Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Facemos reunións trimestrais nas que levantaremos acta do seguimento e implantación dos obxectivos do Plan Dixital.
Obxectivo 1: Participar nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso: MeteoBarouta.
AO1.1: Acordar participación Plan Proxecta+.
AO1.2: Difundir as actividades do proxecto na Páxina Web.
Obxectivo 3: Anovar a páxina web e convertela no elemento integrador da comunicación das tarefas e procesos do centro.
AO3.1: Buscar e valorar deseños e opcións para a renovación da páxina web
AO3.2: Dar a coñecer nova web ao Claustro
AO3.3: Crear contas de usuarias/os para as mestras e mestres
Obxectivo 4 : Crear un repositorio de recursos propios en liña fomentando a creación e uso de recursos en galego.
AO4.3: Crear un espazo para o repositorio no aloxamento creado
AO4.1: Buscar opcións para o aloxamento do repositorio.
Obxectivo 1: Participar nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso: MeteoBarouta.
AO1.3: Crear un grupo en Agueiro, asociado ao plan, para coordinación do profesorado participante.
A01.4: Utilizar tecnoloxías dixitais por parte do alumnado para a procura e selección de información
Obxectivo 3: Anovar a páxina web e convertela no elemento integrador da comunicación das tarefas e procesos do centro.
A03.4: Utilizar a páxina web por parte do profesorado como medio integrador e de comunicación.
Obxectivo 4 : Crear un repositorio de recursos propios en liña fomentando a creación e uso de recursos en galego.
A04.5: Obter produtos finais no repositorio.
Obxectivo 1: Participar nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso: MeteoBarouta.
A01.5: Obter produtos finais.
Obxectivo 3: Anovar a páxina web e convertela no elemento integrador da comunicación das tarefas e procesos do centro.
A03.5: Obter produtos finais.
Obxectivo 4 : Crear un repositorio de recursos propios en liña fomentando a creación e uso de recursos en galego.
AO4.4: Crear grupo colaborativo para deseñar e crear contidos dixitais para as diferentes áreas, módulos, etapas,... dispoñibles no repositorio.
Avaliación
Ao longo do curso farase unha avaliación tanto procesual como final, atendendo aos obxectivos establecidos no Plan de Acción.
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar :
• o estado da execución das accións,
• a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso,
• as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O propio Plan de Acción, nos obxectivos plantexados, inclúe unha lista de cotexo como instrumento de avaliación que imos a utilizar.
O proceso de implementación, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá requerir o uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.
No presente curso, seguimos traballando na consecución dos tres obxectivos pendentes. Non houbo cambios e consideramos que son obxectivos factibles a acadar.
Avanzamos moito no desenvolvemento da web escolar e das bitácoras, como elementos de comunicación coas familias. Tamén desenvolvemos o proxecto multidisciplinar MeteoBarouta, dando un paso máis para formar parte da rede de meteoescolas e poñendo a funcionar una estación WIFI con datos en tempo real na nosa web.
Cabe sinalar, nembargantes, que o obxectivo referido ao repositorio de recursos está en proceso xa que, se ben temos recollidos varios recursos na web escolar e na bitácora, falta darlle unha estructura e adicarlle un espazo específico.
Seguimos a atopar os mesmos problemas que en cursos anteriores, con ferramentas corporativas obsoletas e limitacións que nos impiden o desenvolvemento axeitado das propostas do noso plan de acción.
No vindeiro curso seguiremos insistindo naqueles elementos no que nos resultou difícil avanzar:
- Insistiremos en tratar de conseguir ferramentas corporativas máis axeitadas.
- Queremos que o alumnado sexa máis autónomo e responsable coas ferramentas tecnolóxicas. Propoñemos crear grupos de expertos para traballar nos proxectos.
- Crear contextos de aprendizaxe onde integrar tódolos elementos relacionados co Plan Dixital.
- Implicar máis á Comunidade Educativa na participación dos diferentes obxectivos do Plan Dixital.
Comunicación e difusión
Seguirase unha estratexia de difusión do PD en consonancia co Plan de Comunicación que xa ten establecido o centro no referente aos documentos e proxectos:
• Publicación do PD na web do centro.
• Dar coñecemento do PD á ANPA para a súa difusión a toda a Comunidade Educativa.
• Dar difusión do PD a nivel de centro a todo o Claustro e Consello escolar mediante as xuntanzas que se fan regularmente ao longo do curso e mediante os Equipos de Traballo.
• Sistema de asambleas co alumnado e coas familias.
A través do buscador de Plans da Consellería de Educación.