Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

Enderezo:

IES PRAIA BARRAÑA   Avenida De Compostela, 50

15930 BOIRO (A CORUÑA)

Enderezo Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespraiabarrana/

  • O IES Praia Barraña é un centro onde se imparten as etapas educativas de ESO e Bacharelato e conta con 425 alumnos/as e 41 docentes. Aos corenta e un docentes sumamos dúas especialistas en Pedagoxía Terapéutica, media praza de Especialista en Audición e Linguaxe e media praza de Relixión.

    1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

    O IES Praia Barraña está situado en Boiro, vila asentada na vertente meridional da serra do Barbanza e que conta cuns 86 quilómetros cadrados de extensión e un censo aproximado duns 19.000 habitantes. Vila que vive principalmente do mar e da industria conserveira.

    O IES Praia Barraña é o centro considerado histórico do Concello por ser o máis antigo de tódolos cos que conta a vila. Nel pódense cursar os estudos obrigatorios da ESO e tódalas modalidades do Bacharelato, incluído o de Artes, único na zona do Barbanza. Os alumnos que cursan estudos no Centro proceden, fundamentalmente, do CEIP Praia Xardín, que é o colexio que ten adscrito, mais tamén doutros institutos do Concello e da zona na etapa do Bacharelato, pois é o IES que, esencialmente, asume a impartición deste nivel educativo na vila. O feito de que Praia Barraña sexa o único centro da contorna que conte co Bacharelato de Artes fai que se matriculen alumnos procedentes doutros concellos limítrofes ou de zonas incluso máis afastadas para cursaren esta modalidade educativa que ano tras ano rexistra unha alta demanda.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1.Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

  • Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro: 100 Mbps por fibra óptica Movistar e 2 redes WIFI (unha propia do centro e a propia da consellería; ED_15023338; Abalar)

  • Servizos dixitais educativos: servizos corporativos que facilitan a xestión docente (páxina Web do centro, aula virtual, espazoAbalar, abalarMóbil,…).

  • Xestión do mantemento do equipamento do centro: xestión polo coordinador Tic, máis empresa privada.

  • Equipamento dispoñible segundo as seguintes categorías e os seus usos.

Os usos dos PCs nas aulas estarán adicados a poder impartir os contidos dixitais das diversas materias. Na sala de profesorado e nos departamentos os usos están destinados a elaboración de materiais curriculares dixitais para o alumnado.

2.2.Fontes empregadas para a análise DAFO

  1. Autoavaliación SELFIE: Inclúese a información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa na seguinte táboa:

