Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • CONTRIBUCIÓN DO PD AO PROXECTO EDUCATIVO

    O Plan Dixital de Centro, de agora en diante PDC, ten que formar parte das sinais de identidade do centro e polo tanto contribuír e formar parte do PE.
    O alumnado do CEIP Plurilingüe A Laxe, debe ser un alumnado formado en todas as competencias que establece a lei educativa e polo tanto, a competencia dixital ten que traballarse a todos os niveis. O PDC ten que establecer estratexias para que o alumnado adquira os aprendizaxes a través de medios dixitais e teña estes medios como recurso para a súa aprendizaxe.
    Non podemos esquecer que dentro das sinais de identidade no PE, temos un amplo alumnado de atención a diversidade para o cal, os recursos que podemos ofrecer a través de medios dixitais serán claves para traballar e lograr un maior éxito académico e social.

    A comunicación coas familias nos tempos nos que vivimos xa non pode estar limitada aos medios escritos, o plan dixital ten que aportar ao noso PE, un sistema de información e comunicación moito máis completo que o que ata agora se mantiña.

  • É fundamental establecer unha estreita relación entre a Biblioteca e o Plan Dixital. Dentro do noso PDC contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñibles para a biblioteca do centro.

  • Con respecto a outros plans, a difusión do noso idioma e o traballo de actividades e recursos a través das novas tecnoloxías educativas, farán que a difusión do Plan de Dinamización da Língua Galega acade maior calado.

  • O PDC contribúe á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 en tres vías:
     Integración de sistemas de avaliación a través de ferramentas
    dixitais.
     Dotación de medios e dispositivos dixitais para fomentar a lectura.
     Dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para a mellora
    académica.

  • Breve xustificación do mesmo

    Achega dos medios dixitais á consecución da adquisición dos elementos curriculares.
     Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

    Instrucións para o ensino non presencial.
     Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021/2022.

  • Instrucións para elaborar o plan dixital de centro.
     Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os documentos de recollida de información foron o informe SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non comproba afiabilidade da información que atopa en internet Alumnado Non
Debilidade O coñecemento das familias a nivel tecnolóxico é moi limitado Familias Non
Debilidade A asistencia técnica non cubre as necesidade do centro Infraestruturas Non
Debilidade No centro non se avalía con tecnoloxías dixitais os progresos de ensino aprendizaxe Oferta Non
Debilidade Dificultades no uso lexislativo referente a protección de datos. O profesorado fai un escaso emprego das tecnoloxías na documentación da aprendizaxe do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Baixa participación en proxectos interdisciplinares Baixo emprego de tecnoloxías na autorreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a a actuar de maneira segura en internet. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. O alumnado do centro aprende a comunicarse utilizando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de acceso a internet tanto para o ensino como para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza O centro emprega novas metodoloxías que integran as tecnoloxías. Oferta Non
Fortaleza O centro conta con plans de formación para axudar aos docentes a enfrontarse aos desafíos do ensino mixto. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado síntese apoiado e participa na mellora da súa competencia dixital Todo o profesorado ten acceso a un esenvolvemento profesional continuo (DPC) Os docentes, na súa totalidade, empregan a tecnoloxía dixital na comunicación no centro Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Déficit horario para poder reflexionar e mellorar os coñecementos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza O centro carece de sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza No centro empregamos en poucas ocasións as tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Baixa interacción na realización de proxectos educativos con outras entidades. Outras Non
Oportunidade O centro conta cunha infraestrutura dixital adecuada e adaptada ao ensino mixto. Administración educativa Non
Oportunidade No centro respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de emprego das tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade No centro dispoñemos de medidas para identificar as dificultades da aprendizaxe mixta para evitar a fractura dixital. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe SELFIE e o test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas ameazas e oportunidades a nivel externo, que quedan rexistradas no presente contexto DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Deseñar unha estratexia dixital enfocada ao seguimento do Plan Dixital.
002PD Promover o emprego da Aula Virtual coorporativa a partir de tercero de primaria.
003PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
004PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de educación primaria para analizar a fiabilidade da información.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións deste Plan Dixital.

1º Trimestre

Os obxectivos plantexados para o primeiro trimestre foron acadados total o parcialemente. 

2º Trimestre

Os obxectivos plantexados para o segundo trimestre non foron todos acadados. Depois de falar co claustro, chegamos a acordos para replantexar ditos obxectivos e modificalos de cara o curso que entra 24-25. 

3º Trimestre

Como falamos no segundo trimestre, certos obxectivos plantexados no plan no foron acadados. Polo que chegado o acordo co claustro, serán replantexados e modificados para o vindeiro curso, sendo estes máis realistas tendo en conta o noso estilo de centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

- No contexto da avaliación procesual se avaliará, como mínimo, unha vez ao trimestre,o desenvolvemento do plan dixital. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral

Rematado o curso e botando unha mirada atrás, podemos afirmar que o centro vai por bo camiño en canto o Plan Dixital se refire. Tendo en conta que a pesar de ter plantexados obxectivos básicos e con marxe, non todos foron acadados. Quizá debido a ser obxectivos, ainda sinxelos, non concordan coa realidade do centro. Polo que cara o curso que vén, aqueles que non foron completados, serán modificados de acordo o noso centro. 

Cremos que é importante e interesante a partes iguais a aplicación tecnolóxica do noso claustro e alumnado, pero sen esquecer que tamén o é a importancia de limitar os tempos de exposición a pantallas. Neste sentido, é recomendable ter este contacto e ensinar o noso alumnado a discriminar a información que podan atopar na rede, así como a utilización de diferentes ferramentes dixitais, pero sen esquecer a necesidade de que non esquezan a base. 

Proposta de mellora

Como propostas de mellora: 

- Deixar o alumnado de 1º e 2º libre do uso da Aula Virtual. Necesitan tempo para adquirir outros coñecementos.

- Comezar a aplicación do uso da Aula Virtual no alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

- No terceiro ciclo centrarémonos en Edixgal, xa que funciona coma unha aula virtual. Polo que non é necesario sobrecargar ó alumnado. 

En canto ó profesorado, a súa implicación foi positiva y de cara o curso que vén seguiremos na liña. A utilización de diferentes ferramentas dixitais nas súas esións estarán presentes, sempre baixo o seu criterio. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital darase a coñecer a Comunidade Educativa nas diferentes reunións de avaliación realizadas por cada titor/a  ao comenzo de cada curso.

O enlace do Plan Dixital está colgado na web do centro.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.