Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN
No CEIP de Pazos, atendendo ao disposto na LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación e, tal e como
se recolle no Proxecto Educativo, atopámonos en constante evolución dos espazos do centro
camiñando cara contornas virtuais de aprendizaxe que faciliten a aplicación dos plans
educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do
currículo, así como todos aqueles proxectos nos que participamos. Así mesmo buscamos a mellora
das condicións que permitan aos alumnos e alumnas o acceso, desde calquera sitio e en
calquera momento, a esas contornas de aprendizaxe. Cumprindo así, co principio de
accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como
en ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe.
O noso centro, tal e como recolle a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de
2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para
o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022,
continúa a deseñar tarefas globalizadas que requiran da posta en práctica de varias competencias
do alumnado, a aprendizaxe cooperativa, o uso das TIC como recurso didáctico, actividades que
favorezan a autoaprendizaxe, o pensamento crítico e creativo e a investigación mediante
proxectos de traballo, entre outras.
En definitiva, continuamos a traballar por mellorar a competencia dixital dos membros da
nosa comunidade educativa para transformar o centro nunha organización educativa
dixitalmente competente nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de
relación, tal e como se recolle na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e
implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade
Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
CONTEXTUALIZACIÓN

¿ Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro (as podemos extraer do
Proxecto Educativo).
¿ Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e
proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de
innovación nos que participa, ….
¿ Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización
do Plan Dixtal.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os documentos de recollida de información usados foron o Informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente.

A continuación nomearemos as diferentes Debilidades, Fortalezas, Oportunidades e Ameazas.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado que chega con erros adquiridos e asentados. Destreza dixital sesgada. Confusión tecnoloxía=xogo. Continuas distraccións. Uso de páxinas inadecuadas. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital dalgunhas familias. Problemas con Abalar. Non hai moito coidado do material Familias Si
Debilidade Problemas de conexión. A WiFi non ten moita cobertura; non chega a todos os espazos. Edixgal non sempre funciona, dá erro con certa frecuencia e tarda en cargar. O equipamento precisa actualización; hai material obsoleto. Necesidade de recalibrar as pantallas dixitais Infraestruturas Si
Debilidade Problemas para organización de reunións. Moitos proxectos e programas e falta de tempo e recursos humanos Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de formación de parte do profesorado. Reticencias á utilización dos recursos Persoal docente Non
Fortaleza Boa predisposición a empregar dispositivos dixitais. O alumnado maior está afeito ás novas tecnoloxías Alumnado Non
Fortaleza Novas familias con máis competencia dixital. Boa aceptación das familias fronte á incorporación a Edixgal Familias Non
Fortaleza Equipamento en todas as aulas. Variedade de recursos. Infraestruturas Non
Fortaleza Biblioteca ben equipada. Oferta de múltiples actividades. Oferta Non
Fortaleza Aproveitamento dos recursos humanos Organización de centro Non
Fortaleza Experiencia previa do coordinador. Moito profesorado con habilidades dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Conserxe con alta competencia dixital: coñecementos, experiencia, resolución e alta disposición, que resolve problemas e suple moitas carencias de asistencia técnica Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de carga burocrática. Interface da Xunta pouco operativa, pouco intuitiva e motivadora, unha interface complexa. Deficit de substitucións. Formación pouco efectivas: moitos contidos en pouco tempo e ás veces moi teóricas. Administración educativa Non
Ameaza ANPA con poucas socias ANPA Non
Ameaza Contorna semirrural- malas conexións. Contorna Non
Ameaza Moitos e continuos cambios. Lexilación descontextualizada Lexislación Non
Oportunidade UAC e PREMIUM. CFR. Microrredes para o Plan dixital e mentores. Lecturas dixitais E Elbe2. Bibliotecas Creativas. Apoio económico Exceso de carga burocrática. Interface da Xunta pouco operativa, pouco intuitiva e motivadora, unha interface complexa. Deficit de substitucións. Formación pouco efectivas: moitos contidos en pouco tempo e ás vece Administración educativa Non
Oportunidade Apoio e dispoñibilidade. ANPA Non
Oportunidade Digicraft - Vodaphone. Concello: Actividades extraescoalres Robótica. LEGO: asesoramento. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe SELFIE e o Test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas Ameazas e Oportunidades a nivel externo, que quedan rexistradas no presente do contexto DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Acadar a mellora da conexión wifi en todo o centro.
O2PD Actualizar as pantallas dixitais.
O3PD Actualizar o equipamento informático.
O4PD Elaborar unha programación vertical dixital.
O5PD Implementar a programación vertical dixital
O6PD Mellorar a competencia dixital das familias.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso levouse un seguimento do Plan Dixital a través das reunións tanto presenciais coma online do profesorado implicado neta tarefa.

1º Trimestre

O primeiro trimestre dedicouse principalmente a mellorar as plataformas e recursos dixitais do centro e a implementar a programación vertical dixital en todos os cursos.  Así mesmo, propuxéronse e organizáronse obradoiros para mellorar a competencia dixital das familias, que se levarán a cabo ao longo do segundo trimestre. 

2º Trimestre

Levouse a cabo unha formación de radio co profesorado e, posteriormente, outra coas familias e o alumnado, enfocada a coñecer o funcionamento da radio escolar e a manexar algúns programas dixitais de gravación e edición. Outra das formacións planificadas para mellorar a competencia dixital das familias non puido levarse a cabo por motivos externos ao centro, polo que trataremos de levala a cabo no terceiro trimestre.

 

3º Trimestre

Durante este último trimestre continuamos traballando a competencia dixital do alumnado a través  de diversas vertentes:

- Enmarcadas no proxecto "Digicraft no teu cole", levamos a cabo unha serie de actividades tecnolóxicas que fomentaban a creatividade e o traballo en equipo.

- Puxemos en marcha un "Club de videoxogos" no que dar a coñecer obras de ficción dixital de calidade ao alumnado.

- Formación STEAM no cole con Gazapo, dirixida ao alumnado de 3º a 6º.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Revisión e análise das medidas levadas a cabo

Valoración xeral

Os resultados acadados ao longo deste ano son positivos e satisfactorios. Logramos mellorar a competencia dixital da comunidade escolar a través de diversas propostas e obradoiros e o profesorado comprometeuse e formouse para poder utilizar efectivamente as ferramentas dixitais e crear contido educativo relevante para os nosos estudantes. 

 

Proposta de mellora

Como seguinte paso, continuaremos axustando as nosas estratexias para manter os nosos obxectivos e asegurarnos de que estamos a maximizar o noso impacto en liña para a educación dos nosos estudantes. Un punto forte a conseguir para o vindeiro curso será aumentar a formación de toda a comunidade escolar a través de diversas propostas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15024227