Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 1.1.Datos básicos do centro

  • Nome do centro: IES de Curtis

  • Dirección: Rúa Germán de Castro, 0, 15310 Curtis, A Coruña

  • Correo: ies.curtis@edu.xunta.gal

  • Paxina Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescurtis/

  • Etapas Educativas: ESO, BACHARELATO E FP.

  • N.º Alumnado: 308

  • N.º Profesorado: 46

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».
O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.
Está articulado en tres dimensións:
    a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
    b) Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
    c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Marco lexislativo
Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
    a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
    b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.
    c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.
Ao mesmo tempo, deberá atender ao seguinte marco lexislativo:
•    Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.   
•    RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.
•    Decreto Educ. Secundaria Galicia: ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
•    RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23.
•    RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

1.3.Proceso de elaboración

A elaboración do plan dixital organizouse xirando en torno a unha liña do PFPP, no que colaboraron membros do equipo directivo, do departamento de Física e Química e do departamento de informática.Durante dita elaboración realizáronse varias reunións nas que se tomaron as decisións pertinentes para cada unha das fases polas que foi pasando o mesmo.A comunicación dende a coordinación levase a cabo mediante correo electrónico, WEBEX e máis o almacenamento na nube usando a ferramenta Drive incluida na Suite de Google usada no centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aula de informática con dotación escasa. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con NEE sen acceso a tecnoloxías asistenciais. Sen repositorios ou bibliotecas en linea. A infraestrutura dixital do centro a nivel de aula está desfasada impedindo en caso de ser necesario un óptimo ensino mixto Infraestruturas Si
Debilidade Non se evaluan os avances en materia dixital no centro. Sen colaboración con outros centros en materia dixital. Oferta Non
Debilidade Baixa comunicación dixital co alumnado. Dificultade de seguimento nas incidencias informáticas do centro. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non ten tempo para explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Non existen sistemas de protección de datos. Sen debate nin intercambio de experiencias entre o profesorado para explorar o ensino con tecnoloxías dixitais. Sen uso das ferramentas dixitais para avaliar ao alumnado. Dificultade de acceso á aula de TIC. Persoal docente Si
Fortaleza No centro hai dispositivos dixitais que poden utilizar. Existe rexistro de empresas para realización de prácticas externas. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado e profesorado pode utilizar. Roteiro dixital para mellorar a infraestrutura do centro orientada tanto a profesorado como alumnado. Mellora continua da rede de datos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Oferta Non
Fortaleza Disponse de boa asistencia técnica e mantemento. Oriéntase ao alumnado en tecnoloxías dixitais de fronte ao ámbito profesional. Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Axudamos ao noso profesorado a que intercambien experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña dixitais O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo O noso profesorado utiliza recursos educativos abertos. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Utilizan tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os dispositivos dixitais das aulas están anticuados. Administración educativa Non
Ameaza Alumnado con dificultades de acceso a Internet desde casa, por estar no ámbito rural. Contorna Non
Ameaza Sistemas de protección de datos deficitario. Baixo coñecemento sobre os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
Oportunidade No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os necesita No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Oportunidade No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:

- Mellora do funcionamento do centro.

- Impacto na actividade docente.

- Viabilidade a corto/medio prazo.

- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Minimizar o uso de papel no centro, co propósito cero papel.
002PD Posta en marcha do sistema de xestión e seguimiento de incidencias informáticas do centro.(Redmine)
003PD Creación de nova aula TIC no centro
004PD Fomentar o uso da aula virtual entre o profesorado.

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do IES de Curtis (Abel Crespo Vázquez) reunirase, telefónica, virtual ou presencialmente, cando fose necesario co mentor Adix Jorge Fernández Otero para ver como evoluciona a consecución dos obxectivos, as accións propostas para os mesmos e analizar se se están a cumprir ou presentan algunha incidencia.

1º Trimestre

A 21 de Decembro de 2023 os obxetivos do plan dixital e as suas acción atopanse como segue:

001PD: Minimizar o uso de papel no centro, co propósito cero papel.

  • AO1.1: Redución do uso de papel nos departamentos: En proceso
  • AO1.2: Avaliación dos resultados conseguidos.En proceso

002PD: Posta en marcha do sistema de xestión e seguimiento de incidencias informáticas do centro.(Redmine)

  • AO2.1: Comunicación e formación do profesorado para comezar a usar o sistema de xestión de incidencias. Adiado
  • AO2.2: Espazo de documentación para os Departamentos. Xestión de actas e reunións. En proceso
  • AO2.3: Xestión dos convenios firmados dixitalmente das prácticas de FCT dos ciclos de FP. En proceso

003PD: Creación de nova aula TIC no centro

  • AO3.1: Preparación aula destino Realizado
  • AO3.2: Configuración e preparación de 12 equipos + 1 equipo para o profesor En proceso

004PD: Fomentar o uso da aula virtual entre o profesorado.

