Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
Nome: Ceip Plurilingüe de Centieiras
Dirección: Rúa Alta 16, Fene.
Dirección de correo electrónico: ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal
Dirección da páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcentieiras/
Etapas educativas: Educación Infantil e Primaria
Número total de alumnado: 140 alumnos e alumnas
Número total de profesorado: 17 mestras e mestres

O centro enmárcase nun entorno urbano, na localidade de Perlío (Fene). O concello conta con 13.000 habitantes e pertence a comarca de Ferrolterra. O contexto socioeconómico do alumnado é medio, cunha pequena porcentaxe de nivel económico baixo. A meirande parte das familias obteñen recursos do sector secundario e terciario.

O nivel cultural tamén é medio, contando no concello con oferta cultural procedente de varias fontes:
− Oferta cultural do concello: casa da cultura, museo do humor, biblioteca municipal, programas culturais promovidos pola concellería de cultura, entre outros.
− A asociación de veciños promove e organiza distintas actividades ao longo do ano.
− Asociación Airiños e a banda de gaitas de Fene organizan cursos e actividades relacionadas coa música tradicional.
− Tamén existen pistas polideportivas municipais como a que está anexa ao centro e que se utiliza para actividades deportivas e extraescolares do propio centro, así como as pistas de tenis, o campo de fútbol e a piscina municipal.
− As asociacións educativas e os diferentes organismos da comarca organizan e participan en actividades enriquecedoras. Podemos falar da O.N.C.E, ASPANEPS...

O Plan Dixital de centro contribuiu nos últimos anos a mellorar o desenvolvemento do centro no que ao uso das TICS e innovación dixital se refire. A nosa escola é un centro no que as novas tecnoloxías e a innovación están moi presentes. O centro participou e sigue participando en diferentes Plans e Proxectos de innovación:

  • PLAMBE
  • Biblioteca Creativa
  • Plan Lectura e Familias
  • Voluntariado de lectura
  • E-Dixgal
  • Contratos Programa: Edusaúde, EDUinnova, EDUcalidade, EDUsostibilidade, EDUexcelencia, Iguála-T, Convíve-T, Emocióna-T Inclúe-T
  • PFPP con catro liñas de formación
  • Programa Observa_Acción

 


 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida de información previa empregado para xerar a análise DAFO foi o Informe SELFIE. Esta enquisa SELFIE foi realizada polo profesorado e alumnado maior de 10 anos. O profesorado realizou a enquisa a través do enlace que o equipo de dinamización enviou ao correo do centro. O alumnado realizou a enquisa a través do enlace colgado no EVA ou a través dun código QR que nos dirixía tamén a dito enlace da enquisa.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. Aprendizaxe de creación de contidos dixitais. H8. Uso da tecnoloxía para comunicarse. Alumnado con competencias dixitais insuficientes. Alumnado Non
Debilidade Baixo grao de desenvolvemento da competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade C7. Uso insuficiente de sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade E.3.Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe. F6. Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. B1. Avaliación dos procesos de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. B2. Persoal docente con competencias dixitais insuficientes. G3. Carencia de tempo para desenvolver material e para dar retroalimentación ó alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza C8.Existencia de dispositivos propiedade do centro que o alumnado pode utilizar. H1.Actuación de maneira segura en internet. H3.Actuación de maneira responsable en internet. H4.Aprendizaxe sobre a utilización de información en internet de maneira fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza C1. Apoio do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais a través de infraestructura dixital. C2. Hai dispositivos dixitais que podemos usar na nosa labor docente. C3. Acceso a internet para a ensinanza e aprendizaxe. C7. Existencia de sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza A3. Apoio para a exploración de novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza A1.Estratexia dixital de centro. Desenvolvemento da estratexia dixital de maneira conxunta. Apoio á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. C5. Existencia de asistencia técnica cando xorden problemas. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Apoio á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. B2.Debate sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. B3.Utilización de tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. D2. Acceso a FPP no relativo ao ensino e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. D3. Intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. D1. Debate de necesidades sobre tecnoloxías dixitais no centro. E1. Búsqueda de recursos educativos dixitais en internet. E3. Utilización de contornos virtuais de aprendizaxe. E4. Utilización de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ó centro educativo. F1.Utilización de tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. F3. Utilización de actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten creatividade. F5. Uso da tecnoloxía para facilitar cooperación do alumnado. G1. Utilización de tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. G3. Retroalimentación ao alumnado utilizando tecnoloxías dixitais. G5.Reflexión do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. Falta de fondos suficientes que afectan negativa á ensinanza aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. C3. Conexión a internet pouco fiable ou lenta. C2. Equipo dixital insuficiente. Administración educativa Non
Ameaza C1. Mellorar o uso da tecnoloxía para actividades de aprendizaxe non relacionadas co colexio. Contorna Non
Ameaza C7. Descoñecemento da existencia de sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade C1,C2, C3 e C5. A infraestructura dixital respalda o proceso de ensino-aprendizaxe, contando o centro con diferentes dispositivos dixitais e recurrindo a asistencia técnica cando é preciso e facilitando o acceso a internet para a enseñanza e aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade E.4 Comunicación, participación e implicación continua e directa da ANPA no referido ao ámbito dixital relacionado co centro (espazo propio dentro da páxina web do centro, creación de recursos e aportación continua ao progreso dixital) ANPA Non
Oportunidade B.3.O centro ten experiencia no uso de entornos virtuais e mantén comunicación regular e ben organizada coas familias do alumnado, así como tamén, con outras entidades e asociacións da contorna. Contorna Non
Oportunidade B3. Colaboración con outras entidades a través do uso da tecnoloxía dixital (Concello, biblioteca municipal, asociacións culturais, escolas e clubes deportivos, centro de día e outros centros educativos da contorna) Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de Educación Infantil.
O02PD Continuar empregando os instrumentos dixitais para a avaliación do alumnado.
O03PD Fomentar a adquisición do grado Integrador (B1) de competencia dixital por parte do profesorado
O04PD Elaborar un protocolo de uso e funcionamento ao redor do material dos Polos Creativos.
O05PD Promover o uso de ferramentas que velen de xeito estricto pola protección de datos

