Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións deste Plan Dixital do curso 2023/2024.
O procedemento de avaliación será continuo e final.
Continuo (avaliación procesual) pois mínimo unha vez por trimestre, se reunirá os integrantes da Comisión de seguimento (equipo directivo e equipo TIC) para revisar e constatar a súa boa evolución tanto na execución como nos resultados, para iso comprobarase a análise e valoración destes (a través dun feeback) polos medios que se definirán para realizalo.
Tanto se a evolución da execución dos obxectivos é boa ou mala, sempre se poderá introducir as melloras que así se consideren oportunas cambiar, ou cales remarcar aínda máis.
Final; esta avaliación se fará ó rematar o curso, para comprobar se os logros e obxectivos se levaron a cabo, tendo en conta, as revisións feitas na avaliación procesual, incluíndo as melloras, de seres o caso, introducidas para alcanzar os obxectivos.
Éstes marcarán o punto de partida do seguinte plan dixital, que se implantaría o vindeiro curso, que no caso de non alcanzarse os obxectivos propostos, serán revisados en profundidade para saber o porqué e como poder adquirilos.
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:
-
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia do seu seguimento será dunha
-
reunión de equipo todos os primeiros luns de cada mes en horario de 17:00 en adiante. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
-
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será ao rematar o mes de maio e antes do comenzo das avaliacións e a execución de memorias, para poder recoller estes datos para o seu análise e posterior aplicación nos seguintes plans.
Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora en cada área.
Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada. Logo do seguimento realizado pola asesora do Plan dixital mediante videoconferencia o día 7/2/24, acordouse o seguinte: 1. En canto ao obxectivo1 están feitas as enquisas e subidas a Educalidade e xa se fixo consenso en que as ferramentas dixitais se vaian engadindo no apartado correspondente da aula virtual. Realizada a formación Edixgal e aulas virtuais así como as ferramentas dixitais específicas utilizadas nos proxectos de centro (radio, prensa dixital e edición de videos e fotos para a web). Está pendente a formación de polos creativos a realizar no mes de marzo.
2. En canto ao obxetivo 2 seguimos co repositorio, se estableceron os grupos de traballo por ciclos e o equipo TIC e o que fai o seguimento.
3. En canto ao obxectivo 3, solicitamos wifis integrales novas e tamén conexións a través de AMTEGA, seguimos á espera das wifis.
4. En canto ao obxectivo 4, realizamos a formación co asesor de AMTEGA, de E-dixgal e páxina web na cal xa se comenzou a modifica a estructura e a facer limpeza de contidos.
Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada.
Logo do seguimento realizado pola asesora do Plan dixital mediante videoconferencia o día 4/4/24, acordouse o seguinte:
1. En canto ao obxectivo1, está realizada a formación Edixgal e aulas virtuais así como as ferramentas dixitais específicas utilizadas nos proxectos de centro (radio, prensa dixital e edición de videos e fotos para a web). Vaise realizar a formación de polos creativos o 15 e 29 de Abril, a cargo do relator MIGUEL QUIROGA. Tamén se realizará no centro un obradoiro de E-textil con todo o alumnado.
2. En canto ao obxetivo 2 seguimos co repositorio, se estableceron os grupos de traballo por ciclos e o equipo TIC e o que fai o seguimento, tamén se creou un enlace na aula virtual co proxento POLOS CREATIVOS e o contido asociado.
3. En canto ao obxectivo 3, solicitamos wifis integrales novas e tamén conexións a través de AMTEGA, seguimos á espera das wifis.
4. En canto ao obxectivo 4, realizamos a formación co asesor de AMTEGA, de E-dixgal e a páxina web xa está renovada.
Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:
-
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia do seu seguimento será dunha
-
reunión de equipo todos os primeiros luns de cada mes en horario de 17:00 en adiante. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
-
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será ao rematar o mes de maio e antes do comenzo das avaliacións e a execución de memorias, para poder recoller estes datos para o seu análise e posterior aplicación nos seguintes plans.
Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora en cada área.
Comunicación e difusión
O abeiro da reforma do ROC, e a súa implantación , serán reformados toda a documentación pertinente do centro, a saberdes, PE, NOF, e tamén os distintos plans de actuación ; polo que o Plan Dixital será incluído xa, dentro dos documentos educativos do centro, ademáis de ser revisado e aprobado anualmente en sesión de claustro e consello escolar e incluido na PXA.
Toda esta documentación, incluída o Plan Dixital, está a disposición de toda a comunidade educativa na páxina WEB do centro, así como se insta a toda comunidade educativa para botarlle unha ollada e preguntar as dúbidas que poidan xurdir despois da súa lectura, para que sexan resoltas, tamén estarán a disposición na aula virtual do centro, onde se abrirá unha caixa de suxestións, dúbidas e comunicación con toda a comunidade, neste caso difundirase adecuadamente a toda comunidade educativa a través de Abalarmóbil, no primeiro claustro e consello escolar do curso, a profesorado, alumnado e membros do consello.
A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.