Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Esta é unha escola rural,unitaria,mixta e pública de educación infantil que pertence á Consellería de Educación da Xuntta de Galicia. Está situada na parroquia de Santiago de Adragonte.lugar de Areas(paderne).

O seu modelo educativo está baseado en pedagoxías activas e vivenciais. Un espazo humano,pedagóxico e reflexivo,adicado ao coidado,desenvolvemento e aprendizaxe de todos os nenos e nenas coa finalidade de potenciar e respectar as súas habilidades naturais.

Este Plan Dixital de centro propón recoller as actuacións para mellorar a competencia dixital do centro e de todos os sectores da comunidade educativa.

Na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Ed. e FP,pola que se ditan instruccións para o deseño,elaboración e implementacióndo Plan Dixital nos centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.

O proceso de elaboración do P.D. inclúe varias fases para a súa elaboración concretadas para o curso 2021/2022 :

-Fase I : Análise e diagnose.

-Fase II: Deseño e elaboración do P.D.

-Fase III: Implementación,seguimento e avaliación. Cada unha destas fases están debidamente temporalizadascontando co asesoramento do ADIX Coruña3.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE e TCDD

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non todo o alumnado conta con soporte informático na casa o que limita o traballo en entornos virtuais Alumnado Non
Debilidade O noso centro non conta cunha estratexia dixital establecid nun Plan Dixital de Centro, Organización de centro Si
Debilidade Non usamos habitualmente sistemas de aprendizaxes virtuais. Organización de centro Si
Debilidade Non temos unha biblioteca de recursos dixitais compartida con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Non participamos nun Plan de Formación porque non se axustan ás nosas necesidades. Organización de centro Non
Debilidade Non usamos habitualmente ferramentas corporativas no noso traballo. Organización de centro Non
Debilidade Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos nin precisamos de sistemas de avaliación dixital do progreso do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non colaboramos con outros centros da contorna en actividades dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con formación no ámbito da robótica educativa nin en codificación. Persoal docente Si
Debilidade Non creamos contidos dixitais propios e non usamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado moi motivado no traballo dixital. Alumnado Si
Fortaleza Os nosos alumnos son competentes dixitalmente. Alumnado Non
Fortaleza Familias colaboradoras e implicadas. Familias Non
Fortaleza O centro conta cunha organización adecuada dos recursos dixitais. Infraestruturas Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Saturación laboral que limita o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativa ás normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativa á compra de produtos informáticos. Lexislación Non
Oportunidade A UAC ten unha resposta axeitada ás nosas necesidades. Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da información optida no informe SELFIE e TCDD unha valoración subxectiva do noso centro e alumnado establecimos o nos DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a estratexia dixital na aula: celebrar videoconferencias con outros centros similares para aumentar o intercambio e colaboracion nas diferentes actividades de EA
O02PD Iniciar ao alumnado na robótica educativa

Seguimento

Procedemento

A persoa mentora ADIX realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar as avaliacións deste Plan.

1º Trimestre

Instalación da ferramenta webex nos ordenadores corporativos.

Realización de diversas conferencias coa outra escola do concello.

Compartir contidos dos proxectos que se levan a cabo nos centros.

2º Trimestre

Adquisición de blueboot e beebots para o centro.

Adquisición de material complementario para un mellor desenvolvemento das actividades cos robots.

iIniciación das actividades de programación con beebots

3º Trimestre

. Continuación coas actividades previstas con normalidade.

.A finais do 3º trimestre instalaron nas aulas as novas ferramentas e a cobertura por fibra de internet.

. Comezamos a familiarizarnos con elas, tanto mestras como alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do Plan será necesario medir o grao de consecucióndos obxectivos que nos marcamos. Tamén haberá que comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo de xeito específico e concreto.

Todos estes aspectos deben ser medibles,acadables,realistas e definidos no tempo.

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez por trimestre.Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións , a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso,as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora..                                                       No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será , como mínimo,unha vez ao ano. Os aspectos a  considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e prazos e as propostas de mellora. O informe de progreso formará parte da Memoria Anual do Centro.

Para levar a cabo a avaliación teremos en conta os indicadoresde avaliación asociados a cada obxectivo e acción.

Realizaremos unha valoración trimestral das accións levadas a cabo e unha valoración final do propio Plan Dixital.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

. As actividades de robótica continuarán no futuro.

.Ampliaremos o material de robótica coa adquisición de diversos complementos para os beebots.

.Engadiremos o panel dixital á nosa actividade cotiá.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliación do PD.      

PLAN DIXITAL