Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Bragade é un centro situado no concello de Oza-Cesuras. O noso alumnado e as súas familias son, polo tanto, na súa totalidade do ámbito rural. Na actualidade, case a totalidade do alumnado conta cun ordenador na casa, e tamén ten acceso a Internet o que non é indicativo de que o alumnado faga un uso responsable das novas tecnoloxías.

Dende a Dirección do centro apóstase desde xa fai moitos anos polas novas tecnoloxías, cando se comezou coa introdución das TIC. Progresivamente fóronse introducindo e/ou optimizando na xestión administrativa, e no ámbito pedagóxico na maioría das aulas, ademais da existencia da Aula de Informática do centro. En anos posteriores, e tanto por achegas da Xunta de Galicia e dos orzamentos/inversións do propio colexio, adquiríronse novos ordenadores con acceso a internet.

Ademais dos elementos materiais, os ordenadores, o profesorado do centro ten traballado arreo para actualizarse no traballo coas novas tecnoloxías, e boa mostra son as múltiples actividades de formación que se teñen feito a título individual, así coma a asesoría e axuda directa aos mestres/as do centro por parte do coordinador TIC e o itinerario TIC a través da PFPP neste centro, iniciada dende o curso 2019/20 e ininterrompida dende entón.

Tamén resulta interesante resaltar os cambios que nos últimos tempos se teñen realizado no tocante á integración das TIC na vida cotiá do centro. Cómpre sinalar nese eido a xestión do centro, avaliacións, comunicacións de claustro, as comunicacións coa administración tanto educativa como local, informes de orientación, orzamentos, contas, xestión da biblioteca, horarios... se realizan dun xeito natural no marco das TIC e ao abeiro do Plan de Comunicación de centro, implantando no curso 2019/20, e que xa é preciso actualizar como consecuencia dos cambios derivados da COVID.

O plan dixital inicial (elaborado durante o curso 2021/22), estableceu un punto de partida para observar debilidades e propostas de mellora, para afondar nun salto maior a nivel de dixitalización de toda a Comunidade Educativa. Cabe salientar que nestes últimos anos, estableceuse un traballo promovido pola coordinación TIC no centro educativo, ca creación e reformulación dunha web dinámica oficial do centro, instalación, estandarización documental a nivel dixital, repositorio virtual, etc.

Todo isto supuxo un achegamento do uso das TIC a toda a Comunidade Educativa, logrando unha actividade dixital moi importante por parte das familias, mestres/as e alumnos/as. O Plan Dixital foi contribuíndo de maneira directa á consecución dos obxectivos establecidos no Proxecto Educativo e con outros plans nos que participou/a o centro, mellorando durante o curso 2022/23 (curso académico do comezo da súa implantación) a comunicación e compentencia dixital de toda a comunidade educativa en xeral.

Asemade este plan terase en conta na PXA do curso 2023/24 como parte do traballo a desenvolver do Equipo TIC/Abalar, do que forma parte o mesmo coordinador do Plan Dixital.

Contextualización normativo vencellado ao Plan Dixital do centro

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

No tocante ao proceso de elaboración, salientar que o Plan Dixital inicial se realizou en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e durante o primeiro trimestre do curso 2021/22, o centro realizou unha análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, para poder iniciar a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.

No último trimestre do curso 2021/22, o Plan Dixital foi aprobado polo consello escolar con data 07/06/2022 , previamente oído o claustro e aprobado pola Dirección do centro.

O Plan Dixital do noso centro artellouse a través da figura do coordinador TIC (mesma persoa que ostenta a Dirección), co fin de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías no ensino, dende aquelas relacionadas con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.

A tal fin, o equipo de dinamización do Plan dixital formouse por tres mestras/e, que organizados nun grupo de traballo creado a través do PFPP do centro, estivemos en continua coordinación para a realización do plan, facendo reunións regulares de traballo grupal, de traballo individual e acudindo ás docencias por videoconferencia ás fomos convocadas/o.

En todas as reunións se facían achegas, e se acadaban acordos e compromisos para seguir coa realización das tarefas propostas (SELFIE, CDD, Plan de acción…) co fin de axustarse á realidade do centro e realizar o plan axeitado.

