Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Dados os cambios que se producen na educación hacia unha educación dixital e tratando de dar resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá,  consideramos necesaria a elaboración deste plan para poder seguir unha liña pedagóxica conxunta, promovendo unha transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla e acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

O  eixe educativo do centro aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación, que elimina as brechas sociais e territoriais, que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia que guíe ao alumnado a consecución dunha cidadanía dixital plena.

Ao inicio do presente curso escolar creouse un  Equipo de Dinamización do Plan Dixital que, en sesións grupais e individuais, encargaríase da elaboración  dos puntos esenciais do mesmo conforme as directrices ditadas pola Consellería respondendo ás diversas tarefas propostas e entregando os produtos resultantes nas datas requeridas.

 

En todo este proceso o Equipo estivo asesorado por unha mentora asinada ao noso centro que o guiou resolvendo todas as dúbidas e inquietudes que ían surxindo ao longo do mesmo. 

 

Para a análise e diagnose da situación real do centro educativo en relación á competencia dixital empregouse a ferramenta SELFIE, a través da cal, realizáronse as enquisas propostas dirixidas a profesorado e  alumnado, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro: o Informe SELFIE.

 

De cara a avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, realizouse o Informe Individual do Test CDD (Test de Competencia Dixital Docente) permitíndonos planificar unha formación persoal e individualizada que atenda ao nivel de partida de cada docente, e unha liña de formación a través do PFPP en función das necesidades dos profesionais do noso centro, obtendo un Informe Individual coa valoración global do nivel competencial (A1- C2) de cada un deles.

 

A partir do citado Informe SELFIE, xeramos un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos proporcionou a análise da situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

 

Unha vez obtido o DAFO e partindo dos seus resultados creamos as Táboas de Obxectivos do noso Plan de Acción, seleccionando obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes, e definidos (SMART), así como as accións a desenvolver  para acadalos.

 

E así, seguindo as indicacións dabas pola Consellería completouse un Plan que será implementado  durante o curso 2022-2023  e que será sometido a un proceso de avaliación continua, co obxectivo final de mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o emprego das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A -Liderado

