Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Cabo Ortegal (15021755) é un centro público no que neste curso escolar 2023-2024 imparten docencia 26 profesoras/es aun total de 147 alumnas/os. Atópase situado no Concello de Cariño de 3699 habitantes segundo o padrón municipal de 2022, e con notables deficiencias no que a vías de comunicación ou transporte se refire á hora de salvar as distancias que o separan do núcleos máis próximos.

Con este Plan preténdese dar continuidade ao Plan iniciado no ano 2022, tentando dar resposta á realidade social do uso xeralizado das tecnoloxías da información e comunicación, así como realizar unha transformación dixital que inclúa unha visión máis moderna e ampla.

Os obxectivos principais que se pretenden acadar con el son:

  • Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.
  • Promover e mellorar a competencia dixital de toda a comunidade edcuativa do centro.
  • Mellorar a competencia didáctica do profesorado no uso de ferramentas dixitais.

O Plan foi elaborado polo Equipo de Dinamización Dixital, e o proceso ata a súa redación foi o seguinte:

  1. Seguiuse e a ter en conta a diagnose elaborada no curso 2021-2022 coa ferramenta SELFIE no referente á situación de centro  na que participaron profesorado, alumnado e os membros do equipo directivo, así como as conclusións do Test de Competencia Dixital Docente coa valoración global do nivel competencial (A1 – C2).

  2. Procedeuse a revisar o DAFO (Debilidades – Fortalezas – Ameazas – Oportunidades) do centro que serviu de base e orientación para fixar as accións a levar a cabo neste plan.

  3. En base á situación do centro e ao informe DAFO volvéronse a propor varios obxectivos e accións a levar a cabo e que finalmente son os que figuran no Plan de Acción no punto 3 deste documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha das fontes empregadas para realizar a análise DAFO foi a información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa (Ver ANEXO I - Resumo áreas informe SELFIE).

Outra das fontes empregadas para realizar a análise DAFO foi o informe grupaL DO Test CDD de centro (Ver ANEXO II - Informe grupal TCDD).

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Certa dificultades para acceder a dispositivos dixitais de garantía e a unha óptima conexión a internet no fogar. Baixa consideración do alumnado sobre as prácticas de avaliación (retroalimentación, autorreflexión e comentarios dos traballos de outros alumnos/as). Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento por parte do alumnado de hábitos e estratexias a seguir para un uso seguro de internet. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade O equipamento informático necesita unha revisión, podendo ser necesario nalgúns casos a súa substitución. Infraestruturas Si
Debilidade Baixa colaboración con outros centros e organizacións. Organización de centro Non
Debilidade Ao redor do 50% do profesorado non soe partipar nos Plans de Formación relacionados coas novas tecnoloxías. Baixa participación en redes profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade do alumnado con respecto ao emprego dos recursos e medios dixitais. Alto grao de colaboración do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación coas familias a través dos recursos dixitais. Familias Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade de dispositivos dixitais no centro. O centro dispón de tres aulas de informática equipadas. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro imparte o ciclo modular de adultos "Sistemas microinformáticos e redes". O centro participa no proxecto Edixgal en toda a ESO e foi seleccionado na primeira convocatoria de Polos Creativos. Oferta Si
Fortaleza Alto apoio ao desenvolvemento profesional continuo, así como ao uso e creación de recursos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Competencias dixitais suficientes na maior parte do profesorado. Alta seguridade ao empregar e adoptar a tecnoloxía como recurso no traballo. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración estreita cos membros do persoal de administración e servizos, moitos deles con excelentes competencias dixitais. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado no percibe que a oferta de cursos de formación se axeite ás súas necesidades. Administración educativa Non
Ameaza Non está en funcionamento ningunha asociación de nais e pais. ANPA Non
Ameaza Illamento xeográfico do noso Concello e ausencia de transporte público axeitado. Dificultade para acceder na contorna a información, cursos e material dixital. Contorna Si
Ameaza Execeso de normativa e buracracia á hora de afrontar proxectos e plans. Lexislación Non
Ameaza Dificultade na contorna para atopar empresas nas que o alumnado poida cursar a FCT. Outras Non
Oportunidade Predisposición e oferta que permite prestar apoio profesional ao profesorado que o precise para a creación de contidos educativos dixitais específicos para as diferentes materias que se traballan na ESO, Bacharelato e Ciclo. Administración educativa Non
Oportunidade Único centro da contorna que imparte o ciclo de Informática para persoas adultas. Contorna Non
Oportunidade Moi boas relacións e comunicación fluída co Concello en todos os sectores. O Concello soe ofertar cursos e talleres para alumnado e persoas adultas sobre alfabetización dixital. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 Mellorar a competencia dixital das familias, identificando e dando solución aos problemas xursidos en relación ao EVA Edixgal e Abalar Móbil.
O2 Mellorar a competencia didáctica do profesorado no relativo á creación de situacións de aprendizaxe para o alumnado, enmarcadas nos Polo Creativos+.
O3 Informar e formar sobre a seguridade na rede.
O4 Manter e mellorar os recursos dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento mensual ou trimestral segundo corresponda das accións levadas a cabo así como do grao de cumprimento dos obxectivos formulados. De ser necesario realizaranse as modificacións e propostas de mellora necesarias.

1º Trimestre

Leváronse a cabo todas as accións previstas neste primiero trimestre.

2º Trimestre

Realizáronse as acción previstas neste segundo trimestre.

Destacar que realizar unha revisión completa do equipamento dixital do centro resulta moi complicado, xa que non se dispón das suficientes horas que permitan un mantemento óptimo do cada vez máis numeroso material dixital. Proporase buscar unha empresa para externalizar dita revisión e mantemento.

3º Trimestre

Recibiuse equipamento informático para a aula de informática da ESO e para a sala do profesorado.

Estamos pendentes de recibir as nove pantallas dixitais que serán instaladas nas aulas do centro.

Tal e como se manifestou no seguimento das accións previstas deste Plan, realizar un mantemento mensual do equipamento informático a través dunha empresa externa supón un elevado custo para o centro. Seguirase a buscar alternativas para poder realizar un mantemento semestral.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para tratar de acadar os mellores resultados deste Plan Dixital, levaremos a cabo unha avaliación continua que nos permitirá saber se os obxectivos propostos o Plan de acción están ben adecuados e se as accións propostas son as correctas.

  • No relativo á avaliación procesual a frecuencia da súa realización ven reflectida na data de fin prevista de cada unha das accións a levar a cabo, realizándose estas alo menos unha vez ao trimestre, valorándose o seu estado así como a análise e valoración dos resultados acadados. De ser necesario realizaranse as modificacións e propostas de mellora necesarias.

  • No que respecta á avaliación final, esta realizarase alo menos unha vez ao ano ao rematar o curso escolar, incluíndo a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora necesarias que nos permitan afondar nos obxectivos de cara ao vindeiro curso.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva, aínda que cabe destacar que resulta complicado de cara a vindeiros cursos propor accións novas e innovadoras que permitan elaborar o Plan. Tentarase manter unha liña continuista de cara a vindeiros cursos.

Proposta de mellora

Reducir o número de obxectivos e incidir en aquelas accións que non se puideron desenvolver por completo.

Continuar con accións encamiñadas á mellora da competencia dixital do alumnado e profesorado, así como á formación dun uso seguro e responsable das redes sociais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, este Plan Dixital estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do IES Cabo Ortegal no apartado “Documentación”, podendo ser revisado en calquera momento se as necesidades do centro así o aconsellan, informando, de selo caso, ao Claustro e Consello Escolar de todas aquelas modificacións realizadas.