Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A realización do plan dixital o curso anterior permite ter un punto de partida para marcar os obxectivos e un plan de acción para acadalos. Aínda que hai obxectivos que se repiten continuaremos como aspectos principais coa dixitalización do centro e a mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado.

Contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:

 - Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Selfie

- Test CDD

- outras fontes

 

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Discrepancia co alumnado sobre distintos aspectos:H1 comportamento seguro; H3 responsable;H4 competencia na verificación de información; H10 Competencia dixital do alumnado . Necesidade de clarificación sobre a competencia dixital vs xogos, etc. H11 Falta de tempo e formación do profesorado para levar a cabo estratexias que axuden ao alumnado a aprender a programar e resolver problemas técnicos Alumnado Si
Debilidade Baixa puntuación do alumnado no apartado de avaliación entre o alumnado Alumnado Si
Debilidade O centro carece de espazos físicos que faciliten a aprendizaxe con tecnoloxía dixital Infraestruturas Si
Debilidade Discrepancia sobre a protección de datos e as normas de dereitos de autor . Necesidade de debate Infraestruturas Si
Debilidade Non hai unha estratexia dixital no centro Organización de centro Non
Debilidade Existe certo descoñecemento en canto aos dereitos de autor e licenzas de uso. Organización de centro Si
Debilidade Detéctase a necesidade de debate nalgunhas cuestións sobre a tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade Pouco uso de ferramentas dixitais para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade Emprego de entornos virtuais e creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado amosa moito interés e motivación cando se plantexan actividades baseadas en tecnoloxía ou con ferramentas tecnoloxícas Alumnado Si
Fortaleza Existen boas canles de comunicación dentro da nosa comunicade educativa. As familias consultan a web do centro para informarse de novas do centro e usan o AbalarMóbil e outras apps de mensaxería Familias Si
Fortaleza O centro conta con infraestrutura e equipamento dixital adecuado na maioría das aulas Infraestruturas Si
Fortaleza Existe material informático adquirido polo propio centro para proxectos de innovación, ensino e uso en xeral Infraestruturas Si
Fortaleza Centro edixgal e con algunha experiencia anterior en STEAM (Proxectos de robótica e digicraft) Biblioteca en fase de reacondicionamento (experiencia anterior en PLAMBE) Uso de Meiga e préstamo en funcionamento (con adaptacións COVID) Oferta Si
Fortaleza O centro fomenta e ten ferramentas que permiten a autonomía e o uso de novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Fortaleza Facilidade para buscar recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza Participación na formación dixital proposta tradicionalmente desde o centro PFPP Persoal docente Si
Fortaleza Divulgar e fomentar o uso dun repositorio en liña do centro que sexa de acceso e uso doados Persoal docente Si
Fortaleza Persoal non docente participativo dentro da comunidade. Persoal non docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Problema da obsolescencia do equipamento sen un financiamento adecuado Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo e formación do profesorado e normativa para desenvolver actividades de programación co alumnado Administración educativa Si
Ameaza Descenso de matrícula Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos Lexislación Non
Ameaza Ratio profesorado/alumnado e posibilidades de desdobres Lexislación Si
Oportunidade Financiamento necesario para o desenvolvemento dunha estratexia dixital (renovación equipamento) Administración educativa Si
Oportunidade Apoiase no centro educativo á hora de trasmitir e colgar información. Tamén traslada iniciativas ANPA Si
Oportunidade Poboación en xeral familiarizada co ámbito dixital. Contorna Si
Oportunidade A nova lexislación aposta un pouco máis polas novas tecnoloxías Lexislación Si
Oportunidade Aproveitar Iniciativas promovidas por outras entidades especialmente aquelas con convenios coa administración educativa (por exemplo para debate sobre dereitos de autor e protección de datos) Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dada a situación actual do centro, a implicación do persoal e a traxectoria desta comunidade educativa nos últimos anos consideramos que as necesidades de mellora no que atinxe á infraestrutura tecnolóxica do centro son as que seguen:

- Infraestrutura de datos: Mellora da velocidade de conectividade.

