Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría está situado na localidade de Dumbría, pertencente ao concello de Dumbría. Este ten unha superficie de 125 km cadrados e está dividido en 7 parroquias: San Pedro de Buxantes, Santiago de Berdeogas, San Mamede de Salgueiros, Santa Uxía do Ézaro, San Martiño de Olveira, Santiago de Olveiroa e Santa Eulalia de Dumbría. A súa poboación está moi dispersa, tendo preto de 3000 habitantes. O noso centro está situado na Rúa Dumbría s/n 15151 (Dumbría) moi cerca do Concello e o Centro de Saúde de Dumbría. O centro conta con 4 unidades, das cales unha é de Educación Infantil.

O catálogo de postos de traballo que determina o número de unidades do Centro pode modificarse cada ano. O Centro conta con 11 mestres e mestras, mentres que o alumnado matriculado oscila entre 60 e 70 nenos/as nos últimos anos. Contamos con algúns alumnos/as con necesidades educativas especiais. A páxina web do Centro é a seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantaeulaliadumbria/ A dirección de correo electrónico é: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

O Concello de Dumbría ten un relevo montañoso con pequenos vales. A terra dedícase a monte con repoboacións de piñeiros e eucaliptos, a cultivos e a pastos. Tamén abundan as augas naturais. As actividades económicas as que se dedica a poboación están relacionadas coa agricultura, gandaría, hidroelectricidade e o sector servizos. Os nosos alumnos/as nas aldeas teñen tradicións e unha cultura propia. Predominan as casas unifamiliares con pequenos terreos e zonas con árbores. En relación á situación lingüística, emprégase de forma habitual a lingua galega. As familias presentan, en xeral, niveis de estudo medio-baixo.

O Plan Dixital de centro pretende contribuír a un correcto aproveitamento e uso dos recursos tecnolóxicos dentro da nosa comunidade educativa. Tendo isto en conta, a PXA recollerá certos aspectos que se reflicten no documento de PD. O PD, entre outras cousas, resposta as tarefas establecidas para o Equipo Tic na programación xeral anual.

As tarefas son as seguintes:

• Concienciar a comunidade educativa da utilización das novas tecnoloxías en relación coa realidade social na que vivimos.

• Fomentar entre o profesorado e o alumnado o emprego da aula virtual como medio de ensino a distancia segundo a idade dos/as discentes.

• Valorar o emprego dos distintos recursos cos que conta o centro: aulas con ordenador, encerados dixitais, aula de informática, etc.

• Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe logrando a sua integración real no mesmo.

• Recoller dos distintos equipos docentes información sobre que materiais didácticos lles serían de utilidade e elaboralos, na medida do posible, coas ferramentas que aportan as novas tecnoloxías.

• Manter actualizada a páxina web e as redes sociais (blog, facebook) coas que conta o centro. Con estes obxectivos o que se pretende fundamentalmente é facilitar que o alumnado adquira a Competencia Dixital.

Con estes obxectivos, o que se pretende fundamentalmente é facilitar que o alumnado adquira a Competencia Dixital. Esta competencia inclúe as tecnoloxías da información e comunicación extraendo o seu máximo rendemento a partir da comprensión da natureza e o modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto que eses cambios teñen no mundo persoal e socio-laboral.

En definitiva, a competencia dixital comporta facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles. Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de coherencia, resulta necesaria a participación activa de todo o equipo docente. Este plan implica un cambio metodolóxico e unha adaptación na realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofrecen.

Para a elaboración do Plan Dixital tívose en conta a seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordención e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordención e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1. do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

No centro contamos co asesoramento da mentora da Rede Galega Dixitalgal, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo.

Nesta versión do Plan Dixital tivéronse en conta os datos de análise do plan do ano pasado, polo que as táboas de acción seguen as mesmas liñas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1: A comunidade educativa considera que o alumnado debe mellorar o coñecemento sobre a seguridade en internet. Alumnado Non
Debilidade H2: A comunidade educativa considera que o alumnado debe ter máis coñecemento sobre a responsabilidade en internet. Alumnado Non
Debilidade H8: O profesorado considera que no centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade A1: O profesorado indica a falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4: O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B1: O profesorado considera que non se avalían os seus progresos en materia de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E3. O profesorado considera que non utiliza contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G3: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade C16: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade F5: A comunidade educativa resalta que no centro, o profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G1: O equipo directivo considera que o profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G5: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G6: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Debilidade Tendo en conta o Test CDD, o profesorado debe mellorar a sua competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza A3:O profesorado conta co apoio do Equipo directivo para probar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza D1: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman debater sobre as necesidades de PDC no relativo á ensinanzas con tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de PDC no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter posibilidade de compartir experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F4: A comunidade educativa resalta que no centro, o profesorado leva a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motiva ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado con múltiples funcións que non permiten un bo desenrolo das mesmas. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo. Administración educativa Non
Ameaza A5: O equipo de dinamización do Plan dixital considera que se debe mellorar o coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe. -Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza B4: O profesorado non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Si
Ameaza B3: O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Non
Oportunidade Temos a nosa disposición a figura de mentor Adix para a elaboración do plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital, decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado, mellorar a súa competencia dixital. Por outra banda,  tamén consideramos que debemos seguir mantendo contacto con outros centros educativos sobre o eido dixital, xa que resulta moi enriquecedor para todos e o mesmo tempo atallaríamos unha debilidade. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (B4) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
O2PD Formar ao profesorado en competencia dixital

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento4

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre creamos un equipo de mestres e mestras encargado de levar a cabo un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con otros centros educativos.

Por outra banda, tamén creamos un proxecto a nivel centro que tivera actividades relacionadas co uso e vivencias das TICS, chamado Dumbría 2024.

2º Trimestre

No segundo trimestre seguimos traballando na preparación de actividades que fomentasen o uso e vivencias das TICS; e mantivemos unha rede de colaboración con outros centros educativos, dos cales relacionamos os nosos proxectos postos en marcha previamente.

Tamén, o profesorado formouse en paneis dixitais interactivos para poder realizar actividades co alumnado no terceiro trimestre.

3º Trimestre

No terceiro trimestre, o profesorado realizou actividades nas que se empregaron os paneis dixitais interactivos e ademais, tivo formación en impresora 3D, material de Polos Creativos.

Igualmente, o proxecto con outro centro educativo rematou facendo unha tarefa conxunta en forma de xincana, na que houbo actividades TIC como por exemplo, procurar información en diversos buscadores de información para poder pasar á seguinte proba.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado. 

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestructura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do obxectivo  AO2.2: Realización de actividades co alumnado empregando os novos paneis interactivos e o material de Polos Creativos. viuse afectado por un destes factores polo que debemos reformularlo para o vindeiro curso.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao levar só 3 anos co desenvolvmeneto Plan Dixital os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

 

Proposta de mellora
  • Realizar unha nova avaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.
  • Integración curricular: promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.
  • Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantaeulaliadumbria/system/files/Plan%20Dixital%20de%20Centro_0.pdf

Ademais a Comunidade Educativa terá acceso ao Plan Dixital do centro a través dos enlaces dos Plans Dixitais de Galicia na páxina da Xunta.