Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital responde á necesidade de unificar e sistematizar todas as iniciativas, actividades e esforzos que se desenvolven no centro, e que están relacionados co uso das ferramentas dixitais para a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

Dende fai anos, as chamadas Tecnoloxías da Información e da Comunicación foron gañando presenza e protagonismo nos centros educativos, sendo ferramentas auxiliares nos diferentes procesos, tanto nos didácticos como nos administrativos, comunicativos, etc.

Na actualidade, as ferramentas dixitais son inherentes á sociedade da que forman parte os docentes e tamén as nenas e nenos, polo que deben formar parte do día a día dos centros educativos, dado que aportan un valor engadido do que todos somos conscientes.

A pandemia da que estamos a saír puxo de manifesto todas as potencialidades que agochan, relacionadas fundamentalmente coas posibilidades comunicativas sincrónicas e asíncronas, coa interactividade, coa adaptacións aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, etc.

Polo tanto, este Plan Dixital vén a unificar todas as iniciativas que se desenvolven no centro relacionadas co uso das ferramentas dixitais, conformando un documento no que se establecen os obxectivos a conseguir, e un plan de acción para cada un deles.

Como non podería ser doutra maneira, existe un marco normativo que articula a elaboración e características do nomeado documento, e que se recolle deseguido:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Enlace ao plan dixital colgada na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmartagona/?q=node/166

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron os seguintes:

