Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
NOME: CPI A Xunqueira.
DIRECCIÓN: Avenida do mar s/n. CP: 15500. Fene. A Coruña
CORREO: cpi.axunqueira@edu.xunta.gal
PÁXINA WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaxunqueira/
ETAPAS: Infantil, Primaria e ESO.
N.º Alumnado: 273.
N.º Profesorado: 38.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O CPI A Xunqueira ubícase na parroquia de San Valentín no concello de Fene (12.832 habitantes en 2021). O barrio de San Valentín conta con 1.334 habitantes (segundo datos publicados polo INE a 1 de xaneiro de 2020) e é unha das parroquias máis urbanizadas.
O noso centro primeiramente foi un colexio público de Educación Infantil e EXB e dende o ano 1998 constitúese como Centro Público Integrado. Neste curso 2023-2024 hai escolarizados 254 alumnos: 40 en Ed. Infantil, 107 en Ed. Primaria e 107 en Ed. Secundaria. Proveñen maioritariamente do barrio de San Valentín. En Ed. Secundaria matricúlase alumnado doutras parroquias como son Perlío, Fene e Sillobre. A presenza do alumnado inmigrante é pouco importante.
Nas diferentes equisas feitas ás familias, dentro das avaliacións oficiais, o centro clasifícase nun ISEC medio. Este indicador estuda o nivel máximo de estudos das familias e os recursos económicos dos fogares.
1.3. Breve xustificación do mesmo
En canto á contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro rexímonos polas seguintes normas:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración
Dende o Equipo Directivo nomeouse á mestra de Pedagoxía Terapeútica, María Teresa Bouza Pérez, como coordinadora deste Plan e o equipo de traballo está formado polo seguinte profesorado: Mº Isabel Hermida Rodríguez, Lucía Moure González, Lucía Prieto Seijas, Gloria Gómez Edreira e Ana María Díaz Cartelle.
 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste plan, nun primeiro momento, fíxose unha enquisa a toda a comunidade educativa (SELFIE).

Logo, o profesorado do centro cubriu outra enquisa (Test CDD), para determinar
a súa competencia dixital.

Ademais destes dous intrumentos de análise empregouse a observación directa.

 

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente coñecemento das políticas de protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade Acceso internet irregular. Infraestruturas Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital ben definida Persoal docente Si
Debilidade É necesario un desenvolvemento da estratexia dixital Persoal docente Si
Debilidade Non existe unha certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Apenas hai colaboracións con outras entidades. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente participación en proxectos interdisciplinares por parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisicplinares. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente participación en proxectos interdisciplinares Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado considera que ten un comportamento seguro no uso das tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Hai suficientes dispositivos dixitais par a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza A asistencia técnica funciona correctamente. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamentos e redes actualizados Infraestruturas Non
Fortaleza Hai suficientes dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Hai suficientes dispositivos dixitais para aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Empregánse novas modalidades de ensinanza Oferta Non
Fortaleza Empréganse tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos demáis. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega novas modalidades de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza Hai unha alta participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Empreganse moitos recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha boa comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Fomentase a adaptación as necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Hai suficientes recursos educativos en liña. Persoal non docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Acceso internet irregular Administración educativa Si
Oportunidade Equipamentos e redes actualizados. Administración educativa Non
Oportunidade Hai suficientes dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade A asistencia técnica funciona correctamente. Administración educativa Si
Oportunidade Equipamentos e redes actualizados. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise dos datos permite concluír que as fortalezas están relacionadas fundamentalmente coa boa dotación de equipamentos e redes existentes no centro. En canto ás debilidades estas afectan á falta de coñecemento por parte de toda a comunidade educativa das políticas de protección de datos, de comportamentos seguros no uso das tecnoloxías e da participación de proxectos interdisciplinares.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso de Edixgal entre todo o profesorado dos cursos Edixgal
O02PD Promover a comunicación entre titores/as e familias mediante o AbalarPro
O03PD Colaborar con outras entidades para promover a competencia dixital
O04PD Mellorar a velocidade en relación as incidencias sobre os erros de conexión a internet
O05PD Potenciar a protección de datos e a cultura da ciberseguridade para o profesorado, o alumnado e as familias
O06PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto de transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro, como doutros centros de similares características.
O07PD Elaborar proxectos interdisciplinares (diferentes áreas e diferentes etapas)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, queda do seguinte xeito:

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os
aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as
posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

No primeiro trimestre mantivemos reunións de presentación do EDPD e deseñamos al liñas de traballo sobre as que queremos actuar analizando as necesidades dixitais da nosa comunidade educativa.

En canto ao uso de edixgal polo profesorado podemos dicir que todo o profesorado que está adscrito ao programa emprega edixgal de forma normalizada.

Non se chegou a levar a cabo o grupo de traballo de abalar pro porque somos un centro pequeno e levamos a cabo unha titorización informal entre iguais. Aínda así, a ferramenta non é utilizada pola maioría dos titores/as.

Colaboramos con AMTEGA para levar a cabo unha formación sobre prevención de condutas aditivas e de risco en internet.

Para mellorar a velocidade de resolución de incidencias o coordinador Edixgal leva a cabo un rexistro de incidencias e un listado de empresas técnicas.

En canto ao intercambio de experiencias dixitais entre o noso profesorado, así como con outros centros, temos pendiente unha formación sobre contidos audiovisuais que temos programada para o terceiro trimestre.

 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre celebráronse no centro varios obradoiros para o alumnado relacionados co Plan Director en materia de ciberseguridade e protección de datos de carácter persoal.

Así mesmo, o grupo de traballo do Plan Dixital ("Creación de materiais audiovisuais") comezou a investigar sobre experiencias audiovisuais levadas a cabo noutros centros co fin de poder extrapolalas á nosa práctica educativa.

Decidimos deixar pendente para o curso próximo a creación de proxectos interdisciplinares, pois necesitamos máis formación e información. Ademais resulta difícil coordinarse entre as distintas etapas.

 

3º Trimestre

No terceiro trimestre recibimos a formación sobre "Creación de materiais audiovisuais", no cal afondamos na ferramenta Kdenlive para a elaboración e edición de videos.

Así mesmo, o grupo de traballo investigou sobre outras plataformas ou aplicacións educativas e compartimos as nosas achegas ao longo de varias sesións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os responsables de levar a cabo esta avaliación serán os membros do equipo de traballo do Plan Dixital.

Valoración xeral

A valoración da implementación deste plan durante o curso 23/24 é positiva. Pese a que falta por acadar varios obxectivos, especialmente aqueles que precisan do traballo interdisciplinar entre todas as etapas, avanzamos no aprendizaxe e manexo de ferramentas de edición dixital e creación de contidos educativos dixitais como poden ser Kdenlive, Canva, Genialy...

Outra das melloras foi a resolución de incidencias informáticas e o uso de Abalar Pro por parte do profesorado.

 

Proposta de mellora

As propostas de mellora están relacionadas coa realización de proxectos dixitais interdisciplinares ou intercentros. Se ben resulta complicado achar tempos e espazos para a coordinación, así como para a búsqueda de proxectos que se podan afrontar de xeito común, consideramos que sería beneficioso e motivador para o alumnado así como unha gran aprendizaxe para o profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Logo de ser aprobado polo Claustro e Consello Escolar, a finais do mes de xuño do 2024, será colgado na páxina web do centro e enviarase un abalar a toda a comunidade educativa informando de onde se pode consultar. Toda está estratexia está recollida no Plan de Comunicación do Centro.