Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competente. 

Polo que a xustificación de dito plan ven determinada polos seguintes referentes lexislativos: 

¿       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿       Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O CEIP Pazos-Comoxo está situado no lugar de Comoxo, concello de Boiro. Está nunha zona rural a menos de 5 km do centro do municipio. O núcleo conta cunha poboación de menos de 200 habitantes.  Situado na comarca do Barbanza ó lado da estrada que comunica as localidades de Boiro e Noia. Veñen a esta escola nenas da aldea de Comoxo e tamén dalgunhas aldeas da parroquia de Cures e de Macenda. A aldea de Comoxo está bastante ben situada entre dos núcleos de poboación importantes como son Boiro, concello o que pertence, e Noia.

O centro conta cun total de 7  alumnas, repartidos entre infantil e 1º-2º de primaria.

O número de alumnas/os por nivel é o seguinte:

·         2 alumnas de 4º de infantil

·         2 alumnas de 5º de infantil

·         1 alumna de 6º de infantil

·         1 alumna de 1º de primaria

·         1 alumna de 2º de primaria

 

O CEIP conta cunha unidade mixta, hai unha profesora titular que se encarga de impartir clase na maioría das areas de Educación Infantil e Primaria e que por suposto tamén desempeña outros cargos.

Tamén contamos cunha mestra especialista en lingua Inglesa que imparte clases de inglés unha hora á semana para os alumnos do primeiro ciclo de primaria e unha hora para os alumnos de infantil. Outra profesora imparte tres horas semanais clases de relixión católica.

 

O centro conta coa aula principal onde se imparte clase, ademais de unha aula de inglés e relixión no piso superior. A aula principal conta con ordenador de mesa, proxector e pizarra dixital; mentres que a aula de inglés e relixión non conta con ningún dispositivo dixital. 

Como xa dixemos no apartado anterior, o centro atópase nunha zona rural. O nivel socioeconómico das familias do alumnado é medio-baixo.

A través deste Plan dixital preténdese dar unha maior presenza ás novas tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. Potenciando a competencia dixital dos mesmos e secuenciando uns determinados contidos que se impartirán nos diversos niveis educativos e iniciando ao alumnado na creación de contidos propios coas novas tecnoloxías. Sabemos que o alumnado ten que ser competente dixitalmente e, por iso nas nosas programacións hai sempre un apartado en cada materia para lograr con éxito este propósito, aínda que ás veces isto supoña un gran esforzo polos recursos limitados dos que dispoñemos.

O plan dixital contribuirá a iniciar ao noso alumnado na linguaxe de programación, co bee-bot; e potenciar así nas alumnas as competencias STEAM. Potenciando ao mesmo tempo ao logro dos obxectivos fixados na PXA para o curso 2022/2023.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

   O presente Plan Dixital realízase con data de setembro, despois de non ser elaborado pola profesora responsable do centro durante o curso pasado. Do curso pasado está feito o SELFIE e o DAFO.

O proceso seguido para a elaboración do presente PD é o seguinte:

-Configuración do cuestionario Selfie, realización por parte do profesorado e análise dos resultados obtidos (curso 21/22).

-Formación na elaboración do DAFO e confección do mesmo (curso 21/22).

-Formación na elaboración do Plan de Acción e elaboración do mesmo.(setembro 2022).

-Elaboración do presente Plan Dixital (setembro 2022).