O Plan Dixital actual é froito de todo o traballo anterior á súa implantación máis a experiencia acadada da súa aplicación durante o curso 2022/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Informe SELFIE realizado en decembro 2021 e test de CDD en marzo 2022 ambos recollidos en anexos.
  • Seguimento, resultado e avaliación da implantanción do Plan Dixital no curso 2022/23.
Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. NON se aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade Acceso limitado a dispositivos dixitais e internet Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade C7. NON hai total praxis protección datos (ferramentas corporativas insuficientes) Infraestruturas Non
Debilidade C15. NON hai suficiente Equipo tecnolóxico para alumnado con NEE Infraestruturas Non
Debilidade Perda da oferta informática por eventual falta de RR.HH. suficientes Oferta Non
Debilidade B4. NON existe colaboración con outro centros no uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade A3. NON existe unha estratexia dixital a longo prazo Organización de centro Non
Debilidade B3. NON hai colaboración con outros centros no uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Falta tempo para retroalimentación ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade F6. NON hai proxectos interdisciplinares co uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade A4. NON hai tempo suficiente para explorar métodos propios nin dixitais Persoal docente Non
Debilidade NON posúe credenciais corporativas/acceso á rede Persoal non docente Non
Fortaleza H1 & 3. SI se aprende a actuar de xeito responsable/seguro internet Alumnado Non
Fortaleza C10. SI hai suficientes dispositivos (especialmente E-DIXGAL) Alumnado Non
Fortaleza SI coñezo vantaxes do Software libre e fago uso no centro Alumnado Non
Fortaleza E4. SI hai diferentes canles e ferramentas dixitais para comunicación coas familias Familias Si
Fortaleza C8. SI hai dispositivos dixitais para que o alumnado empregue en casa Infraestruturas Non
Fortaleza A3. SI hai apoio para explorar novas formas de esino con tecnoloxía dixital Infraestruturas Non
Fortaleza C2. SI hai dispositivos dixitais para empregar no centro Infraestruturas Non
Fortaleza SI se oferta informática (1 hora/semanal) a cada aula Oferta Non
Fortaleza C16. SI hai repositorio (DRIVE, documentación web...) Organización de centro Non
Fortaleza SI se promove e usa documentación en Software libre Organización de centro Non
Fortaleza C10. SI hai suficientes dispositivos (especialmente E-DIXGAL) Persoal docente Non
Fortaleza D2. SI hai posibilidades de DCP (PFPP, E-DIXGAL, GT) Persoal docente Non
Fortaleza E4. SI hai diferentes canles e ferramentas dixitais para comunicación Persoal docente Non
Fortaleza SI coñezo vantaxes do Software libre e fago uso no centro. Persoal docente Non
Fortaleza SI posúe mínimo 1 canle de comunicación dixital Persoal non docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C7. NON hai total praxis protección datos (ferramentas corporativas insuficientes) Administración educativa Non
Ameaza Insuficientes fondos destinados ao ensino dixital Administración educativa Non
Ameaza Insuficiente apoio técnico Administración educativa Non
Ameaza Diminución de profesorado e aumento de alumnado Administración educativa Non
Ameaza Perda/Empeoramento de dinámica de correcta comunicación ANPA Non
Ameaza Empeoramento nivel socioeconómico familiar (menor posibilidade adquisición tecnoloxía) Contorna Non
Ameaza Caídas de rede/subministración eléctrica Contorna Non
Ameaza A4. NON hai tempo suficiente para que o profesorado explore métodos propios/dixitais Lexislación Non
Ameaza Perda/Empeoramento de dinámica de correcta comunicación Outras Non
Oportunidade Reflexión/Optimización do emprego/rendemento do Portal de Dirección) Administración educativa Non
Oportunidade C7. Mellores ferramentas dixitais, sobre todo almacenaxe (máis capacidade) Administración educativa Non
Oportunidade Optimización da coordinación comunicativa dixital ANPA Non
Oportunidade Mellora nivel socioeconómico familiar (maior posibilidade adquisición tecnoloxía) Contorna Non
Oportunidade Retroalimentación real e efectiva partindo da realidade dos centros Lexislación Non
Oportunidade Optimización da coordinación comunicativa dixital (por ex. Concello) Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dende o curso académico 2019/20 houbo unha mellora significativa e constante en todos aquelos aspectos dixitais, resumindo e a saber:

  • Reconstrución da páxina web e publicación e transparencia documental de centro
  • Novas e máis canles de comunicación dixital -e outros- coas familias e outras institucións/entidades
  • Operatividade na comunicación dixital interna e externa, aforrando ademais papel
  • Adquisición de equipamentos, periféricos e utensilios dixitais e mellora do xa existente
  • Estandarización documentación dixital de centro en software libre
  • Creación de GT e Seminarios específicos cada curso académicos sobre TIC e Plan Dixital
  • ...

