Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento dos obxectivos plantexados no plan dixital, levarase a cabo coa supervisión do asesor de ADIX.
Dende o inicio do curso e ata finais de Outubro, o traballo do equipo TIC estivo focalizado case ao 100% no soporte e resolución de dúbidas e problemas coas Aulas Virtuais de presencial e distancia tanto do profesorado como do alumnado. Actualizáronse os protocolos de uso para tratar de cubrir dúbidas habituais. Coas primeiras actividades a publicar en pantallas/RRSS/web tamén apareceron dúbidas de uso, formatos, etc que xa foron incluidas tamén nos protocolos de publicación para o profesorado.
O proceso de optimización da AV da modalidade presencial levou á eliminación de aproximadamente 1500 usuarios inactivos e xa deu comezo o proceso de borrado de cursos antigos, apreciándose xa un mellor comportamento no uso diario do sistema. Tamén se compartiron co profesorado as instrucións de uso da WiFi_Abalar.
Xa están planificadas as sesións do Plan Director para a concieciación do uso seguro de Internet por parte do alumnado para Marzo de 2024.
O equipo TIC continúa a traballar no proceso contínuo de divulgación tanto interna (pantallas do centro) como externa (RRSS e Web) das diferentes actividades realizadas polo alumnado e profesorado do Centro. Engadíronse novas funcionalidades na Intranet relativas á Xestión económica e Seguimento de programacións de Departamentos Didácticos.
Respecto á actualización tecnolóxica dos espazos docentes, está a piques de rematar a Aula Tecnolóxica de Educación Infantil.
Seguimos a resolver dúbidas do profesorado respecto do uso das Aulas Virtuais, ainda que menos grazas aos protocolos compartidos no 1º trimestre. Tamén están surxindo moitas dúbidas na configuración da WiFi_Abalar por parte do profesorado.
O cuestionario enviado ao profesorado respecto do emprego do caderno dixital, xunto coas dúbidas que resolvemos habitualmente dende o equipo TIC, lévanos á conclusión de que é preciso realizar píldoras informativas para o profesorado non só respecto do uso das ferramentas de avaliación de Moodle senon tamén de boas prácticas a seguir no manexo das aulas virtuais (principalmente para o profesorado de nova incorporación/sustitutos)
Tras a eliminación de usuarios inactivos, o proceso de optimización da AV da modalidade presencial levou á eliminación de aproximadamente 200 cursos antigos, apreciándose xa un mellor comportamento no uso diario do sistema.
Realizáronse as sesións do Plan Director para a concieciación do uso seguro de Internet por parte do alumnado no mes de Marzo. Queda pendiente o envío das enquisas ao alumnado participante.
O equipo TIC continúa a traballar no proceso contínuo de divulgación tanto interna (pantallas do centro) como externa (RRSS e Web) das diferentes actividades realizadas polo alumnado e profesorado do Centro. O equipo TIC está a traballar coa Vicedirección na reorganización de certas seccións da páxina web do centro.
Respecto á actualización tecnolóxica dos espazos docentes, rematouse a Aula Tecnolóxica de Educación Infantil.
Seguimos a resolver dúbidas do profesorado respecto do uso das Aulas Virtuais, ainda que menos grazas aos protocolos compartidos no 1º trimestre.
Realízanse as formacións internas para o profesorado para o emprego das ferramentas de avaliación de Moodle como caderno dixital: dúas convocatorias para nivel básico no que se resolven dúbidas habituais e dúas de nivel avanzado para as ferramentas de avaliación.
Segue o proceso de eliminación de aulas virtuais antigas. Comézase co traballo necesario para a carga automática de novo alumnado no sistema Moodle.
O equipo TIC continúa a traballar no proceso contínuo de divulgación tanto interna (pantallas do centro) como externa (RRSS e Web) das diferentes actividades realizadas polo alumnado e profesorado do Centro. Realízanse diversas modificacións na estrutura da web do Centro: inserción do Punto Laranxa, novas páxinas de presentación da oferta educativa presencial, distancia e da FP dual, actualización da oferta para o vindeiro curso. Tamén se mellora a accesibilidade da web coa inserción de videos subtitulados e signados en diferentes seccións: centro, DIOP, secretaría, información de cada ciclo...
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora
A valoración xeral do Plan Dixital do Centro é positiva polos seguintes motivos:
- Mellorouse o funcionamento da Aula Virtual do centro grazas á eliminación de usuarios inactivos e cursos antigos.
- Deuse resposta ás dúbidas do profesorado no uso da Aula Virtual, procedimentando as máis habituais e impartiuse formación interna para o emprego das ferramentas de avaliación e cualificador como caderno de aula. A formación foi valorada positivamente polos asistentes.
- Publicáronse as actividades e información relevante para o alumnado e profesorado nas pantallas dixitais, web e RRSS.
- Engadíronse novas seccións na web: punto laranxa, oferta formativa, FP Dual...
- Mellorouse a accesibilidade da web con vídeos nos que se explica o funcionamento xeral do Centro, Secretaría, DIOP e contidos dos ciclos en LSE e subtítulos.
Como proposta de mellora, plantéxase unha nova análise das necesidades do Centro tras o proceso de transformación dixital realizado ao abeiro da inclusión do Centro na Rede Estatal de Centros de Excelencia. Estímase que o aumento de equipamento dixital elevará o número de consultas e incidencias a atender polo que debera aumentarse o profesorado e/ou número de horas asignadas ao Equipo TIC.
Comunicación e difusión
O Plan dixital foi difundido entre toda a comunidade educativa do centro e está publicado na páxina do centro, na seguinte ligazón