  • Autoavaliación SELFIE: o informe de centro SELFIE reúne as opinións do equipo directivo, o profesorado e o alumnado e compáraas. Do mesmo xeito que un selfie de verdade, a información recollida en SELFIE ofrece ao centro unha instantánea de en que punto atópase na actualidade en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais de ensino e aprendizaxe. Os resultados de SELFIE poden axudar a establecer un diálogo dentro da comunidade escolar. Pode ser unha boa base para identificar e analizar as fortalezas e as debilidades e crear un plan escolar en relación co uso das tecnoloxías dixitais para dar apoio á aprendizaxe.
  • Test CDD: o Test de Competencia Dixital Docente (CDD) permite ao profesorado auodiagnosticar o seu nivel de competencia dixital tomando como referencia o Marco de Competencia Dixital DigCompEdu.
  • Análise DAFO: a análise DAFO é unha sinxela ferramenta de análise estrátegico moi estendida na toma de decisións de todo tipo de organizacións e empresas. Por tanto resulta de gran utilidade para emprendedores, autónomos e pemes á hora de analizar os seus proxectos e negocio así como elaborar os seus estudos de mercado, plans estratéxicos e de negocio.
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Fomento da capacidade de valorar o traballo que os demais realizan e comparten a través da Internet. 2. Creación de contidos dixitais por parte do alumnado. 3. Capacidade do alumnado de comunicarse a través das Tecnoloxías Dixitais. 4. A pesares de ser nativos dixitais, presentan escasos coñecementos no manexo do equipamento informático, mais alá de dispositivos táctiles e relacionados cos aspectos lúdicos das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Si
Debilidade 1. Dificultades de acceso a Internet. 2. Escaseza nos fogares de Tecnoloxías Dixitais. 3. De maneira puntual, escaseza de coñecementos na utilización de Tecnoloxías Dixitais con fins educativos. 4. Pouco coñecemento do uso que os seus fillos fan dos dispositivos, O que se traduce tamén nunha baixa supervisión e un uso pouco regulado E razoado. Familias Si
Debilidade 1. Infraestrutura dixital deficiente, existindo aulas aínda sen cablear. 2. Asistencia Técnica. 3. Existencia de sistemas de protección de datos. 4. Dispositivos obsoletos/desactualizados. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Existencia dunha estratexia dixital no Centro. 2. Dificultades para a resolución das incidencias (falta de coñecementos para resolvelas, falta de tempo...). 3. Adicación dunha boa parte do orzamento do Centro á compra e mantemento das Tecnoloxías Dixitais (de non recibir partidas específicas ou que resulten insuficientes). Organización de centro Si
Debilidade 1. Avaliación do progreso na utilización das Tecnoloxías Dixitais. 2. Uso de Tecnoloxías Dixitais para colaborar con outras institucións. 3. Existencia de reflexión sobre o Dsenvolvemento Profesional Continuo. 4. Intercambio de experiencias entre o profesorado. 5. Creación de recursos dixitais. 6. Emprego de Contornas Virtuais de Aprendizaxe. 7. Fomento da creatividade a través das Tecnoloxías Dixitais. 8. Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando as Tecnoloxías Dixitais. 9. Uso de Tecnoloxías Dixitais para informar ao alumnado sobre os resultados da avaliación. 10. Uso de Tecnoloxías Dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa propia aprendizaxe. 11. Uso de tecnoloxías Dixitais para a coavaliación do alumnado. 12. Certa reticencia ao cambio por parte dunha parte do profesorado, debido a inseguridades, falta de formación, abandono da zona de confort... Persoal docente Si
Fortaleza 1. Fomento de pautas de actuación entre o alumnado para o uso seguro de Tecnoloxías Dixitais. 2. Fomento de pautas de actuación ente o alumnado para o uso responsable e respectuoso das Tecnoloxías Dixitais. 3. Fomento de habilidades para a busca, selección e procesamento da información entre o alumnado. 4. Habilidades dixitais para a súa aplicación nas diferentes materias. 5. Capacidade para codificar e programar. 6. Capacidade para resolver problemas técnicos de fácil resolución. Alumnado Si
Fortaleza 1. Predisposición para a utilización de Tecnoloxías Dixitais. Familias Si
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para o uso nos procesos de E/A. 2. Acceso a Internet. 3. Dispositivos dixitais a disposición do alumnado, aínda que insuficientes. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Uso das Tecnoloxías Dixitais para as Comunicacións coa Comunidade Educativa. 2. Interese pola incorporación, ao Centro, de Tecnoloxías Dixitais Innovadoras. 3. Utilización das ferramentas institucionais para as comunicacións coa Comunidade Educativa (web do Centro, Abalarmobil...). 4. Dotación do Centro na medida das posibilidades económicas. Organización de centro Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensinanza. 2. Respecto polos dereitos de autor e licenzas de uso. 3. Existencia de debate sobre as vantaxes e desvantaxes no uso das Tecnoloxías Dixitais. 4. Busca de recursos dixitais en Internet. 5. Preferencia polo uso de recursos educativos abertos. 6. Adaptación dos métodos ás necesidades do alumnado utilizando Tecnoloxías Dixitais. 7. Realización de actividades utilizando as Tecnoloxías Dixitais. 8. Utilización de Tecnoloxías Dixitais para favorecer a colaboración entre o alumnado. 9. Utilización de tecnoloxías Dixitais para avaliar ao alumnado. Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Tempo para explorar a Ensinanza Dixital. 2. Espazos físicos insuficientes para unha correcta organización dos Dispositivos Tecnolóxicos. 3. Excesiva burocracia nos procesos de solicitude dos Plans e Programas (proxecto previo, memoria, avaliación do mesmo, análise de impacto...). 4. Falta de mantemento e renovación do equipamento tecnolóxico do Centro. 5. Excesiva tardanza na resolución das incidencias que requiren a presenza dun Técnico no Centro. 6. Escasa atención ás demandas materiais do Centro (equipos informáticos, Tabletas, impresoras...). Administración educativa Si
Ameaza 1. Escasa atención aos aspectos relacionados coa alfabetización dixital das familias e do propio alumnado, no contexto das actividades Extraescolares. ANPA Si
Ameaza 1. Fenda Dixital. Contorna Si
Ameaza 1. Inestabilidade lexislativa, continuos cambios, con grande carga burocrática para os Centros, o cal xenera unha inevitable desatención a outros aspectos, Como poden ser as Tecnoloxías Dixitais. 2. Escasa difusión da normativa sobre Dereitos de Autor e Licenzas de Uso. Lexislación Si
Oportunidade 1. Sinerxias para a aprendizaxe mixta (oportunidades a través da Formación). 2. Existencia de posibilidades de formación para o Desenvolvemento Profesional Continuo. 3. Posibilidade de avaliar a propia Competencia Dixital Docente. 4. Oferta de programas, plans, proxectos, formación... que inciden directamente no uso e aplicación ao ensino das Tecnoloxías Dixitais (Edixgal, Robótica Educativa, Impresión 3D, Digicraft...). Administración educativa Si
Oportunidade 1. Publicación de Plans e Proxectos que xeran oportunidades de actualización nos Centros. Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Destacamos que os conceptos de formación e dotación de material son aspectos a mellorar de forma salientable en vindeiros cursos académicos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adaptar material para o alumnado ucraíno. Facer accesible lingüisticamente o centro a este alumnado.
O02PD Solicitar o programa de Polos Creativos, para dotar ao centro de ferramentas innovadoras.
O03PD Actualizar o inventario de equipamento informático, audiovisual e de IPs
O04PD Coñecer algunha ferramenta de avaliación dixital do alumnado.
O05PD Facer un uso dos Recursos Educativos Abertos respectuoso cos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso.
O06PD Dinamizar a Radio na Escola.
O07PD Revisar o estado de actualización do equipamento informático e instalar antivirus
O08PD Formar ao alumnado no manexo básico dun equipo informático, e na resolución de pequenos problemas técnicos.
O09PD Establecer unha liña de formación relacionada co programa Edixgal e coa creación de contidos dixitais para aplicar nas aulas.
O10PD Coordinar, coa ANPA do Centro e Servizos Educativos do Concello, unha formación específica para nais e pais sobre os riscos das Redes Sociais, Internet e Videoxogos.
O11PD Impulsar o uso da Aula Virtual

