Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro.

  • Enderezo:

IES PRAIA BARRAÑA   Avenida De Compostela, 50, 15930 BOIRO (A CORUÑA).

  • Enderezo Web:

        https://www.edu.xunta.gal/centros/iespraiabarrana/

O IES Praia Barraña é un centro onde se imparten as etapas educativas de ESO e Bacharelato e conta con 410 alumnos/as e 44 docentes.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

  • Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

    O IES Praia Barraña está situado en Boiro, vila asentada na vertente meridional da serra do Barbanza e que conta cuns 86 quilómetros cadrados de extensión e un censo aproximado duns 19.000 habitantes. Vila que vive principalmente do mar e da industria conserveira.

    O IES Praia Barraña é o centro considerado histórico do Concello por ser o máis antigo de tódolos cos que conta a vila. Nel pódense cursar os estudos obrigatorios da ESO e tódalas modalidades do Bacharelato, incluído o de Artes, único na zona do Barbanza. Os alumnos que cursan estudos no Centro proceden, fundamentalmente, do CEIP Praia Xardín, que é o colexio que ten adscrito, mais tamén doutros institutos do Concello e da zona na etapa do Bacharelato, pois é o IES que, esencialmente, asume a impartición deste nivel educativo na vila. O feito de que Praia Barraña sexa o único centro da contorna que conte co Bacharelato de Artes fai que se matriculen alumnos procedentes doutros concellos limítrofes ou de zonas incluso máis afastadas para cursaren esta modalidade educativa que ano tras ano rexistra unha alta demanda.

1.3. Xustificación do Plan Dixital.

  • A elaboración deste Plan Dixital de Centro dá respostas á seguinte normativa:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. 

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

Dende o marco común Europeo establécese a necesidade de fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e de “mellorar as habilidades e capacidades dixitais para a transformación dixital”.

A LOMLOE, Ley Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración de la Formación Profesional. Enseñanza 01/04/2022 BOE.

1.4. Proceso de elaboración do Plan Dixital.

O punto de partida do centro foi a análise da súa situación, atendendo ao Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, realizados no curso 2021-2022,  actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro orixinal en termos de fixación de obxectivos e actuacións de mellora. Baseándonos na análise da nova situación do centro, facemos a revisión e actualización dos obxectivos do plan de acción para este curso 2023-2024. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

  • Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro: 100 Mbps por fibra óptica Movistar e 2 redes WIFI (unha propia do centro e a propia da consellería; ED_15023338; Abalar)

  • Servizos dixitais educativos: servizos corporativos que facilitan a xestión docente (páxina Web do centro, aula virtual, espazoAbalar, abalarMóbil,…).

  • Xestión do mantemento do equipamento do centro: xestión polo coordinador Tic, máis empresa privada.

  • Equipamento dispoñible segundo as seguintes categorías e os seus usos: os usos dos PCs nas aulas estarán adicados a poder impartir os contidos dixitais das diversas materias. Na sala de profesorado e nos departamentos os usos están destinados a elaboración de materiais curriculares dixitais para o alumnado.

2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO

  • Os documentos de informe SELFIE e do test CDD (realizados ao longo do curso 2021-2022), actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora.