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital das familias do alumnado. Familias Non
Debilidade Non contamos con asistencia técnica para as tecn. dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade No centro a infraestrutura dixital non respalda o ensino-aprendizaxe coas tec. dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Non temos dispositivos dixitais para o uso polo alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia dun repositorio de actividades dixitais en liña. Infraestruturas Non
Debilidade . Carecemos dunha estratexia dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade Ausencia de tempo para explorar o ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non contamos con posibiliddes de Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Debilidade Escaso uso das tec. dix. para fomentar a creatividade, nin para adaptarnos ás necesidades do alumnado, nin para avalialo. Persoal docente Si
Debilidade Non avaliamos os progresos no ensino-aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non empregamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Ausencia dunha estratexia de uso seguro na internet. Persoal docente Si
Fortaleza Contamos con alumnado predisposto ao uso das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Contamos con acceso a internet estable. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais que podo usar no meu labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Empregamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación no centro. Persoal docente Si
Fortaleza Utilizamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación. Persoal docente Non
Fortaleza Buscamos e creamos recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que resta tempo para explorar o uso das tec. dixitais no proceso de ensino - aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza Baixa natalidade da zona de influencia, traducida en pouco alumnado. Contorna Non
Ameaza Falta de tempo para dedicar ás tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Ameaza Non usamos as tec. dixitais para colaborar con outros centros-entidades. Outras Si
Oportunidade Facilidade para acceder a un DPC. Administración educativa Non
Oportunidade Predisposición das familias de cara a unha mellora da competencia dixital. ANPA Si
Oportunidade Implementación do Plan Dixital de centro de cara ao vindeiro curso. Lexislación Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras a análise destes parámetros tómase en consideración as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades analizadas no centro e en todos os seus ámbitos. Desta mesma forma tamén se analiza a competencia dixital do profesorado para a realización do dito plan dixital. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aumentar e actualizar o equipamento dixital do centro
O2PD Introdución de diversas ferramentas dixitais ( animals 4D, metademolab, speakpic ¿)
O3PD Establecer canles de comunicación entre o profesorado e as familias
O4PD Iniciar ao alumnado no uso do ordenador, tableta e bee-bot.
O5PD Crear unha web para o centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento que se establece para o seguimento dos obxectivos marcados será a observación directa. Para valorar ditos obxectivos empregaranse indicadores de logros os cales se valorarán mediante unha escala de valoración. 

1º Trimestre

Dada a temporalización organizada no 1º trimestre seguirase e avaliaranse os obxectivos: O5PD, a creación da web do centro; O4PD a acción de formación do alumnado no uso de ferramentas dixitais e O3PD establecemento da ferramenta abalarmóbil como medio de comunicación coas familias. 

2º Trimestre

Na segunda avaliación farase o seguimento e avaliación o obxectivo O4PD, na acción  manexo do bee-bot e introducción a linguaxe de programación.

3º Trimestre

NA terceira avaliación farase un seguimento de todos os obxectivos e das accións que neles se determinan. Farase un seguimento de todas as accións e dos tempos que se estableceron para o seu cumprimento; así como das dificultades que se atoparon no seu cumprimento. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O presente Plan Dixital deberá ter un seguimento e avaliación para ver o grao de consecución dos obxectivos propostos no plan de acción:

   -Farase unha avaliación procesual que será trimestral. Nela teranse en conta os seguintes aspectos: estado da execución das accións segundo a data prevista de fin e a análise e valoración dos resultados. De darse o caso, incluiranse as modificacións levadas a cabo así como as posibles as propostas de mellora.

   -A final do terceiro trimestre, unha vez rematado o curso escolar, farase unha avaliación final. Valorarase o logro dos obxectivos marcados. Tamén se estudarán as posibles propostas de mellora de cara ao seguinte Plan Dixital.

   -O instrumento de avaliación a usar será a observación directa da profesora responsable do centro tendo en conta a consecución dos obxectivos marcados no PA.

Valoración xeral

Ao final de curso farase unha valoración xeral dos obxectivos marcados e das dificultades que se foron atopando. 

Proposta de mellora

Como proposta de mellora para a seguinte versión do plan dixital proponse inscribirse a plans e proxectos que fomenta a consellería de educación para fomentar no centro a competencia dixital do alumnado, así como a competencia en alfabetización mediática e informacional. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar difusión ao presente plan dixital, así como ás accións que se van a ir desenvolvendo ao longo do curso vindeiro empregaremos as seguintes canles:

- O presente plan publicarase na web ou blogue do centro.

-Informarase do plan nas reunións grupais coas familias e no consello escolar.