- Infraestrutura xeral: Rede con conexión cableada Operador movistar Horario non lectivo: V. subida: 89.51; V. baixada: 93.84 Horario lectivo: V. subida: ; V. baixada: Rede wifi instalada bastante en precario con medios propios 8 puntos de acceso A Rede de voz é a propia da telefonía R con 4 terminais fixos MITEL e un inarámico. Sería interesante dispoñer doutro inarámico no 1º andar Dispoñemos dun rack completamente desbordado polo número de switches e elementos de electrónica que ten. Carece de laterais e porta e o cableado é imposible de identificar. A día de hoxe segue sen solventarse a incidencia de solicitude de ampliación e escalado de dito rack. Está feito o estudo para unha maior cobertura wifi. Os traballos están pendentes dunha canalización desde o edificio do colexio ao pavillón.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Favorecer a adqusición dunha maior competencia dixital da comunidade educativa
02PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro
03PD Recoñecer usos inapropiados na rede e cambialos por outros seguros e respectuosos.
04PD Habilitar-reacondicionar e crear espazos no centro (aula de robótica e aula de informática) para adptalas como aulas STEAM de cara a desenvolver o programa de Polos creativos.
05PD Actualización da páxina web do centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan será o de reunións mensuais do equipo do plan dixital do centro, analizando o grao de consecución dos obxectivos indicados no Plan de acción a partir dos indicadores nel incluídos.

- Trimestralmente na CCP correspondente farase a avaliación do proceso de cada trimestre incluíndo o estado da excución das accións propostas, a valoración dos resultados parciais e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas d emellora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre o equipo do plan dixital realizou reunións formais e informais nas que se foron tomando decisións e organizando os recursos humanos,  materiais, espaciais e temporais.

A coordinadora de Polos creativos asiste a formación

A coordinadora Edixgal participa no seminario de coordinadores Edixgal do CEFORE A Coruña.

O alumnado de 6º recibe charlas da garda civil dentro do Plan Director.

Está habilitada a aula STEAM-Polos.

Decídese abrir a partir de xaneiro a aula STEAM-Polos nos recreos do mércores.

A Consellería instala novos puntos ap que proporcionan unha boa cobertura wifi no centro.

 

2º Trimestre

No 2º trimestre o equipo do plan dixital continúa realizando reunións formais e informais nas que se intercambia información e ideas.

A coordinadora de Polos creativos continua asistindo ás sesións de formación.

A coordinadora Edixgal continúa participando no seminario de coordinadores Edixgal do CEFORE.

Abriuse a aula STEAM-Polos nos recreos do mércores, asisitindo alumnado voluntariamente de 5º e 6º de Primaria para facer proxectos e xogos de índole tecnolóxica.

3º Trimestre

No 3º timestre ademais de continuar coas reunións e coas formacións o equipo e máis membros do claustro recibe dentro do PFPP formación dentro do itinerario de Polos creativos.

A formación consistiu no manexo da cortadora láser e no ploter de corte, tendo a oportunidade de poder practicar uns días con ditas máquinas grazas a facilidade de préstamo ofertada pola asesora de Polos creativos do CEFORE.

O alumnado de 5º e 6º segue asistindo nos recreos á aula STEAM-Polos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan será o de reunións mensuais do equipo do plan dixital, analizando o grao de consecución dos obxectivos indicados no Plan de acción a partir dos indicadores nel incluídos.

- Farase unha avaliación inicial e unha avalilación final incluindo a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Este curso estivo condicionado por dous aspectos que fixeron coxear o plan dixital do centro: por un lado a non chegada do material agardado de Polos creativos impediron plantexar actividades e retos ao alumnado para incrementar a súa competencia dixital. Por outro lado a carga burocrática e de formación no primeiro ano na dirección da coordinadora Edixgal e coordinadora TIC restou tempo e esforzo para unha maior implicación no plan dixital.

Proposta de mellora

O vindeiro curso nomearase unha nova persoa como coordinadora Edixgal.

A finais de curso chegaron os paneis interactivos que agardemos sexan instalados proximamente e faciliten o incremento da metodoloxía dixital.

A instalación de novas tomas de internet na biblioteca, demandadas durante moito tempo facilitarán a dixitalización da mesma e o uso deste espazo de maneira satisfactoria coa boa conexión.

Plantexaranse a principios de curso indicadores cuantitativos para facilitar a avaliación do plan dixital.

Proponse continuar coa apertura da aula STEAM- POR FA enreda no recreo unha vez por semana, na que o alumnado interesado poderase enfrontar a retos tecnolóxicos, científicos e de pensamento computacional.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan, unha vez aprobado en Claustro e Consello , aparecerá en lugar destacado na Páxina web, e farase referencia a el nos documentos organizativos cos que teña relación: PXA, NOF, etc

link: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportofaro/system/files/plandixital_definitivo2.0.pdf