  • AO4.1: Avaliar as necesidades formativas entre o claustro. En proceso
  • AO4.2: Curso de formación sobre iniciación e explotación da aula virtual En proceso
2º Trimestre

A 21 de Marzo de 2023 os obxetivos do plan dixital e as suas acción atópanse como seguen:

001PD: Minimizar o uso de papel no centro, co propósito cero papel.

  • AO1.1: Redución do uso de papel nos departamentos: En proceso
  • AO1.2: Avaliación dos resultados conseguidos. En proceso

002PD: Posta en marcha do sistema de xestión e seguimiento de incidencias informáticas do centro.(Redmine)

  • AO2.1: Comunicación e formación do profesorado para comezar a usar o sistema de xestión de incidencias. En proceso,
  • AO2.2: Espazo de documentación para os Departamentos. Xestión de actas e reunións. En proceso,
  • AO2.3: Xestión dos convenios firmados dixitalmente das prácticas de FCT dos ciclos de FP. En proceso,

003PD: Creación de nova aula TIC no centro

  • AO3.1: Preparación aula destino Realizado
  • AO3.2: Configuración e preparación de 12 equipos + 1 equipo para o profesor Realizado

004PD: Fomentar o uso da aula virtual entre o profesorado. Realizado

  • AO4.1: Avaliar as necesidades formativas entre o claustro. Realizado
  • AO4.2: Curso de formación sobre iniciación e explotación da aula virtual.En proceso
3º Trimestre

A 21 de Xuño de 2023 os obxetivos do plan dixital e as suas acción atópanse como seguen:

001PD: Minimizar o uso de papel no centro, co propósito cero papel.

  • AO1.1: Redución do uso de papel nos departamentos: Adiado
  • AO1.2: Avaliación dos resultados conseguidos. Realizado

002PD: Posta en marcha do sistema de xestión e seguimiento de incidencias informáticas do centro.(Redmine)

  • AO2.1: Comunicación e formación do profesorado para comezar a usar o sistema de xestión de incidencias.Adiado
  • AO2.2: Espazo de documentación para os Departamentos. Xestión de actas e reunións.Adiado
  • AO2.3: Xestión dos convenios firmados dixitalmente das prácticas de FCT dos ciclos de FP.Realizado

003PD: Creación de nova aula TIC no centro

  • AO3.1: Preparación aula destino Realizado
  • AO3.2: Configuración e preparación de 12 equipos + 1 equipo para o profesor Realizado

004PD: Fomentar o uso da aula virtual entre o profesorado.

  • AO4.1: Avaliar as necesidades formativas entre o claustro. Realizado
  • AO4.2: Curso de formación sobre iniciación e explotación da aula virtual. Adiado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada un dos obxectivos ten definidas as datas de consecución así como os indicadores necesarios para determinar se os obxectivos estanse a cumprir.

Cada trimestre realizarase unha reunión entre os membros do equipo do plan dixital para avaliar en que situación está cada un dos obxectivos, e tomar as decicións necesarias no caso de que haxa algunha desviación.

O final de curso avaliarase cada un dos obxectivos coa finalidade de determinar se foron realistas e se cumpriron.

Valoración xeral

O plan Dixital do ano 2023 - 24 supuxo para o IES de Curtis un gran reto, debido aos obxectivos inicialmente previstos.

Creouse unha nova aula de informática no centro (TICS2) orientada a grupos máis pequenos e con equipamento procededente do DPTO de Informática.

Montouse o servidor de REDMINE, que actualmente se encontra en probas para dar resposta a xestión da documentación (Departamentos, incidencias) do centro. Este obxectivo non se puxo en funcionamento todavía por diversos motivos:

1.- Outros obxectivos levaron máis tempo do previsto.

2.- As incidencias son xestionadas actualmente cun buzón de correo electrónico e non se considera prioritario, pois a capacidade de resposta tamén é boa.

En canto ao fomento da aula virtual no centro, non se encontraron problemas. A maior parte do profesorado fai uso de Moodle sen problemas.

Por outra banda o grupo de traballo do plan dixital traballou o unísono para acadar os obxectivos.

Proposta de mellora

Para o plan Dixital do seguinte ano unha das propostas é a renovación da aula de TICS 1 orientada a a ESO e Bacharelato, debido a que se encontra cun equipamento antigo e que esta a dar continuos problemas.

Por outra banda tamén se pretende fomentar a difusión dos proxectos e actividades do centro, creando o contido para difundilo posteriormente. Para iso se pretende realizar unha boa integración entre alumnado e profesorado para mellorar no uso de ferramentas orientadas a este fin.

Mellorar a presencia do centro das diferentes redes sociais. Conseguir equipamento para poder facer contido de calidade para as redes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para difundir o plan dixital realizarase a través dos seguintes medios:

  • Paxina web do centro.

  • Correo electrónico

  • Aula Virtual do centro

O obxectivo é involucrar a todo o profesorado e alumnado para que se traballe en común e realmente se poida ver a importancia da execución do plan de dixital de cara a mellora do centro e da actividade formativa, que é, en última instancia o que máis nos debe preocupar.

Ademais O Plan Dixital duante este curso 2023-2024  estará dispoñible no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15022620