para a elaboración do plan do novo curso académico.

Valoración xeral

En xeral, os obxectivos propostos para este curso académico, acadáronse con creces.

  • Pasamos de ter un montón de caixas almacenadas nun antigo laboratorio de física, a ter unha aula de POLOS dinámica e usable e unha aula de RADIO funcional
  • A comunidade educativa coñece a existencia e posibilidades desas aulas
  • Unha gran parte do claustro coñece e manexa as principais máquinas de polos: impresora 3D, plotter, láser e radio
  • Unha gran parte do claustro realizou actividades ou fabricou material didáctico para aula, coas novas destrezas adquiridas
Proposta de mellora
  • Reflexionar, sobre, e levar a cabo, os cambios necesarios para que os clubs de radio e robótica teñan unha continuidade e estabilidade
  • Afianzar no claustro a idea do uso das aulas de polos e radio como instrumento didáctico
  • Ampliar a difusión e formación nestas máquinas(3D, láser, plotter) ó profesorado reticente ou novo no centro
  • Montar unha aula "audiovisual" co material de polos, xa que esta parte da dotación non ten aínda ubicación definitiva, nin se realizou a formación do claustro nas posibilidades da mesma

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Destinatarios                                                                                                                              Canal de difusión                                                                                                              Responsables directos

Xefes de Departamento                                                                                                     Comunicación en reunión de CCP                                                                                                      Coordinadora Plan Dixital e Polos Creativos

Profesorado                                                                                                                           Reunións de departamento                                                                                                        Xefes de departamento

Alumnado                                                                                                                               Reunións de titoría de grupo e Feria de voluntariado                                                               Profesorado titor

Resto da comunidade educativa                                                              Inclusión como anexo no PEC así como expoñelo na páxina web oficial do instituto                                            Equipo directivo

Ademais do documento do Plan Dixital orixinal, a disposición na web do centro, o Plan Dixital actualizado queda a disposición da comunidade educativa para a súa consulta no buscador de plans da aplicación Educalidade (https://www.edu.xunta.gal/educalidade/)"