Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución de obxectivos, realizarase en dúas etapas:
- Realizarase unha avaliación do plan cun periodicidade trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles adaptacións das accións.
- Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos
Ao longo do primeiro trimestre, acadáronse os obxectivos O01PD "Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Espazo Abalar", o obxectivo O03PD "Crear a figura do Community Manager" e o obxectivo O05PD "Usar a aula informática Móbil"
En relación ao obxectivo O02PD que consiste en "Formar ao profesorado no uso da dotación do programa Polos Creativos" acadouse a acción AO2.2: Publicar información e recursos no curso de Polos Creativos da AV. E por último, o obxectivo O04PD "Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante." non se puido relizar ningunha acción xa que non se produciu a casuística.
Ao longo do segundo trimestre, acadouse o obxectivo O02PD "Formar ao profesorado no uso da dotación do programa Polos Creativos" tras completar o AO2.1 "Realizar seminarios de formación dos recursos de Polos Creativos"
En canto ao obxectivo O04PD "Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante." non se puido relizar ningunha acción xa que non se produciu a casuística.

Avaliación
- Realizarase unha avaliación do plan cun periodicidade trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles adaptacións das accións.
- Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos.
Cumpríronse os obxectivos marcados a principio de curso, agás o obxectivo catro, no que non se deu a casuística para poder levalo a cabo.
Instalación dos novos equipos informáticos nas diversas aulas para actualizar aqueles equipos máis obsoletos
Comunicación e difusión
O documento estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro e será difundido a través das redes sociais empregadas habitualmente polo centro. Ademais estará dispoñible en formato impreso na secretaría do centro e na sala de profesores