Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  •     O IES Terra de Soneira atópase no Concello de Vimianzo, (A Coruña), é un concello de pouco máis de 8.000 habitantes, dos cales, 3.925 son homes e 4.114 son mulleres, segundo datos do Padrón Municipal do I.N.E. O centro, adoita o nome da bisbarra da Terra de Soneira, onde se atopa o propio centro e a localidade de Vimianzo. O Concello limita cos concellos de Muxía, Zas, Laxe, Camariñas, Dumbría e Mazaricos. Somos o único centro de secundaria obrigatoria (ESO) e postobrigatoria (Bacharelato) do Concello, e a el, acode o alumnado de Primaria, procedente de dous CEIPs adscritos, o CEIP San Vicenzo e o CEIP Baíñas. Tamén acode alumnado do IES Pedra da Aguia de Camariñas para cursar Bacharelato.

 

  • A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no seu artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá a estratexia dixital. A promoción do uso das tecnoloxías da información e a comunicación é unha labor que compete tanto á administración educativo como ás direccións dos centros. Mediante o presente Plan Dixital preténdese incidir sobre aquelas carencias detectadas no eido dixital permitindo facilitar a consecución dos obxectivos do noso Proxecto Educativo.

O centro participa no programa de innovación educativa Polos Creativos dende o curso 22/23 coa participación de tódolos niveis educativos e a práctica totalidade dos departamentos didácticos. Espérase contar cun importante nivel de retroalimentación entre as medidas do Plan de acción e as actividades que formarán parte do proxecto presentado no anterior programa, permitindo sobre todo un mellor aproveitamento das actividades previstas.

  • O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual do curso 23/24 e contribuirá directamente ao logro dos obxectivos relacionados coa potenciación da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e indirectamente a outros obxectivos.

 

1.2.  Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.3.  Proceso de elaboración

Este plan dixital elaborouse tomando como referencia o plan do curso 2022-2023 e facendo as modificacións necesarias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE  e test CDD

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Participación de las empresas en la estrategia. Tecnologías asistenciales. Traer el propio dispositivo. Habilidades digitales para diferentes materias. Resolver problemas técnicos. La tecnología en el centro. La tecnología fuera del centro con fines de aprendizaje. Alumnado Si
Debilidade Estrategia digital. Participación de las empresas en la estrategia. Evaluación del progreso. Sinergias para el aprendizaje mixto. Traer el propio dispositivo. Tecnologías asistenciales. Documentación del aprendizaje. Organización de centro Si
Debilidade Proyectos interdisciplinares. Autorreflexión sobre el aprendizaje. Comentarios a otros/as alumnos/as sobre su trabajo. Retroalimentación e apoio. Adopción da tecnoloxía. Visitas de estudo. Persoal docente Si
Fortaleza Dispositivos digitales para el aprendizaje. Dispositivos propiedad del centro para alumnos. Verificar la calidad de la información. Aprender a comunicarse. Habilidades digitales para diferentes materias. La tecnología en el en el hogar para el ocio. Ausencia de tecnología fuera del centro. Podo facer un seguimento das miñas tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto EDIXGAL na maioría das materias. Son coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispoño e fago uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Fortaleza Acceso del alumnado a dispositivos fuera del centro. A min ou a miña familia chégannos avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil. Ademais pódense xustificar as faltas ou pedir titorías. Familias Non
Fortaleza Infraestructura. Dispositivos digitales para la enseñanza. Acceso a internet. Asistencia técnica. Dispositivos digitales para el aprendizaje. Espacios físicos. Infraestruturas Non
Fortaleza Nuevas modalidades de enseñanza Oferta Non
Fortaleza Asistencia técnica. Espacios físicos. O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos (web,aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual. Organización de centro Non
Fortaleza Nuevas modalidades de enseñanza. Necesidades de DPC. Creación de recursos digitales. Empleo de entornos virtuales de aprendizaje. Comunicación con la comunidad educativa. Inclusión del alumnado.Formación do profesorado presencial. Formación de profesorado en rede. Formación a través da cooperación. Comunicación. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Participación de las empresas en la estrategia. Sinergias para el aprendizaje mixto. Outras Non
Oportunidade Infraestructura. Dispositivos digitales para la enseñanza. Acceso a internet. Asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso del alumnado a dispositivos fuera del centro. Contorna Non
Oportunidade Normas sobre derechos de autor y licencias de uso. O equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

·       Tras revisar os resultados do DAFO do noso centro o equipo de dinamización do plan dixital chegou á conclusión de que o alumnado demanda na aula metodoloxías colaborativas, autorreflexivas e coa retroalimentación axeitada vendo a mellora dos resultados das materias que imparte o profesorado que xa utiliza esta metodoloxía. Tamén lle consta ao equipo que o número de integrantes do profesorado que a utiliza é moi pequena, polo que pretendemos que este número sexa maior para que a porcentaxe de alumnado que se beneficia dela aumente e melloren os resultados globais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD F6 - Proxectos interdisciplinares (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)
O02PD F5 - Colaboración do alumnado (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)
O03PD G3 - Retroalimentación axeitada (Área G - Prácticas de avaliación)
O04PD G5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe (Área G - Prácticas de avaliación)
O05PD G6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. (Área G - Prácticas de avaliación)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento será a través das actividades do PFPP de dixitalización do centro e dos proxectos realizados no marco de Polos Creativos.

