Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso alumnado procede das parroquias rianxeiras do Araño (1228 habitantes, 592 homes e 636 mulleres) e Taragoña (2084 habitantes, 994 homes, 1090 mulleres). Nos últimos vinte anos a poboación de ambas parroquias descendeu en máis de 400 habitantes cada unha. A nosa escola de infantil de referencia é o CRA de Rianxo e o instituto o Felix Muriel, tamén de Rianxo. O noso centro participa de diferentes proxectos que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais do alumnado. Desde o curso 2019-2020 integrámonos no proxecto E-dixgal, sendo o primeiro centro de Rianxo en facelo. O curso pasado 2020-2021 saíu a primeira promoción formada con libros dixitais e os resultados foron altamente satisfactorios. Tamén participamos do proxecto DigiCraft da fundación Vodafone España, con formación online para o profesorado e dotación de materiais dixitais.

A biblioteca do centro leva varios anos participando dos proxectos de Biblioteca Creativa (pantalla croma, montaxes audiovisuais, impresora 3D, scornabots...), Radio na Biblio e da Plataforma de lectura dixital ELBE 2. Existe unha estreita colaboración entre os equipos de biblioteca e as tic, así como coa dirección do centro para que todos os esforzos na mellora das competencias dixitais estean perfectamente coordinados. Contamos así mesmo cunha Aula Virtual dinámica, que durante todo o curso achegou recursos audiovisuais, pdf’s, tarefas, enquisas, etc. e acolleu algún dos documentos mais importantes do curso como o Proxecto Documental Integrado a proposta da biblioteca do centro ou o Cancioneiro Escolar Urxente. As páxinas da Aula Virtual de interese para toda a comunidade son de aceso libre universal. O noso Proxecto Dixital pretende por en valor toda a infraestrutura acumulada nos últimos anos e acabar coas barreiras de tipo tecnolóxico que poidan limitar o seu uso. Estas limitacións foron detectadas polas probas diagnósticas efectuadas este ano e afectan a toda a comunidade, polo que a nosa intención é intervir no profesorado, no alumnado e tamén nas familias.

Durante o século XX acadouse en Galicia a alfabetización e a escolarización universal, un logro que precisou de grandes esforzos, non só das institucións e dos diferentes gobernos, senón, e por encima de todo, da cidadanía. En 1900 a taxa de alfabetización no noso país era do 52 % en homes e de apenas o 16 % en mulleres. Às escolas construídas polo Estado sumáronse as financiadas polo diñeiro da emigración, como a escola infantil Rosalia de Castro de Taragoña. Un século mais tarde, cando xa se lograra o acceso ao sistema educativo de toda a sociedade, precisábamos dunha segunda alfabetización, desta volta na linguaxe informática e no uso e manipulación dos recursos tecnolóxicos. A pandemia e o confinamento durante o curso 2019-2020 situounos de fronte co problema: a falsa realidade na que vivíamos pensando que os nenos e as nenas nacen sabendo usar un ordenador e que todo se pode xestionar desde o noso móbil. As carencias foron tan evidentes que tivemos que facer un esforzo titánico para pór a funcionar ferramentas coas que xa contábamos pero que en moitos casos infra-utilizáramos ou simplemente ignoráramos. A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital lembra o recollido nos Art. 111Bis, 121 e 132 da LO 2/2006:

«O artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro». A Resolución do 3 de setembro do 2021 marca como obxectivos a lograr coa posta en marcha do plan dixital os seguintes:

a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e a xestión dos recursos humanos e materiais do centro. b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital. c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa . para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación. d) Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións. Unha vez realizadas todas as probas diagnósticas (Selfie, Dafo, CDD), no último trimestre do curso 2021-2022, o Plan Dixital entrégase aos interesados para «ser aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro. No seu caso, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustro e será elevado como informe ao Consello Social». O parágrafo entre aspas está copiado literalmente da resolución. No vindeiro curso o plan deberá ser posto en marcha cunha constante actualización.