Porén, cómpre non perder a dinámica acadada (o cal xa é de por si un grande obxectivo, máxime tendo en conta a maior carga administrativa de Equipo Directivo -unipersoal neste centro- e Profesorado, engadido ao aumento do alumnado no centro e perda de profesorado), por un lado, e mellorar aspectos dos recollidos nas debilidades de centro. Convén facer unha valoración moi positiva da implicación do profesorado do centro, a pesar das enormes limitacións de tempo polo aumento da carga lectiva e burocráctica; os últimos cursos este centro experimentou un aumento do case 30% de alumnado e unha diminución do equipo docente.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Estandarizar a comunicación entre docentes titores e profesorado e familias a través de Abalar
O02PD Coidado, consellos e seguimento do uso de ordenador portátil do alumnado fóra do centro (E-DIXGAL)
O03PD Mellorar e optimizar o uso de E-DIXGAL
O04PD Optimizar e revisar o repositorio compartido atendendo a criterios de protección de datos.
O05PD Optimizar o uso dos ordenadores da sala de mestres e o servizo de reprografía.
O06PD Optimizar o uso da Sala de informática por parte do alumnado

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia de avaliación será feita ó finalizar cada trimestre do curso 2023/24. Nestas avaliacións periódicas valoraráse o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados que se van obtendo co paso do tempo e grazas á aplicación das tarefas programadas.

Ademáis, de ser o caso, indicaránse ao finalizar cada trimestre as posibles modificacións oportunas das acción propostas no apartado 3, co fin de establecer propostas de mellora a futuro que manteñan a liña de fomento das novas tecnoloxías no alumnado.
Por outra banda, faráse unha avaliación final, no mes de xuño. Dentro desta avaliación final, revisaráse se se adquiriron os obxectivos propostos no plan de acción e se fose necesario engadiríanse tamén propostas de mellora.
Avaliación procesual: unha vez ao trimestre. Valorarase:
• O estado da execución das accións,
• A análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Avaliación final: unha vez ao ano. Valorarase:
• Logro dos obxectivos.
• Propostas de mellora.

1º Trimestre

A nivel xeral, cumpríronse todos as accións dos 6 obxectivos planificados para este 1º trimestre. O indicador de logro é alto debido a que a experiencia do curso pasado na implantación do plan fixo que o centro concibise os obxectivos de xeito menos esixentes xunto coa acertada planificación de querer levalos ao longo do 1º trimestre (sendo maiormente o restos dos trimestres de seguimento do acadado) cando o profesorado aínda non acusa o cansancio do curso. Ademais, incidiu nun bo impacto tanto en alumnado, profesorado e familias dado que a organización e aclaración de cuestións levada a cabo neste trimestre, permite evitar certos problemas de competencia dixital que podían ter acontecido ao longo do curso.

Sería interesante para o vindeiro curso enfocar isto -en termos de temporalización, sobre todo- do mesmo xeito.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia de avaliación será feita ó finalizar cada trimestre do curso 2023/24. Nestas avaliacións periódicas valoraráse o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados que se van obtendo co paso do tempo e grazas á aplicación das tarefas programadas.

Ademáis, de ser o caso, indicaránse ao finalizar cada trimestre as posibles modificacións oportunas das acción propostas no apartado 3, co fin de establecer propostas de mellora a futuro que manteñan a liña de fomento das novas tecnoloxías no alumnado.
Por outra banda, faráse unha avaliación final, no mes de xuño. Dentro desta avaliación final, revisaráse se se adquiriron os obxectivos propostos no plan de acción e se fose necesario engadiríanse tamén propostas de mellora.
Avaliación procesual: unha vez ao trimestre. Valorarase:
• O estado da execución das accións,
• A análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Avaliación final: unha vez ao ano. Valorarase:
• Logro dos obxectivos.
• Propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital do CEIP Plurilingüe Bragade seguirá a ter unha difusión total, deixándo en dirección e na Sala de Mestres unha copia física en papel para consulta de todo o profesorado e familias, respectivamente, como xa se fixo dende a súa 1ª versión o pasado 07/06/2022.

Ademáis, seguirá estando dispoñible de forma pública e visible dixitalmente na páxina web do centro -sección documentos- onde calquera persoa podrá consultar e visualizar o mesmo. Así pois,  toda a Comunidade Educativa terá acceso directo a dito plan (deseguido enderezo URL con ligazón inserida): https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcesuras/documentos

Do mesmo xeito informaráse de forma periódica do mesmo nos Claustros e no Consello Escolar daquilo que for relevante trasladar.