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Aínda que se ve o alumnado con boa competencia dixital a realidade dinos que hai moitas carencias en manexo da gran parte do software educativo. Só o 15% recibiu formación no uso de dispositivos. - 13% de alumnado con problemas de conectividad. Alumnado Non
Debilidade -Baixa competencia dixital en parte das familias. Familias Non
Debilidade - Ordenadores e proxectores obsoletos - Espazos pequenos - Falta de espazos onde desenvolver alomenos unha nova aula de TIC. - Pizarras e son defectuosos. Infraestruturas Non
Debilidade O centro non pode cubrir a demanda de matrícula en TIC por falta de espazos, recursos dixitais e profesorado. Oferta Non
Debilidade - Non hai normas claras sobre a aplicación da lei de protección de datos. -Ausencia dun repositorio de recursos en liña. -Dificultades de organización se varias materias precisan ir a aula TIC. Organización de centro Non
Debilidade - Baixa formación Competencia Dixital (77% dos docentes entre A2 e B1) - Uso de metodoloxías tradicionais e acomodación. - Desinterese por introducir novas formas de organización e metodolóxicas. - Baixo uso de ferramentas dixitais de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade - Baixo porcentaxe de persoal non docente formado dixitalmente (2/7). - Salvo auxiliares administrativos o persoal non docente non dispón de medios dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza - Boa competencia dixital do alumnado (por riba do 3 no SELFIE, tanto dende pto de vista profesorado coma alumnado). - Alta dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e conexión a Internet (4.7/5) Alumnado Non
Fortaleza -Bo emprego da ferramenta AbalarMóbil (99% das familias dispoñen dela) e a usan habitualmente (reciben avisos xerais do centro e avisos particulares). - Páxina web actualizada que serve ás familias para estar ao tanto do que acontece no centro. Familias Non
Fortaleza - Boa conexión de Internet Infraestruturas Non
Fortaleza -O centro oferta como materia obrigatoria en 1º de ESO Investigación e Tratamento da Información. -En Bacharelato contamos con catro grupos da modalidade cientiífico-tecnolóxica na que se imparten materias de gran demanda como TIC e Tecnoloxía. Oferta Non
Fortaleza - 18,4% de profesorado cunha competencia Dixital boa (B2) e 2,6% moi boa (C1) Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxías. - Elevado número de alumnos por aula que require un gran esforzo. - Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. - Resposta lenta da consellería para reparar avarías. Administración educativa Non
Ameaza -Anpa sen recursos e pouco participativa en actividades. ANPA Non
Ameaza -Alumnado de diversa procedencia (rural e urbano), diversidade de recursos dixitais. - Problemas de concetividade no alumnado procedente do rural. Contorna Non
Ameaza -Cambios continuos na lexislación. -Figura do Coordinador TIC sen compensación económica e pouca reducción horaria. -Ausencia dun equipo dinamizador TIC con recoñecemento e reducción horaria. -Falta dunha materia obrigatoria de TICs. Lexislación Non
Ameaza -Pouca formación dixital dispoñible por parte doutras entidades. Outras Non
Oportunidade -O que por parte da administración se fomente a transformación dixital do centro a través do Proxecto de Plan Dixital de Centro. - Futura Certificación da Competencia Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade -Dixitalización imprescindible en todos os ámbitos. Contorna Non
Oportunidade Obrigatoriedade por parte da administración da dixitalización. -Incentivo para a mellora da calidade educativa. - Futura carreira profesional con incentivos para que se participe en innovación e dixitalización. Lexislación Non
Oportunidade - Promóvese o uso de medios dixitais en toda entidade relevante. -Facilidade de colaborar e compartir actividades con outros centros. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Analizados os resultados do DAFO 2021-2022 obtéñense as seguintes conclusións:

  • En xeral, as maiores fortalezas e debilidades atópanse, como é lóxico, no alumnado, no profesorado e na organización do centro.
  • Respecto dos dous primeiros hai certa coincidencia en cuestións básicas como o nivel de competencia dixital que en termos xerais é baixo. O mesmo sucede coa creación de recursos dixitais propios, especialmente a través de ferramentas de software libre.
  • Esta situación vese contrarrestada coa alta participación do profesorado na formación en ferramentas dixitais educativas; como tamén a participación deste, xunto co alumnado, en procesos de aprendizaxe a través do uso de metodoloxías didácticas activas que contan con recursos dixitais.
  • Respecto das posibles ameazas e oportunidades detectadas no DAFO, cabe sinalar que estas veñen fundamentalmente da administración educativa dende dúas perspectivas: a lexislación educativa e os seus constantes cambios, e os investimentos no proceso de dixitalización respectivamente.