Seguimento

Procedemento

En colaboración co equipo TICs do centro, realizaranse as pertinentes reunións para facer o seguimento sobre a aplicación do plan dixital. Nos seguintes apartados explícase o procedemento.

1º Trimestre

No CEIP Martagona de Melide, sendo as 17:00 horas do día 8 de novembro de 2022, celébrase a primeira reunión de avaliación do equipo TICs, tal e como establece o regulamento interno de centro recollido no proxecto educativo (PEC).

  • Recolleranse nas diferentes actas a información tratada nas diferentes reunións do equipo TIC.
  • Creación dun medio de comunicación co coordinador (ticsmartagona@gmail.com).
  • Actualización da páxina web por parte do equipo TIC, en referencia as actividades realizadas dende os diferentes equipos de dinamización do centro.
  • Creación dun soporte dixital dentro do claustro para o intercambio de fotografías e vídeos das diferentes actividades que se celebren dende o centro.
  • Participación nun PFPP vinculado ao plan dixital e outro ao abeiro de polos creativos.
  • Participación do equipo docente para o cumprimento do plan dixital.
  • Establécense os criterios para repartir os ordenadores de préstamo dos que dispón o centro, estando arriba indicados.
2º Trimestre

As tarefas temporalizadas neste trimestre son:

  • Colocación de carteis indicadores das estancias do Centro no idioma ucraíno.
  • Instalación de tradutores nunha tablet a disposición de cada unha das aulas receptoras.
  • Asignación dun tempo específico semanal para que a persoa encargada da web do centro a actualice.
  • Creación dun drive para que as mestras e mestres suban as imaxes, videos... das actividades que se realizan ou nas que se participa.
3º Trimestre

As tarefas temporalizadas neste trimestre son:

  • Creación dunha liñaa de formación relacionada con Recursos Educativos Abertos, cos Dereitos de Autor e coas Licencias de Uso.
  • Creación dun guión, involucrando ao alumnado, gravación, montaxe e publicación.
  • Estratexias e repositorios para a busca destes recursos.
  • Creación dunha liñaa de formación sobre contidos dixitais.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Este documento estará sometido a unha revisión e actualización constante, sendo revisado, canto menos, trimestralmente, facendo fincapé no estado de execución das accións e cumprimento de obxectivos.

No referido á avaliación final, esta centrarase na análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

Valoración xeral

A implementación do plan dixital precisa asimilación por parte da comunidade educativa, tratando de buscar ferramentas de colaboración que permitan un maior e mellor uso das novas tecnoloxías.

Proposta de mellora

Ter en conta no proxecto educativo de centro que se debe ampliar o tempo e a periodicidade de reunións vinculantes aos equipos que tomen decisións sobre o plan dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Informarase a claustro e consello escolar para a súa aprobación, difundindo este documento entre a comunidade educativa utilizando os medios habituais (páxina web do Centro), servicio de mensaxería abalar e o soporte de EduCalidade.