B- Colaboración e redes

C- Infraestruturas e Equipos

D- Desenvolvemento profesional continuo

E- Pedagoxía:Apoio e Recursos

F- Pedagoxía:Implementación na aula


G- Prácticas de avaliación

H- Competencias dixitais do alumnado

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H2. Comportamento responsable. O alumnado utiliza os dispositivos dixitais para cousas diferentes das tarefas da aula: videos youtube, tick-tock, xogos, búsqueda de imaxes para fondos de pantalla. H13. Resolver problemas técnicos. Imposibilidade de resolver no momento problemas técnicos causando retraso na aprendizaxe tendo que modificar as tarefas programadas. Dificultades para implicar ao alumnado. Alumnado Si
Debilidade Pouco interese por parte das familias nas tarefas dixitais, na súa elaboración e entrega. Problemas constantes coa conexión e falta de dispositivos nos fogares: equipos e impresoras. Falta de apoio ao profesorado en algunhas ocasións. Familias Non
Debilidade C1.Infraestructuras. O centro non dispón dunha infraestrutura adecuada para o desenvolvemento dun Plan Dixital. C2. Dispositivos dixitais para a ensinanza. O profesorado dispón de equipos obsoletos para o ensino. C3.Acceso a Internet. Falla a conectividade, wifi deficiente... C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Os alumnos ata 4º de Primaria non dispoñen de equipos como recurso na súa aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade A1. Estratexia dixital. Non temos unha estratexia dixital definida. A2. Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. B3. Colaboracións. O claustro non dispón de tempo suficiente para colaborar e compartir experiencias dixitais. Organización de centro Si
Debilidade G5. Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Falta de tempo para facer unha reflexión sobre a aprendizaxe do alumnado para poder levar a mesma liña educativa. H7. Escasa creación de contidos dixitais. Falta de tempo para desenvolver material para o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe . Os alumnos de5º e 6º de Primaria dispoñen de equipos Edixgal para a súa aprendizaxe. Competencia dixital adquiridas polo alumnado Edixgal. Competencia do alumnado de 5º e 6º de Primaria para crear contidos dixitais para o resto do alumnado do centro. Alumnado Si
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensinanza. O equipo directivo fomenta a integración das tecnoloxías dixitais no centro. C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe . Os alumnos de5º e 6º de Primaria dispoñen de equipos Edixgal para a súa aprendizaxe. Actualización do equipamento dixital obsoleto nas aulas Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo promove e impulsa entre o profesorado a innovación educativa. O centro dispón de Líderes e Expertos en CDD como guías e apoio para todo o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza D2. Participación no DPC. O equipo directivo fomenta o DPC e o profesorado implícase. E1. Recursos educativos en liña. O profesorado está en búsqueda constante de recursos en liña innovadores adecuados ás necesidades do seu alumnado. E3. Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe. Os alumnos de 5º e 6º de primaria utilizan Edixgal. F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Adaptación do horario lectivo para o ensino-aprendizaxe da competencia dixital nos distintos niveis. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. Asistencia técnica. Falta de apoio técnico e de responsabilidade ante o mal uso das tecnoloxías e dispositivos dixitais. Falta de profesorado de apoio para unha ensinanza dixital de calidade na aula adaptada ás necesidades do noso alumnado. D. Falta de tempo para a formación. Demasiadas tarefas administrativas e poucas pedagóxicas. Administración educativa Non
Ameaza Problemas constantes coa conexión e falta de dispositivos nos fogares: equipos e impresoras. Aumento de matrícula de alumnado con neae que polas súas necesidades precisa dunha ensinanza individualizada e personalizada. Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Ratio do alumnado elevada para levar a cabo unha educación dixital na aula. Falta de tempo para abordar o currículo. Lexislación Non
Oportunidade D1. Necesidades de DPC. Oferta continua para formar e actualizar ao profesorado no mundo dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Estimular a colaboración da ANPA nas novas tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade A LOMLOE como unha lei que plantexa un currículo máis abarcable que propón un modelo de aprendizaxe competencial e un tratamento tranversal entre áreas. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O observado nas descricións anteriores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar os dispositivos dixitais do centro
O2PD Autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5).
O3PD Elaborar unha liña de educación dixital con recursos para utilizar en todos os niveis.
O4PD Utilizar a Aula Virtual/Edixgal para probas ou cuestionarios de avaliación en liña.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

No primeiro trimestres tivemos dificultades para acadar os obxetivos, xa que o equipo TICs estaba formado por persoal sustituo ou non definitivo no centro. Agás a cordinadora do plan dixital, pero que non foi a persoa que o elaborou no seu día. 

2º Trimestre

Neste trimestre o equipo xa tiña analizada todas as necesidades e comezou a poñer en coñecemento do claustro todas as necesidades e o que había que facer, conseguindo superar os obxetivos do primeiro e segundo trimestre.

3º Trimestre

Ainda que quedan cousas por acadar, consideramos que os obxetivos que cumpriron ainda que hai moito que mellorar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cunha periodicidade de alomenos unha vez ao trimestre someterase a analise o Plan e a consecución dos obxectivos propostos, analizando o estado das accións a desenvolver e a consecución dos seus fins e, se éstos foron logrados no tempo estimado, e, no caso contrario, procedendo ás modificacións oportunas.

Valoración xeral

cunha periodicidade de alomenos unha vez ao ano, procederase a unha avaliación final do Plan, na que, non so examinaranse os resultados obtidos durante todo o curso escolar, senón que se procederá á confirmación de todas aquelas accións que permitiron acadar os anteditos obxectivos e á modificación ou eliminación daquelas que resultaron infructuosas, substituíndoas dado o caso, por outras máis adecuadas.

 

 

Proposta de mellora

Reflictiranse as propostas de mellora no seguinte curso escolar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para unha efectiva difusión do Plan dixital entre toda a comunidade educativa, e facilitar así o seu coñecemento, funcionamiento e a súa finalidade, empregaránse os seguientes medios:

 

1.- incluirase a presentación do Plan Dixital como punto do orde do día na reunión coas familias do alumnado que se celebra no centro educativo con ocasión de inicio do curso escolar, na que non só se procederá á súa exposición,  senón que se resolverán todas as dúbidas que poidan xurdir a fin de conseguir unha maior familiariazación con mesmo por parte delas.

 

2.- así mesmo, e a través da páxina web do centro educativo, exporanse de manera pormenorizada os contidos de dito plan, obxectivos e fins a lograr, a fin de que poida ser coñecido por todos na sua totalidade e poida ser consultado en caso de resultar necesario.