Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O Concello de Arteixo caracterízase por unha composición rural na maioría das parroquias; por unha moi forte presencia de industrias que se instalan no polígono de Sabón, en que se atopa o instituto; e pola presenza de núcleos de carácter suburbano debido á súa proximidade á cidade da Coruña, da que é limítrofe. Tanto o polígono, como o propio Concello están inmersos nun proceso de crecemento e de expansión, atraendo un importante número de inmigrantes á zona.

A composición do alumnado é maioritariamente pertencente ás clases economicamente baixa e media-baixa, de familias de empregados nas industrias do polígono e do sector de servicios, e de familias dedicadas a labores agrícolas. Tamén hai presencia de alumnos de fóra do concello no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e no Ciclo Medio de Actividades Físico- Deportivas no Medio Natural. Outro sector de alumnado é o procedente das zonas suburbanas de Meicende e de urbanizacións de vivendas sociais. Nos últimos cursos ven aumentando progresivamente o número de alumnos estranxeiros, maioritariamente latinoamericanos e marroquís, sendo este o único instituto da zona educativa que ten oferta específica de educación de adultos.

O feito de que o instituto estea situado no propio polígono industrial favorece o contacto con empresas e institucións en moitos ámbitos, como se detallará máis adiante nos respectivos apartados. Porén parece axeitado sinalar que hai unha grande colaboración destes organismos e do propio Concello co instituto, respondendo moi favorablemente ás nosas iniciativas, o que favorece o desenvolvemento da actividade educativa tanto nos aspectos docentes como nos económicos e de innovación educativa e tecnolóxica.

Contribución do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O noso centro conta cunha longa experiencia en programas vencellados coas novas tecnoloxía, como demostra a participación no Proxecto “Arteixo Innovación” dende os seus inicios. Inicialmente, no 2003, o proxecto comezou a partires da Fundación Amancio Ortega co Proxecto “Ponte dos Brozos”, e posteriormente o Concello de Arteixo asumiu a continuidade da iniciativa, que se plasma no actual “Arteixo Innovación”. Dito proxecto permítenos ser moi competitivos a nivel de equipamentos.

O centro anualmente participa no Plambe, que implica o manexo de certas competencias dixitais tanto de alumnado coma de profesorado participante.Así mesmo, en numerosas ocasións o centro participa en programas específicos dentro do Plan Proxecta, coma “Protexe o teu medio” ou “Aliméntate ben”, que durante a súa realización implican a necesidade de progresar nas competencias dixitais do alumnado, por exemplo co tratamento informático de datos e mesmo a elaboración de gráficas de resultados.

Finalmente, o centro participa anualmente nun PFPP, que adoita ir vencellado ao traballo con novas tecnoloxías.

Proceso de elaboración

O traballo de redacción deste Plan Dixital iniciouse o curso 22/23 coa participación nun PFPP de centro, concretamente cunha liña de traballo específica para a elaboración do Plan dixital.
A temporalización das tarefas concretas a realizar quedou determinada polos equipos ADIX formados para asesoramento aos centros. Os documentos solicitados foron entregados na data proposta para cada un deles.

Para as distintas tarefas a completar, o Equipo de dinamización do Plan Dixital realizou xuntanzas de traballo semanais, para as que foi necesario un traballo previo de reflexión individual.

Tamén foi importante a participación da comunidade educativa, especialmente do Claustro, que realizou os cuestionarios SELFIE e o TCDD, que serviron para obter a contextualización do centro e determinar obxectivos.

Ao inicio deste curso académico a coordinación do Plan Dixital xunto co equipo directivo analizaron os resultados e conclusións do ano pasado e elaboraron unha primeira proposta de adaptación do Plan dixital para o presente curso, que logo de ser revisada pola nosa asesora ADIX finaliza coa proposta deste documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes principais de información na elaboración da análise DAFO foron:

  • Informe SELFIE (con datos diferenciados por tipo de ensinanzas)
  • Test CDD 

 

 

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade (BACH) Non existen suficientes sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade (BACH) O alumnado manifesta que non atopa na páxina web de centro toda a información que precisa. Organización de centro Si
Debilidade No noso centro non debatimos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para favorecer a colaboración entre o alumnado nin fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Existen diferencias moi significativas no nivel de competencia dixital do profesorado, cun 40% dos docentes no nivel básico A2 segundo os resultados do TCDD. Persoal docente Si
Fortaleza Tanto profesorado como alumnado dispón de equipamento dixital xestionado polo centro. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos para difundir a información. Organización de centro Si
Fortaleza As familias reciben avisos e notificacións a través da aplicación Abalar Móbil. Organización de centro Si
Fortaleza A Dirección apoia ao profesorado para que explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado participa en actividades formativas individuais organizadas pola administración educativa para a actualización das competencias dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado procura recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza (FP) O profesorado emprega contornas virtuais de aprendizaxe para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A conexión a Internet do noso centro non permite a utilización simultánea e fluida das contornas virtuais de aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza Falta de estabilidade do persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza A lexislación en materia de protección de datos non está adaptada especificamente ao ámbito educativo, o que xera dúbidas de interpretación. Lexislación Non
Ameaza A lexislación educativa está suxeita a continuos cambios. Lexislación Non
Ameaza As empresas coas que colaboramos non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Outras Non
Oportunidade A infraestrutura dixital e a cantidade de dispositivos dixitais facilitan o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade O alumnado dispón de acceso a dispositivos dixitais fóra do centro. Contorna Non
Oportunidade O Concello de Arteixo convoca anualmente dúas liñas de colaboración cos centros para dotación e mantemento de equipamentos informáticos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise de toda a información previamente recopilada e expresada de xeito ordenado e sintético no DAFO do centro invita a unha reflexión sobre cales deberan ser os obxectivos a acadar, que serán a referencia para a posterior elaboración do Plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Ampliar o uso da páxina web do centro
O02PD Empregar as ferramentas institucionais por parte do profesorado
O03PD Establecer un equipo de profesorado (EPD) para a xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC)