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Aínda que se ve o alumnado con boa competencia dixital a realidade dinos que hai moitas carencias en manexo da gran parte do software educativo. Só o 15% recibiu formación no uso de dispositivos. - 13% de alumnado con problemas de conectividad. Alumnado Non
Debilidade -Baixa competencia dixital en parte das familias. Familias Non
Debilidade - Ordenadores e proxectores obsoletos - Espazos pequenos - Falta de espazos onde desenvolver alomenos unha nova aula de TIC. - Pizarras e son defectuosos. Infraestruturas Non
Debilidade O centro non pode cubrir a demanda de matrícula en TIC por falta de espazos, recursos dixitais e profesorado. Oferta Non
Debilidade - Non hai normas claras sobre a aplicación da lei de protección de datos. -Ausencia dun repositorio de recursos en liña. -Dificultades de organización se varias materias precisan ir a aula TIC. Organización de centro Non
Debilidade - Baixa formación Competencia Dixital (77% dos docentes entre A2 e B1) - Uso de metodoloxías tradicionais e acomodación. - Desinterese por introducir novas formas de organización e metodolóxicas. - Baixo uso de ferramentas dixitais de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade - Baixo porcentaxe de persoal non docente formado dixitalmente (2/7). - Salvo auxiliares administrativos o persoal non docente non dispón de medios dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza - Boa competencia dixital do alumnado (por riba do 3 no SELFIE, tanto dende pto de vista profesorado coma alumnado). - Alta dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e conexión a Internet (4.7/5) Alumnado Non
Fortaleza -Bo emprego da ferramenta AbalarMóbil (99% das familias dispoñen dela) e a usan habitualmente (reciben avisos xerais do centro e avisos particulares). - Páxina web actualizada que serve ás familias para estar ao tanto do que acontece no centro. Familias Non
Fortaleza - Boa conexión de Internet Infraestruturas Non
Fortaleza -O centro oferta como materia obrigatoria en 1º de ESO Investigación e Tratamento da Información. -En Bacharelato contamos con catro grupos da modalidade cientiífico-tecnolóxica na que se imparten materias de gran demanda como TIC e Tecnoloxía. Oferta Non
Fortaleza - 18,4% de profesorado cunha competencia Dixital boa (B2) e 2,6% moi boa (C1) Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxías. - Elevado número de alumnos por aula que require un gran esforzo. - Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. - Resposta lenta da consellería para reparar avarías. Administración educativa Non
Ameaza -Anpa sen recursos e pouco participativa en actividades. ANPA Non
Ameaza -Alumnado de diversa procedencia (rural e urbano), diversidade de recursos dixitais. - Problemas de concetividade no alumnado procedente do rural. Contorna Non
Ameaza -Cambios continuos na lexislación. -Figura do Coordinador TIC sen compensación económica e pouca reducción horaria. -Ausencia dun equipo dinamizador TIC con recoñecemento e reducción horaria. -Falta dunha materia obrigatoria de TICs. Lexislación Non
Ameaza -Pouca formación dixital dispoñible por parte doutras entidades. Outras Non
Oportunidade -O que por parte da administración se fomente a transformación dixital do centro a través do Proxecto de Plan Dixital de Centro. - Futura Certificación da Competencia Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade -Dixitalización imprescindible en todos os ámbitos. Contorna Non
Oportunidade Obrigatoriedade por parte da administración da dixitalización. -Incentivo para a mellora da calidade educativa. - Futura carreira profesional con incentivos para que se participe en innovación e dixitalización. Lexislación Non
Oportunidade - Promóvese o uso de medios dixitais en toda entidade relevante. -Facilidade de colaborar e compartir actividades con outros centros. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OBXECTIVO 1: Empregar os libros de cualificación en Moodle e realizar avaliación por competencias
OBXECTIVO 2: Coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e do Tratamento de datos
OBXECTIVO 3: Desenvolver polo creativo.
OBXECTIVO 4: Renovar 6 equipos informáticos de aula TIC, con monitor e teclado, na actualidade Dell optiplex 745 2.1 GHz, 2 GB de Ram
OBXECTIVO 5: Renovar 10 portátiles de aula Lenovo L540 por mal funcionamento e 17 Ordenadores de sobremesa completos (Dptos varios, biblioteca....)
OBXECTIVO 6: Renovar 3 proxectores ultracortos con pantalla táctil Multiclass SMART Board e 2 de nova dotación (TOTAL: 5)
OBXECTIVO 7: Renovar 18 equipos informáticos, con monitor e cableado da aula de Informática. Na actualidade Dell optiplex 745 2.1 GHz e similares.
OBXECTIVO 8: Renovar 2 equipos informáticos, con monitor e cableado, sala de profesores. Na actualidade, Dell optiplex 745 2.1 GHz, 2GB de RAM

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Obxectivo 1: Durante este trimestre fixeronse as accións 1, 2, 3 sinaladas anteriormente (creación de cursos e matriculación de usuarios aula virtual) e comezouse co PFPP para a avaliación empregando libros de cualificacións de Moodle e a avaliación por competencias.

Obxectivo 2: Planificouse o PFPP para incluir formación neste obxectivo pero finalmente non se deu esa formación.

Obxectivo 3: Presentouse o proxecto do polo creativo pero non foi concedido.

O resto de obxectivos, relacionados coa solicitude de equipamento informático á consellería non se acadaron. Non chegou ningún equipo informático en todo o curso. 

2º Trimestre

Obxectivo 1: Realizarónse as accións 4, 5 e 6. Básicamente o desenvolvemento da formación do PFPP deseñado específicamete para cumprir con este obxectivo.

3º Trimestre

Obxetivo 1: Realizouse a acción 7. Crear actividades para a avaliación competencial na aula virtual. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación deste plan dixital seguiremos por un lado unha avaliación procesual e por outro lado unha avaliación final.

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Seguíranse os indicadores dos obxectivos marcados nas táboas anteriores para cada un dos obxectivos e as súas liñas de acción.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Cumpriuse co obxectivo 1 totalmente pero non co resto de obxectivos. 

Os obxectivos enumerados a partir do 3 precisan a dotación de equipamento por parte da consellería, cousa que non se deu. Tampouco se concedeu o polo creativo (obxectivo 3).

Proposta de mellora

Facer a dotación tanto do polo creativo coma do equipamento solicitado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste plan dixital entre toda a comunidade educativa levarase a cabo empregando a páxina web do centro.