Tamén se realizará o seguimento revisando, de xeito trimestral, as accións dos distintos obxectivos.

1º Trimestre

Os obxectivos atópanse no seguinte punto:

O01PDF6 - Proxectos interdisciplinares (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)  Dentro do proxecto de Intelixencia emocional que ten o centro está a facerse unha actividade que consiste en deseñar frases de apoio emocinal por parte do alumnado do centro escoller entre as deseñadas. Estas frases córtanse en vinilo e péganse nas paredes dos baños do centro, esta ultima parte está a facela o alumnado de TIC II que xa ten rematado o proceso de corte, á volta do Nadal empezará o proceso de pegado. Tamén impartiron a formación necesarioa dende o Proxecto Terra para a continuación da patiomorfose comezada o curso pasado na que hay varios departamentos implicados.

O02PDF5 - Colaboración do alumnado (Área F - Pedagoxía e implementación na aula): Empezaremos a formación á volta do Nadal.

O03PDG3 - Retroalimentación axeitada (Área G - Prácticas de avaliación): Empezaremos a formación á volta do Nadal.    

O04PDG5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe (Área G - Prácticas de avaliación): Empezaremos a formación á volta do Nadal.   

O05PDG6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. (Área G - Prácticas de avaliación): Empezaremos a formación á volta do Nadal.

2º Trimestre

Os obxectivos atópanse no seguinte punto:

O01PDF6 - Proxectos interdisciplinares (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)   Os carteis das frases de apoio emocional xa se pegaron nas paredes dos baños e o ultimo día do trimestre se celebraron as 2ª Xornadas sobre saúde mental e emocional Quérete nas que estivo implicado todo o alumnado e profesorado do centro.

O02PDF5 - Colaboración do alumnado (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)  Esta formación comezaráse no terceiro trimestre.

O03PDG3 - Retroalimentación axeitada (Área G - Prácticas de avaliación)  Impartiuse a formación axeitada e crearonse tarefas de este tipo na AV do centro

O04PDG5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe (Área G - Prácticas de avaliación)   Esta formación comezaráse no terceiro trimestre.

O05PDG6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. (Área G - Prácticas de avaliación) Impartiuse a formación axeitada e se corrixiron tarefas con esta metodoloxía na AV do centro.

3º Trimestre

Os obxectivos atópanse no seguinte punto:

O01PDF6 - Proxectos interdisciplinares (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)  Neste trimestre realizáronse actividades de patiomorfose no marco do Proxecto Terra

O02PDF5 - Colaboración do alumnado (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)   Neste trimestre impoartuise formacion sobre Agueiro e realizáronse tarefas de traballo colaborativo en dita plataforma.

O03PDG3 - Retroalimentación axeitada (Área G - Prácticas de avaliación)  Este obxectivo rematouse no trimestra pasado.

O04PDG5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe (Área G - Prácticas de avaliación)   Este obxectivo rematouse no trimestre pasado.

O05PDG6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. (Área G - Prácticas de avaliación)    Este obxectivo queda pendente para o curso que vén. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

 Procedemento para a avaliación:

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos de EduCalidade. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes da aplicación para tal efecto.
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada un dos obxectivos de EduCalidade para valorar para o seu cumprimento.

Valoración xeral:

No transcurso deste curso escolar, o noso centro educativo levou a cabo diversas iniciativas para alcanzar os obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, realizamos unha valoración xeral sobre os logros e retos encontrados en cada un dos obxectivos definidos.

O01PDF6 - Proxectos interdisciplinares (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)

Neste trimestre, leváronse a cabo actividades de patiomorfose no marco do Proxecto Terra, logrando un enfoque interdisciplinar que permitiu ao alumnado conectar distintas áreas do coñecemento nun contexto práctico e relevante. Estas actividades fomentaron a creatividade e o traballo en equipo.

O02PDF5 - Colaboración do alumnado (Área F - Pedagoxía e implementación na aula)

A formación impartida sobre a plataforma Agueiro foi ben recibida polo profesorado, que participou activamente nas tarefas de traballo colaborativo. 