Seguimento

Procedemento

O seguemento do cumprimento do plan dixital corresponde á Coordinación do Plan Dixital e tamén aos diferentes membros do EPD, no que atinxe ás súas áreas específicas de traballo. Realízanse reunións informais da Coordinación cos diferentes membros do EPD ao efecto.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre centrouse a consecución dos obxetivos previstos para este ano no afianzamento principalmente do emprego de ferramentas dixitais por parte do profesorado ( Aula Virtual, páxina Web, Elaboracion Programacións) e de comunicacion ca Comunidade Educativa ( Abalar) Obxetivos O01PD e O02PD a través de reunións internas entre equipo Tic, Direccción e resto do claustro xa dende o principio do curso.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre traballose nos obxetivos:

  • Obx1: Estase actualizando os documentos de FPBasica e as follas de matrícula para os segundos ciclos medios. Están publicando a nivel de dirección (A1.4) como saídas que se fan e algúns departamentos están facendo publicacións pero sen chegar ao 50% (A1.2). Teñen un sistema de incidencias por medio da páxina web. na páxina web
  • Obx2:Seguen empregando a Aula Virtual e Abalar. Fíxose unha enquisa dixital para o profesorado (2.4) e detectouse que non sabían o que é AbalarPro e o AbalarBox. e van a informar no último trimestre de como funciona
  • Obx3: Varios membros de diferentes departamentos están a facer visitas virtuáis de distintas partes do centro coa cámara 360 para posteriormente divulgar na paxina web
     
3º Trimestre

No terceiro trimestre traballouse nos seguintes obxetivos:

  • Obxetivo 1:

Rematouse a documentación para o vindeiro curso (A1.1). queda por definir a específica para casos con NEAE

Séguense a facer publicacións na web por parte dos departamentos sen chagar ao obxetivo definido de que o 50% dos departamentos fixesen publicacións. (A1.2)

Séguese cun funcionamento satisfactorio do sistema de resolucion de incidencias informáticas.(A1.3)

Si se acada o obxetivo de facer publicacións na web do centro (A1.4)

  • Obxetivo 2:

 Continuase co asesoramento a profesorado no mantemento de equipos (A2.1)e séguese a empregar a Aula Virtua (A2.2), ademáis empezouse a empregar AbalrPro (A2.2)e AbalarBox(A2.3), logo de analizar os resulatdos da enquisa qufeita no segundo trimestre e que o EPD facilitase información ao claustro ao respecto.

  • Obxetivo 3:

Os membros do grupo de traballo seguen colaborando en diferentes actividades(A3.2) ( creación de contidos como resultado de cursos PFPP, visitas virtuáis de distintas partes do centro coa cámara 360, probas de competencia dixital do alumnado) (A3.3)

 

 

 

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Tendo en conta que  entendemos o Plan Dixital como un proceso continuo que é necesario ir renovando curso a curso consideramos que, se ben  non se acadaron todos os obxetivos plantexados dende o principio do curso ao 100%,  si estamos satisfeitos ca porcentaxe que si se cumpriu,  gracias a implicación dunha parte importante do profesorado que conforma o claustro do noso Instituto, e que supuxo que:

  • Afianzáronse procesos xa iniciados en outros cursos.
  • Iniciáronse novos procesos
  • Estes novos procesos permitiron ao profesorado empezar a traballar con aplicacións específicas propias da Conselleria, e non depender de aplicación alleas.

Por todo esto consideramos que a avaliación do desenvolvemento foi positiva  partindo da base de que somos un centro fortemente comprometido coas TIC dende hai tempo
 

Proposta de mellora

Logo de comprobar o acadado no presente Plan, propónse como mellora as seguintes propostas:

  • Analizar e determinar se os obxetivos propostos eran adecuados  e convenientes, por se fose preciso reformulalos..
  • Continuar ca formación do profesorado dende actividades propostas dende o propio centro e conseguir a totalidade de profesores implicados.
  • Seguer ca colaboración dos CFR que mellore a formación do profesorado.
  • Continuar e mellorar a liña TIC, que consideramos é un punto forte no noso Instituto.
  • Fomentar a participación activa de toda a comunidade educativa no Plan Dixital, como podería ser na área da competencia dixital de adultos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do noso Plan Dixital comeza coa presentación ao Claustro do documento final traballado durante o curso. A continuación pasará á súa validación polo Consello Escolar. Dende ese momento será trasladado ao resto da Comunidade Educativa do centro, principalmente coa publicación na web corporativa de centro e mesmo presentando directamente ao alumnado o contido do mesmo por parte das titorías ao comezo de curso. Igualmente formará parte dos documentos achegados coa PXA de centro para o vindeiro curso.