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, unha visita ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :

  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.

 

 

1º Trimestre

5/09/2023 - Reunión Equipo Tic (Elaboración do PD 2023-24)

17/10/2023 - Reunión Equipo Tic

25/10/2023 - Reunión con asesor ADIX

21/11/2023 - Reunión Equipo Tic

5/12/2023 - Reunión Equipo Tic

13/12/2023 - Reunión Asesor ADIX (Cancelada por ocupación do mentor)

 

2º Trimestre

16/01/2024: Reunión do Equipo TIC.

12/03/2024 - Reunión con asesor ADIX

3º Trimestre

14/05/2024: Reunión do Equipo TIC.

01/07/2024: Reunión de finalización do seguimento do curso 2023/2024

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de avaliación do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :

  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.

 

Para poder avaliar o Plan será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados así como as actuacións levadas a cabo para acadalos.
 

Valoración xeral

A continuidade coa implementación do Plan Dixital no CEIP Plurilingüe de Centieiras ten unha valoración positiva por parte do profesorado implicado na súa elaboración, supervisión e implementación. O traballo ao redor do PD segue a ser construtivo tratando de acadar os obxectivos propostos que quedaron pendentes e formalizar novos obxectivos tendo en conta que sexan realistas e alcanzables.

Leváronse a cabo diferentes reunións ao longo do curso entre os membros do equipo, así como co mentor ADIX cando así se requeriu, resultando todas elas satisfactorias.

Proposta de mellora

Continuar co desenvolvemento do Plan Dixital para acadar os obxectivos propostos para o curso 2023/2024 que están pendentes:

  • O02PD: Continuar empregando instrumentos dixitais de avaliación na programación de cada área extendéndoo a un maior número de profesorado.

  • O03PD: Continuar co fomento da adquisición do nivel B1 para que o obxectivo sexa acadado plenamente.

  • O04PD: Elaborar un protocolo de uso e funcionamento ao redor do material dos Polos Creativos cando recibamos a dotación de material.

De cara ao curso 2024/2025 seguiremos a implementar aqueles obxectivos pendentes de conseguir e se formularán novos obxectivos tendo en conta as necesidades e a realidade do centro.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan publicarase na páxina web do centro e enviarase ás familias e profesorado a través da aplicación Abalar móbil, así como que estará  totalmente visible dentro da plataforma de EduCalidade.