Unha vez analizados os resultados dos diferentes instrumentos de avaliación da dixitalización do centro como o SELFIE, o CDD e o DAFO; a conclusión é que o centro aprobou un Plan Dixital ambicioso, realista e posible de cara ao presente curso 2023/2024.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar os libros de cualificación en Moodle e realizar avaliación por competencias.
O02PD Coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e do Tratamento de datos.
O03PD Adaptar recepción de equipamento de polos creativos.
O04PD Renovar 6 equipos informáticos de aula TIC, con monitor e teclado (na actualidade Dell optiplex 745 2.1 GHz, 2 GB de Ram).
O05PD Renovar 10 portátiles de aula Lenovo L540 por mal funcionamento e 17 ordenadores de sobremesa completos.
O06PD Renovar 3 proxectores ultracortos con pantalla táctil Multiclass SMART Board máis 2 de nova dotación.
O07PD Renovar 18 equipos informáticos, con monitor e cableado da aula de Informática. Na actualidade Dell optiplex 745 2.1 GHz e similares.
O08PD Renovar 2 equipos informáticos, con monitor e cableado, sala de profesores. Na actualidade, Dell optiplex 745 2.1 GHz, 2GB de RAM.
O09PD Habilitar un Repositorio Dixital para uso interno do centro.
O10PD Acondicionar unha aula virtual móbil co equipamento dispoñible.
O11PD Dispoñer alternativas ao uso de dispositivos móbiles como ferramenta docente no centro.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

O01PD: detéctase que menos do 40% do profesorado emprega os libros de cualificación en Moodle.

O08PD: obxectivo acadado coa recepción de tres novos equipos informáticos, modelo HP 260 G4 8gb de RAM I5 con monitor, para a sala de profesores.

O09PD: obxectivo en proceso coa configuración dun sistema de almacenamento a nivel centro.

O010PD: obxectivo acadado coa posta en funcionamento dunha dotación de portátiles acoplados a un armario móbil para uso da comunidade do centro en calquera punto deste.

O011PD: en proceso grazas á chegada de cinco tabletas configurables para uso docente.

 

Respecto dos obxectivos restantes non houbo novidades significativas.

2º Trimestre

O01PD: detéctase que menos do 30% do profesorado emprega os libros de cualificación en Moodle.

O09PD: obxectivo en proceso coa configuración dun sistema de almacenamento a nivel centro.

O011PD: obxectivo acadado coa posta en funcionamento de cinco tabletas para uso docente.

 

Respecto dos obxectivos restantes non houbo novidades significativas.

3º Trimestre

O01PD: detéctase que menos do 30% do profesorado emprega os libros de cualificación en Moodle.

O0PD: obxectivo parcialmente acadado coa recepción de 16 novos equipos informáticos, modelo HP 260 G4 8gb de RAM I5 con monitor, para a aula de Informática.

O09PD: obxectivo acadado coa configuración dun NAS (Network Attached Storage), como sistema de almacenamento a nivel centro.

 

Respecto dos obxectivos restantes non houbo novidades significativas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación deste Plan Dixital seguiremos por un lado unha avaliación procesual e por outro lado unha avaliación final.

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Seguíranse os indicadores dos obxectivos marcados nas táboas anteriores para cada un dos obxectivos e as súas liñas de acción.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

Respecto do obxectivo O01PD e dado que menos do 30% do profesorado emprega os libros de cualificación da Aula Virtual, faise necesaria unha maior difusión deste obxectivo entre o equipo docente de cara ao vindeiro ano. Por outra banda, a avaliación por competencias deixa de ser unha parte prioritaria deste obxectivo debido á automatización deste proceso por parte da plataforma corporativa XADE.

O obxectivo O02PD considérase parcialmente acadado pois, aínda que de forma puntual, séguense a apreciar prácticas de tratamento de datos non axeitadas.

O obxectivo O03PD segue pendente. Malia que neste curso non se recibidon dotacións de polos creativos, cómpre adaptar espazos, crear un equipo de dinamización e dispor dunha persoa que coordine a súa recepción de cara á previsible chegada de dotación no próximo curso 2024/2025.

Os obxectivos O04PD, O05PD e O06PD, á espera destas renovacións de equipamento, seguirán sendo necesidades pendentes para o curso que vén.

Do mesmo xeito, o obxectivo O07PD, queda pendente de ser completado a falta de dous novos equipos informáticos.

Finalmente, os obxectivos O08PD, O09PD, O10PD e O11PD danse por acadados neste curso.

Proposta de mellora

Non se contemplan acción específicas máis aló das xa descritas na valoración xeral.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste plan dixital entre toda a comunidade educativa levarase a cabo empregando a páxina web do centro.