A principio de curso ofertamos entre o profesorado un PFPP para realizar o Plan Dixital que contou co asesoramento do Adix Ribeira e como mentora a María Varela Abuín. Finalmente, o equipo encargado para a elaboración do Proxecto Dixital ficou constituído por Alma María Caamaño Romero (directora do centro), María Covadonga Rodríguez Argüelles (coordinadora da biblioteca escolar) e José Luís Dopico Orjales (coordinador de Tic). Seguindo as indicacións do Adix Ribeira e a nosa mentora, realizamos as probas diagnósticas que consistiron na autoavaliación SELFIE, no test CDD, na análise DAFO e finalmente a elaboración do Plan de Acción. O proceso inicial vese culminado coa redacción do presente Proxecto Dixital. O coordinador do proxecto e a directora do centro asistiron ás docencias formativas impartidas online e no mes de maio entregamos en data e forma a memoria do PFPP S2131009 Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital, á asesora CAFI Marta Valderrama.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Seguindo a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan DixitalOs instrumentos de recollida de información previa para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, procedemos a realizar a análise da situación do centro. Con esta fin, a análise da situación do centros realizouse a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Infraestructuras Existe certa preocupación sobre como detectar e paliar a brecha dixital (C11). Infraestruturas Si
Debilidade O uso das infraestruturas e equipamentos no centro é desigual, pois depende máis da vontade do profesorado que dun plan de centro. O centro investiu, con fondos propios, en ordenadores de mesa e portátiles para renovar o equipamento existente. Vulnerabilidade dos proxectos a causa da fatiga dos coordinadores, dos cambios nos equipos directivos, etc. Organización de centro Si
Debilidade Parte do profesorado manifesta rexeitamento ao uso da aula virtual do centro ou á implantación do proxecto Edixgal. Baixa competencia dixital en parte do profesorado. Desmotivación do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza O centro oferta regularmente cursos para un uso responsable de internet. Alumnado Non
Fortaleza As familias sempre responderon adecuadamente a todas as sesións formativas que fixemos, tanto nas convocatorias e-dixgal como outras feitas dede a Biblioteca Escolar.As familias do alumnado e-dixgal manifestan unha grande satisfacción co proxecto, o cal pode ser aproveitado para espallar a experiencia dixital noutros niveis educativos do centro. Familias Non
Fortaleza EQUIPAMENTO O centro conta con infraestructuras e equipamento adecuado en todos os espazos do colexio. A nota media en todos os apartados do Selfie referentes a infraestruturas sobre os que se consultou (C1, C2, C3, C5, C7, C8, C10, C11, C14, C15, C16) recibiron unha cualificación superior a 4. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro oferta proxectos de formación (PFPP) con docencias, para a consecución de habilidades dixitais e tecnolóxicas. O centro, a través da Biblioteca Escolar, oferta ao longo do curso, actividades e docencias relacionadas con robótica, radio escolar, competencia dixital, etc. Desde o principio de curso ponse a disposición do profesorado a Aula Virtual, con todos os cursos creados e o alumnado matriculado.Todas as titorías dispoñen de ordenador na aula con conexión a impresora do centro e pantalla dixital. O centro conta cunha extratexia digital baseada na incorporación a programas dixitais como E-dixgal, Biblioteca Creativa, Elbe 2, Radio na Biblio e Digicraft. Desde o curso 2019-2020 o noso centro participa do proxecto Edixgal. Oferta Non
Fortaleza Uso universal no centro do software libre e da maqueta abalar (Plataformas Coorporativas), que pon a disposición de todo o alumnado e profesorado de ferramentas dixitais de grande utilidade. Excelente catálogo de ferramentas dixitais para uso no centro como robótica (escornabots), impresora 3D, material digicraft, radio escolar, tablets, aula de informática, etc. O coordinador de Tic's pon a disposición do profesorado as súas horas de coordinación para axudar e asesorar en calquera dúbida a respecto das tarefas dixitais do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Tanto o profesorado de E-dixgal como o coordinador de Tic acumulan anos de experiencia nos seus cargos e son definitivos no centro. Dispoñibilidade do profesorado edixgal para cooperar e compartir a súa experiencia dixital co resto das compañeiras. Entendemos como un activo a experiencia de traballo cooperativo entre o profesorado que imparte en e-dixgal. Persoal docente Non
Fortaleza O conxerxe do centro colabora en todas as tarefas de instalación, mantemento e calquera outra continxencia que se nos presente. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As dificultades que supón traballar con grupos grandes de alumnos e alumnas nos niveis mais baixos e a imposibilidade por horario de ter profesorado de apoio. Administración educativa Si
Ameaza Debemos estar atentos ante a grave crise económica provocada pola pandemia e o conflicto armado en Ucraína, xa que pode provocar brechas tecnolóxicas nos fogares. Contorna Non
Oportunidade Recibimos un bo servizo e existe unha boa comunicación tanto cos técnicos da UAC como cos do Servizo Premium. Administración educativa Non
Oportunidade Existe unha boa comunicación e implicación coa ANPA, o que pode favorecer o traballo en equipo para mellorar o nivel de competencia dixital en todo o centro. ANPA Non
Oportunidade As consultas feitas desde a dirección do centro non detectaron problemas de acceso ou conectividade á rede nos fogares do noso alumnado. Contorna Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado no manexo dos novos paneis dixitais a través dun seminario PFPP
O02PD Optimizar a páxina web do centro.
O03PD Formar ao profesorado en aplicacións didácticas para os polos creativo.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa coordinadora do "PD- terá acceso" á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Quedan realizados os obxectivos propostos para este trimestre, que poden ser revisados os seguimentos das accións nos apartados de obxectivos.

2º Trimestre

Quedan realizados os obxectivos propostos para este trimestre, que poden ser revisados os seguimentos das accións nos apartados de obxectivos.

3º Trimestre

Quedan realizados os obxectivos propostos para este trimestre, que poden ser revisados os seguimentos das accións nos apartados de obxectivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

En xeral, a nosa valoración xeral da aplicación do plan é moi positiva. Algunha das actividades, como a referentes ao desenvolvemento da páxina web, foron especialmente positivas. As modificaciones efectuadas na web nos permitiron descargar de traballo ao administrador da mesma, e que todo o profesorado e a ANPA poidesen subir os seus propios contidos. Tamén foron moi interesantes as ponencias sobre paneis dixitais e ferramentas dos Polos Creativos, mais o desenvolvemento foi menor por non se ter cumplido as espectativas de ter neste curso, todas as aulas equipadas con paneis e que os Polos chegasen ao noso cole.

Proposta de mellora

Lamentamos moito o feito xa comentado de que a totalidade do profesorado do centro non poda estar xa traballando con paneis dixitais. O mesmo acontece co equipamento dos Polos Creativos. Sen este material é imposible poder tirar todo o rendemento ao aprendido nas docencias e termos que reincidir nos mesmos contidos para cursos vindeiros.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Plan Dixital de Centro. 2023-2024

As familias foron informadas do Plan Dixital por mensaxes de Abalar.