O03PDG3 - Retroalimentación axeitada (Área G - Prácticas de avaliación)

Este obxectivo foi completado no trimestre pasado, e podemos afirmar que a implementación de prácticas de retroalimentación axeitada resultou en melloras significativas na aprendizaxe do alumnado. A adopción de técnicas de feedback continuo permitiu unha mellor transparencia nas calificacións recibidas.

O04PDG5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe (Área G - Prácticas de avaliación)

Tamén rematado no trimestre pasado, este obxectivo contribuíu ao desenvolvemento da autorreflexión entre os estudantes, que agora teñen ferramentas máis eficazes para avaliar o seu propio proceso de aprendizaxe. Esta práctica promove a autonomía e a responsabilidade persoal, elementos clave para a aprendizaxe.

O05PDG6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo (Área G - Prácticas de avaliación)

Este obxectivo quedou pendente para o curso que vén. A pesar dos esforzos realizados, non foi posible completar a implementación efectiva de comentarios entre alumnado. Este será un punto focal no próximo ano escolar, onde buscaremos metodoloxías e ferramentas que faciliten esta práctica de maneira eficaz e construtiva. Como experiencia piloto realizáronse dous obradoiros de avaliación por pares en actividades de programación con alumnado de bacharelato.


Conclusión
En resumo, o Plan Dixital do Centro avanzou de maneira significativa na maioría dos obxectivos establecidos. As áreas de pedagoxía e implementación na aula foron fortalecidas, así como as prácticas de avaliación. Aínda que queda traballo por facer, especialmente no que respecta aos comentarios entre alumnado, os progresos acadados sentan unha base sólida para continuar mellorando e adaptándonos ás necesidades dixitais centro.

Proposta de mellora

Para seguir avanzando no noso Plan Dixital e abordar os retos identificados durante o curso escolar, propoñemos as seguintes melloras para o vindeiro curso:

1. Fortalecer os Proxectos Interdisciplinares (O01PDF6)

  • Ampliar a colaboración entre departamentos: Fomentar reunións periódicas entre os distintos departamentos para planificar e coordinar proxectos interdisciplinares, garantindo que todas as áreas do coñecemento estean integradas de maneira equilibrada.
  • Incorporar novas tecnoloxías: Explorar e implementar ferramentas dixitais que faciliten a colaboración e a xestión dos proxectos interdisciplinares, como plataformas de xestión de proxectos e recursos dixitais interactivos.
  • Feedback de estudantes: Recompilar e analizar o feedback dos estudantes sobre as actividades de patiomorfose e outros proxectos para identificar áreas de mellora e novas ideas.

2. Optimizar a Colaboración do Alumnado (O02PDF5)

  • Formación continua sobre Agueiro: Ofrecer formación continua tanto para o alumnado como para o profesorado sobre o uso avanzado da plataforma Agueiro, para maximizar as súas capacidades de colaboración.
  • Crear espazos de colaboración: Establecer espazos virtuais onde os estudantes poidan colaborar fóra do horario escolar, fomentando o traballo en equipo de maneira máis flexible.

3. Reforzar a Retroalimentación Axeitada (O03PDG3)

  • Establecer protocolos claros de feedback: Desenvolver guías e protocolos específicos para a retroalimentación, asegurando que esta sexa clara, construtiva e útil para o alumnado.
  • Formación en feedback para profesorado: Ofrecer talleres e recursos de formación para o profesorado sobre as mellores prácticas en retroalimentación, enfocándose na súa efectividade e impacto na aprendizaxe.

4. Fomentar a Autorreflexión sobre a Aprendizaxe (O04PDG5)

  • Desenvolver rúbricas de autorreflexión: Crear rúbricas que guíen aos estudantes no proceso de autorreflexión, axudándolles a identificar os seus puntos fortes e áreas de mellora.
  • Integrar a autorreflexión no currículo: Incorporar actividades de autorreflexión de forma regular nas distintas materias, garantindo que os estudantes teñan oportunidades constantes para reflexionar sobre o seu proceso de aprendizaxe.

5. Implementar Comentarios entre Alumnado (O05PDG6)

  • Piloto de avaliación por pares: Expandir os obradoiros de avaliación por pares realizados en bacharelato a outros niveis educativos, recollendo datos para mellorar o proceso.
  • Formación en avaliación por pares: Ofrecer formación aos estudantes sobre como dar e recibir feedback construtivo, asegurando que os comentarios sexan útiles e respectuosos.
  • Supervisión e apoio: Establecer un sistema de supervisión onde o profesorado poida revisar e moderar as avaliacións entre alumnado, asegurando a calidade e relevancia do feedback proporcionado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O acceso ao Plan Dixital do noso centro realízase a través da ferramenta de busca que contén a propia aplicación.

 

Enlace ao buscador de Plan Dixital https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ


Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Unha vez que teñamos o noso plan á vista premer na lupa para poder revisalo.